Estatuas-Pedrafitas


Contextualización:

Elemento de posíbel homenaxe a espíritos, divinidades protectoras ou culto funerario, Mircea Eliade, no seu traballo Historia de las Religiones, fai referencia singular, -traducido- É propio que as pedrafitas atópense decoradas con figuras humanas, o que significa que son a morada, o corpo dos mortos. 

Algunha das súas caras pode estar gravada, quizais en baixorrelevo ou representando unha figura humana. A personaxe é representada na súa totalidade ou en parte, as Estatuas-pedrafitas empréganse abertamente para nomear calquera exemplo de figura antropomorfa, a súa adscrición cronolóxico-cultural, segundo a hipótese mais fundada, é que pódese situar na Idade do Bronce (-1.800 ata -750).

Algúns autores seguen moi atentos ao estudo interpretativo das estatuas-pedrafitas, configurando proxectos e propostas contextuais dentro da  análise e aplicación metodolóxica sobre os recentes achados.

Javier Rodríguez-Corral, no seu artigo Las estatuas-menhir norocidentales en contexto: conectividad y conexiones materiales durante el Bronce Tardío/Final, sinala destacados novos conceptos, que poden axudarnos á hora de discernir a realidade próxima desta tipoloxía. -traducido-(sobre a paisaxe e a imaxe) Estes monólitos atópanse distribuidos en áreas de tránsito. A súa situación na paisaxe revela unha estreita relación cos ríos, preto de rutas naturais, pasos relacionados coa transhumancia, tamén a relación entre formas materiais e zonas ricas en ouro, estaño; Considera J. Rodríguez-Corral,  as Estatuas-pedrafitas son representacións minimalistas que, por medio dalgunhas técnicas escultóricas, materializan o corpo -máis social que anatómico- de un tipo concreto de individuo. Estes monumentos tiveron un funcionamento activo no  Bronce Tardío/Final, aínda que dito fenómeno debeu comezar con anterioridade.

(sobre as Estatuas-pedrafitas: individuo en movemento) Pola súa morfoloxía e dimensións, e a súa situación, na paisaxe, como sinalou Alves e Reis, semellan herdar do megalitismo o carácter monumental e conmemorativo das pedrafitas. De feito algúns exemplares (Chaves, Bouça o Muiño de San Pedro) foron previamente pedrafitas fálicas que,  precisaron ser repensadas e recicladas. De calquer maneira,  adaptaron forma antropomorfa  para engadirlle armas e símbolos de un novo contexto con relación a dúas circunstancias históricas. A primeira son as consecuencias sociais sobre a elaboración e o emprego de obxetos metálicos. O grabado de armas é unha proba do prestixio asociado á metalurxia. A segunda ten relación espacial materializada coas Estatuas-pedrafitas: o grabado de emblemas subrectangulares e outros motivos iconográficos revelan a vinculación con ámbitos de interacción co mundo meridional e mediterráneo no Bronce Tardío/Final.


Simboloxía, cualidades e traza da pedrafita Galega, descodificación e homologación.

A pedrafita:

É fálica.
Orxiástica (puído e lustre milenario).
Fecundante.
Fertilizante.
Ritual.
Posúe nume,
observación astronómica,
sinala termos e límites, fica ao carón de camiños,
mananciais ou cursos de auga, interacciona coas mámoas, círculos líticos e aliñamentos.
A muller refrega a vulva ó cabalo dela: pedrafita cabalar.
É sandadora,
profiláctica,
talismán,
máxica,
xera vida.
Antropica.
Fasquía: antropomorfa e zoomorfa.
Apotropaica.
Sagrada.
Cultual.
Ambigua.
Representación-significado da pedrafita segundo a orientación:

Cara norte: masculino ou pene.
Cara sur: feminina ou vaxina.
Cara leste: zona onde comezan os actos-propósitos-ritos.
Cara oeste: representa a madurez, o ocaso, a morte, o remate.


CORUÑA, A
Proposta de Catalogación
Listaxe:
CONCELLOS DE A CORUÑA


BAÑA, A
Estatua-pedrafita de Troitosende.
Localización:
Lugar: Atópase nas dependencias do Museo de Pontevedra,  provendo  o seu estudo, exhibición e custodia. Foi atopada na aldea Eira de Vilacova.
Freguesía de orixe: Troitosende, Santa María.
Concello: Baña, A
Terra  Barcala-Xallas.
A Coruña.


Imaxe:



Estatua-pedrafita de Troitosende, Troitosende, A Baña.
Fonte imaxe: Extraída do Blog Dólmenes.

Estatua-pedrafita de Troitosende, Troitosende, A Baña.
Fonte imaxe: Extraída do Blog Dólmenes.



LUGO
Proposta de Catalogación
Listaxe:
CONCELLOS DE LUGO


CASTRO DE REI
Estatua-pedrafita de Orizón,
Localización:
Lugar: Atópase nas dependencias do Museo de Viladonga, Castro de Rei,  provendo  o seu estudo, exhibición e custodia. Foi atopada no túmulo situado nunha zona de penechaira, con pendente na cara NO do Monte do Marco.
Freguesía de orixe: Orizón, Santa Comba.
Concello: Castro de Rei.
Terra Cha.
Lugo.


Imaxe:


Estatua-pedrafita de Orizón, Castro de Rei.
Fonte imaxe: Xabier Moure.


VICEDO, O
Estatua-pedrafita da Cruz do Campo.
Localización:
Lugar: Aldea de O Campo.
Freguesía: Cabanas, Santa María.
Concello: Vicedo, O.
Mariña Occidental.
Lugo.
Coordenadas: Lat 43º 38´36´´ N       Lon 7º 41´26´´ O
393 m.s.n.m.


Imaxe:


Estatua-pedrafita da Cruz do Campo, Cabanas, O Vicedo.
Fonte imaxe: Xabier Moure.


OURENSE
Proposta de Catalogación
Listaxe:
CONCELLOS DE OURENSE


CASTRELO DO VAL
Estatua-pedrafita Pedra Alta ou Estela do Guerreiro de Pedralta.
Localización:
Lugar: Atópase nas dependencias do Museo Arqueolóxico de Ourense. (Sala San Francisco, edificio anexo ao claustro do Convento Franciscán, Rúa da Granxa, s/n.). Provendo o seu estudo, exhibición e custodia. Foi atopada no terreo particular coñecido Pedralta de D. José Luís Lozano, facendo labouras de labranza, a zona é propia de chaira á orela do Río Támega, aínda lembran os máis anciáns o camiño vello no lugar de cara a Castrelo.
Freguesía de orixe: Castrelo do Val, Santa María.
Concello: Castrelo do Val.
Terra Monterrei Verín.
Ourense.


Imaxe:


Estatua-pedrafita Pedra Alta, Castrelo do Val.
Fonte imaxe: El País.


CASTRO CALDELAS
Estatua-pedrafita de Mazaira.
Localización:
Lugar: Entre os espazos de nome:  A Pena do Xastre e Río Seco.
Montes de Mazaira, penichaira, a poucos metros do camiño que leva ó Castriño da Cerca,  non lonxe da liña de termo,  onde concorren os concellos Ribas de Sil e San Xoán de Río con Castro Caldelas, o elemento atópase  chantado entre toxos e vertical, na base posúe varios anacos de seixo medio soterrados, cumprindo posibel función de calzo ou carácter ritual. Forma parte do ámbito dun chan de mámoas, na contorna podemos atopar outras pegadas prehistóricas,  O Castriño da Cerca por exemplo, onde tiveron Céltigo asentamento a Tribo dos Tiburos, nos arredores  achamos os nacentes de varios ríos, entre eles, Río de Tronceda, Río Ferreiros,  tamén varios Regueiros.
Toponimia de prospección: Arqueolóxica, Etnográfica, Antropolóxica, Arqueoastronómica, Cronolóxica, Sacralización e Lendas: A Pena do Xastre, Río Seco, O Couso, Alto da Arma, O Salgueiro, O Agro, O Burato do Zorro, As Carballeiras, Bellosa da Misa, A Maceiriña, Os Páramos, A Touza, A Pena da Uceita, Castriño da Cerca, As Pedreiras, Fonte do Sapo, etc...
Freguesía: Mazaira, Santa María.
Concello: Castro Caldelas.
Terra de Caldelas.
Ourense.
Coordenadas: Lat 42º 24´44,63´´ N       Lon 7º 22´44,24´´ O
992 m.s.n.m.


Imaxe:


Estatua-pedrafita de Mazaira, Castro Caldelas.
Fonte imaxe: Xabier Moure.


GUDIÑA, A
Estatua-pedrafita Cabeza do Cichón ou do Tameirón.
Localización: 
Lugar novo emprazamento: Chantada no xardín-rotonda do Toural, ao carón dos edificios das antigas escolas e o albergue de peregrinos, o lugar do achado ten por nome Cabeza do Cichón, contorno do Monte Urdiñeira, A Gudiña-Riós, Ourense, a 2 qm  de distancia da entidade poboacional O Tameirón, Santa María. A Estatua-pedrafita foi atopada no ano 1992, por un viciño do Tameirón, cando facía labouras de labranza nun terreo da súa propiedade, a peza ficaba abatida cando o tractor dou con ela, ao carón mesmo do lugar do achado, atópase un camiño chairego, aínda que a zona é área de tránsito, presentes dous eixos fundamentais nas comunicacións: Oeste-Leste coa Meseta, e Norte-Sur con Portugal, cunha riqueza patrimonial froito da súa remanencia no tempo, dende a prehistoria ata o mundo romano: pedrafitas, túmulos, petróglifos, cista, castros, miliarios e asentamentos romanos. Non lonxe atopamos o nacente do Regueiro dos Ladrois, a consideración do propio topónimo Cabeza do Cichón, leva implícito, con probabilidade, manancial ou curso de auga próximo.
Toponimia de prospección: Arqueolóxica, Etnográfica, Antropolóxica, Arqueoastronómica, Cronolóxica, Sacralización e Lendas: Cabeza do Cichón, As Searas, O Calvario, Os Ladrois, O Campizo, As Antas, As Chaves, Os Borraxos, O Biduelo, Franxo, Cerdedo, A Pedra Furada, etc..
Freguesía de orixe: O Tameirón, Santa María.
Concello: Gudiña, A.
Terra Viana.
Ourense.
Coordenadas lugar novo emprazamento: Lat 42º 3´42´´ N       Lon 7º 8´9,10´´O
978 msnm.
Coordenadas lugar do achado: Lat 42º 01´04´´ N       Lon 7º 08´ 07´´ O
1.046 m.s.n.m.


