Termos propios de Galicia, que nomean e relacionan monólitos de diferentes adscricións cronolóxico culturais e tipoloxías, na ampla variedade de acepcións e topónimos que dispoñemos na nosa terra.
Pedrafita: forma propia Galega para a denominación do universalmente coñecido termo Menhir, que ten a súa orixe no idioma celta de Bretaña, quere decir: Men: pedra, hir: longa, (pedra longa).
Peón: pedra ou marco con forma semellante coas pezas do xogo das damas ou do xadrez.
Marco: denominación recollida en toda Galicia, a mais empregada e espallada, para nomear monólitos de diferentes adscricións e tipoloxías.
Parafita: do sintagma petra ficta, pedrafita, chantada ou cravada, topónimo que debe ser máis antigo que o de pedrafita.
Marcón: marco de dimensións considerábeis.
Pedrón: pedra ou marco con certo atributo, pedra principal considerada "GUÍA" para fixar lindes de territorios.
Picota: columna ou forca de pedra onde se expoñían os reos á vergonza pública, así como as cabezas dos axustizados.
Fito: pedra fixa, que está cravada no chan.
Pedra Alta: con altura, elevada.
Pedra Chantada: (Tamén; Chanto, O Chanto, Chanteiro) Lousa ou pedra grande, que se chanta na terra para cercar un lugar.
Mollón: pedra cravada no chan que sinala os lindes dunha terra.
Mouteira: marco para fixar os límites entre dous terreos.
Chito: pau que se chanta no chan para a demarcación de terreos.
Marcote: marco pequeno para marcar as leiras.
Marcote: marco pequeno para marcar as leiras.
Lapa: pode estar relacionada coa definición de "lapa": molusco univalvo mariño que se atopa nas laxes e pedras das nosas praias, e que ten a singularidade de posuír cuncha cónica, forma semellante ó deseño que presentan algunhas pedrafitas das nosas chairas e camiños galegos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario