Tanto no ano 2010 como no 2012, tiven a sorte e a oportunidade de poder entregar a dúas editoras Galegas, unhas poesías, sinxelas, cativas e humildes, mais cheas de sentimento e carga emotiva, persoal, cultural, mítica e lendaria.
Deseguido, quero dar a coñecer algunhas delas, son composicións que reflicten e falan dende o imaxinario, cultos, ritos, cerimonias e celebracións ao redor das Pedrafitas na prehistoria.
Do libro No Castro
Edita: Toxosoutos, S.L. - Cruceiro do rego, 2 - Obre, 15217 Noia - A Coruña.
www.toxosoutos.com - editorial@toxosoutos.com
www.toxosoutos.com - editorial@toxosoutos.com
Ano: 2010
ISBN: 978-84-92792-79-5
NARGALA DIRIXE A CERIMONIA DO RITUAL DA FERTILIDADE PARA DERNA
En profunda tristura se atopa Derna
o seu home labrego, desexa que enxendre,
"cantos máis da casa a axudar na terra
menos xente de fóra se atende".
Prégocho Nargala tes que me axudar,
se coñeces o rito da pedra do chan,
se ti sabes como eu podo preñar
imos á pedra dos vellos, antes de mañán.
!Ou! xove Derna fermosa
non alporices no teu demandar,
acouga pequena que todo mañá chega
cando un sabe como chegar.
Leva un manto branco cubrindo o corpo
deixa o cabelo solto ata os pes,
vai á fontela da cova da merla,
a lavar o corpo nas veces de tres.
O chegar ao carón da pedra alta
cuberta a noite de claridade,
Nargala invoca os espiritos vellos,
os que puxeron a pedra da fertilidade.
"Devanceiros ancestrais do meu pobo
eu a vós, quero chamar,
fixestes da pedra a forza da vida,
para que as mulleres poidan enxendrar"
"Agora nós precisamos da vosa axuda
a xove Derna nai quere ser,
facede que a xove enxendre a vida
esfregando na pedra, e o ventre encher",
Derna dun salto abrindo as pernas
amárrase á pedra chantada,
esfregando o corpo espido na lúa chea,
cumpre o rito de fecundada.
Namentras Nargala enceta un cantar
un canto máis vello ca a pedra,
o canto das gracias ao Deus das estrelas,
facendo posible a vida na terra.
Nove xeiras da lúa pasaron por Derna
co ventre cargado de vida,
tres fillos viñeron, loiros como o pai
a Nargala fixeron fada-madriña.
DANTRE O LABREGO, RENOVA O CERIMONIAL DA PEDRAFITA AGRO-BENEFICA
En Antela, Dantre e os seus parentes
fai anos que sementan a terra,
ao carón da grande lagoa
viven e traballan sempre dela.
Nas duas últimas témporas anuais
a colleita non foi nada boa,
veu a choiva fóra de tempo
asolagando toda a lagoa.
Agora chaman a Dovirlas
para que renove o cerimonial,
invoque os espíritos do pasado
percurando nova colleita para o clan.
Dantre e os seus parentes
son medio cento ou máis,
todos xuntos ao redor da pedrafita
Dovirlas dirixe o cerimonial:
"ben gabados sexades
predecesores dos clans do pasado,
que erguendo esta pedrafita
dábades forza o aquí sementado,
as choivas viñan no seu tempo
as colleitas non se estragaban co sol,
o vento fresco limpaba o gran
vida en antela de feitura mol.
Vós, devanceiros honorables
erguestes as pedras da axuda,
invocamos ás vosas forzas invisibles
para esquecer a nosa amargura.
Pregamos para que socorrades
ás xentes as xentes de antela e ao seu traballo,
espíritos da pedrafita
traede a fartura como en antano.
Ti, pedra eres agro-benéfica
arranxas a vida do chan traballado,
regulas o sol, a choiva e o vento
antigo culto das razas do pasado".
Dende aquela, as xentes de Dantre
fame nunca máis tiveron,
agradecendo aos constructores da pedra
colleitas farturentas colleron,
que aínda morta aquela xente
devanceiros de nobres pobos
eles atenden de cotío,
percurando os nosos logros.
ARDELOC, MERRAC E BEARNAL ARRANXAN A RODA DE PEDRAS NA CHAIRA
Levan moito tempo esquecidos
os esteos na chaira da fonte
fitos formando unha roda
sinais que marcan no horizonte.
Merrac coñece a astronomía
estuda a posición das estrelas
para cando veña a lúa medrando,
e o solsticio aliñe cas pedras.
Bearnal ergue de novo os esteos,.
sinala fendas nas arestas
marca nas pedras códigos descoñecidos
dende antigo claves secretas.
Pedras sinaladeiras das vellas témporas
calendario pétreo de eterna funcionalidade
sinal do sol ao mencer,
por onde a lúa acontece na escuridade.
Ardeloc o druída invoca aos deuses
xunto con Merrac o mago, fan o ritual,
conxuran á roda de pedras a clave máxica
salmos e himnos no cerimonial.
Os fitos da chaira albiscan ao ceo
sinalan tempos de sol e de treboadas
agoiros do clima para a boa colleita
xeiras de choiva; ou mañás de xiada.
Fitos que de antergo foron erguidos
polos ancestros dos nosos avós,
estudando os camiños do ceo
reparando nos camiños do sol.
Agora o druída emprega de novo
as vellas pedras para o sol vixiar
o astrónomo esculca os ceos da noite
agoiros revelan que tempo virá.
Na chaira da fonte, alí están erguidos
os fitos escollidos polos sabios do lugar,
coñecen da enerxía que alí mesmo emerxe
o enclave axeitado onde aos astros ollar.
ARDELOC, NEMEBROU E MERRAC, COMPROBAN NA PEDRAFITA A CHEGADA DO EQUINOCCIO
Tres homes sabios camiñan xuntos
de cara ao monte onde ollan o solpor,
alí chantada a pedra, leva séculos
observando os movementos do sol.
Saben que cando o sol na súa raxeira
enfíe na fenda labrada na aresta,
entón chegada será a témpora,
sinala o solpor unha nova xeira.
Máis de tres días estiveron
confirmando a fala do sol na pedra,
no mesmo intre os tres días sinala
na pedrafita a luz da raxeira.
O astrónomo do castro non ten dúbidas
Merrac confirma a chegada
estuda os astros e o sol,
leva anos seguindo as pegadas.
Coñece moi ben as moradas celestes
os asentos do astro na terra,
os sinais que quere outorgarnos
por medio dos fitos de pedra.
Neste outeiro onde a pedra se asenta
é lugar de peregrinación,
veñen varias veces ao ano
na percura do lugar do sol.
Cando a invernía remata
e as eiras están en frol,
tamén os homes sabios se achegan
no tempo da queima do sol.
Rematando as viaxes á pedra
cando chegan as follas ao chan,
ven a choiva, morre a semente
as pombas fuxen para outro asentar.
Cumpre saber os ciclos e xeiras
ter un calendario para o tempo marcar,
coñecer sen erros cando é tempo de colleita
e as bestas tempo de aparellar.
CORCIO DESEXA QUE DERNA A SUA MULLER ENXENDRE OUTRA VEZ
Corcio conta con pequenas terras
bestas e gando a esgalla
arranxa as cortes, moe o gran,
atende aos porcos e corta a palla.
Sementa a terra co arado
coa fouce costa a herba na eira
rega os eidos coa canle do río
chícharos e lentellas pranta na leira.
Carrexa no carro estercol para os eidos
sementeiras de cebada en moitas terras,
ovellas e vacas no monte a pastar
nas avespeiras, a doce mel das abellas.
Traballa Corcio a eito nas tarefas dos prados
sen tempo de acougo, todo é traballar,
conta con nove axudantes labregos
leite, mel, cebada e liño é o trocar.
Derna muxe as vacas na corte
leva o boi á vaca para aparellar,
os catro nenos pequenos que teñen
carrexan auga para o fogar.
Corcio fala con Derna:
é mellor outro fillo ter
é moito traballo, e aos labregos trocar,
cumpre coa xente da casa erguer.
Falarei coa matrona Nargala
pra que arranxe o ritual
cumpre ir á pedrafita coa lúa,
para que o neno veña sen mal.
Derna e Corcio agasallan a Nargala un porco
polos cantos e salmos do emparellar
as invocacións aos deuses da vida na terra
e os consellos do bo preñar.
Na pedrafita dos devanceiros o rito é finado
só cumpre en sete noites bo emparellar,
entre os xuncos do rego das ponlas
axeitade un leito para deitar.
Así medra a familia de Derna e Corcio
parindo fillos para Corcio axudar
facer un fogar con fillos dabondo
sen xente de afora ter que trocar.
Mais cando vellos sexamos
no fogar con nós vivirán,
coidarán como nós fixemos
e outros fillos eles terán.
Do libro Alento
Edita: El Taller del Poeta - Rúa de Joaquín Costa, 2 - 36002 Pontevedra
www.eltallerdelpoeta.com - eltallerdelpoeta@mundo-r.com
Ano: 2012
ISBN: 978-84-15144-80-9
PEDRA
Cantos centos de pedras no correr da historia
deron alma e vida ó ser humano,
dende o machado das Gándaras de Budiño
ata o cruceiro que fica esnaquizado.
Pedra, pedra,...empregada dende as orixes
para ergue-las antas onde repousan finados,
as laxes nos montes debuxando gravados:
de serpes, cervos, armas e cabalos.
