Autor

MEMORIA do Autor:




X. Alberte Alonso Fdez.
O Grove,  -Pontevedra- ano 1961

NOS ANOS SETENTA, SECULO XX:
Dende  mozo pescudo nas orixes e tradicións de Galicia (o meu irmán Xan, empréstame o libro "Historia de Galicia" de Vicente Risco, dende ese intre, "Galicia,  a súa historia, orixes, lendas e tradicións, revélanse diante de min, paseniño", contaba con 15 ou 16 anos). Nese mesmo tempo compoño algunhas poesías e letras de cancións con guitarra.

Percorro o Val do Salnés, facendo  anotacións, fotos e traballo afeccionado de catalogación de cruceiros tradicionais, lendas, ditos, ritos e tradicións.

Intercalo estudos de  F.P.-Auto con tempadas laborais de variada natureza: auxiliar administrativo, hostalaría, correos.

Nos anos da transición democrática, xunto coa guitarra, interpreto temas de cantautor en Galego, algunhas das cancións coñecidas de Suso Vaamonde e Luís Emilio Batallán, e tamén en  Euskera, en diferentes festivais do Val do Salnés: O Grove e Sanxenxo, en Pontevedra xunto con Manolo Pena facemos un dúo musical na Residencia de Estudantes, tempo despois con "Kikí" guitarrista moi agudo xa falecido, facemos o dúo "Brandán, con referencia social e celta, semellantes a Emilio Cao, e os anteditos: Vaamonde, Batallán e tamén Alan Stivell, estivemos presentes nas semanas de Cultura Galega de Sanxenxo.

NOS ANOS OITENTA, SECULO XX:
Antes de facer o servizo militar obrigatorio, percorro castros e diferentes xacementos arqueolóxicos, visito o Museo de Pontevedra,  facendo consultas ao arqueólogo Antonio de la Peña, con quen de xeito cordial manteño conversas e recibo coñecemento e información, no ano 1981 fun membro colaborador do seu grupo de traballo  na actuación de urxencia do levantamento e reposición da pedrafita de A Lapa de Gargantáns, Moraña, Pontevedra, dende ese intre outra vez sinto nova chamada, espértase en min unha especial atracción polo Megalitismo e en especial polas pedrafitas.

En Madrid, facendo a "mili", adoito visitar o Museo Arqueolóxico Nacional, investigo no campo das relixións preromanas. Rematado o servizo militar,  vou vivir a Vigo, traballo para correos na área de transporte postal pola provincia de Pontevedra, situación que aproveito para coñecer  rutas, aldeas, xacementos arqueolóxicos e vinculación directa co mundo rural, tradicións e costumes, colaboro coa Asociación Cultural "Rexurdir" de Sanxenxo, no Festival Celta de Vigo coñezo a Laurentino Arroyo, cidadán ´Francés de pai Bercián, home sensibilizado co mundo Celta, música, maxia, costumes e druidismo, fala do  grande Xesús López Pacios, Galego  residente en Xixón, Asturies, é o presidente da Lliga Celta d´asturies, home sabio e coñecedor das tradicións celtas e precursor do celtismo no pobo viciño, Xesús López  coñece en Galicia  persoas interesadas no celtismo, con moitos desexos de traballar arreo pola cultura, dignidade e conservación de tradicións milenarias da cultura Celta, entre eles está Bieito Romero, despois aparece Antón Ricón e tamén Manolo Camba, co-fundamos a Asociación Cultural "Irmandade Céltiga", ao mesmo tempo publicamos o voceiro oficial da Irmandade: "Ith", aproveito dende Vigo, tamén para colaborar con Radio Ecca, presentando un espazo de música de raizame Celta e tradicional de nome "Samaín", pertencente ao programa radiofónico "A Paixón Galega".