Imaxe:


Estatua-pedrafita Cabeza do Cichón ou do Tameirón.
Fonte imaxe: Extraída do Blog Dólmenes.


LAZA
Estatua-pedrafita de Rebordiño.
Localización:
Lugar: Rebordiños, O Amieiro, a 2 qm. de Soutelo Verde, na estrada OU-113, Soutelo Verde - Alberguería. A peza atópase chantada nunha toxeira,  rechán, con  pendente livián ó curso fluvial do Rego das Escaceiras, dirección L. Segundo referencias locais, ó  carón da Estatua-pedrafita, houbo o Pozo da Moura, sempre cheo de auga, onde esta "muller loira" teimaba peitear ás mozas que ían cas vacas as veigas, contan as persoas de máis idade outros datos etnográficos do Rei Mouro e a trabe. Preto, a 100 m. o emprazamento do Castro dos Mouros, en Soutelo Verde, achamos o petróglifo Das Ferraduras.
Toponimia de prospección: Arqueolóxica, Etnográfica, Antropolóxica, Arqueoastronómica, Cronolóxica, Sacralización e Lendas: Rebordiños, O Amieiro, A Gramaileira, O Castro, Pontes das Táboas, As Caneiras, Requeixo, Vilar, A Redonda, As Cruces, Carraxó, Costa do Merlo, O Calvario, O Cabezo, Fonte das Porfías, As Pedras, etc...
Freguesía: O Castro de Laza, San Pedro.
Concello: Laza.
Terra Monterrei Verín.
Ourense.
Coordenadas: Lat 42º  5´10,85´´ N       Lon 7º 30´24,59´´ O
565 m.s.n.m.


Imaxe:


Estatua-pedrafita de Rebordiño, Castro, Laza.
Fonte imaxe: Bruno Rúa.


VERÍN
Estatua-pedrafita  Muiño do San Pedro.
Localización:
Lugar: Atópase nas dependencias do Museo Arqueolóxico de Ourense. (Sala San Francisco, edificio anexo ao claustro do Convento Franciscán, Rúa da Granxa, s/n.). Provendo o seu estudo, exhibición e custodia. Achada ao carón do camiño, no rechán da aba, a 100 m.  das ruínas do Muiño do San Pedro, indo dende o lugar do Campo a Sobre Viñas, dirección ó Rosal, á beira do Río Támega, ó pé do lendario, histórico e, noutrora cerimonial Monte Ladairo, preto da liña de termo entre os Concellos de Verín e Oímbra.
Freguesía de orixe: Queizás, San Pedro.
Concello: Verín.
Terra Monterrei Verín.
Ourense.


Imaxe:
Estatua-pedrafita Muiño do San Pedro, Queizás, Verín.
Fonte imaxe: Extraída do Blog Dólmenes.

Estatua-pedrafita Muiño do San Pedro, Queizás, Verín.
Fonte imaxe: Extraída do Blog Dólmenes.


VILAR DE SANTOS
Estatua-pedrafita de Vilar de Santos.
Localización:
Lugar: Atópase nas dependencias do Museo Arqueolóxico de Ourense. (Sala San Francisco, edificio anexo ao claustro do Convento Franciscán, Rúa da Granxa, s/n.). Provendo o seu estudo, exhibición e custodia. Foi atopada formando parte do valado de peche de pedras dun terreo, á beira dun camiño,  a 50 m. dunha encrucillada,  nunha zona de veiga aberta e ampla, non lonxe da traza que segue a vía romana, coñecida, vía XVIII, de Bracara a Astúrica.
Freguesía de orixe: Vilar de Santos, San Xoán.
Concello: Vilar de Santos.
Terra A Limia.
Ourense.


Imaxe:
Estatua-pedrafita de Vilar de Santos.
Fonte imaxe: Extraída do Blog Dólmenes.


PONTEVEDRA
Proposta de Catalogación
Listaxe:
CONCELLOS DE PONTEVEDRA




Estatuas-pedrafitas, total Galicia: 9


Ningún comentario:

Publicar un comentario