Esteos das mámoas e as lousas que as cobren
os ídolos dos deuses, os altares,
muiños naviculares refregando o grao
valados e chozas onde teñen os lares.
Do vello oratorio cristianizando ó carballo
o sartego en San Pedro de Rocas,
as pedrafitas cónicas de Andavao
ó culto á pedra avaladoira.
Dos muiños de auga na ría Barosa
o vello trisquel en Castromao atopado,
a pía de auga de Santa Mariña
ermidas nos castros romanizados.
As romanas murallas de Lugo
o vello faro da Coruña,
a ponte vella en Ourense
en Pontevedra a Peregrina.
Sempre a pedra testemuña do home
por ela o canteiro artesán,
labra debuxos e formas:
do labirinto ao cruceiro aldeán.
OS GARDAS
Polos vellos camiños
entre os toxos, polo monte
nos lameiros eidos
polas terras do norte.
Os gardas florecen
por todo o país,
son seres conscientes
ó facer rexurdir.
Comproban as mámoas nas chairas
as pontes que saltan ós ríos,
os castros dos nobres celtas
mosteiros ao carón do millo.
Castelos de forte asentar
fontes de auga lixeira
restos do poderoso romano,
cruceiro na carballeira,
ermidas no cumio dos montes
machados e covas antergas,
pedrafitas de culto fecundo
petroglifos gravados na pedra.
Os gardas do noso patrimonio
levan a bandeira do respecto,
para que non rouben, nin violen
nin mosteiros nin castelos.
Poder ollar as pedrafitas erguidas
os castros visitar con tempo,
camiñar enriba das pontes
nas fontes beber auga de alento.
ALENTO
O alento que recollo nas cumes
nos cons, nas praias e nas carballeiras,
alento que me enche camiñando nos cantís
nas illas, alento que recobro en primavera.
O alento das corredoiras, o alento das sombras
nos muiños antergos ó carón do rego,
por riba das mámoas ollando os esteos
no monte Lobeira tan perto do ceo.
No monte o cabalo de antiga presenza
as pedras gravadas nas laxes vellas,
a lúa coa forza cando está chea
fumegando na casa entre as tellas.
O lume prendido pola invernía
alento nos ríos cando os parrulos nadan,
nas eiras, nos prados, a vaca marela
o voo dos paxaros, alturas acadan.
Alento dos astros que están no ceo
do silencio da noite, doce agarimo,
nas covas profundas de antigos humanos
na fonte da aldea co rego tan frío.
O son das cordas dunha arpa celta
afastados pandeiros están a tocar,
o brillo das augas no mes de xaneiro
alento procuro, pan de Cea xantar.
Alento recobro ó carón da pedrafita
milenaria pedra que mira ó sol,
antergas danzas ó redor da fogueira
no antigo castro coa sidra no fol.
Mais alento recobro dentro da palloza
o nobre celta fai tempo habitou,
as pedras vellas das adegas
o eixo do carro, que tanto cantou.
Choiva miúda que molla a herba
ventos fortes que están a soprar,
acougo de inverno debaixo do hórreo
namentras na casa comeza o xantar.
POBOS CELTIGOS
Armórica, Cornubia e Cambria
Escocia, Eire, Galiza e Illa de Man,
son as sete nacións celtas
que miran ó mañá.
Saudade dos Portugueses
a mesma que os Escoceses,
Galegos, Bretóns, Asturiáns,
morriña de Galeses e Irlandeses.
Xentes da Illa de Man e Cantabria
gaitas e arpas que soan ó mar,
terras e fala envoltas en agarimo
mesma noite temos ao par.
A fálica pedrafita sempre presente
a anta e a mámoa de curvadas lombas,
ancestrais camiños dos nobres celtas
azul verdoso, atlánticas ondas.
Choiva e tronos, ríos e vento
cruces de pedra no camiño aldeán,
música, danzas e ritmos
somos o mesmo pobo irmán.
Castros ovalados e redondos
verdes terras de Breogán,
castelos e pazos erguidos
mesma luz da mañá.
Idiosincrasia propia, carácter rural
os bos días desexan en Eire ou Gales,
capelas, carballeiras e romaxes
o insigne salmón dos nosos mares.
Montes, fontes e teitos de palla
Covadonga, Pico Sacro ou San Patricio
peregrinaxes do novo pobo celta
cultos e ritos nas festas de antigo.
O cabalo, nobre emblema destas terras
sublime forza das xeracións,
testemuña real de tantos empregos
amansado equino, forxa da tradición.
CULTOS
Ó carón do penedo, á beira do río,
nas carballeiras, nas laxes da praia,
no curuto do monte, nos camiños,
nas covas, nos cabos, nas fontes de auga.
Ó redor da fogueira, a bravura do cabalo,
coa luz das estrelas, noite de lúa chea,
a forza do cervo, o porco bravo,
o castiñeiro, cando o sol alumea.
