Estelas-Pedrafitas


Contextualización:


Trátase dun monumento, quizais conmemorativo, no que se adoita inscribir simbolos ou signos, tamén figuras e, mesmo textos que dende a atiguedade facian explicacións e lendas do motivo polo cal ficaban chantadas. A súa adscrición cronolóxico-cultural é contemporánea ás Estatuas-pedrafitas, Idade do Bronce.

Algúns autores seguen moi atentos ao estudo interpretativo das estatuas-pedrafitas, configurando proxectos e propostas contextuais dentro da  análise e aplicación metodolóxica sobre os recentes achados.

Javier Rodríguez-Corral, no seu artigo Las estatuas-menhir norocidentales en contexto: conectividad y conexiones materiales durante el Bronce Tardío/Final, sinala destacados novos conceptos, que poden axudarnos á hora de discernir a realidade próxima desta tipoloxía. -traducido- (sobre as Estelas-pedrafitas) engade, resulta interesante considerar a posibilidade do seu funcionamento, como propón Díaz-Guardamino, como marcadores de lugares destinados a rituais  de conmemoración, por exemplo, de individuos falecidos.


Simboloxía, cualidades e traza da pedrafita Galega, descodificación e homologación.

A pedrafita:

É fálica.
Orxiástica (puído e lustre milenario).
Fecundante.
Fertilizante.
Ritual.
Posúe nume,
observación astronómica,
sinala termos e límites, fica ao carón de camiños,
mananciais ou cursos de auga, interacciona coas mámoas, círculos líticos e aliñamentos.
A muller refrega a vulva ó cabalo dela: pedrafita cabalar.
É sandadora,
profiláctica,
talismán,
máxica,
xera vida.
Antropica.
Fasquía: antropomorfa e zoomorfa.
Apotropaica.
Sagrada.
Cultual.
Ambigua.
Representación-significado da pedrafita segundo a orientación:

Cara norte: masculino ou pene.
Cara sur: feminina ou vaxina.
Cara leste: zona onde comezan os actos-propósitos-ritos.
Cara oeste: representa a madurez, o ocaso, a morte, o remate.



LUGO
Proposta de Catalogación
Listaxe:
CONCELLOS DE LUGO


VICEDO, O
Estela-pedrafita O Cristo da Lagoa ou Cruz do Vicedo.
Localización:
Lugar: Chantada no valado dunha corredoira da aldea de O Muronovo, preto do parque eólico de O Vicedo.
Freguesía: Negradas, San Miguel.
Concello: Vicedo, O.
Mariña Occidental.
Lugo.
Coordenadas: Lat 43º 41´38,71´´ N       Lon 7º 40´30,57´´ O
354 m.s.n.m.


Imaxe:


Estela-pedrafita O Cristo da Lagoa. ou Cruz do Vicedo. Negradas,
O Vicedo.
Fonte imaxe: Xabier Moure.


XOVE
Estela-pedrafita  O Pau da Vella ou Cruz de Buio.
Localización:
Lugar: Serra do Buio, parque eólico do Pau da Vella, xusto na concorrencia dos Concellos e Freguesías seguintes:
Cervo, Freguesía: Rúa, Santa María.
Valadouro, O, Freguesía: Vilacampa, Santa María.
Viveiro, Freguesía: Boimente, Santo André.
Xove, Freguesía: Monte, San Isidoro.
Freguesía: Monte, San Isidoro.
Concello: Xove.
Mariña Central.
Lugo.
Coordenadas: Lat 43º 35´ 14,83´´ N       Lon 7º 28´44,71´´ O
698 m.s.n.m.


Imaxe:


Estela-pedrafita  O Pau da Vella ou Cruz de Buio, Monte, Xove.
Fonte imaxe: Xabier Moure.


PONTEVEDRA
Proposta de Catalogación
Listaxe:
CONCELLOS DE PONTEVEDRA


CAMPO LAMEIRO
Estela-pedrafita das Rozas.
Localización:
Lugar: Atópase custodiada na USC, Universidade de Santiago de Compostela, foi atopada na escavación da necrópole das Rozas, Campo Lameiro.
Freguesía de orixe: O Couso, San Cristovo.
Concello: Campo Lameiro.
Terra Pontevedra.
Pontevedra.
Data publicación: 17.05.17


Imaxe:



Estela-pedrafita das Rozas, Campo Lameiro.
Fonte imaxe: Moncho Boga.
Estelas-pedrafitas, total Galicia: 3

Ningún comentario:

Publicar un comentario