A arqueoastronomía é o estudo dos xacementos arqueolóxicos relacionados coa astronomía das culturas antigas e busca, na práctica, establecer a través de medicións de campo e mapas a orientación astronómica dunha estrutura arqueolóxica. Tamén estuda os calendarios e, entre outras cousas, toda evidencia de actividade relacionada coa astronomía. Os datos astronómicos e topográficos que se interpretan á luz da arqueoloxía, a antropoloxía e a historia. A arqueoastronomía como campo de investigación científica busca, achegar evidencias no entendemento da práctica da astronomía nas civilizacións e culturas antigas.
O estudo dos calendarios das antigas civilizacións fundamentase tradicionalmente no estudo das fontes e rexistros históricos que documentan a forma e o emprego destes calendarios cos eventos astronómicos reais. A arqueoastronomía e as disciplinas que comprende foron denominadas baixo o termo Astronomía Cultural. A astronomía cultural procura coñecer e comprender como as diferentes culturas entenderon o ceo e os seus fenómenos e o integraron nas súas visións do mundo, quere atopar o entendemento existente entre astronomía e cultura. O principal suxeito de estudo da arqueoastronomía é a relación entre a orientación de construcións cerimoniais e estruturas arquitectónicas coa bóveda celeste e é de notorio interese o estudo da disposición e orientación de magalitos e dos conxuntos e instalacións de estruturas pétreas empregadas con finalidades rituais e de observación astronómica. É tamén posible o estudo da orientación astronómica en tumbas ou obras megalíticas de tipo funerario, mámoas, antas, dolmens, círculos líticos, etc...
Outros estudos de tipo mais cultural investigan os aliñamentos de construccións e monumentos antigos de acordo coas posicións do sol e da lúa. Moitos monumentos antigos posúen aliñamentos que semellan significativos nos puntos dos solsticios e dos equinoccios. Nos anos setenta (século XX), Alexander Thom fixo un profundo catálogo de monumentos megalíticos en gran bretaña e, como resultado das súas investigacións, destacou que os ditos monumentos constituían os indicadores propios para a elaboración dun antigo calendario.
A astronomía foi un aspecto fundamental da cultura humana a través da historia. Partindo dende o neolítico, a astronomía tivo un lugar de primeiro orde nas actividades e produccións culturais do ser humano, a astronomía foi unha das principais forzas motoras do desenrolo científico ao longo da historia, é un dos principais focos de interese no estudo da historia da humanidade. A observación do ceo empeza a representar un papel moi importante cando se pasa da economía dependente da caza a unha na que se comeza a recoller alimentos silvestres para descubrir paseniño a sementeira. Aínda que houbo sociedades que baseaban a agricultura en fenómenos tales como as enchentas dos ríos, é probable que ao iniciarse os coñecementos básicos da astronomía algunhas delas puidesen empregalos para medir o tempo dun xeito mais preciso. Ese xeito de medir o tempo baséase no estudo da bóveda das estrelas e os seus movementos periódicos. Para o home prehistórico ter algunhas ideas básicas sobre astronomía era máis importante do que pode ser para o home actual. Aos homes primitivos a astronomía permitiulles establecer con precisión as xeiras axeitadas para sementar e recoller as colleitas. O sol que separaba o día da noite saía todas as mañás dende o LESTE, movíase uniformemente polo día e morría polo OESTE, de contado o coñecemento dos movementos cíclicos do sol amosaron o seu emprego para a predición de fenómenos como o ciclo das estacións. Dependendo o seu coñecemento da supervivencia de calquera grupo humano, a astronomía arranxou os problemas e as inquedanzas das primeiras sociedades, e dicir, respondeu á necesidade de establecer con precisión as xeiras axeitadas para sementar e recoller as colleitas e tamén para as celebracións. A Curiosidade humana con respecto ao día e á noite, ao sol, a lúa e ás estrelas, levou aos homes antigos á conclusión de que os corpos celestes se moven regularmente. O primeiro emprego desta observación foi a de definir o tempo e orientarse. No neolítico, cando naceron as primeiras comunidades agrogandeiras, fíxose fundamental coñecer o intre axeitado para sementar e recoller as colleitas. As preguntas que se fai o home prehistórico, cuxas respostas atopa no comportamento do firmamento, atópanse esencialmente asociadas á localización temporal e espacial dos acontecementos. Por exemplo, cando chegarán as novas treboadas? Cando e, cara onde acontecerán as migracións das aves e cando terá que acocharse pola crueza do tempo?
Este control e confirmación do tempo -ciclos do clima ou estacións anuais- podíase realizar por medio dun efectivo sistema para aqueles tempos, un método de control e confirmación do nacemento e morte destes ciclos estacionais que mesmo hoxe en día pódese constatar fielmente e coa mesma precisión que facian os nosos devanceiros do neolítico -6000. Velaquí o medio empregado: a PEDRAFITA, pedra fincada no chan, espetada en lugares de media ou considerable altura, lugares, chairas ou eiras megalíticas nas que as pedrafitas adoitan ficar ao carón de mámoas, túmulos, círculos líticos... Tamén son constatabeis na práctica totalidade dos casos onde se asentan estes monumentos megalíticos, contar coa presenza de algúns elementos propios da natureza: mananciais ou fontenlas de auga, e outros feitos polo home: vellos camiños e sendeiros neolíticos. As pedrafitas localízanse en lugares despexados polo xeral, sen arboredos ao seu carón, eiras certamente con forma balconada, onde o espazo e a área de visión, a ceo aberto e ampla e considerablemente despexada para poder contar coa amplitude de visión do traslado e percorrido do astro sol, dende o amencer ata o solpor, pois é xusto nestes dous puntos extremos do día cando se realiza esta confirmación e medición: (equinoccios) (solsticios). Para poder facer axeitadamente o control e confirmación por medio da pedrafita fincada no chan e o posicionamento do sol no ceo, a persoa que fai esta observación astronómica (o axexante), ten de situarse por detras da pedrafita, co sol de fronte. Na zona mais elevada da pedrafita, de nome "croa", polo xeral existen traballadas unhas alteracións (manipulacións pétreas), coñecidas como "rebaixes", "concavidades", provocadas pola man do home neolítico. Estes rebaixes na croa cumpren a función exacta e precisa de "enfiar" o posicionamento do astro sol, son os verdadeiros "axexadoiros" nas croas das pedrafitas galegas por onde o sol penetra en liña recta, se asenta e repousa, facendo unha unión horizontal: ollar do axexante, axexadoiro e astro sol. Para aportar estes datos, estou a facelo en tempo presente, pois como indiquei, aínda hoxe, no século XXI, é demostrábel e constatábel in situ esta confirmación de observación astronómica con todo éxito. Sobre a duración desta exposición-observación no axexadoiro das pedrafitas e mais tendo en conta a función da claridade do día, amencer ou solpor, dito tempo de comprobación deste posiconamente pode durar de 10 a 12 minutos, así como as datas de confirmación dos equinoccios e solsticios, pódense ir facendo con 4 ou 5 días anterior e posteriormente ao día da data ofical de cada estación (equinoccios: 22 de marzo e 21 de setembro, comprobacións amencer e solpor), (solsticio de verán: 21 de xuño, comprobacións amencer e solpor).

Ningún comentario:
Publicar un comentario