NOS ANOS NOVENTA, SECULO XX:
Realizo o curso "Os fondos do Museo de Pontevedra e a historia de Galicia" acado a cualificación de apto, tempo despois Nestor Nantes dame aviso da localización en Casas Vellas, Chan de Currás, Marín, Pontevedra, dunha pedra moi antiga, visitamos dito monumento, aínda que no primeiro intre non sospeitamos da súa relación de pedrafita de observación astronómica. Vivindo en Pontevedra comezo a facer saídas para a localización de pedrafitas por toda Galicia,  por fortuna, ata min chega un audiovisual, colaborando no mesmo algúns investigadores alemáns, onde deseñan un percorrido europeo por determinados santuarios prehistóricos vencellados co culto solar, titulan o traballo  "Los adoradores del dios sol", interven o prestixioso investigador Ralf Conekis quen de xeito sorprendente, nos aliñamentos de Carnac, Bretaña, realiza o achado dun axexadoiro  na croa dunha pedrafita, que confirma o posicionamento. e o encaixe solar dos equinoccios, resultou para min este feito moi  emotivo e impactante, ata o punto de relacionalo coa posíbel funcionalidade astronómica da pedrafita de Casas Vellas, Chan de Currás, Marín, dende este achado impresionante de Ralf Conekis intensifiquei o estudo en materias que me podian levar a confirmar a miña sospeita, a hipótese de que a pedrafita de Casas Vellas, verdadeiramente cumpre funcións de observación astronómica dende o neolítico, esas materias son:  datos astronómicos e xeográficos, estudo das funcións agrogandeiras do neolítico e o emprego da pedra nesta época, entregando moitas horas de observación e estudo ás fotos e a propia pedrafita "in situ" para tentar dilucidar por completo o verdadeiro emprego prehistórico deste exemplar polo de agora único quizais na peninsula ibérica.
Chega ás miñas mans un volumen do prodixioso Moncho Boga, tamén falando sobre as pedrafitas. Dende o ano 1995 a miña ocupación laboral é de administrativo, nunha institución oficial dependente do Vaticano, Roma, Italia, adicada as obras de evanxelización e caridade con tódolos pobos.

Iintervención nos medios: (acto presencial) Santiago Pazhin dende Vigo, no seu programa de Radio Noroeste: "Ecuentros en la media noche", Charla e coloquio sobre as pedrafitas, o etnógrafo Rodolfo Dacuña participa no programa aportando datos interesantes no eido destes monólitos prehistóricos de Galicia.

Intervención nos medios: O xornal Faro de Vigo publica o traballo: "A "Pedra de Casas Vellas" foi un observatorio astronómico do Neolítico", relacionado coa proposta identificativa da pedrafita de Casas Vellas, Chan de Currás, Marín, como observatorio astronómico do Neolítico, 1998.

DO ANO 2000 ATA O ANO 2010:
Desenrolo de  constantes e profundas investigacións sobre o fenómeno das pedrafitas de observación astronómica, reparando nos posicionamentos e encaixes solares  nos axexadoiros das croas dos monólitos prehistóricos, equinoccios e solsticios, o seu amencer e solpor, precisando que ese control estacional do tempo, por medio do sol e as pedrafitas, teñen un compoñente relacionado cos calendarios astronómicos prehistóricos e as épocas estacionais que  sinalan os tempos e ciclos  para realizar as labouras agro-gandeiras nas aldeas e  grupos  poboacionais dende o neolítico: sementeiras, colleitas, pastoreo transhumante, festas, celebracións, rituais, cultos, etc... As visitas e localizacións de novas pedrafitas prosiguen. Membro  da "Liga Céltiga Galaica".

Publicación: A Editorial Galega Toxosoutos, publica o libro de poesias: "No Castro" 2010.

DENDE O ANO 2011 ATA HOXE:
Por medio da rede global -internet- relación virtual con  persoas, blogues e asociacións que amosan e perciben a sensibilidade patrimonial de Galicia: Xabier Moure de O noso patrimonio, Antonio Gavilanes cos achados de petróglifos e pedrafitas, Moncho Boga coas antas e pedrafitas, Calros Solla garda do Monte do Seixo, e Rafa Quintía presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), de todos eles recibo un trato extraordinario, de amor á terra e ao patrimonio, son verdadeiros gardas dos diferentes legados chegados ata os nosos días que os nosos ancestros construiron e desenrolaron.

Intervención nos medios: O xornal  La Voz de Galicia, por mediación de Rafa Quintía presidente da SAGA, publica o artigo: "O sol repousa na croa das pedrafitas" 2012.

Publicación: A Editorial  Galega El Taller del Poeta, de Pontevedra publica o poemario: "Alento" 2012.

Publicación: Editado pola SAGA, o Anuario Fol de Veleno, co artigo "As Pedrafitas de Galicia, funcións e xeneralidades, grupos específicos" 2012.

Colaborador: Colaborador da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). 2012.

Charla-disertación: Promovida pola SAGA, presentando  a disertación Joâo Bieites, menbro da Sociedade Antropolóxica Galega, "As Pedrafitas de Galicia, funcións e xeneralidades, grupos específicos", Festa da Prehistoria, Mos, Pontevedra, 2012.

Publicación: A SAGA edita Monografías da Sociedade Antropolóxica Galega  Nº 1 "O uso das pedrafitas no neolítico galego, estudo das pedrafitas de observación astronómica e das pedrafitas fálicas", 2014.