Nas lagoas, xunqueiras e prados,
debaixo das pontes, ó pé dos cruceiros,
enriba das mámoas, no alto dos castros,
nas pedrafitas e nos outeiros.
Moitos lugares da nosa terra
polos antergos escollidos,
para venerar ós deuses
herdanza para os nosos fillos.
Seguir cos cultos á natureza
ós espíritos e ós deuses,
facer ofrendas as tríades
agoiro da entraña do peixe.
Contando os días pola noite
grolos de viño e augardente,
Saefes que viñeron coa maxia
rendendo culto á serpe.
Cultos ao vento e á choiva
invocacións á serpe en Penalba,
ritos no monte do Seixo,
aparición na encrucillada.
EQUINOCCIO
Camiña o sol no decorrer
do seu imparable traslado,
de norte a sur, paseniño
vai completando o ano.
dende os ancestros milenarios
fan seguimento ocular,
ollando ó ceo desexan saber
o ciclo de tempo do ano solar.
É preciso para os antigos
coñece-la xeira anual,
para celebar os cultos
invocacións do ritual.
Celebracións das festas,
a aldea e familia coa colleita,
apareando ós animais,
facendo a sementeira.
O home sabio da aldea
vai ó lugar máxico,
na croa da pedrafita
o sol enfía o intre sacro.
Pola fenda na croa da pedra
repousa o sol na distancia,
só dúas veces ao ano
o equinoccio deixa a pegada.
Fermoso serán ao carón da pedra,
o sabio contempla o solpor,
roga aos deuses pola aldea
que veña para a xente o mellor.
O equinoccio como no Neolítico
aínda hoxe pódese comprobar,
como o sol enfía na fenda
no monte Lourado está o aliñar.
CANTO TEMPO
Moitos anos da miña vida,
de ti levo lembrándome,
tanto tempo fòra da casa
veño agora a saudarte.
Vella pedra do Agro Baixo
pedrafita cando eu de neno,
ó teu carón eu durmía
deixando de ser pequeno.
Logo de mozo marchei
canto tempo lonxe da casa,
noutras terras, distinta xente
sen querer o tempo pasa.
Traballei arreo moitos anos
na lembranza, canto tempo,
ti pedra do Agro Baixo
teño marcado o lamento.
Lémbrote pedra alta,
ledos intres ó teu carón pasei,
cos amigos xogando, as vacas coidando
de vello nunca tanto chorei.
Quérote pedrafita, lévote dentro
es o espírito encarnado,
cando fiquei lonxe da casa
de ti sentinme atrapado.
Es a lembranza do meu pasado,
dos cantos, dos xogos,
coa nena que despois casei
da auga bebendo uns grolos.
Nunca mais marcharei de aquí
os meus netos agora xogarán,
ó teu carón coñecerán a vida,
da pedra síntome irmán.
A OESTRIMNIS
Terra precelta do extremo occidente
agora se atopan: Galicia e Portugal,
terras irmáns dende fai milenios
xuntos na historia danse as mans.
Oestrimnios primeiro pobo nativo
chozas, palafitas, traballar e vivir,
coidando ovellas e porcos
ao xefe da tribo deben servir.
Na canteira de pedra no monte
da rocha nai esteos fenden,
revan a rolos polo camiño
chantando a lousa cultos renden.
Do poder perpetuo da pedra
ofrecen o rito á deidade
comezan a danza, fan sacrificio
na fálica pedra da fertilidade.
Cestas de vimbia cheas de terra
para facer a mámoa os homes levan,
cubrindo a anta con terra e pedras
humanizando o chan ós mortos enterran.
Pobo Oestrimnico fai culto ás deidades
ateigada terra de pedrafitas e mámoas,
santuarios na natureza ao carón dos camiños,
nos bosques, nas laxes, nas augas.
Onde prende o substrato autóctono
onde nace a crenza e a conciencia,
o alén, fecundidade, a morte
observadores amigos da sapiencia.
Non lles queda outra saída
da invasión de serpes deben fuxir,
os Celtas antigos veñen cara á terra
onde o solpor esmorece ao vivir.
ENTRE A NÉBOA
A contraluz podo ollar a silueta
o seu rostro de pingas cheo,
entre a néboa resalta a súa imaxe
o corpo frío como o xeo.
Entre a néboa destacan os símbolos
a pedra fálica ao ceo erguida,
a vella anta de mofo chea
pequena pucha recente parida.
Entre a néboa resalta a súa faciana
co fondo branco escura imaxe,
entre as mans o escudo redondo,
a lanza, a espada da coraxe.
Bravo e valente celta guerreiro
Galego home de honra e honor,
alá onde vai demostra a valía
cos feitos, coas verbas o valor.
Entre a néboa recoñécenche no castro
a túa sombra denota agreste poderío,
es o xefe da aldea a forza maior
guerras e batallas loitas con brío.
