Contextualización:
A súa simboloxía é a dun centro de culto, sitúanse en lugares escollidos para a sacralización, son lugares convertidos en "centro do mundo", un embigo. Na antiguedade representou o centro cósmico, onde comeza a comunicación entre o mundo dos homes, o mundo dos mortos e dos deuses, presiden un lugar de culto, sospeitosos de celebracións de riruais ou conmemoracións, cultos colectivos relacionados coa fertilidade e a fecundiade. A súa adscrición cronolóxico-cultural ficaría ligada á Idade do Ferro, cadrando coa presenza Céltiga en Galicia.
A pedrafita:
É fálica.
Cara norte: masculino ou pene.
PONTEVEDRA
Proposta de Catalogación
Listaxe:
A este respecto, refírese o arqueólogo e filólogo Luís Monteagudo García, na súa obra "Menhires y marcos de Portugal y Galicia", Anuario Brigantino 2003, nº 26, traducido o texto: Hai bloques naturais con aparencia de pedrafita, que poden ser considerados como tales, coa condición de que fosen retocados na antigüidade ou posuír folclore. As atribucións das pedrafitas atenden a catro
funcións principais: monumentalidade, visibilidade, perennidade (pedra) e traza fálica; xuntas salientan o senso máxico-relixioso das mesmas.
Simboloxía, cualidades e traza da pedrafita Galega, descodificación e homologación.
A pedrafita:
É fálica.
Orxiástica (puído e lustre milenario).
Fecundante.
Fertilizante.
Ritual.
Posúe nume,
observación astronómica,
sinala termos e límites, fica ao carón de camiños,
mananciais ou cursos de auga, interacciona coas mámoas, círculos líticos e aliñamentos.
A muller refrega a vulva ó cabalo dela: pedrafita cabalar.
É sandadora,
profiláctica,
talismán,
máxica,
xera vida.
Antropica.
Fasquía: antropomorfa e zoomorfa.
Apotropaica.
Sagrada.
Cultual.
Ambigua.
Representación-significado da pedrafita segundo a orientación:
Cara norte: masculino ou pene.
Cara sur: feminina ou vaxina.
Cara leste: zona onde comezan os actos-propósitos-ritos.
Cara oeste: representa a madurez, o ocaso, a morte, o remate.Proposta de Catalogación
CONCELLOS DE PONTEVEDRA
LAMA, A
Ónfalo-pedrafita marco do Vento.
Localización:
Lugar: Coto dos Chirimelos, Monte do Seixo, situada nun rechán da aba descendente S.E. do cumio da Cruz do Seixo, 994 m.s.n.m., marco de termo, a poucos metros dun camiño montés, nas inmediacións atopamos o nacente de pequenos cursos fluviais, Rego do Porto dos Bois, Rego de Sanabria e Rego de Anta. Nos cumios e chairas do Monte do Seixo achamos un contorno sagrado, prehistórico e arqueolóxico, ateigado dun abraiante valor máxico-relixioso, vestixios megalíticos, lendas e pegadas míticas.
O ben, non se atopa chantado no terreo, a súa verticalidade xurde dende un baseamento granítico nivelado co apoio de varias cuñas, sistema empregado, que fai supoñer o posible desprazamento do ben por medio de pezas cilíndricas de madeira ou pedra, a modo de rolada, a pedrafita Marco do Vento é representativa pola súa ambigüidade simbólica e funcional, hipoteticamente podemos relacionala como o Ónfalo de saúdo-aclamación-ritual asemblearia comunitaria que agrupa á colectividade humana nunha data significativa, quizais na hora do solpor do solsticio de verán, ou no amencer do solsticio de inverno, obedece esta idea á relación do elemento, co suposto axexadoiro dunha pena contigua. Mesmo a cara L. é representativa dun perfil antropomorfo, trazos específicos ben distribuidos dunha faciana que olla ao ceo, que decir ten, a súa proximidade co portalén, a entrada para visitar ós seres da "outra vida", son varias as funcionalidades da pedrafita, como estamos a ver, máis o trazo fálico tamén é advertido na súa fisionomía monumental, é probable que por esa causa, fose reempregado como marco delimitador, fai séculos, e tamén en tempos modernos coa chegada dos concellos, os nativos da contorna falan do lugar onde o vento dá a volta, Marco do Vento.
Ámbito arqueolóxico: Megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
Toponimia de prospección: Arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Coto dos Chirimelos, Chan o Marco, Feira Vella, A Neveira, Cruz do Seixo, Marco das Ventás, A Cova, A Pedra, Neno do Lobo, Murada, Campo da Uz, Campo Xuncal, Bico da Galiña, Outeiro de María Almena, As Laxas, Santa Mariña, Coto do Curro, a Moa, etc...
Freguesía: A Barcia do Seixo, Santa Ana.
Concello: A Lama.
Terra Pontevedra.
Pontevedra.
Coordenadas: Lat. 42º 28´22.22´´ N Lon. 8º 23´02.92´´ O
951 m.s.n.m.
Data publicación: 20.05.17
Imaxe:
PONTEVEDRA
Cumios do Monte do Seixo, a morada da pedrafita Marco do Vento, lugar de cultos e celebracións máxico-relixiosas. Fonte imaxe: autor 2016. |
Pedrafita Marco do Vento, perfil faciana antopomorfa ollando ao ceo do Monte do Seixo. Fonte imaxe: autor 2016. |
Pedrafita Marco do Vento en primeiro plano, ao fondo Portalén. Fonte imaxe: autor 2016. |
PONTEVEDRA
Ónfalo-pedrafita Chan da Parafita ou Pena Longa de Pintos.
Localización:
Lugar: Chan da Parafita, Fonte da Pena Longa de Pintos, amplo rechán da aba descendente dirección O dende o Cume da Pena Longa de Pintos 498 m.s.n.m., moi preto ten o seu curso o Río do Pobo, sendo a Área Recreativa da Fracha, lugar onde entreterse entre a natureza, os ollares dende aquelas alturas, e, un bo xantar nunha xornada de lecer, non lonxe desta colosal pedrafita atopamos outras dúas, relacionadas coa observación astronómica, a pedrafita marco Das Tres Cruces, e a Pena Longa, Valadares, as tres pedrafitas se encontran dentro da freguesía de Marcón, San Miguel. A Pedrafita do Chan da Parafita é un bloque granítico natural que coroa un outeiriño, foi probablemente na prehistoria manipulado e retocado para algunha función determinada, ao carón dun pequeno chan, (na base da pedrafita aínda se atopan os restos de pedras e cascallos do manexo pétreo), Frei Martín Sarmiento, século XVIII, nas crónicas viaxeiras por terras de Pontevedra, fala das xuntanzas e reunións que, ao carón desta pedrafita se facian, a hipótese que presentamos sinala ó ben como un posible Ónfalo, símbolo e función dun probable culto ou ritual á fertilidade (a pedrafita presenta varias caras con trazos fálicos), unha aclamación central do mundo, un saúdo asembleario comunitario que, como o marco do Vento na Lama, agrupa á colectividade humana no desenrolo dunha actividade máxico-relixiosa preponderante para a comunidade.
Ámbito arqueolóxico: Paleolítico, megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
Toponimia de prospección: Arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Chan da Parafita, Fonte da Pena Longa de Pintos, Cume da Pena Longa de Pintos, A Fracha, Argallás, Fonte Cadela, Outeiro Ladrón, Monte Lourado, Covas, Pintos, O Pousadoiro, Os Regueiros, etc...
Freguesía: Marcón, San Miguel.
Concello: Pontevedra.
Terra Pontevedra.
Pontevedra.
Coordenadas: Lat. 42º 23´50.04´´ N Lon. 8º 36´0.54´´ O
421 m.s.n.m.
Data publicación: 23.05.17
Imaxe:
Ónfalo-pedrafitas, total Galicia: 2

Cumios do Monte da Fracha, onde se atopan erguidas as pedrafitas: Marco das tres Cruces, Pena Longa e Chan da Parafita. Fonte imaxe: Autor 2017. |
Pedrafita Chan da Parafita ou Pena Longa de Pintos, ao carón do Río do Pobo e manancial de auga, na croa a formación da glande do membro masculino. Fonte imaxe: autor 2011. |
Pedrafita Chan da Parafita ou Pena Longa de Pintos, Marcón, Pontevedra, evidencia o trazo fálico, froito da manipulación e retoque do bloque granítico natural. Fonte imaxe: autor 2011. |
Ónfalo-pedrafitas, total Galicia: 2
Ningún comentario:
Publicar un comentario