Pedrafitas do medievo

Contextualización:


Dentro do medievo séculos V ao XV dC., atopamos en Galicia os chamados Coutos: do Latín cautu, "lugar cercado", e pode referirse a territorios ou espazos coutados dependentes dun antigo señorío laico ou, as máis das veces, a un señorío eclesiástico xeralmente dependente dun mosteiro. Cumprindo a función de marcaxe e linde territorial destes Coutos ou Señoríos, atopamos as pedrafitas, marcos, fitos e padróns. Algúns dos Coutos de Galicia, onde aínda se atopan as pedrafitas cumprindo linde de terreos son:

  • Couto de Camposancos, A Guarda, Pontevedra.
  • Couto de Bon, Bueu, Pontevedra.
  • Couto de Lampai, Cruces, Padrón, A Coruña.
  • Couto de Vilar de Donas, Palas de Rei, Lugo.
  • Couto de Xocín, Baños de Molgas, Ourense.
Os Coutos ou Señorios foron conxuntos de aldeas ou lugares subordinados a un señor ou comunidade, co dereito de administrar xustiza, por privilexio ou por ter directo dominio sobre os habitantes. Os Coutos tamén podian ser cedidos polos seus propietarios a outras persoas, como premio a unha fazaña, normalmente de tipo militar.

Estas pedrafitas podemos atopalas con inscricións feitas en latín nas súas caras, como este texto dunha pedrafita do Couto de Lampai: (traducido) "ANO 1156 NO PRIMEIRO DIA DAS CALENDAS DE SETEMBRO. COA AUTORIDADE DO EMPERADOR E DE TODOS OS ASISTENTES POÑO ESTE PEDRON".

Está en estudo, determinar si estas pedrafitas son monólitos de feitura ou deseño propio para a marcaxe destes territorios, ou pola contra, algunhas destas pedrafitas, xa  estivesen chantadas de tempos anteriores, e se atopen adscritas a outra tipoloxia cronoloxico-cultural anterior ao medievo, o coñecido reemprego destes monólitos dende fai séculos en Galicia.

Simboloxía, cualidades e traza da pedrafita Galega, descodificación e homologación.

A pedrafita:

É fálica.
Orxiástica (puído e lustre milenario).
Fecundante.
Fertilizante.
Ritual.
Posúe nume,
observación astronómica,
sinala termos e límites, fica ao carón de camiños,
mananciais ou cursos de auga, interacciona coas mámoas, círculos líticos e aliñamentos.
A muller refrega a vulva ó cabalo dela: pedrafita cabalar.
É sandadora,
profiláctica,
talismán,
máxica,
xera vida.
Antropica.
Fasquía: antropomorfa e zoomorfa.
Apotropaica.
Sagrada.
Cultual.
Ambigua.
Representación-significado da pedrafita segundo a orientación:

Cara norte: masculino ou pene.
Cara sur: feminina ou vaxina.
Cara leste: zona onde comezan os actos-propósitos-ritos.
Cara oeste: representa a madurez, o ocaso, a morte, o remate.


CORUÑA, A
Proposta de Catalogación
Listaxe:
CONCELLOS DE A CORUÑA


PADRON
Pedrafita marco III, do Couto Medieval de Lampai.
Localización:
Lugar: A Porta dos Mariños, entre Belina e os Pazos, preto do campo de futbol.
Freguesía: Cruces, Santa María.
Concello: Padrón.
Terras do Sar.
A Coruña.
Coordenadas: Lat 42º 46´ 10,75´´ N       Lon 8º 38´ 48,99´´ O
64 m.s.n.m


Imaxe:



Pedrafita marco III, do Couto Medieval de Lampai.
Fonte imaxe: Wikipedia.


TEO
Pedrafita marco I, do Couto Medieval de Lampai.
Localización:
Lugar: Mosteiro, na concorrencia do Rego de Tarrío e o vello camiño que ven dende Pedroso do Norte.
Freguesía: Lampai, Santa María.
Concello: Teo.
Terras de Santiago.
A Coruña.
Coordenadas: Lat 42º 46´43´´ N       Lon 8º 37´26´´ O
205 m.s.n.m.


Imaxe:


Pedrafita marco I, do Couto Medieval de Lampai.
Fonte imaxe: La Voz de Galicia.


LUGO
Proposta de Catalogación
Listaxe:
CONCELLOS DE LUGO


NOGAIS, AS
Pedrafita marco da Casa de Chancia.
Localización:
Lugar: Topónimo e vivenda de nome Casa de Chancia, situado no interior, na cociña desta vivenda en ruína, foi marco da liña divisoria das xurisdicións de Doncos e de Torés.
Freguesía: Nullán, San Cosmede.
Concello: Nogais, As.
Terras dos Ancares.
Lugo.
Coordenadas: Lat 42º 44´ 0,44´´ N       Lon 7º 8´37,91´´ O
1196 m.s.n.m.


Imaxe:


Pedrafita marco da Casa de Chancia, situado no interior da vivenda, Nullán, As Nogais.
Fonte imaxe: Luís López Pombo.


PALAS DE REI
Pedrafita marco do Hospital das Seixas, marco da Mámoa, ou marco das Cruces.
Localización:
Lugar: Érguese sobre unha mámoa na necrópole do Marco, Monte do Hospital das Seixas, preto do camiño primitivo, ou de Oviedo (Uviéu), na serra do Careón, foi no pasado fito xurisdicional dos señorios: Hospital das Seixas, Couto de Moredo, e Couto de Goiás, e das Freguesías (do Concello de Toques): Vilouriz, Santiago; Paradela, San Paio, e Brañas, Santa María. Na actualidade cunpre función de marco de concorrencia das Provincias: A Coruña (Concello de Toques) e Lugo (Concello de Palas de Rei).
Freguesía: Merlán, San Salvador.
Concello: Palas de Rei.
Terras de Ulloa.
Lugo:
Coordenadas: Lat 42º 57´7,85´´ N       Lon 7º 54´26´´ O
714 m.s.n.m.


Imaxe:



Pedrafita marco do Hospital das Seixas, Merlán, Palas de Rei.
Fonte imaxe:  autor 1997.

Pedrafita marco do Hospital das Seixas, Merlán, Palas de Rei.
Fonte imaxe:  autor 1997.


Pedrafita marco de Lama Grande,  do Couto medieval de Vilar de Donas.
Localización:
Lugar: Cordal de Parada, preto do Rego de Lamas, cumpre función de marco delimitador do Couto medieval do mosteiro de Vilar de Donas.
Freguesía: Covelo, San Xoan.
Concello; Palas de Rei.
Terras de Ulloa.
Lugo.
Coordenadas: Lat 42º 53´55,18´´N       Lon 7º 46´32,06´´ O
540 m.s.n.m.


Pedrafita marco de A Pallota, do Couto medieval de Vilar de Donas.
Localización:
Lugar: A Pallota, a 70 metros do túmulo do monte cubelo, a pedrafita ata tempos recentes sinalou a estrema de leiras. Cumpre función de marco delimitador do Couto medieval do mosteiro de Vilar de Donas.
Freguesía: Vilar de Donas, San Salvador.
Concello: Palas de Rei.
Terras de Ulloa.
Lugo.
Coordenadas; Lat 42º 52´48,06´´N       Lon 7º 47´10,29´´O
681 m.s.n.m.


Imaxe:


Pedrafita marco da Pallota,Vilar de Donas, Palas de Rei.
Fonte imaxe: Extraída do Blog O Noso Patrimonio.


Pedrafita marco do Rosedo, do Couto medieval de Vilar de Donas.
Localización:
Lugar: Cumio do monte Rosedo, onde son coñecidos tamén os topónimos: Pico do marco e Pico do mouro, érguese enriba dunha mámoa cruzada por un cortalumes, nel concorren as Freguesías: Berbetouros, San Miguel; Vilar de Donas, San Salvador; Mosteiro de Devesa, Santiago, e, Covelo, San Xoan. Cumpre función de marco delimitador do Couto medieval do mosteiro de Vilar de Donas.
Freguesía: Vilar de Donas, San Salvador.
Concello; Palas de Rei,
Terras de Ulloa.
Lugo.
Coordenadas: Lat 42º 54´35,80´´ N       Lon 7º 48´32,44´´O
646 m.s.n.m.


Imaxe:


Pedrafita marco do Rosedo, Vilar de Donas, Palas de Rei.
Fonte imaxe: Cristina Vázquez e Xurxo Broz.