A cabalo desprendes fortaleza
dos deuses fillo erguido,
os teus guerreiros imbatibles
ao inimigo teñen ferido.
Conquistas aldeas e cidades
ao romano combates con sorte,
asaltas os pazos do inimigo
os poderosos prefiren a morte.
Liberador dos celtas oprimidos
o romano ten escravizados,
facendo pontes e mansións
camiños empedrados.
Entre a néboa destaca o gañador
o príncipe celta da liberdade,
libera ao seu pobo da opresión
tribos galegas con dignidade.
Prégocho Nargala tes que me axudar,
se coñeces o rito da pedra do chan,
se ti sabes como eu podo preñar
imos á pedra dos vellos, antes de mañán.
!Ou! xove Derna fermosa
non alporices no teu demandar,
acouga pequena que todo mañá chega
cando un sabe como chegar.
Leva un manto branco cubrindo o corpo
deixa o cabelo solto ata os pes,
vai á fontela da cova da merla,
a lavar o corpo nas veces de tres.
O chegar ao carón da pedra alta
cuberta a noite de claridade,
Nargala invoca os espiritos vellos,
os que puxeron a pedra da fertilidade.
"Devanceiros ancestrais do meu pobo
eu a vós, quero chamar,
fixestes da pedra a forza da vida,
para que as mulleres poidan enxendrar"
"Agora nós precisamos da vosa axuda
a xove Derna nai quere ser,
facede que a xove enxendre a vida
esfregando na pedra, e o ventre encher",
Derna dun salto abrindo as pernas
amárrase á pedra chantada,
esfregando o corpo espido na lúa chea,
cumpre o rito de fecundada.
Namentras Nargala enceta un cantar
un canto máis vello ca a pedra,
o canto das gracias ao Deus das estrelas,
facendo posible a vida na terra.
Nove xeiras da lúa pasaron por Derna
co ventre cargado de vida,
tres fillos viñeron, loiros como o pai
a Nargala fixeron fada-madriña.
DANTRE O LABREGO, RENOVA O CERIMONIAL DA PEDRAFITA AGRO-BENEFICA
En Antela, Dantre e os seus parentes
fai anos que sementan a terra,
ao carón da grande lagoa
viven e traballan sempre dela.
Nas duas últimas témporas anuais
a colleita non foi nada boa,
veu a choiva fóra de tempo
asolagando toda a lagoa.
Agora chaman a Dovirlas
para que renove o cerimonial,
invoque os espíritos do pasado
percurando nova colleita para o clan.
Dantre e os seus parentes
son medio cento ou máis,
todos xuntos ao redor da pedrafita
Dovirlas dirixe o cerimonial:
"ben gabados sexades
predecesores dos clans do pasado,
que erguendo esta pedrafita
dábades forza o aquí sementado,
as choivas viñan no seu tempo
as colleitas non se estragaban co sol,
o vento fresco limpaba o gran
vida en antela de feitura mol.
Vós, devanceiros honorables
erguestes as pedras da axuda,
invocamos ás vosas forzas invisibles
para esquecer a nosa amargura.
Pregamos para que socorrades
ás xentes as xentes de antela e ao seu traballo,
espíritos da pedrafita
traede a fartura como en antano.
Ti, pedra eres agro-benéfica
arranxas a vida do chan traballado,
regulas o sol, a choiva e o vento
antigo culto das razas do pasado".
Dende aquela, as xentes de Dantre
fame nunca máis tiveron,
agradecendo aos constructores da pedra
colleitas farturentas colleron,
que aínda morta aquela xente
devanceiros de nobres pobos
eles atenden de cotío,
percurando os nosos logros.
ARDELOC, MERRAC E BEARNAL ARRANXAN A RODA DE PEDRAS NA CHAIRA
Levan moito tempo esquecidos
os esteos na chaira da fonte
fitos formando unha roda
sinais que marcan no horizonte.
Merrac coñece a astronomía
estuda a posición das estrelas
para cando veña a lúa medrando,
e o solsticio aliñe cas pedras.
Bearnal ergue de novo os esteos,.
sinala fendas nas arestas
marca nas pedras códigos descoñecidos
dende antigo claves secretas.
Pedras sinaladeiras das vellas témporas
calendario pétreo de eterna funcionalidade
sinal do sol ao mencer,
por onde a lúa acontece na escuridade.
Ardeloc o druída invoca aos deuses
xunto con Merrac o mago, fan o ritual,
conxuran á roda de pedras a clave máxica
salmos e himnos no cerimonial.
Os fitos da chaira albiscan ao ceo
sinalan tempos de sol e de treboadas
agoiros do clima para a boa colleita
xeiras de choiva; ou mañás de xiada.
Fitos que de antergo foron erguidos
polos ancestros dos nosos avós,
estudando os camiños do ceo
reparando nos camiños do sol.