Publicación: Blog: http://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com - creación do blog, coa idea de presentar proposta de catalogación das pedrafitas de Galicia, e trasladar as teorías sobre a relación astronómica destes monólitos, como instalacións-calendarios do seguimento estacional dos períodos climáticos, que dende o neolítico veñen contribuindo no devir social, cultural, relixioso  e simbólico de Galicia na súa diversa tipoloxía, 2014.

Presentación: A SAGA organiza a presentación na galería Sargadelos de Pontevedra do primeiro traballo das Monografías da Sociedade Antropolóxica Galega, "O uso das pedrafitas no neolítico galego, estudo das pedrafitas  de observación astronómica e das pedrafitas fálicas",  Rafa Quintía, presidente da SAGA, presenta o acto facendo un pequeno achegamento á liña de traballo do autor, mais tamén ós obxetivos e propostas do estudo. 2014.

Intervención nos medios: Promovida pola SAGA, o xornal Faro de Vigo, publica entrevista sobre as pedrafitas cos seguintes titulares: "En Galicia ya hay cerca de un centenar de menhires descubiertos y más que aparecerán" 2014.

Intervención nos medios: (vía telefónica) Promovida pola SAGA, Antón Rebollido dende Santiago de Compostela, no seu programa da Radio Galega: "Milenio", entrevista-charla sobre  pedrafitas, e presentación do primeiro traballo das Monografías da Sociedade Antropolóxica Galega, "O uso das pedrafitas no neolítico galego, estudo das pedrafitas de observación astronómica e das pedrafitas fálicas". 2014.

Charla-disertación: Promovida pola SAGA, organizada por DTS, presenta  José Manuel Barbosa, facendo un breve trazo da traxectoria do autor no eido da investigación e outros datos. "Utilidade das pedrafitas no neolítico como observadores astronómicos" III Jornadas das Letras Galego-Portuguesas em Pitôes, Portugal, 2014.

Presentación: Atendendo a invitación pracenteira de Bieito Romero, fundador do grupo de música  folc celta Luar na Lubre, e propietario da Taberna/Café/Museu A Baiuca de Arteixo, A Coruña, A SAGA promove na antedita taberna  a presentación do primeiro traballo das Monografías da Sociedade Antroplóxica Galega, "O uso das pedrafitas no neoliítico galego, estudo das pedrafitas de observación astronómica e das pedrafitas fálicas". Interveñen dende a mesa de presentación: Bieito Romero, Rafa Quintía e Moncho Boga.
Bieito  Romero fundador de Luar na Lubre e propietario da taberna A Baiuca, comenta o achegamento e relación co autor nos ámbitos galeguismo e celtismo e o traballo conxunto nos anos oitenta na Irmandade Céltiga, Rafa Quintía presidente da SAGA fai unha breve exposición e posta a punto do traballo-estudo, e o peculiar e inédito do mesmo, Moncho Boga director do museo de Cambre e investigador no eido megalítico, así como prodixioso precursor no estudo das pedrafitas de Galicia expón, e concreta a evolución cronoloxicamente falando, do estudo e achegamento ás pedrafitas nos últimos tempos, tamén destaca a tipoloxía das pedrafitas de observación astronómica que o autor ven poñendo de relevo dende os anos noventa.  2014.

Intervención nos medios: (acto presencial) Promovida pola SAGA, Santiago Pazhin dende Vigo, no seu programa de Radio Voz: "Encuentros en la media noche", entrevista-charla sobre pedrafitas e presentación do primeiro traballo das Monografías da Sociedade Antropolóxica Galega, "O uso das pedrafitas no neolítico galego, estudo das pedrafitas de observación astronómica e das pedrafitas fálicas, Rafa Quintía presidente da SAGA participa no programa, colaborando na presentación e aportando destacados datos no terreo antropolóxico, cultural e  investigación das pedrafitas. 2014.

Creación do FUSO DA MOURA, grupo WhatsApp (Grupo de estudo e divulgación das Pedrafitas de Galicia). Menbros: Moncho Boga, Antonio Gavilanes, Rafa Quintía, Ángel Martínez, Miguel Losada, Rafa Castro e Alberte Alonso. 2014.

Intervención nos medios: A revista Sustansia  nº 46, de O Grove, publica entrevista sobre o perfil xeral cultural do autor, libros publicados (poemarios) e o recentemente editado pola SAGA: Monografías da Sociedade Antropolóxica Galega, "O uso das pedrafitas no neolítico galego, estudo das pedrafitas de observación astronómica e das pedrafitas fálicas cos seguintes titulares: "Xosé Alberte Alonso:  O balance de anos de investigación do legado do home do Neolítico". 2014.



Ningún comentario:

Publicar un comentario