OURENSE
Proposta de Catalogación
Listaxe:
CONCELLOS DE OURENSE


BAÑOS DE MOLGAS
Pedrafita marco de Rozas, do Couto medieval de Xocín.
Localización:
Lugar: Xocín, ao carón da estrada Ourense - 0109, nunha zona chaira de maino descenso cara ó L. onde o Río Arnoia, o Marco atópase inserido no valado demarcatorio do terreo do Couto de Xocín, coñecido na antigüidade como "Coto de Villa Joachini", derivando despois en "Joacín", como sinala o Catastro de Ensenada, é un fito chantado como marco de termo, facendo de peche cun antigo camiño de carro, a faciana  que mira ó camiño ten gravada unha cruz con suco romo e profundo, descoñecendo a existenccia doutras gravuras, polo nivel alto  de musgo e líques que posúe.
Os lindes do Couto de Xocín figuran deste xeito no Catastro de Ensenada:
"......la confrontación del L. (levante) es con camino del lugar de Calvelo y principia en el marco o mojón que se llama de Rozas...."
"......y confronta con término del lugar de Villariño Datorre y de este sigue al Marco do Rial y de este al de Rozas en donde principio este marqueo"
É probable o reemprego primitivo desta peza,  noutro tipo de utilidade, quizáis unha antiga pedrafita, no contexto arqueolóxico, sinalar as abondosas estacións de petróglifos atopadas fai pouco tempo na ampla contorna.
Toponimia de prospección: Arqueolóxica, Etnográfica, Antropolóxica, Arqueoastronómica, Cronolóxica, Sacralización e Lendas: Xocín, Monte de Carpaza, Lama Boa, Calvelo, Monte Piñeiro, A Teixeira de Meamán, Costa das Antas, Vilariño, Lama Má, A Fachela, Os Chaos, Monte Medo, Francos, etc...
Freguesía: Lama Má, San Cibrao.
Concello: Baños de Molgas.
Terra  Allariz Maceda.
Ourense.
Coordenadas: Lat 42º 12´19,45´´ N       Lon 7º 38´16,59´´ O
581 m.s.n.m.


Imaxe:


Pedrafita marco de Rozas, do Couto medieval de Xocín. Lama Lá,
Baños de Molgas.
Fonte imaxe: Antonio Gavilanes.

Pedrafita marco de Rozas, do Couto medieval de Xocín. Lama Lá,
Baños de Molgas.
Fonte imaxe: Antonio Gavilanes.


CALVOS DE RANDÍN
Pedrafita marco no Camiño Privilexiado do Couto Mixto, (I, II - 2 monólitos).
(Pedrafita marco I e II, denominados desta maneira polo autor dos achados, o investigador Elixio Vieites).
Localización:
Lugar: Camiño Privilexiado do Couto Mixto, no treito dun posíbel camiño ancestral entre os actuais concellos de Calvos de Randín e Baltar, (Galicia) e Montalegre, (Portugal), amolloado por marcos e mouróns de pedra, con gravuras diversas e cruces, outros bens de interese relacionados co histórico Couto, O Castro, O Castelo da Picoña.
O Couto Mixto foi un antigo territorio (século XII, ligado ao Castelo da Picoña) autónomo, onde os veciños elixian libremente a nacionalidade, Portugal ou España, este enclave tiña a orixinalidade de posuir a súa propia organización, desvencellada das coroas destes dous países, nunha estrutura politica semellante a unha república democrática.
Pedrafita marco no Camiño Privilexiado do Couto Mixto I
Toponimia de prospección: Arqueolóxica, Etnográfica, Antropolóxica, Arqueoastronómica, Cronolóxica, Sacralización e Lendas: Randín, As Coelleiras, Ourille, As Caveancas, Outeiro das Maseiras, Ponte do Pozoco, Lama Cova, A Gritela, A Veiga dos Cousos, Colmeas,  Espasanta, Marco do Castelo, Muiño da Lama, Marco dos Pesos, Veiga do Escairo, Gandorpe, etc...
Zona chaira, elemento situado entre o Río da Barxa e o Rego da Bouza, ao carón do Priviliexiado Camiño.
Freguesía: Randín, San Xoán.
Concello: Calvos de Randín.
Terra da Limia.
Ourense.
Pedrafita marco no Camiño Privilexiado do Couto Mixto II
Toponimia de prospección: Arqueolóxica, Etnográfica, Antropolóxica, Arqueoastronómica, Cronolóxica, Sacralización e Lendas: Rubiás dos Mixtos, As Míllaras,  O Torgal, As Filgueiras, O Outeiro,  Rubiás,  A Cruz, O Lombo, Os Lameiros dos Ríos, A Lama Grande, O Agro, Barrio, A Torre, O Castro, O Barreiro, Outeiro da Raposa, A Rocha, As Cabazas, A Toxeira, etc...
O ben atópase nunha leve pendente, preto do Histórico Camiño, non lonxe do Río Salas.
Freguesía: Rubiás dos Mixtos, Santiago.
Concello: Calvos de Randín.
Terra da Limia.
Ourense.
Coordenadas: Pedrafita marco  I
Lat 41º 54´15,47´´N       Lon 7º 51´ 39,23´´ O
865 m.s.n.m.