Agora o druída emprega de novo
as vellas pedras para o sol vixiar
o astrónomo esculca os ceos da noite
agoiros revelan que tempo virá.
Na chaira da fonte, alí están erguidos
os fitos escollidos polos sabios do lugar,
coñecen da enerxía que alí mesmo emerxe
o enclave axeitado onde aos astros ollar.
ARDELOC, NEMEBROU E MERRAC, COMPROBAN NA PEDRAFITA A CHEGADA DO EQUINOCCIO
Tres homes sabios camiñan xuntos
de cara ao monte onde ollan o solpor,
alí chantada a pedra, leva séculos
observando os movementos do sol.
Saben que cando o sol na súa raxeira
enfíe na fenda labrada na aresta,
entón chegada será a témpora,
sinala o solpor unha nova xeira.
Máis de tres días estiveron
confirmando a fala do sol na pedra,
no mesmo intre os tres días sinala
na pedrafita a luz da raxeira.
O astrónomo do castro non ten dúbidas
Merrac confirma a chegada
estuda os astros e o sol,
leva anos seguindo as pegadas.
Coñece moi ben as moradas celestes
os asentos do astro na terra,
os sinais que quere outorgarnos
por medio dos fitos de pedra.
Neste outeiro onde a pedra se asenta
é lugar de peregrinación,
veñen varias veces ao ano
na percura do lugar do sol.
Cando a invernía remata
e as eiras están en frol,
tamén os homes sabios se achegan
no tempo da queima do sol.
Rematando as viaxes á pedra
cando chegan as follas ao chan,
ven a choiva, morre a semente
as pombas fuxen para outro asentar.
Cumpre saber os ciclos e xeiras
ter un calendario para o tempo marcar,
coñecer sen erros cando é tempo de colleita
e as bestas tempo de aparellar.
CORCIO DESEXA QUE DERNA A SUA MULLER ENXENDRE OUTRA VEZ
Corcio conta con pequenas terras
bestas e gando a esgalla
arranxa as cortes, moe o gran,
atende aos porcos e corta a palla.
Sementa a terra co arado
coa fouce costa a herba na eira
rega os eidos coa canle do río
chícharos e lentellas pranta na leira.
Carrexa no carro estercol para os eidos
sementeiras de cebada en moitas terras,
ovellas e vacas no monte a pastar
nas avespeiras, a doce mel das abellas.
Traballa Corcio a eito nas tarefas dos prados
sen tempo de acougo, todo é traballar,
conta con nove axudantes labregos
leite, mel, cebada e liño é o trocar.
Derna muxe as vacas na corte
leva o boi á vaca para aparellar,
os catro nenos pequenos que teñen
carrexan auga para o fogar.
Corcio fala con Derna:
é mellor outro fillo ter
é moito traballo, e aos labregos trocar,
cumpre coa xente da casa erguer.
Falarei coa matrona Nargala
pra que arranxe o ritual
cumpre ir á pedrafita coa lúa,
para que o neno veña sen mal.
Derna e Corcio agasallan a Nargala un porco
polos cantos e salmos do emparellar
as invocacións aos deuses da vida na terra
e os consellos do bo preñar.
Na pedrafita dos devanceiros o rito é finado
só cumpre en sete noites bo emparellar,
entre os xuncos do rego das ponlas
axeitade un leito para deitar.
Así medra a familia de Derna e Corcio
parindo fillos para Corcio axudar
facer un fogar con fillos dabondo
sen xente de afora ter que trocar.
Mais cando vellos sexamos
no fogar con nós vivirán,
coidarán como nós fixemos
e outros fillos eles terán.
Do libro Alento
Edita: El Taller del Poeta - Rúa de Joaquín Costa, 2 - 36002 Pontevedra
www.eltallerdelpoeta.com - eltallerdelpoeta@mundo-r.com
Ano: 2012
ISBN: 978-84-15144-80-9
PEDRA
Cantos centos de pedras no correr da historia
deron alma e vida ó ser humano,
dende o machado das Gándaras de Budiño
ata o cruceiro que fica esnaquizado.
Pedra, pedra,...empregada dende as orixes
para ergue-las antas onde repousan finados,
as laxes nos montes debuxando gravados:
de serpes, cervos, armas e cabalos.
Esteos das mámoas e as lousas que as cobren
os ídolos dos deuses, os altares,
muiños naviculares refregando o grao
valados e chozas onde teñen os lares.
Do vello oratorio cristianizando ó carballo
o sartego en San Pedro de Rocas,
as pedrafitas cónicas de Andavao
ó culto á pedra avaladoira.
Dos muiños de auga na ría Barosa
o vello trisquel en Castromao atopado,
a pía de auga de Santa Mariña
ermidas nos castros romanizados.
As romanas murallas de Lugo
o vello faro da Coruña,
a ponte vella en Ourense
en Pontevedra a Peregrina.
Sempre a pedra testemuña do home
por ela o canteiro artesán,
labra debuxos e formas:
do labirinto ao cruceiro aldeán.
OS GARDAS
Polos vellos camiños
entre os toxos, polo monte
nos lameiros eidos
polas terras do norte.
Os gardas florecen
por todo o país,
son seres conscientes
ó facer rexurdir.
Comproban as mámoas nas chairas
as pontes que saltan ós ríos,
os castros dos nobres celtas
mosteiros ao carón do millo.
Castelos de forte asentar
fontes de auga lixeira
restos do poderoso romano,
cruceiro na carballeira,
ermidas no cumio dos montes
machados e covas antergas,
pedrafitas de culto fecundo
petroglifos gravados na pedra.
Os gardas do noso patrimonio
levan a bandeira do respecto,
para que non rouben, nin violen
nin mosteiros nin castelos.
Poder ollar as pedrafitas erguidas
os castros visitar con tempo,
camiñar enriba das pontes
nas fontes beber auga de alento.
ALENTO
O alento que recollo nas cumes
nos cons, nas praias e nas carballeiras,
alento que me enche camiñando nos cantís
nas illas, alento que recobro en primavera.
O alento das corredoiras, o alento das sombras
nos muiños antergos ó carón do rego,
por riba das mámoas ollando os esteos
no monte Lobeira tan perto do ceo.
No monte o cabalo de antiga presenza
as pedras gravadas nas laxes vellas,
a lúa coa forza cando está chea
fumegando na casa entre as tellas.
O lume prendido pola invernía
alento nos ríos cando os parrulos nadan,
nas eiras, nos prados, a vaca marela
o voo dos paxaros, alturas acadan.
Alento dos astros que están no ceo
do silencio da noite, doce agarimo,
nas covas profundas de antigos humanos
na fonte da aldea co rego tan frío.
O son das cordas dunha arpa celta
afastados pandeiros están a tocar,
o brillo das augas no mes de xaneiro
alento procuro, pan de Cea xantar.
Alento recobro ó carón da pedrafita
milenaria pedra que mira ó sol,
antergas danzas ó redor da fogueira
no antigo castro coa sidra no fol.
Mais alento recobro dentro da palloza
o nobre celta fai tempo habitou,
as pedras vellas das adegas
o eixo do carro, que tanto cantou.
Choiva miúda que molla a herba
ventos fortes que están a soprar,
acougo de inverno debaixo do hórreo
namentras na casa comeza o xantar.
POBOS CELTIGOS
Armórica, Cornubia e Cambria
Escocia, Eire, Galiza e Illa de Man,
son as sete nacións celtas
que miran ó mañá.
Saudade dos Portugueses
a mesma que os Escoceses,
Galegos, Bretóns, Asturiáns,
morriña de Galeses e Irlandeses.
Xentes da Illa de Man e Cantabria
gaitas e arpas que soan ó mar,
terras e fala envoltas en agarimo
mesma noite temos ao par.
A fálica pedrafita sempre presente
a anta e a mámoa de curvadas lombas,
ancestrais camiños dos nobres celtas
azul verdoso, atlánticas ondas.
Choiva e tronos, ríos e vento
cruces de pedra no camiño aldeán,
música, danzas e ritmos
somos o mesmo pobo irmán.
Castros ovalados e redondos
verdes terras de Breogán,
castelos e pazos erguidos
mesma luz da mañá.
Idiosincrasia propia, carácter rural
os bos días desexan en Eire ou Gales,
capelas, carballeiras e romaxes
o insigne salmón dos nosos mares.
Montes, fontes e teitos de palla
Covadonga, Pico Sacro ou San Patricio
peregrinaxes do novo pobo celta
cultos e ritos nas festas de antigo.
O cabalo, nobre emblema destas terras
sublime forza das xeracións,
testemuña real de tantos empregos
amansado equino, forxa da tradición.
CULTOS
Ó carón do penedo, á beira do río,
nas carballeiras, nas laxes da praia,
no curuto do monte, nos camiños,
nas covas, nos cabos, nas fontes de auga.
Ó redor da fogueira, a bravura do cabalo,
coa luz das estrelas, noite de lúa chea,
a forza do cervo, o porco bravo,
o castiñeiro, cando o sol alumea.
Nas lagoas, xunqueiras e prados,
debaixo das pontes, ó pé dos cruceiros,
enriba das mámoas, no alto dos castros,
nas pedrafitas e nos outeiros.
Moitos lugares da nosa terra
polos antergos escollidos,
para venerar ós deuses
herdanza para os nosos fillos.
Seguir cos cultos á natureza
ós espíritos e ós deuses,
facer ofrendas as tríades
agoiro da entraña do peixe.
Contando os días pola noite
grolos de viño e augardente,
Saefes que viñeron coa maxia
rendendo culto á serpe.