Imaxe:



Pedrafita marco no Camiño Privilexiado
do Couto Mixto I.
Fonte imaxe: Elixio Vieites.


Coordenadas: Pedrafita marco II
 Lat 41º 54´40,21´´ N       Lon 7º 50´24,56´´ O
864 m.s.n.m.


Imaxe:


Pedrafita marco no Camiño Privilexiado do Couto Mixto II.
Fonte imaxe: Elixio Vieites.


GOMESENDE
Pedrafita marco de Gomesende.
Localización:
Pendente de localización exacta.
Lugar: O Val.
Freguesía: O Val, Santa María.
Concello: Gomesende.
Terra Celanova.
Ourense.
Coordenadas: (provisionais, referencia: Santuario da Nosa Señora do Val)
Lat 42º 12´30,92´´ N       Lon 8º 06´33,57´´ O
526 m.s.n.m.


LOBIOS
Pedrafita marco A Portela da María.
Localización:
Lugar: A Portela da María, A Anta, preto do Alto do Couto, no camiño da Raiña Santa, é coñecida a testemuña do ano 1255, cando a Raíña Isabel II de Portugal peregrinou a San Salvador de Celanova, e logo continuou a Santiago de Compostela. Feito histórico que lle valeu o calificativo de camiño da Raíña Santa, a un percurso que se empregou como rota de peregrinación portuguesa a Santiago ata os inicios do século XX, recollendo sobre todo peregrinos  do distrito de Braga. O  camiño da Raíña Santa entra en Galicia pola Portela do Home, no concello de Lobios, vindo desde Braga polo trazado da Vía Romana XVIII, tamén coñecida como Vía Nova, que unía as capitais conventuais de Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga), no treito Portela do Home-poboado do encoro das Conchas, Lobios, nunha curva do camiño, na Portela da María, nunha pequena baixada, alí sitúase a pedrafita, preto atópase o nacente do Rego da Ameixida que verte no río de Vilameá.
Zona de chaira, onde se atopan os túmulos da Anta do Couto, a pedrafita consideramola moi posiblemente, vinculada a este espazo e época megalítica, reempregada como marco de termo, no período medieval, as cruces nas súas facianas, sinalan a demarcación deste tempo.
Toponimia de prospección: Arqueolóxica, Etnográfica, Antropolóxica, Arqueoastronómica, Cronolóxica, Sacralización e Lendas: A Anta, A Portedela, Coutado de Vilameá, O Perdigoto, A Calzada, Chan da Veiga, Saa, Touza de Lama, Alto do Couto, O Cruceiro, Corga do Tío Paio, Deiriña, Cimadevila, etc...
Freguesía: Lobios, San Miguel.
Concello: Lobios.
Terra Baixa Limia.
Ourense.
Coordenadas: Lat 41º 53´ 2,73´´ N       Lon 8º 5´ 32,07´´ O
498 m.s.n.m.


Imaxe:


Pedrafita marco A Portela da María, Lobios.
Fonte imaxe: es. wikiloc.com.






MACEDA
Pedrafita marco de termo no Rodicio, (I, II -  2 monólitos)
(denominados desta maneira polo autor dos achados, o investigador Gavilanes).
Localización:
Lugar: Moi preto do pobo de O Rodicio, no treito dun antigo camiño que cumpre función de linde territorial entre as Freguesías e Concellos seguintes:
Freguesía: Asadur, Santa Mariña, Concello: Maceda.
Freguesía: As Chás, San Xoán, Concello: Montederramo.
Ditos marcos de termo, posibelmente coetáneos, atopanse na actualidade ás marxes do devandito camiño, na croa dos dous elementos pódense reparar os trazos antergos de cadansúa cruz de termo, tamén no marco I  nun lateral; A zona onde se atopa este ben ten por nome Lamadavella. Sinalar que o marco II, o seu lugar de orixe atopábase xusto no medio do camiño, formado por dúas pedras establecendo unha estrutura coniforme obrigando aos carros e persoas arrodealo polas dúas beiras.
A área é chá, dous regueiros discorren pola redonda: Regueiro do Reconco e Regueiro de Asadur, o rexistro arqueolóxico do amplo contorno localiza presenza megalítica en As Chás, a pedrafita do Couso en Zorelle, petróglifos  de Vilardecás, castro en Asadur e o castrelo en Leboreiro, Montederramo.
Toponimia de prospección: Arqueolóxica, Etnográfica, Antropolóxica, Arqueoastronómica, Cronolóxica, Sacralización e Lendas: O Rodicio, Fonte Fría, Barreiros, As Chás, A Laxe, A Caseta, O Carpazal, Toxás, Retorta, Ramíl Grande, Ramil Pequeno, Sotochao do Rodicio, Os Currás, A Raposeira, Cordelle, Cordelle de Abaixo, O Campo, Cacharrequille, A Lama da Cima, Monte das Ratoeiras, O Medón, Pedra, Pena da Malla, Lomba da Meda, etc...
Freguesía: Asadur, Santa Mariña.
Concello: Maceda.
Terra Allariz Maceda.
Ourense.
Coordenadas: Pedrafita marco I
Lat 42º 18´34,14´´ N       Lon 7º 36´6,70´´ O
974 m.s.n.m.
Coordenadas: Pedrafita marco II
Lat 42º 18´45,57´´ N       Lon 7º 35´51,13´´ O
983 m.s.n.m.


Imaxe:



Pedrafita marco do Rodicio I, Asadur, Maceda.
Fonte imaxe: Antonio Gavilanes.

Pedrafita marco do Rodicio II, Asadur, Maceda.
Fonte imaxe: Antonio Gavilanes.


MEZQUITA, A
Pedrafita marco de As Cortiñas.
localización:
Lugar: As Cortiñas, O Pereiro, situada entre o Regueiro do Candal e o Regueiro do Carriñal,  na aba sur, que dende o cumio do Chao do Porco, deseña constantes recháns descendentes ata o lugar de Arealciño, preto de As Cortiñas, na área próxima, un camiño integrado nunha zona de paso natural sinala a súa traza. Posíbel marco xurisdicional?
Adscrición cronocultural: medievo-moderno; A terra da Mezquita estivo vencellada dende o Megalitismo, ao norte de Portugal e zonas de Sanabria, compartindo a cultura predominante de vida pastoril.
Toponimia de prospección: Arqueolóxica, Etnográfica, Antropolóxica, Arqueoastronómica, Cronolóxica, Sacralización e Lendas: As Cortiñas, Carballaregos, Val da Pala dos Ladrois, Os Avantos, O Arealciño,  A Casada, O Pereiro, As Toqueiras, O Gamoal, A Cabeza,  Sobre os Muiños, Carballois, Chao do Porco, Lagorzo, etc...
Freguesía: O Pereiro, San Pedro.
Concello: Mezquita, A
Terra Viana.
Ourense.
Coordenadas: Lat 42º 2´53,02´´ N       Lon 7º 2´ 51,75´´ O
1078 m.s.n.m.


Imaxe:


Pedrafita marco das Cortiñas ou do Carriñal, O Pereiro, A Mezquita.
Fonte imaxe: Pilar Fernández Pintos.


MONTERREI
Predrafita marco do Seixo Branco.
Localización:
Pendente de localización exacta.
Lugar: Na concorrencia de Albarellos e Pacios.
Freguesía: Albarellos, Santiago.
Concello: Monterrei.
Terra Monterrei Verín.
Ourense.
Coordenadas: (provisionais, referencia: Igrexa de Albarellos)
Lat 41º 56´ 55,70´´ N       Lon 7º 29´ 50,82´´O
408 m.s.n.m.


TABOADELA
Pedrafita marco do Mato.
Localización:
Lugar: O Mato, Fonte Fría, área chanceira, preto da liña estremeira cos concellos de San Cibrao das Viñas e Taboadela, a pedrafita marco, sinala a concorrencia das seguintes freguesías:
A Touza, San Xurxo, O Mesón de Calvos, Santa María, e Rabeda, Santiago. A pouca distancia atópase o Río Barbaña, un vello camiño transcorre ao carón da pedrafita, presenza nas freguesías adxacentes de diferentes xacementos, castros, petróglifos, pedrafitas,
Toponimia de prospección: Arqueolóxica, Etnográfica, Antropolóxica, Arqueoastronómica, Cronolóxica, Sacralización e Lendas: O Mato, A Fonte Fría, A Redriña, Chaus, Outeiro Calvo, A Venda Nova, O Tombo, A Pombeira, Os Corgos, As Moreiriñas, O Outeiro, As Pontes dos Carros, A Lama, A Lameira, Lama de Santa Cruz, A Mioteira, Castroverde, etc...
Freguesía: Rabeda, Santiago.
Concello: Taboadela.
Terra Ourense.
Ourense.
Coordenadas: Lat 42º 15´55,00´´ N       Lon 7º 49´03,39´´ O
329 m.s.n.m.


Imaxe:


Pedrafita marco do Mato, Rabeda, Taboadela.
Fonte imaxe: Antonio Gavilanes.

Pedrafita marco do Mato, Rabeda, Taboadela.
Fonte imaxe: Antonio Gavilanes.

Pedrafita marco do Mato, Rabeda, Taboadela.
Fonte imaxe: Antonio Gavilanes.

Pedrafita marco do Mato, Rabeda, Taboadela.
Fonte imaxe: Antonio Gavilanes.


VERÍN
Pedrafita marco do Souto Novo,
Localización:
Pendente de Localización exacta.
Lugar: O Souto Novo.
Toponimia de prospección: Arqueolóxica, Etnográfica, Antropolóxica, Arqueoastronómica, Cronolóxica, Sacralización e Lendas: O Souto Novo, A Granxa, A Granxiña, Outeiro de Arnás, A Viña Grande, O Marco Rachado, Arnás, A Cerceda, A Lobedeira, Penedo Grande, A Toxeira, Viñas Brancas, O Malpaso, Val de Cabras, Marco do Lobo, Val de Coellos, O Caldeirón, Os Xardos, O Padrón, As Leiras Grandes, etc...
Freguesía: Tamagos, Santa María.
Concello: Verín.
Terra Monterrei Verín.
Ourense.
Coordenadas: (provisionais, referencia: O Souto Novo)
Lat 41º 54´ 14,63´´ N       Lon 7º 25´21,51´´ O
497 m.s.n.m.


Imaxe:


Pedrafita marco do Souto Novo, Tamagos, Verín.
Fonte imaxe: Extraída do Blog O Noso Patrimonio.


PONTEVEDRA
Proposta de Catalogación
Listaxe:
CONCELLOS DE PONTEVEDRA




GUARDA, A
Pedrafita marco de  O Couto.
Localización:
Lugar: Barrio do Couto, Camposancos, localízase no comezo da Rúa-camiño Portugués da Costa, non se acha chantada no seu emprazamento primitivo, sinalou os límites do primitivo couto de Camposancos dende o século XII, que pertenceron ao mosteiro de Barrantes (Tomiño), no século XV pasou ó poder do cabido da catedral de Tui.
Ámbito arqueolóxico: Paleolítico, megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
Toponimia de prospección: Arqueolóxica, Etnográfica, Antropolóxica, Arqueoastronómica, Cronolóxica, Sacralización e Lendas:  O Couto, Camposancos, O Outeiro, Pombal, Sa, A Paxase, Bouza da Fonte,  Castro de Sa, A Granxa, Salgueiró, Fonte do Aloque, San Francisco, Monte Santa Tegra, O Castro, etc...
Freguesía: Camposancos, Santa Sabela.
Concello: A Guarda.
Terra Baixo Miño.
Pontevedra.
Coordenadas: Lat. 41º 53´19.63´´ N       Lon. 8º 51´27.33´´ O
42  m.s.n.m.
Data publicación: 26.05.17


Imaxe:


Pedrafita marco de O Couto, Camposancos, A Guarda. Chantada no camiño Portugués da costa.
Fonte imaxe: Concello de A Guarda.


BUEU
Pedrafita marco do Couto de Bon.
Localización:
Lugar: Novo emprazamento, depositada, abatida no xardín lateral da capela central do cemiterio municipal de Bueu, foi atopada fai poucos anos e trasladada ao camposanto, descoñecendo o motivo polo cal aínda se encontra abatida e sen sinalizar. Foi marco de termo que sinalou os límites do couto de Bon e Vilar.
Data publicación: 27.05.17

Imaxe:


Pedrafita marco do Couto de Bon, abatida no xardín do cemiterio de Bueu.
Fonte imaxe: autor 2017.


Pedrafita marco do Couto de Bon, vasto marco de 1.50 m. de lonxitude, aínda en relativo bo estado de conservación.
Fonte imaxe: autor 2017.

Cruciforme na croa da pedrafita marco do Couto de Bon, Bueu.
Fonte imaxe: autor 2017.





Pedrafitas do medievo, total Galicia: 20



Ningún comentario:

Publicar un comentario