Cultos ao vento e á choiva
invocacións á serpe en Penalba,
ritos no monte do Seixo,
aparición na encrucillada.
EQUINOCCIO
Camiña o sol no decorrer
do seu imparable traslado,
de norte a sur, paseniño
vai completando o ano.
dende os ancestros milenarios
fan seguimento ocular,
ollando ó ceo desexan saber
o ciclo de tempo do ano solar.
É preciso para os antigos
coñece-la xeira anual,
para celebar os cultos
invocacións do ritual.
Celebracións das festas,
a aldea e familia coa colleita,
apareando ós animais,
facendo a sementeira.
O home sabio da aldea
vai ó lugar máxico,
na croa da pedrafita
o sol enfía o intre sacro.
Pola fenda na croa da pedra
repousa o sol na distancia,
só dúas veces ao ano
o equinoccio deixa a pegada.
Fermoso serán ao carón da pedra,
o sabio contempla o solpor,
roga aos deuses pola aldea
que veña para a xente o mellor.
O equinoccio como no Neolítico
aínda hoxe pódese comprobar,
como o sol enfía na fenda
no monte Lourado está o aliñar.
CANTO TEMPO
Moitos anos da miña vida,
de ti levo lembrándome,
tanto tempo fòra da casa
veño agora a saudarte.
Vella pedra do Agro Baixo
pedrafita cando eu de neno,
ó teu carón eu durmía
deixando de ser pequeno.
Logo de mozo marchei
canto tempo lonxe da casa,
noutras terras, distinta xente
sen querer o tempo pasa.
Traballei arreo moitos anos
na lembranza, canto tempo,
ti pedra do Agro Baixo
teño marcado o lamento.
Lémbrote pedra alta,
ledos intres ó teu carón pasei,
cos amigos xogando, as vacas coidando
de vello nunca tanto chorei.
Quérote pedrafita, lévote dentro
es o espírito encarnado,
cando fiquei lonxe da casa
de ti sentinme atrapado.
Es a lembranza do meu pasado,
dos cantos, dos xogos,
coa nena que despois casei
da auga bebendo uns grolos.
Nunca mais marcharei de aquí
os meus netos agora xogarán,
ó teu carón coñecerán a vida,
da pedra síntome irmán.
A OESTRIMNIS
Terra precelta do extremo occidente
agora se atopan: Galicia e Portugal,
terras irmáns dende fai milenios
xuntos na historia danse as mans.
Oestrimnios primeiro pobo nativo
chozas, palafitas, traballar e vivir,
coidando ovellas e porcos
ao xefe da tribo deben servir.
Na canteira de pedra no monte
da rocha nai esteos fenden,
revan a rolos polo camiño
chantando a lousa cultos renden.
Do poder perpetuo da pedra
ofrecen o rito á deidade
comezan a danza, fan sacrificio
na fálica pedra da fertilidade.
Cestas de vimbia cheas de terra
para facer a mámoa os homes levan,
cubrindo a anta con terra e pedras
humanizando o chan ós mortos enterran.
Pobo Oestrimnico fai culto ás deidades
ateigada terra de pedrafitas e mámoas,
santuarios na natureza ao carón dos camiños,
nos bosques, nas laxes, nas augas.
Onde prende o substrato autóctono
onde nace a crenza e a conciencia,
o alén, fecundidade, a morte
observadores amigos da sapiencia.
Non lles queda outra saída
da invasión de serpes deben fuxir,
os Celtas antigos veñen cara á terra
onde o solpor esmorece ao vivir.
ENTRE A NÉBOA
A contraluz podo ollar a silueta
o seu rostro de pingas cheo,
entre a néboa resalta a súa imaxe
o corpo frío como o xeo.
Entre a néboa destacan os símbolos
a pedra fálica ao ceo erguida,
a vella anta de mofo chea
pequena pucha recente parida.
Entre a néboa resalta a súa faciana
co fondo branco escura imaxe,
entre as mans o escudo redondo,
a lanza, a espada da coraxe.
Bravo e valente celta guerreiro
Galego home de honra e honor,
alá onde vai demostra a valía
cos feitos, coas verbas o valor.
Entre a néboa recoñécenche no castro
a túa sombra denota agreste poderío,
es o xefe da aldea a forza maior
guerras e batallas loitas con brío.
A cabalo desprendes fortaleza
dos deuses fillo erguido,
os teus guerreiros imbatibles
ao inimigo teñen ferido.
Conquistas aldeas e cidades
ao romano combates con sorte,
asaltas os pazos do inimigo
os poderosos prefiren a morte.
Liberador dos celtas oprimidos
o romano ten escravizados,
facendo pontes e mansións
camiños empedrados.
Entre a néboa destaca o gañador
o príncipe celta da liberdade,
libera ao seu pobo da opresión
tribos galegas con dignidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario