Pedrafitas fálicas


Contextualizacion:


Dende o Neolítico, os seres humanos manifestaron unha profunda preocupación pola fertilidade da terra,  os animais, e tamén pola súa propia fecundidade. Ao longo do tempo, o misterio dunha nova vida foi adquirindo un carácter sagrado no ámbito da fertilidade e xurdiron cultos e ritos máxicos e relixiosos para garantir a continuidade da existencia. Os cultos que xiran ao redor das prácticas máxicas da fertilidade son de orixe ancestral. Estes pobos de remota antiguedade practicaban unha serie de ritos, supostamente,  para estimular e protexer a fecundidade vexetal, animal ou humana, dirixidas para favorecer as sementes e colleitas, fecundación animal para os que viven da caza e do gando, e dirixidas á procreación humana. As súas prácticas adoitan ser animistas, é dicir, ficar ligadas á crenza nos espíritos. Moitas das cerimonias relixiosas de fertilización engaden nos seus rituais supostas prácticas humanas sexuais, simbólicas ou verdadeiras, (ritual orxiástico) pois pretenden reproducir a acción da potencia creadora sobre  a terra, e mesmo render culto aos deuses da fertilidade. As pedrafitas fálicas cumprian fines relixiosos e a súa fisionomía asóciase ao culto da fertilidade, a función da mesma, non é outra que fixar o espiríto dos defuntos e dos devanceiros, e de forma dual a alma do finado, por medio da pedrafita (a pedra é perennidade) xera renacenza, vida e fertilidade. A pedrafita é o símbolo fálico da forza creativa masculina asociada á anta, que representa o útero-porta, segundo  J.C. Cooper no seu Diccionario de Símbolos.

Mircea Eliade, "Historia de las Religiones"  introduce o alicerce e fundamento da vitalidade (vida-morte), -traducido- Algunhas pedrafitas foron chantadas independentemente das sepulturas ou mámoas, é posíbel que estas pedras fosen unha especie de substitutivo do corpo ao que se incorporaban as almas dos mortos, en definitiva un substituto de pedra viña a ser un corpo para a eternidade. A idea primeira e fundamental foi a transmutación dos devanceiros en pedras ao reproducirse como pedrafita, substitutivo do corpo, ou integrando na mesma estrutura da construción un elemento esencial do morto, podendo ser o esqueleto, as cinsas ou a alma, ámbolos casos o morto alenta á pedra, habita un novo corpo que, a súa natureza mineral muda eterno. O resultado é que a pedrafita ou o túmulo megalítico convértense nuns depósitos inesgotábeis de vitalidade e potencia. grazas á súa inserción nas estruturas das pedras funerarias, os mortos múdanse en señores da fecundidade e da prosperidade.

A primeira preocupación destas sociedades neolíticas foi a supervivencia da especie. Requiríase, logo que as parellas tivesen moitos fillos, pois a reprodución era unha necesidade imperiosa,  as terras de cultivo e sementeira poder traballalas con man de obra propia, que deran os seus froitos para poder alimentarse. Os homes e mulleres rendian culto e adoración ás pedras ou, máis ben ao que ela representaban ao ser divino que nelas habitaba, eran obxeto de culto as que tiñan unha forma cónica, semellante ao membro sexual masculino (culto ao falo) e tamén aquelas coa croa redondeada (culto á fecundidade) Sinala Louis Charpentier no seu traballo "Los gigantes y el misterio de los orígenes": -traducido- Houbo un tempo -non fai moito- no que ningunha cualidade semellaba  superior á fecundidade, vexetal, animal ou humana. é un feito que grande número de "pedras chantadas" estan relacionadas coa idea da fecundidade. E non só as que contan certa traza fálica, tamén as que teñen forma redonda.

Estas formas redondas lembran ó ventre da muller preñada, chea dunha nova vida, a mesma redondez das nosas mámoas (antes de sofrir a violación), cons, penedos e as croas das pedrafitas, toman a base da ancestral lei: o semellante xera o semellante, (o desexo por medio do pensamento asentase nunha forma, estrutura, símbolo, e atrae a realidade do seu contido).

O antropólogo Rafa Quintía afirma no seu traballo  "A Nosa Señora da Lanzada, estudio antropológico de un santuario costero" -traducido- A orixe das figuras míticas das vellas ou das mouras que recollen os nosos contos e lendas populares,  e que a miúdo aparecen asociadas a algunhas rochas, atópase  relacionada coa crenza indoeuropea dunha Deusa Nai responsábel da fertilidade e do alén. Deusas  que responden ós dous grandes misterios da natureza humana: o mundo dos mortos e a perpetuidade da vida.

Encadea perfectamente Mircea Eliade dicindo, -traducido-  Para o home a natureza está sempre cargada dun valor relixioso, isto é así porque o Cosmos é unha creación divina e, por iso mesmo, o mundo está cargado de sacralidade. O mundo presentase da maneira que, ó contemplalo, o home atopa moitas maneiras do sagrado e, en consecuencia, do Ser. O Mundo ten unha estrutura, non é o caos e a Terra amosase como nai e nodriza universal. Dende esta óptica, o natural atópase indisolubelmente ligado ó sobrenatural e a natureza expresa algo no que difundirse.

Engade Rafa Quintía, -traducido- Por iso, que o home relixioso sacralice algúns accidentes xeográficos, percibidos nas características dalgunhas rochas a presenza do divino ou que estas primitivas deidades adoiten ficar asociadas a penedos ou cons non é algo casual, pois a pedra representa o eterno. Foi o único elemento natural  que, á vista  dos primeiros poboadores, perdura inalterábel, xurde a identificación coa deidade, máxime cando estes penedos mostran características morfolóxicas particulares, forma de grandes ovos ou ventres fecundos -evocación  das ideas de renacenza- ou presentando os trazos figurativos inducindo algún tipo relación especial máxico-mitica.

Refregar o corpo ou os menbros sexuais contra a pedra considerábase que facilitarian a fecundación ou a fertilidade. Mircea Eliade na súa obra "Historia de las Religiones" tamén comenta, -traducido- A crenza nos poderes fertilizantes das pedrafitas, aínda é constatábel polos campesiños europeos no comezo do século XX, en Francia as mozas para poder procrear practicaban o deslizamento, deixándose caer ó longo da pedra, ou refregando o ventre e pousando as cachas sobre monólitos e determinadas rochas.

Esta mesma idea, é a que fai tempo, dende os anos 90 -século XX- propoño, para o emprego ritual fecundante nas pedrafitas galegas, precisamente a pedrafita Lapa de Gargantáns, Moraña, Pontevedra, co seu puído integral, suscita o posíbel deslizamento da moza espida a todo o correr, arriba abaixo, no fálico elemento (ritual orxiástico).
Outra versión de ritual fecundante, que propoño froito das  comprobacións e semellanzas postas en estudo, refírese as pedrafitas de pequena altura fálicas-fecundantes, na modalidade "cabalar", a día de hoxe, maio 2016, expoño que a pedrafita Pedra do Santo ou Pedra de San Xinés, Padriñán, Sanxenxo e a pedrafita Cabeza de San Pedro, Amil, Moraña, e a pedrafita do Lombo da Camposa, Recaré, Santo Tomé, O Valadouro, (xuño 2017). cumpren esta modalidade a xeito "cabalar", onde a muller aspirante a procrear un novo ser, monta no monólito (aproximadamente 1 m. de altura, Pedra do Santo, 93 cm.) deixando refregar a zona do seu órgano sexual no correr redondo e inclinado que forma a croa da pedrafita,  -Croa de refrego vaxinal- de tal xeito que as cachas pousadas  da aspirante atopan o "vulto" pétreo motivando un posíbel acto cerimonial-sexual, propiciatorio e poder chegar a preñar, isto ademais axudado de forma excepcional, na pedrafita Cabeza de San Pedro, coa presenza do relevo da cara de un lactante, si, a faciana redonda dun meniño, traballada nun tetón natural da pedra, provoca mesmamente á posíbel futura nai, os desexos de evocación e azo maternal, para que a criatura semelle guapa, fermosa e san, é propio engadir que a pedrafita Cabeza de San Pedro, cunpre función de marco concorrente entre as freguesías de Rebón, San Pedro, e, Amíl, San Mamede, pois ben San Mamede  é santo padroeiro dos lactantes, velaí pois o vinculo cristianizado, proceso e resultado da obliteración dun ancestral culto indíxena.

Moitas pedrafitas galegas foron reempregadas e obliteradas, cínguense ao proceso de carácter evanxelizador e apostolado que a relixión cristián sobrepuxo ás crenzas e identidade deste territorio, ao pertencer estas, de forma innata e expresa á relixiosidade de tipo indíxena  e ancestral dos sucesivos pobos que dende a prehistoria eiqui se asentaron, onde as diferentes formas de culto, ritos e cerimonias posuían unha consideración sagrada, e veneración asimilada aos moitos tipos de manifestacións, ás divindades, deuses, deidades, espíritos, etc... intrínsecamente relacionados cos ciclos e manifestacións da natureza.




Pedrafita Cabeza de San Pedro, Moraña
Fonte imaxe: autor 2016.

Pedrafita do Lombo da Camposa, O Valadouro.
Fonte imaxe: autor 2017.

Pedrafita Pedra do Santo, Sanxenxo.
Fonte imaxe: autor 2010.




Características das tres pedrafitas, fálica-fecundante modalidade cabalar:
Pedrafitas: Pedra do Santo, Lombo da Camposa e Cabeza de San Pedro.

- Redondez na croa.
- Zona de refrego vaxinal.
- Caras N. e  S. con verticalidade cóncava, recta ou convexa.
- Altura cercana a 1 m.
- Gravuras: coviñas cruciformes, ferraduras, antropomorfos.
- Estruturas  con formas cuadrangulares e rectangulares.



" É coñecido que o falo tamén simboliza á vida dentro das formas máxico-relixiosas, as cerimonias 
de culto ao falo-pedrafita, tenden a consagrar a potencia vital, tamén a exaltar o carácter divino da vida e mesmo aumentar o fluxo de potencia divina."



Cumpre sinalar, que no estado da investigación e do estudo relativo á proposta de tipoloxía das pedrafitas galegas, podemos pór de manifesto a nosa concordancia coas consideracións que o estudoso, investigador e experto sobre megalitismo no noso país, Moncho Boga, subliña no seu "tratado sobre as pedrafitas de Galicia", "Pedrafitas dentro dun contexto tumular (megalítico), a xeito de "fitos" ou "estelas" anunciadores dunha necrópole; sitúanse en lugares visibles, moitas veces no cambio de vertente. Unha boa xeira delas conserváronse grazas á súa reutilización como marcos de termo. En Galicia temos unha variada gama de pedrafitas, atendendo á súa forma, tamaño e lugar de emprazamento".

- Pedrafitas dentro do contexto tumular, a xeito de fitos ou estelas anunciadoras da necrópole, situadas en lugares visibles, normalmente no cambio de vertente, no lugar máis alto.
- Pedrafitas de observación astronómica.
- Pedrafitas fálico-fecundadoras, que poden estar vencelladas a necrópoles megalíticas.
- Estelas-pedrafitas e estatuas-pedrafitas, antropomorfas, xa dunha época serodia, en     moitos casos da Idade do bronce.

A xeito de conclusión:  probablemente moitas pedrafitas participen de varios dos criterios, e dicir, que sexa fito anunciador, fálica e incluso de observación astronómica.

A existencia de gravuras ou cazoletas non pode ser o único criterio de autenticidade dunha pedrafita, nin tampouco a súa situación espacial en contextos funerarios como se veu facendo ata de agora en Galicia pola arqueoloxía oficial."

A feitura representativa da pedrafita, o seu concepto ambiguo.

A pedrafita é ambigua, as súas caras presentan diferente fasquía e feitura, mesmo tamén mensaxe simbólica, funcionalidade e disposición.
As diferentes caras das pedrafitas poden  en principio, describir segundo a tipoloxía, unha fisionomía fálica, tomando como referencia  a orientación sobre a posición que a define, e, definirse como descritivas, na súa superficie advirtense relevos zoomorfos, antropomorfos e, unha posible área descritiva, onde é manifesto un conxunto de símbolos ou signos que poden expresar unha mensaxe ou código.

Temos pois, que un mesmo ben, pode pór de manifesto na súa estrutura pétrea, varias formas representativas, seres, propios para a adoración e culto, antropomorfos ou zoomorfos, e mesmo posibles áreas que determinan descritivamente unha mensaxe simbólica ou código por medio de signos inscritos.

A pedrafita, non sempre representa unha única uniformidade simbólica-funcional, admite varias interpretacións, a súa estrutura ambigua define as liñas globais sobre formas simbólicas e funcionais como:

- Calendario-disposición astronómica, por mor da  súa posición-orientación, e con frecuencia, por medio do axexo no seu axexadoiro representado no curuto ou laterais da súa croa.

- Representación fálica, segundo a orientación que a define.

- Representacións zoomorfas e antropomorfas, nos laterias ou croa do ben.

- Áreas descritivas, onde expresa por medio de signos ou símbolos, determinadas mensaxes ou códigos (os rexistros actuais, sinalan referencias estacionais climáticas, e numéricas).

Sería saudábel, como proposta, considerar á pedrafita, como o ben que concentra ricamente unha mensaxe funcional-simbólica propia, pois o sombranceiro cúmulo ideolóxico, máxico-relixioso reflectido  foi insopeitábel ata agora.





Pedrafita marco Padrón, Melón, Ourense.
Na imaxe, cara L. orientación L. O.
Pedrafita tipoloxía observación astronómica, confirma os
dous equinoccios anuais. por medio do axexo no seu
axexadoiro de lombo central situado no curuto da croa.
Fonte imaxe: autor 1995.


Pedrafita marco Padrón, Melón Ourense.
Na imaxe, cara N.
Reparamos nesta cara, como o ben, destaca a súa forma fálica, mesmo dende o lateral esquerdo,
o trazo convexo, xunto coa croa, e a verticalidade do lateral dereito,  determinan o resultado,
ao noso entender intecionado, para facer destacar outra das súas funcións no mesmo elemento.
Os conceptos pois, fecundidade astronomía (cosmos) converxen, culto e simbolismo tamén.
Fonte imaxe: autor 2012.



Pedrafita marco do Vento, Monte do Seixo, Cerdedo, Pontevedra.
Na imaxe cara N. O.
Unha das súas funcións é a observación astronómica,
Faciana que evidencia un trazo destacábel fálico, a súa croa redonda
engade un rebaixe representando a glande,  considerando novamente ditas
características, propias dunha intencionalidade expresa concienciuda, todo
detalle, todo trazo establece, segundo noso criterio unha monumentalidade
establecida, deseñada e coidada. Fecundidade e astronomía outra vez van
da man.
Fonte imaxe: autor 2016.



Pedrafita marco do Vento, Monte do Seixo, Cerdedo, Pontevedra.
Na imaxe cara N. L.Unha das súas funcións é a observación astronómica,
Nova forma representativa, a ambigüidade da pedrafita, chega tamén á
definición da fasquía antropomorfa, velaí o perfíl lateral dereito:
redondez da cabeza, lixeira concavidade do ollar (ollada ao ceo), nariz,
ángulo da boca, e queixada, como dixemos, non perden detalle, os
canteiros e promotores ideolóxicos, coñecen o porqué deste tipo de
actuacións, propias de diferentes interpretacións nun mesmo elemento,
non entendemos dende logo esta acción, como un resultado económico,
máis ben unha "emisión concentrada" de elementos propiciatorios  dun
culto milenario, cunha base de crenzas máxico-relixiosas de enorme
transcendencia.
Fonte imaxe: autor 2016. 




Pedrafita de Casas Vellas, Chan de Currás, Marín, Pontevedra.
Tipoloxía Observación astronómica.
Imaxe de 1995 (localización in situ) cara L. -nacente-.
Posible área
descritiva, onde é manifesto un conxunto de símbolos ou signos 
que poden expresar unha mensaxe ou código,por medio de signos 
inscritos. (os rexistros actuais, sinalan referencias estacionais 
climáticas, e numéricas).Neste caso, a proposta do autor defínese 
como área descritiva,
conxunto de coviñas,código de referencias estacionais
climáticas, esto é:
primeiro grupo de  tres coviñas parte superior, equinoccio de
primavera.
Segundo grupo de catro coviñas, 2+2  horizontais, solsticio
de verán.
Terceiro grupo de dúas coviñas en horizontal, equinoccio de
outono.
Nas áreas descritivas das pedrafitas Galegas, conxunto de signos
ou simbolos con información codificábel, intervén de forma
vinculante, a  orientación con respecto aos puntos cardinais.
Fonte imaxe: autor 1995.




Pedrafita de Cristal, Bretal ou da Agra, Ribeira,
A Coruña.
Tipoloxía fálica.
Cara central, actual cara N.
Posible área descritiva, 
onde é manifesto un conxunto de símbolos ou signos 
que poden expresar unha mensaxe ou código, por 
medio de signos inscritos.(os rexistros actuais, 
sinalan referencias 
estacionais
climáticas, e numéricas).
A nosa proposta  cinguise, en función da tipoloxía
fálica manifesta, área contextual, e a referencia
númerica rexistrada na área descritiva,  e sobre  os
seis rebaixes, superficies, onde, dende a
parte inferior en primeiro lugar atópanse representadas
tres coviñas (o círculo, elemento redondo, sagrado por
ser a forma máis natural), terceiro posto, unha nova
coviña, e, no sexto lugar outra coviña, desta maneira,
atendemos de forma correlativa contando espazos con
presenza de coviñas, (3) e, superficies con rebaixes (6),
a suma total dos elementos é nove, os meses de
xestación no ventre feminino para acadar nova vida
humana, consecuencia e resultado efectivo do culto e
rito ao falo, practicado dende tempos ancestrais polas
primeiras sociedades asentadas na nosa terra.
Fonte imaxe: (Desenrolo da pedrafita de Cristal,
segundo Peña, 1982). UN NUEVO MENHIR EN
CRISTAL, Por Victoria Villoch Vázquez.


Data publicación:  17.10.2016



Simboloxía, cualidades e traza da pedrafita Galega, descodificación e homologación.

A pedrafita:

É fálica.
Orxiástica (puído e lustre milenario).
Fecundante.
Fertilizante.
Ritual.
Posúe nume,
observación astronómica,
sinala termos e límites, fica ao carón de camiños,
mananciais ou cursos de auga, interacciona coas mámoas, círculos líticos e aliñamentos.
A muller refrega a vulva ó cabalo dela: pedrafita cabalar.
É sandadora,
profiláctica,
talismán,
máxica,
xera vida.
Antropica.
Fasquía: antropomorfa e zoomorfa.
Apotropaica.
Sagrada.
Cultual.
Ambigua.
Representación-significado da pedrafita segundo a orientación:

Cara norte: masculino ou pene.
Cara sur: feminina ou vaxina.
Cara leste: zona onde comezan os actos-propósitos-ritos.
Cara oeste: representa a madurez, o ocaso, a morte, o remate.

CORUÑA, A
Proposta de Catalogación
Listaxe
CONCELLOS DE A CORUÑA.


LARACHA, A
Pedrafita Pedra do marco, Pedra da Anta, marco da Anta, Pedra do Ghicho, pedrafita de Erboredo, pedrafita dos montes de Santa Locaia,  marco do Ramallal, Pedra do Carallo.
Localización:
Lugar: O Ramallal, Montes de Santa Locaia, pequena chaira con pendente descendente leve, orientada ó L. dende o cumio de A Pena de Murcia, 333 m.s.n.m. non lonxe camiño montesío,  o ben atópase chantado entre dous cursos fluviais, Rego de Lagareira e Rego  da Graña, así como mananciais da contorna,  zona de abondosa presenza arqueolóxica, megalitismo, castros, etc... A pedrafita cumpre función de marcaxe territorial entre as seguintes freguesías e concellos:
Freguesía: Loureda, Santa María, Concello: Arteixo.
Freguesía: Erboredo, Santa María, Concello: A Laracha.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Ramallal, Coto da Anta, Montes de Santa Locaia, Pedra da Auga, A Medorra, A Revolta, As Lagoas, O Picoto,  O Loureiro, A Portela, A Pena Murcia, Casal do Carboeiro, Coto de Cendón, A Fraga da Candosa, Muiño do Loureiro, Os Capeláns, etc...
Freguesía: Erboredo, Santa María.
Concello: A Laracha.
Terra  Bergantiños.
A Coruña.
Coordenadas: Lat 43º16´00,11´´N       Lon 8º30´06,23´´O
328 m.s.n.m.

Imaxe:



Pedrafita Pedra do marco, Pedra da Anta, marco da Anta, Pedra do Ghicho, marco do Ramallal,
pedrafita de Erboredo, pedrafita dos montes de Santa Locaia, Pedra do Carallo.
Fonte imaxe: autor 2009.

ARTEIXO
Pedrafita de Barrañán ou de Sorrizo, (Posíbel fálica).
Localización:
Pendente de localización exacta.
Freguesía (posíbel): Barrañán, San Xián, ou Sorrizo, San Pedro.
Segundo testemuña de colaboradores, existen vestixios nestas dúas entidades, que poden supoñer a presenza dun posíbel monólito.
Terra de A Coruña.
A Coruña.
Coordenadas;
    m.s.n.m.


BOIMORTO
Pedrafitas de Andabao  (3 monólitos).
(Primeira pedrafita, segunda pedrafita e tereceira pedrafita, denominadas desta maneira polo autor dos achados, o especialista en megalitismo e investigador Moncho Boga).
(Andabao A e Andabao B denominadas desta maneira polo autor)
Nota: estes elementos, considerados nun principio, como bens  pertencentes á tipoloxía de pedrafitas fálicas, probable adscrición cronoloxica ao  perídodo Neolítico, deixan de formar parte da listaxe provisoria desta Catalogación de pedrafitas de Galicia, ao comprobar na  visita do 1 de agosto 2016, que os bens referidos xa non se atopan presentes no lugar descrito na localización (28.08.2016).

Localización:
Lugar: Fontiñas, Monte de Rúa Nova, ampla chaira preto da Igrexa de Andabao, San Martiño. Na área do cruzamento da estrada DP-1003, dirección Areas, as pedrafitas Primeira, Andabao A, B, situadas no cruzamento en dirección á Igrexa, pedrafita segunda, na intercesión para o lugar de Parabico,  e a terceira pedrafita, localizada no Monte de Rúa Nova, extenso prado, ao carón dunha balsa de auga, o Rego do Seixo, o Rego  da Pena da Morte, así como as lagoas do lugar de Brañas, e algúns mananciais  dispersos outorgan á contorna unha vizosa impresión parcelaria, diferente ao que antano coñeceron xeracións de familias da bisbarra. A zona atópase inzada de vías e camiños tradicionais e, os "parcelarios" de recente trazo. O Concello de Boimorto conta cunha ampla presenza de pegadas arqueolóxicas, megalitismo, castros, romanización, etc...

A Estrutura megalítica, hipótese:
Como proposta, diante dunha hipotética funcionalidade fálica-fecundante e observación astronómica, sen desbotar  os cinco elementos estivesen integrados en estruturas como círculo lítico ou aliñamento lítico, (as formas dos elementos Andabao A, B, lembran ó cromeleque dos Almendres, Portugal co seu compoñente arqueoastronómico engadido), co ánimo de tentar dilucidar a suposta funcionalidade estrutural, cada un dos elementos ciscados pola contorna, atópanse concentrados nunha área aprox. de 200-300 m.  para coñecer o suposto criterio.función, tomando o topónimo de Boimorto como base referencial de estudo,  é preciso entender o ámbito sagrado que debeu representar, estrutura megalitica e topónimo, sobre éste, o sustantivo composto,  Boimorto debemos  definilo coa base simbólica, que as primeiras sociedades outorgan á relación-función: vida-morte. A base tipolóxica das pedrafitas, fálicas-fecundantes expresan forma de falo e formas redondas (ver contextualización pedrafitas fálicas) actuan co criterio fecundante e protector (apotropaico) sobre os tres criterios relacionados coa supervivencia: vexetal, animal e humana, o topónimo Boimorto,  non conta cun significado de morte física do animal, propoñemos: Boi: vida, morto: remate, alén. O mesmo feito de morte, atopámolo na coñecida Costa da Morte, simil do remate da terra xeográfica, non de morte física. O Boi para as sociedades antigas é a definición simbólica de vida,  fertilidade, signo solar, fortaleza, riqueza, poder nativo, sacrificio e esforzo, atributos de latexo vital.
Engadir, unha das esencias da pedrafita, espírito personificado en pedra que xera vida. (ver contextualización pedrafitas observación astronómica) desta maneira e, atendendo á hidronímia e toponimia da bisbarra, propoñemos o trazo dun espazo xeográfico non exento de sacralidade, relixiosidade-interación cos ciclos naturais e o compoñente solar, relacionado coa orientación L. (nacente-orto do día) O. (solpor-ocaso do día), o esquema defínese:


L. (topónimos) Monte Boimil, Freguesía Boimil.

Zona central
Localización das pedrafitas:
(topónimos)
As Fontiñas
Monte de Rúa Nova
Freguesía Boimorto, San Martiño.
(hidrónimos)
Rego do Seixo
Rego da Pena da Morte.

O. (topónimos) Lobomorto, Pena da Morte,                                            
Monte do Seixo, Monte das Medorras.
Frades, Freguesía Céltigos, topónimos Aboi.



O obxectivo desta interpretación xeográfica, espazo  sagrado-cerimonial, é sinalar os lugares simbólicos-relixiosos relacionados  coa orientación e traslado solar.


Evidencia que no nacente do día L.: (vida) Monte de Boimil, Freguesía de Boimil, San Miguel.

Evidencia que na zona central: (Auga, chaira e camiño)  As Fontiñas, Monte de Rúa Nova (unha rúa, avenida: aliñamento de pedrafitas?) Boimorto, San Martiño (Freguesía) Rego do Seixo, Rego da Pena da Morte (topónimos localizados en exacta vertical N.S.).

Evidencia que no poñente do día O.: (remate-alén) Lobomorto (o lobo simbolicamente pertence aos espíritos auxiliares dos primitivos deuses dos mortos), Pena da Morte (posíbel pena con funcionalidade astronómica, sinalando o solpor do día?), Monte do Seixo, Monte das Medorras (topónimos localizados  en exacta vertical N.S.). Nesta mesma orientación O. (na horizontalidade exacta da zona central) no Concello próximo de Frades, Terra Ordes, atopamos a Freguesía Céltigos, San Xulián, cos topónimos: Aboi, A Ponte de Aboi, Monte de Aboi e Alto de Aboi.


Interacción, paisaxe e xeografía; humana-relixiosa
A forma de establecer na paisaxe criterios onde interactuar co sagrado, co divino, cos deuses, leva ás primeiras sociedades a personificar a paisaxe, outorgarlle unha identidade sagrada, reveladora, onde o cosmos, a terra e a sociedade interactúan nunha resolución conxunta por milenios, para acadar os resultados  específicos, que, dende un concepto "supra relixioso" conciben, desenrolan  e manifestan en todos os conceptos e actividades.

Conclusión 
Temos pois un resultante atractivo, compartido e excepcional, atractivo e compartido, pola orixinalidade simbólica, non exclusiva nesta contorna de Boimorto, como veremos, presente tamén na beira mar, na illa  de Eire, e outros lugares, excepcional polos elementos, a simboloxía, que encaixa  á perfección dende a ideoloxía dos nosos ancestros, a paisaxe, o sagrado, , a pedra, os animais, a natureza e  os seus ciclos, a auga, o monte, o mar, o río,  a chaira, os camiños, o alén, o sol, a lúa, o solpor, o ceo e os cosmos, o amencer, etc...todo un proceso renovador e infinito, onde nace a vida, morre, e volta nacer.
As primeiras sociedades agrogandeiras definen e traducen simbolicamente, a forza, a fertilidade e o poder animal, por medio do concepto vida, fartura e xenerosidade. Varios autores sinalan certos espazos sagrados e de poder, intrínsecamente relacionados  coas crenzas do alén e o carácter sagrado en cuestión, unha referencia en evidencia, Punta Eiras, A Coruña, espazo contextual de culto e santuario-trono indíxena. É propio dos Celtas a consagración de promontorios, cabos e lombos costerios a diversas divindades e deuses, unhas rochas dos fondos de Punta Eiras, na península da Torre, teñen o nome de O Boi Pequeno ou A Vaca, Baixo do Becerro, O Boi, Baixo do Becerriño, O Morro do Boi, O Altar do Boi, O Boi Grande, de novo a horizontal do movemento-traslado solar, a orientación L. O.  como acontece en Boimorto, sitúa en liña ás pedras, nunha relación de observación astronómica, reafirmando o carácter sagrado da zona (trono, torre, lombo-eira, poboado, petróglifos, etc...), nun cúmulo de símbolos e elementos  determinantes  que sinalan todo un calendario anual, relixioso.cerimonial, onde a morte e a vida, asume o carácter  primordial relixioso da esencia indíxena.

Cabeza Quiles, no diccionario Toponimia de Galicia, Editorial Galaxia, 2008, cubre os datos da nosa síntese: Na república de Irlanda, badía que forma a desembocadura do río Kenmare, dáse un caso moi significativo e curioso. Referímonos a tres rochas mariñas chamadas, respectivamente, Bull, Cow e Calf, topónimos que poderiamos traducir ao galego cos significados do Touro,  A Vaca e O Tenreiro ou O Becerro; pedras que tamén terán e lembrarán, coma nos casos galegos do Boi, Boimorto, Xuvenco e O Becerro, as figuras deses animais.

A tradición fala da Illa de Donn ou dos mortos nese lugar do Eire, exacta vinculación, entre varios lugares da nosa xeografía, onde a ligazón adquire dimensións extraordinarias.


San Martiño de Tours (316-397) "O apóstolo das Galias", e San Martiño Dumiense (510-580) "O apóstolo dos Suevos". O descomunal celo evanxelizador  de "San Martiño", o máis grande destrutor de megálitos.

Para  tentar coñecer e discernir sobre a función do suposto complexo megalítico de Andabao, e outras estruturas, antas, círculos líticos, aliñamentos líticos, pedrafitas, mámoas, e grande cantidade de penedos, laxes, cons, castros e outros lugares cerimoniais  ou de culto indíxena no noso país, cumpre recoller certos datos dunha das figuras mais sobranceiras, de pertinaz influencia politica, eclesiástica, social e cultural na Gallaecia do século VI, San Martiño Dumiense. É probable que a súa laboura evanxelizadora non se poida entender ben,  se non facemos unha achega ao seu paisano de Panonia, hoxe Hungría, outro San Martiño, de Tours, o devastador dos megálitos na Galia.
É un dos santos máis populares do cristianismo, o máis polular e coñecido de Europa, como bispo de Tours, dedicou na súa obra evanxelizadora unha loita continuada contra os costumes pagáns, a persecución das teorías do gnosticismo e maniqueísmo de Prisciliano, foi misioneiro na Galia 35 anos, asceta, apóstolo e home de oración, a súa influencia foi grande en toda a espiritualidade medieval, a sona da súa carreira apostólica tamén acadou cifras descoñecidas en Francia, con 3.667 freguesías dedicadas como padroeiro e 487 pobos, levan o seu nome.

Obvio é  que, o seu paisano de Panonia, San Martiño Dumiense, bispo, teólogo e escritor eclesiástico, ao chegar a Gallaecia, desexe  trasladar o éxito evanxelizador, e extrapolar ditos resultados á Finis Terrae, o apelativo para os dous é plenamente válido: "os maís grandes destrutores de megálitos, da Galia e Gallaecia".
San Martiño Dumiense desenrola no noso país, unha clara proba de forte acción, cos seus sucesores na eliminación de formas pagáns. Anteriormente visita a Galia e Palestina onde coñece os Santos Lugares, sabendo da traxectoria de San Martiño de Tours, aposta por arrasar o reino Suevo de Teodomiro de toda crenza, costumes e supersticións de orixe prerromana ou Céltiga entre os Galaicos, indirectamente pon en evidencia a pervivencia dos cultos de raiz preshistóricas, deste xeito manifesta en De Correctione Rusticorum, manual práctico para o misioneiro animando a bispos e clero a evanxelizar e purificar a relixiosidade do pobo Suevo.

Na súa iconografía represéntase en San Martiño Pinario, cortando un piñeiro con ídolos pagáns, aludindo ó seu propósito de extirpar o culto pagán ás árbores, ríos e pedras.
Proba desa desfeita megalítica do Santo, será a presenza de algunhas pedrafitas, ou das poucas que chegaron ata hoxe, (dos milleiros de pedrafitas  que ateigaron posiblemente o noso chan)  nas freguesías onde San Martiño é padroeiro, quizais por sorte unhas poucas fican chantadas en evidencia. As freguesías  da actual Galicia onde San Martiño é padroeiro, dentro das cinco diocese, acadan 213, cantidade non pequena, onde quizais moitas delas, por honor ó patrimonio, principalmente megálitos esnaquizados, foron outorgadas con toda celebridade.

Algunhas pedrafitas localizadas nas freguesías onde o padroeiro é San Martiño:


Pedrafita A Goia, Vilameá, San Martiño,  Guntín.
Pedrafita A Veiga, Vilameá, San Martiño,  Guntín.
Pedrafita A Toxiza, Figueiras, San Martiño, Mondoñedo.
Pedrafitas Andabao, Andabao, San Martiño, Boimorto.
Pedrafita marco de San Lourenzo, Porto, San Martiño, Fene.
Pedrafita marco de Fonte Salgueiras, ou marco da Fonte das Meigas, Tabeaio, San Martiño, Carral.
Pedrafita de Vieiro, Cotá, San Martiño, Friol.
Pedrafita A Lapa, Gargantáns, San Martiño, Moraña.


É probable que San Martiño, ou os seus sucesores  fosen quen, en Andabao, artellar veciñanza e seguidores do bispo, para botar abaixo, unha máis que probable estrutura megalítica de trasncendencia cerimonial-relixiosa destacable nas crenzas indíxenas ancestrais do noso pobo, tamén é probable que Andabao non fose o único lugar onde a consideración do nume tivese un espírito personificado en pedra que xera vida.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Andabao, As Fontiñas, Pazo das Fontiñas, O Río, Monte de Rúa Nova, Rúa Nova, A Torre, O Seixo, Boimíl, O Porto, As Barreiras, O Souto, Bouzas, Piñeiro,  Orros, As Brañas, As Quintas, As Moscosas, Monte do candal, Vilar, Areas, Lavandeira, O Coto,  As Ribadas, Fornes, A Casa Grande,  Os Campos, Beira do Río,  A Leira Longa, Lobomorto, O Canto do Valo, Pena da Morte, Monte Cerrado, O Toxeiro, etc...
Freguesía: Andabao, San Martiño.
Concello: Boimorto.
Terra Arzúa.
A Coruña.
Coordenadas:
Pedrafita 1: Lat 43º 1´48,51´´ N       Lon 8º 7´15,80´´ O          498  m.s.n.m.
Pedrafita 2: Lat 43º 1´48,29´´ N       Lon 8º 7´11,13´´ O          496  m.s.n.m.
Pedrafita 3: Lat 43º 1´47,82´´ N       Lon 8º 7´25,95´´ O          494  m.s.n.m.


Imaxe:


Primeira pedrafita.
Andabao.
Fonte imaxe: autor 2009.

Segunda pedrafita.
Andabao.
Fonte imaxe: autor 2009.



Terceira pedrafita.
Andabao.
Fonte imaxe: Cristina Vázquez e Xurxo Broz.




Pedrafita Andabao A.
Andabao.
Fonte imaxe: autor 2009.



(Andabao A e Andabao B denominadas desta maneira polo autor)
Nota: estes elementos, considerados nun principio, como bens pertencentes á tipoloxía de pedrafitas fálicas, probable adscrición cronoloxica ao  perídodo Neolítico, deixan de formar parte da listaxe provisoria desta Catalogación de pedrafitas de Galicia, ao comprobar na  visita do 1 de agosto 2016, que os bens referidos xa non se atopan presentes no lugar descrito na localización (28.08.2016).


Pedrafita Andabao B.
Andabao.
Fonte imaxe: autor 2009.
(Andabao A e Andabao B denominadas desta maneira polo autor)
Nota: estes elementos, considerados nun principio, como bens  pertencentes á tipoloxía de pedrafitas fálicas, probable adscrición cronoloxica ao  perídodo Neolítico, deixan de formar parte da listaxe provisoria desta Catalogación de pedrafitas de Galicia, ao comprobar na  visita do 1 de agosto 2016, que os bens referidos xa non se atopan presentes no lugar descrito na localización (28.08.2016).



BOIRO
Pedrafita de Bealo ou de Lamilo de Arriba.
Localización:
Lugar: Lamilo de Arriba, preto da Ermida de San Ramón, extensa chaira, ao rente dun camiño entre veigas, próximas ao ben varias correntes fluviais, Rego do Lagoso, Rego Grande, Rego das Landeiras, Rego do Beluso, etc... achados arqueolóxicos na redonda, mámoas, petróglifos, castros, preto da Ermida de San Ramón, varias laxes con petróglifos e abondosas coviñas. A pedrafita pode considerarse posíbel fito chantado e reempregado como pedra integrada nun valado orientado en dirección L.O. A proposta interpretativa, o posíbel significado, tendo en conta presenza e lugar, dun espazo natural, arqueolóxico e etnográfico, entendemos considerado  ancestral, con máis de 400 coviñas, sacro, cerimonial-ritual. É a fecundidade, o obxectivo fundamental, a procreación da vida, unha laxe con serpentiforme  no contexto extenso  que a zona de Lamilo de Arriba, Campo dos Outeiriños, Ermida de San Ramón, etc... Manifesta.
A necesidade imperiosa de poder contar con descendencia, dende o Neolítico, tendo en conta a alta mortaldade de nenos nos partos, fai que os ritos e cerimonias, cultos indíxenas e ancestrais primixenios do noso país,  adoiten establecerse a eito neste "abraiante santuario a ceo aberto" que é Galicia. É por iso moi grande o interese da reprodución e a supervivencia, a continuidade da vida. A nosa pedrafita con forma cónica, na cara exposta na imaxe, revela unha vintena de coviñas nun espazo moi concentrado e de pouca extensión, ademais, podemos reparar nun integral puído na cara principal, dende a base ata a croa, sendo condicións propias para o refrego dos membros sexuais ou a práctica da escorregada deixándose caer ó longo da pedra (ver contextualización pedrafitas fálicas). O alto número de coviñas manifestas neste espazo limitado, pode ser interpretado como, tamén, alto índice de sacralidade ritual, para establecer o poder emerxente e xerminal. Na zona do ángulo superior dereito do ben, atópase unha pedra de seixo branco, a súa simboloxía e presenza ao carón da pedrafita non é anecdótica, cumpre un obxectivo propio elemental e parello á mensaxe da pedrafita: a base do ciclo vital, así como o sustento apotropaico sobre o ben e o cerimonial.
O lugar, como ben coñecemos, e dende antigo, sufreu o efecto da obliteración, o culto e ritual indíxena  de fecundidade mudou, chega unha nova relixión, e toma a ideoloxía primixenia, onde por medio do ancontecido segundo a haxiografía atribuida a Ramón de Portell, despois coñecido como San Ramón Nonato: veu ó mundo, e foi extraído do ventre da súa nai finada, hoxe por medio da liturxia católica, a fe, a devoción e outro tipo de ritual;  os desexos de xerar vida no ventre materno, ser quen de parir sen moitas complicacións, solicitude de fillo varón, etc... son encomendas para San Ramón. As mulleres na actualidade en Bealo, refregan contra o manto do Santo unha ramiña de mirto (o mirto sempre verde, vida perenne) e a estampa coa oración á Virxe das Mercedes, co desexo e solicitude de superar atrancos, o mirto, falando da súa simboloxía, trasládanos á antigüidade, onde ten consideración e representación do amor, fecundidade e fidelidade, na Grecia clásica,  o mirto ten atributo de planta con grande contido erótico, o "botón de mirto" é coñecido o clítoris da muller en Grecia, en Roma para acadar maior fertilidade nas mulleres, nas festas de Bona Dea, deusa da fertilidade e a castidade, empregaban o ramo de mirto para zorregarlles. Comprobamos de forma obvia, a sucesión cronolóxica do efecto oblitero sobre o principio ancestral e funcional da pedrafita: Espírito personificado  en pedra que xera vida, e que, a igrexa católica cristianiza, máis nos elementos simbólicos empregados, latexa un ambiente de fusión, ancestrais prácticas dos antigos espíritos coa tradición e fe católica; Bealo conta coa entrega da vida no canto da morte, chama pola vida dende fai milenios, e sempre dende a sacralidade. Así é o desexo da vida tamén  nas primeiras sociedades do noso país.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Lamilo de Arriba, O Cercal, Fraime, Agra do Muiño, Lomba, A Armada, Fonte do Rexo, Charqueira, O Espiño, A Galea, A Barreira, Ponte Galea, Granxa da Galea, Monte de San Ramón, Granxa de Río Xano, Fonte Salada, Cabeza Grande, Pedragaliño, Pedra da Cruz, Casaliño, Landeiras, A Candosa, Ermida de San Ramón, Monte do Abelán, Ponte do Bealo, Hermide, Pedra dos Ventos, Castro Barbudo, Magaláns, Campo dos Outeiriños, etc...
Freguesía: Bealo, San Pedro.
Concello: Boiro.
Terra  Barbanza.
A Coruña.
Coordenadas: Lat 42º42´,9,71´´N       Lon 8º50´49,18´´O
51 m.s.n.m.

Imaxe:



Pedrafita de Bealo ou de Lamilo de Arriba.
Fonte imaxe:
MAGAGO.
 


CABANAS
Pedrafita marco do Salto.
Modalidade Cabalar.
Localización:
Lugar: Os Ribas, aldea Rivas, Ao carón (a 17 m.) da estrada (antigo camiño) de Fonfría, chaira con maina pendente, dirección O.  eucaliptal con panel descritivo e camiño de acceso, non lonxe dúas correntes fluviais, Rego de Laraxe e Rego do Pouso, na ampla contorna os xacementos arqueolóxicos son abondosos: megalitismo, petróglifos, castros...
A funcionalidade  de marco de termo é efectiva coas freguesías seguintes do concello de Cabanas:
Irís, Santo Estevo.
Laraxe, San Mamede.
O Salto, Santa Cruz.
Cos seus 54 cm. de altura, a pedrafita  marco do Salto, e as súas proporcións, fisionomía, adscrición cronolóxica, función de deslinde, subsistencia do elemento rito-cerimonial-culto, e rexistro sacro, a pedrafita en clave de proposta, definise tipoloxicamente fálica fecundante modalidade Cabalar.
A documentación informa das propiedades para sandar certos efectos maléficos do espírito ou accións máxicas non desexadas para os seres vivos: humanos e animais. Estas consideracións trasládannos  á interpretación da pedrafita dende o prisma primixenio da súa función ideolóxica, é decir a pedrafita é apotropaica, o falo protexe a vida, e os efectos do meigallo, mal de ollo e outras "olladas" ou "envexas", dende moi antigo no noso país existen fórmulas ou remedios que os poden eliminar. Un rito milenario que se atopa no rexistro simbólico do ben,  é o chamado circunvalación, por medio da súa práctica, atópase a satisfación de poder acadar dende o principio ao fin o propósito demandado, son as nove voltas darredor do elemento sagrado, él outorga por medio da devoción e práctica, os benéficos  propósitos para o corpo e o espírito. 
A pedrafita  é proporcionalmente indicada para a altura dunha cadeira de pedra, in situ 54 cm. en vertical, a súa fisionomía  cilíndrica e croa redonda, incita, tendo en conta o  rico contexto etnográfico do ben,  e o antecedente  ritual do mollón do castro de Cabanas, onde o arqueológo L. Monteagudo  sinala no seu traballo "Menhires y marcos de Portugal y Galicia", que aínda polos anos 50 do século XX refregaban as mulleres no mollón do castro para acadar fecundidade, (nova do Sr. Badía, que veranea xunto ao castro), poder entender o ritual do Castro de  Cabanas, significa extrapolar dito contexto á pedrafita que nos ocupa, a altura do marco, a redondez da croa, o puído integral sen arestas, propicia e evidencia un espazo-relación apropiable para a posta  en funcionamento do ritual fecundante de refrego vaxinal sobre a croa da pedrafita,  modalidade Cabalar, por ficar cabalo do milenario falo pétreo, a muller en aptitude solicitande  de concepción. Non esquecer o padroeiro San Mamede, da freguesía veciña de Laraxe, é protector dos lactantes, dos nenos que veñen á vida, temos pois contextualmente  o vínculo e ámbito cristianizado polo cal a relación da área xeográfica próxima, evidencia un proceso e resultado do efecto oblitero parcial  de un ancestral culto indíxena, (ver contextualización pedrafitas fálicas), caso semellante acontece coa pedrafita Cabeza de San Pedro, Moraña, e a pedrafita Pedra do Santo en Sanxenxo. Unha evidencia demostrábel, onde a redondez da croa das pedrafitas, a súa altura, propician os actos rituais fecundantes abondo empregados nos centos de pedrafitas chantadas no noso chan dende fai milenios.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Os Ribas, Pico do Castro, Pedreiras, Ventín, O Salto de Riba, A Castiñeira, As Cañotas, Os Bouces, O Cadaval, O Cotiño, Os Ribas de Baixo, A Painceira, Fonfría, O Feal, O Sartego, Manxarín, O Salto de Baixo, Montes dos Marcos, Prados de Braxe, Os Martices, O Punxeiro, Coto do Castro, Teloi, Insua, Pazos, etc...
Freguesía: O Salto, Santa Cruz
Concello: Cabanas.
Terra  Eume.
A Coruña.
Coordenadas: Lat 43º26´7.3´´N       Lon 8º 8´35,9´´O
321 m.s.n.m.

Imaxe:


Pedrafita marco do Salto.
Fonte imaxe: Ángel Gilberto "Papigil".




CAMBRE
Pedrafita marco de Fonte Salgueiras ou marco da Fonte das Meigas.
Localización:
Lugar: O Castelo, chaira, ao carón dunha corredoira, na redonda; fontes e cursos fluviais: Fonte Salgueiras, Rego das Pereiras, Río da Brexa, Rego de Tabeaio, etc... son destacadas as pegadas arqueolóxicas na bisbarra, megalitismo, petróglifos, castros, romanización.
A pedrafita marco de Fonte Salgueiras coa súa feitura fálica, atópase en zona de necrópole megalítica, no concernente á simboloxía, relixiosidade e crenzas neolíticas, o ben pode cumprir a destacada función fálica sobre a orientación na entrada da mesma cámara ou corredor, é decir,o membro (falo)  fronte á (vulva) entrada da mámoa. O simbolismo cíclico vital: vida, morte e renovación que dende fai milenios as construcións megalíticas manifestan no noso país, a interpretación espacial da súa situación estratéxica, fai considerar posible á pedrafita, sinalización constitutiva da estrutura megalítica, necrópole.
A pedrafita sinala linde territorial, entre as freguesías  e concellos seguintes:
Freguesía Anceis, San Xoán. Concello Cambre.
Freguesía Tabeaio, San Martiño. Concello Carral.
Freguesía Castelo, Santiago. Concello Culleredo.
Freguesía Sueiro, Santo Estevo. Concello Culleredo.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Fonte Salgueiras, Fonte das Meigas, Castelo, A Poza, Galxás, Sobrepiñeiro, Donepedre, O Lodeiro, Vista Real, O Aguillón, O Piñeiro, Piñeiro de Arriba, Esperón, A Aspra, A Revolta, Vinxeira Grande, Os Pregos, Os Peizás, Caedo, O Vilar, Lavandeiras, Castelo de Abaixo, O Covelo, Xalo, Monte Nilles, Os Cotos, Vilamouro de Arriba, Vilamouro, A Brexa, Cambela, A Cova, O Corpo Santo, Os Currás, O Carballo, Quintás, Altamira, Gosende, Anceis, Muiño Vello, etc...
Freguesía: Anceis, San Xoán.
Concello. Cambre.
Terra A Coruña.
A Coruña.
Coordenadas: Lat 43º 14´58,05´´ N Lon 8º 22´19,55´´ O
255 m.s.n.m.

Imaxe:


Pedrafita marco de Fonte Salgueiras,
ou  marco da Fonte das Meigas.
Fonte imaxe: Moncho Boga.




CAPELA, A
Pedrafita da Cruz da Moa.
Localización:
Lugar: Próxima ó cemiterio de A Capela, entre As Mouriñas e a Pena da Cruz, non lonxe da estrada AC-564 Cabanas-As Pontes. A pedrafita non se atopa no seu lugar orixinario, aínda que cumpre función de marco de herdades, achase abatida, as referencias sinalan o lugar exacto como A Cruz da Moa, onde alí chantada foi obxecto de prácticas propiciatorias para acadar a procreación humana, -ritos de fecundidade- (constan nas bisbarras veciñas elementos coa mesma crenza), consideracións non admitidas polo crego da freguesía, dispoñendo a retirada do milenario fito.
A Cruz da Moa -lugar de orixe- é unha ampla chaira, acada os 400 m.s.n.m. aprox. nos arredores varios regos teñen o paso, Rego da Brea, Rego do Piñeiro, etc.. presenza de xacementos: megalítico, petróglifos, castros, etc,...
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: A Cruz da Moa, Os Chaos, Anellada, Pena da Cruz, As Mouriñas, Os Montiños, Vilasuso, O Lago, A Brea, A Pena Grande, Pico Piñeiro, Mende, A Veiga, Xasén de Baixo, Bertoña, Mourente, A Viga, Monte dos Picos, Pena do Boi, Os Picos, Os Covos, Ponte da Barbela, Fraga do Muiño, O Calvario, O Edreiro, O Lombo, O Poboado, Mende, A Estoxa, etc...
Freguesía: A Capela, Santiago.
Concello: A Capela.
Terra  Eume.
A Coruña.
Coordenadas (aproximadas) : Lat 43º 26´05,20´´N       Lon 8º 03´12,39´´O
418 m.s.n.m.

Imaxe:


Pedrafita da Cruz da Moa.
Fonte imaxe: Xabier Moure.



FENE
Pedrafita marco da capela de San Marcos, (posíbel fálica).
Localización:
Lugar: Capela de San Marcos, San Marcos, chaira, ao carón da estrada AC - 1503 Fene- Xavariz, correntes  fluviais nas proximidades: Rego Belelle, Rego da Rañoa, Rego das Lameiras, etc... Xacementos no ámbito: Paleolítico, megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
A pedrafita marco da capela de San Marcos, situase na parte posterior da capela, na base do valado exterior ben visible, na zona da sancristía. A capela de San marcos foi construída no século XIX, xusto no lugar onde chantada, a pedrafita dende antigo, as referencias sinalan  que neste lugar, dito marco sinalou varios coutos xurisdicionais, posteriormente cumpriu función de lindes das freguesías e concellos seguintes:
Freguesía: Regoela, San Vicente (Concello  Cabanas), Terra Eume.
Freguesía: Sillobre, Santa Maríña (Concello  Fene), Ferrolterra.
Desta maneira a capela foi coñecida co nome "A Capela do marco", testemuñas confirman que no ano 1942 ao facer o engadido da sanscristía, a pedrafita resultou afectada de cheo, abatida a mesma, ergueron a parede por riba dela, deixando á descuberta unha faciana *imaxe.
Ao redor da capela celebrouse dende o século XIX unha feira o día da festividade do Santo, o gando era o protagonista, ovellas, cabras, cabalos, porcos, vacas, etc... a intención desta cita era preservalos de enfermidades, e presentar  solicitude ó Santo descendencia fecunda animal, (non debemos esquecer que San Marcos é padroeiro xeral dos gandeiros e rabaños), nesta feira o día do Santo,  para acadar os propósitos demandados é preciso cumrpir un ritual, unha parte do mesmo leva por nome a circunvalación, ao redor da capela sete voltas, é a consideración ao sagrado, onde se atopa San Marcos, práctica devocional  para acadar protección aos animais e demais propósitos  benfeitores, despois bebese  auga da fonte do santo, non lonxe cruzando o Rego Belelle.
No concello de Lugo, na freguesía  de O Burgo, San Vicenzo, atópase  tamén, capela de San Bartolomeu do Burgo, coñecida capela do Carme, algunhas das características deste lugar chaman a nosa atención, prácticas e crenzas semellantes á nosa pedrafita  marco da capela de San Marcos, na parte igualmente posterior desta capela do século XVIII, na base do valado exterior, ben visible, atopamos unha pedrafita, só que as proporcións son maiores, o ritual da circunvalación é o mesmo, ao redor da capela tamén sete voltas, considerando ó lugar sagrado, lugar de romaxe, tamén o elemento auga segue a liña e a semellanza contextual, presenza de fonte sacra e regueiro, prácticas ancestrais, coñecen eiqui a cristianización, esto é, obliterar o culto e a crenza.

Novo proceso para obliterar as formas ancestrais, crenzas e ritos.
Sen dúbida, a Deusa Nai, o elemento primordial da vida, protección sacralizada para os cultos e crenzas das primeiras sociedades, maniféstase na presenza da pedrafita, (capela de San Marcos e capela de San Bartolomeu). É obvio que estes lugares, como moitos outros do país, foron sometidos ós trocos para acadar  as novas formas de culto, ritual e patrón. A pedrafita asume  o primordial  e capital status  sagrado, a devoción, culto, respecto, ritual, crenza, fe e espírito personificado en pedra que xera vida. Compróbase facilmente a confluencia de elementos, coexistindo na mesma dinámica (crenza e ritual) precristiáns e cristiáns. 
Son varios os puntos nos que debemos reparar  diante da análise constitutiva da bifurcación de crenzas, máis a consideración do elemento clave, a pedrafita, enténdese sobre o prisma do lugar consagrado, onde o nume, a divinidade, toma a supremacía para un ámbito coordinado sobre un ancestral e milenario sistema de estruturas uniformes parellas coa natureza, ciclos e procesos, estou a referirme ó interese  transcendente, moitas veces incomprendido ou ignorado: A realidade "vital" da pedrafita. A pedrafita subsiste nestes templos cristiáns -tamén noutros-  xustamente na base, no alicerce da construcción, do valado, é considerada e respectábel, é pedra, é firmeza, é dureza, é perennidade, non só iso, atópase preñada da forza e poder sagrado e ancestral coñecido e transmitido no apego espiritual de centos de xeracións como principio, fundamento e esperanza, onde atopan o directo e esencial camiño que amaña moitos dos atrancos conceptuais da existencia. É por iso  que a pedrafita, elemento sagrado ancestral, sobrevive e perpetúase tamén como "base"  ideolóxica, "base" divina e alicerce sagrado-relixioso, onde ao ser considerada de utilidade pola inmensa carga de crenza, recibe da nova relixión o trato oblitero fundamental para o seguimento e práctica nas confluídas crenzas, sincretismo ata os nosos días.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Capela de San Marcos, Coto das Modias, San Marcos, Castro, A Brea de Sillobre, O Ameneiro, Rozís, Ponte da Ribeira, Barcia, Casa da Ribeira, Ponte do Prado, A Corveira, O Xarrón, O Lugarexo, O Feal, O Pedrón, As Picas, Montes da Correa, O Lodeiro, Lubián, Xicos, A Mina, A Ribeira, Muiño da Ribeira, O barreiro, Monte do Rego, O Carríl, Os Cadavás, etc...
Freguesía: Sillobre, Santa Maríña. 
Concello: Fene.
Ferrolterra.
A Coruña.
Coordenadas: Lat 43º 27´37,26´´ N       Lon 8º 07´24,79´´ O
259 m.s.n.m.

Imaxe:


Pedrafita marco da capela de San Marcos.
Fonte imaxe: Ángel Gilberto "Papigil".



Pedrafita marco de San Lourenzo.
Localización:
Modalidade Cabalar.
Lugar: Os Anidos, O Campanario, á beira dun antigo camiño, chaira ampla, entre os Regos de Laraxe e Sar. Xacementos arqueolóxicos no ámbito: paleolítico, megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc.. Territorialmente cumpre a funcionalidade de marco de termo entre as seguintes freguesías e concellos:
Freguesías: Maniños, Divino Salvador e Limodre, Santa Olaia. (Concello  Fene) Ferrolterra.
e
Freguesías: Porto, San Martiño e Laraxe, San Mamede. (Concello Cabanas) Terra Eume.
A pedrafita marco de San Lourenzo, ao noso entender como proposta, establece as condicións e características propias e contextuais  para podela engadir na tipoloxía de pedrafitas fálicas fecundantes, modalidade cabalar, nesta variedade atopamos estes bens, supostamente co emprego da mesma función:
Pedrafita Pedra do Santo, Sanxenxo.
Pedrafita Cabeza de San Pedro, Moraña.
Pedrafita marco do Salto, Cabanas.
Pedrafita marco de San Lourenzo, Fene
(ver contextualización pedrafitas fálicas).

O emprego simbólico funcional desta pedrafita é prácticamente igual á coñecida pedrafita  marco do Salto, Cabanas. A referencia subsistente, é a sacralidade non unixénita, máis, si do propio ben pétreo e o ámbito referencial determinante. O ben recibe demandas protectoras, a pedrafita tamén apotropaica, as solicitudes para a curación de enfermedades diversas, e as relacionadas coas envexas ou o mal de ollo, chegan aínda ata os nosos días, uns rituais propiciatorios relacionados coas ofrendas, circunvalación, días sinalados e horarios concretos, etc... determinan o conxunto establecido tadicionalmente como método propio para que a/o demandante poida recibir grazas ou favores e bonanza.

A pedrafita, a muller e a solicitude do embarazo, San Mamede, protector dos Lactantes.
A pedrafita marco de San Lourenzo, tipoloxicamente, segundo a nosa proposta, engadida como pedrafita  fálica fecundante, modalidade cabalar, actúa e representa iso mesmo, o ben, non se atopa desfigurado, ó contrario, a súa fisionomía  moi representativa, é excepcional exemplo dos elementos propios da modalidade cabalar, é decir a aspirante, a muller que demanda o embarazo por medio desta práctica-ritual, atopa neste ben as condicións apropiadas para formular, psíquica-física e espiritualmente dita acción solicitante, sobre 30 cm. de altura, o ben dispón dunha fasquía óptima, croa lonxitudinal redonda, laterais sen arestas rectas, máis ben de tipo cóncavo *imaxe, formas na croa en liñas e efecto arredondado, temos pois, que a muller solicitante pode desempeñar sobre a croa o exercicio denominado, refrego vaxinal, esto é de crequenas sobre o fito milenario. A modo cabalar, o seu órgano sexual facendo contacto directo coa pedra que xera vida.
As ofrendas, roupa, moedas, pedras, lembranzas, etc... que os crentes depositan ao carón do elemento, formulan unha interpretación elocuente, simbólica e directa, o tipo de roupa interior pertencente en exclusiva, a mulleres e nenos pequenos, a peza de roupa, segundo as referencias, máis abondosa ó carón do marco é o suxeitador.
É propio comprender a práctica cerimonial dalgún rito neste lugar, propio coa actitude xeral demandante para a procreación da vida humana. O fito milenario  situado neste lugar, nun tempo unha ermida dedicada a San Lourenzo edificouse sobre a pedrafita, mesmo fito ben foi o alicerce do altar cristián, dita ermida desapareceu, un estoupido de foguetería fixo que a pedrafita e a imaxe de San Lourenzo fosen quen de ficar salvos somentes, deste xeito concreto resúmense os feitos, para comprender o proceso de obliteración que a igrexa católica determinou sobre o ancestral culto indíxena e crenza milenaria eiquí manifesta.
É coñecida a moi especial relación e pertenza de San Lourenzo coa freguesía Laraxe, San Mamede. Que sinala dita relación?
O resultado dunha relación intrínseca moi destacable entre a nosa pedrafita, e a intención-demanda do desexo fecundante do embarazo na muller, a práctica e o simbolismo ritual e cerimonial, así como a relación oblitera formulada pola acción que o proceso asignado pola igrexa católica determinou no San Mamede, como protector dos lactantes, segundo conta a lenda: "Mamede, o que foi aleitado". (Ver pedrafita marco do Salto, localización).
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Os Anidos, Campanario, Pena do Pico, O Igrexario, Prismos, Castro, Muiño de Petra, Cornide, O Camiño Grande, Os Currás, A Torre, O Feal, O Peón, Insua, Pazos, O Pereiro, As Barreiras, Teloi, Capela de San Barilán, O Pereiro de Riba, O Pereiro de Baixo, Rego, O Salgueiro, Lousada, O Val, Barreiro, Chao da Aldea, Os Roedoiros, O Catalán, A Capacheira, Rego da Moa, Romaríz, O Nogueirado, O Souto Grande, Os Carballás, etc...
Freguesía: Limodre, Santa Olaia.
Concello: Fene.
Ferrolterra.
A Coruña.
Coordenadas: Lat 43º 26´ 23,64´´ N       Lon 8º 10´24,47´´ O
186 m.s.n.m.

Imaxe:



Pedrafita marco de San Lourenzo.
Fonte imaxe: Ángel Gilberto "Papigil".



MALPICA
Pedrafita Fuso da Moura.
Localización:
Lugar: Fuso da Moura, preto dun vieiro, chaira con leve pendente e descendente dirección S. dende o vértice do Monte Asalo,  223 m.s.n.m. onde se atopa inserido o parque eólico de Malpica, o fito forma parte dunha necrópole megalítica, a rica toponimia da área, manifesta o contexto megalítico, zona de manaciais  e altimetría considerable onde avistar extensos eidos. O Fuso da Moura conforma o linde territorial das freguesías  e concellos que seguen:
Freguesía Mens, Santiago. Concello Malpica.
Freguesía Niñóns, San Xoán. Concello Ponteceso.

Dous regueiros afastados do ben, teñen o seu curso vertendo ó mar Atlántico, ó N.O. morre no Lago, e, ó N.L. outra corrente remata na praia de Barizo.
Xacementos arqueolóxicos no ámbito: Paleolítico, megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
O Fuso da Moura, como pedrafita xa non existe, a actual pedra, é un mollón chantado, lembrando ó prehistórico monólito de dimensións maiores que este, as referencias  sinalan que na década dos anos coarenta  do século XX, un canteiro da contorna foi quen de facerse co milenario ben, quizais para outro proveito ben diferente, dita persoa reparou no acontecido e tempo despois debeu chantar a peza que agora podese contemplar. A verdadeira e megalítica pedrafita  do Fuso da Moura, entre outras funcións posibles, representou coa súa interacción sacra, a crenza e ceremoniais  relixiosos, onde as primeiras sociedades practicaban cultos propiciatorios  demandando protección, fecundidade e bonanza para o corpo e o ser interior, aínda non se esquecen nos arredores, que ó Fuso da Moura, os labregos levaban o gando para poñer en práctica  un ritual curativo, sen que ninguén  os vise, pola noite, os animais ó redor  da pedrafita  daban nove voltas votando fora o meigallo e o mal doente.

Fuso da Moura, fermoso topónimo, activa sensibilidade a prol do patrimonio, as pedrafitas.
A primeiros  do século XXI, ano 2004, un fato de persoas coa paixón e o espírito posto na protección das pedrafitas Galegas, acordan por medio do Chat, coordinar ideas, proxectos  e organigramas coa finalidade expresa de artellar unha plataforma para as pedrafitas, defensa e estudo, algúns deses pioneiros  e decisivos "pedrafiteiros" son:
Moncho Boga
Xeol
Manolo Camba
e o autor do Blog, foron tempos de ideas en común, onde o Fuso da Moura, nome proposto por Moncho Boga, asignou ó grupo. O proxecto quedou en boas intencións, máis non acadou a actividade precisa para establecer o rigor  de estudo e protección que o prezado ben, a pedrafita, precisa para o seu ámbito.
Dez anos máis tarde, no 2014, o Fuso da Moura sae outra vez á luz, nesta ocasión seis mestres prodixiosos no eido do estudo e investigación, catalogación do patrimonio material e inmaterial, etnografía, música, fotografía, antropoloxía, promoción e divulgación cultural, asociacionismo, etc...e servidor afeccionado, tentamos arroupar vellos e novos proxectos ligados  ó ámbito das pedrafitas, o estudo e divulgación atopa azos coordinados  para o establecemento e posta en común por medio do WhatsApp,  co nacemento de Fuso da Moura, grupo de estudo e divulgación das pedrafitas de Galicia.

Os integrantes do Fuso da Moura:
Moncho Boga
Rafa Quintía
Antonio Gavilanes
Miguel Losada
Ángel Martínez
Rafa Castro
e o autor do Blog.

Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Fuso da Moura, Fonte da Pía, Pedra Longa, Monte das Croas, Monte Asalo, As Carniceiras, Pedras de Novás, As Costas, Entremilleiras, Picos dos Nabás, Os Penoucos, As Forcadas, Pedra da Vela, As Condomiñas, Antonexos, Monte Nariga, As Portelas, Os Sarridos, As Caniceiras, As Barreiras, As Matanzas, Penas do Rubio, O Cabalo, O Castriño, A Pía do Rei, Cruceiro de Pateleiro, Cruceiro de Pedrouzón, Cruceiro das Travesas, Os Torrados, As Galanas, A Gatiñeira, A Fontiña, A Carballa, etc...
Freguesía: Mens, Santiago.
Concello: Malpica.
Terra  Bergantiños.
A Coruña.
Coordenadas: Lat 43º 17´33,30´´ N       Lon 8º 53´19,97´´ O
185 m.s.n.m.

Imaxe:


Pedrafita Fuso da Moura.
Fonte imaxe: Moncho Boga.



MELIDE
Pedrafita Pedra de O Casal.
Localización:
Lugar: A Carboada, O Casal, lugar actual: monólito encaixado nun talude da pista asfaltada que leva a O Real, o lugar do achado,  a pedrafita atopábase na parte inferior do valado situado na marxe dereita dun camiño de terra ata as casas do lugar. Ampla chaira con mainos e diferentes niveis altimétricos  descendentes  dirección L. dende o vértice  do castro San Cosme 454 m.s.n.m. Dende a actual localización do ben, dirección L. ten o seu paso o Rego Catasol, ó O. a corrente do Rego das Cabazas. Xacementos arqueolóxicos no ámbito: Megalítico, idade do bronce, castros, romanización, etc..
A proposta interpretativa e funcionalidade da pedrafita Pedra de O Casal, no lugar de A Carboada, como hipótese: posto que existen datos sobre a presenza de mámoas na contorna, unha delas esnaquizada e outra conserva crater de violación no lugar de O Real, freguesía de San Cosme, lindeira de Campos, Santa María, tendo en conta as características  da área, para sopesar ou considerar unha posíbel relación megalítica, pedrafita-túmulo, considerando a proximidade xeográfica, toponimia de prospección, vías de comunicación, orografía, diferentes intervencións e modificacións de tipo agrario propias para o cultivo e pasteiros, xerando alteracións da paisaxe autóctona,  sen esquecer a haxiografía das advocacións padroeiras das freguesías Campos, Santa María e San Cosme de Abeancos,  o seu efecto confinante, máis cadanseu castro, influxo territorial, social etc...estimamos propio, coa prudencia precisa ao efecto, sinalar que a área determinada entre a pedrafita, O Casal, e a mámoa, O Real, debeu existir unha necrópole, inseridos ambos monumentos nesa área sacro-monumental, da mesma maneira a pedrafita establecería coa súa monumentalidade prominente o criterio simbólico  de relixiosidade afín aos cultos e crenzas neolíticas, cumprir coa destacada figura fálica o sinal da presenza do posibel conxunto tumular, necrópole, ao mesmo tempo coa súa vertical fasquía, (falo) simbolizar fronte á cámara ou corredor (vulva) a ideoloxía e expresión cíclica vital: vida-morte-renovación, como acontece en varias necrópoles de Galicia, outras áreas da península e megalitismo Atlántico.


Pedrafita Pedra de O Casal.
Fonte imaxe: autor 2016.


Sobre os lindes das freguesías Campos e San Cosme, é propio ter en conta, se teñen o seu  paso preto, ou polo mesmo lugar da mámoa de O Real, e onde foi achada a pedrafita, zona do camiño de terra, dita cuestión pode axudar a dilucidar e tomar máis forza a posibel relación entre os elementos líticos e a posibel orixe das freguesías, e contextualizar a hipótese no seu proceso.

San Cosme médico de persoas e animais, a acción protectora e profiláctica da Virxe María, freguesías lindeiras, relación iconográfica, posible obliteración de cultos e rituais precristiás.
Moitas pedrafitas galegas foron reempregadas e obliteradas, cínguense ao proceso de carácter evanxelizador e apostolado que a relixión cristián sobrepuxo ás crenzas e identidade deste territorio, ao pertencer estas, de forma innata e expresa á relixiosidade de tipo indíxena e ancestral dos sucesivos pobos que dende a prehistoria  eiqui se asentaron, onde as diferentes formas de culto, ritos e cerimonias posuían unha sacralidade e veneración asimilada aos moitos tipos de manifestacións, ás divindades, deuses, deidades, espíritos, etc... intrínsecamente relacionados cos ciclos e manifestacións da natureza.

Segundo avanza o estado das investigacións, constátase a relación implícita de moitas pedrafitas co ámbito directo relixioso cristián, onde crenzas, cultos e ritos son absorbidos oportunamente, é decir, activase o proceso de cristianización e obliteración de ancestrais crenzas,  para a recente chegada da nova relixión.
É preciso lembrar que non pretendemos vincular á pedrafita Pedra de O Casal, tampouco ó túmulo existente no lugar de O Real, (ou á hipotética necrópole), cos resultados, aproximacións ou feitos históricos que imos tentar expor, con relación ós padroeiros das freguesías Campos, Santa María e San Cosme de Abeancos, posíbel relación con outras pedrafitas de tipoloxía fálica localizadas nas bisbarras veciñas da Terra de Melide; Este achegamento no que confluen elementos distantes no tempo, megalitismo e monumentalidade, fertilidade, efecto apotropaico, ciclo vida-morte-renovación, (cultos precristiás).
San Cosme, médico de persoas e animais, en moitos casos equivalente e duplicado ou sustituto dos heroes sandadores dos cultos precristiás, onde a Virxe María na iconografía fai compaña protectora e profiláctica ós Santos Cosme e Damián, irmáns, (velaí unha freguesía ao carón da outra: Campos e San Cosme), soamente deixar aberta a reflexión, poder desenrolar neste eido novas e futuras extrapolacións relacionadas coas posibles confluencias  sacro-relixiosas, a relixiosidade e práctica precristiá e cristián, aínda latexantes na nosa forma de expresión social, cultural e espiritual.

San Cosme e San Damián, irmáns e médicos. Os padroeiros das freguesías,  non acadaron o seu nomeamento ó chou, os cultos precristiás vinculados á zona, milagres e apostolado, etc...sinalan a encomenda pastoral, o factor moitas veces, relacionado coas prácticas e cultos ancestrais determinadas, autorizan e fan dispoñer e outorgar á xerarquía eclesiástica que advocación ou o padroeiro concreto encaixa ou é oportuno diante da causa concreta, á hora de determinar o fundamento e fundación dunha comunidade pastoral, freguesía.
San Cosme e San Damián son padroeiros xerais: de Balnearios, Barbeiros, Boticarios, Ciruxiáns, Dentistas, Farmacéuticos, Médicos, Ortopedistas e Traumatólogos, a saúde e a medicina atópase no seu ben facer, conta a lenda que aprenderon medicina en Siria, puxeron en práctica os seus coñecementos en Egea, (hoxe Ayás) atenderon tanto a persoas como a animais, con moita habilidade curaban calquer enfermidade, Cosme e Damián son amantes da súa profesión, a  grande devoción á mesma motivou a negativa de cobrar polos seus servizos a ninguén.
É posíbel que o nomeamento de San Cosme, padroeiro da freguesía de San Cosme de Abeancos, estivese relacionada con algún tipo de situación médica ou demanda de saúde, para persoas ou animais no seu tempo?

A pedrafita é apotropaica e sandadora tamén, da mesma maneira é protectora a imaxe, mensaxe espiritual e iconográfica da Virxe María, mesmo San Cosme e San Damián teñen unha relación con imaxes votivas e devocionais dentro da iconografía, cun marcado carácter profiláctico e de protección contra a enfermidade, nestas imaxes San Cosme aparece ao carón da Virxe María o Neno Xesús e outros Santos considerados médicos e sandadores, como San Roque, San Sebastián ou San Pantaleón, as freguesías de Campos, Santa María e San Cosme de Abeancos, atópanse unha ao carón da outra, son lindeiras, a Virxe María ao carón de San Cosme!!, estamos outra vez máis, diante dunha obliteración, cristianización (pedrafita: apotropaica e sandadora - Virxe María: protectora, San Cosme: Sandador) ?


A Virxe María e o Neno, cos Santos Cosme e
Damián, (chapeu vermello).
Fonte imaxe: sanluisespolon.blogspot.com.es/


As fontes sinalan que San Cosme médico, na antigüidade foi considerado non só equivalente, tamén duplicado  dos herores sandadores nas crenzas e cultos ancestrais, deste xeito explícase a rápida popularidade do Santo, ao facerse co lugar dos sandadores precristiás, a igrexa católica serviuse de San Cosme para facelo substituto dos heroes sandadores e tamén dos métodos de curación destas figuras míticas antigas, a icona de San Cosme na Igrexa de Santa María a Antiga de  Roma, foi considerada como talismán ou como remedio contra a enfermidade, dúas prácticas consideradas máxicas ou supersticiosas  se non levasen a imaxe do San Cosme.

Ben sabemos, que dende fai milenios o noso territorio é abondoso e fértil en innumerables bens relacionadas cos elementos básicos para a supervivencia, entre elas a actividade agrogandeira, aínda hoxe, a terra que nos ocupa Melide dá boa conta delo, non é de estranar que os rabaños dende fai séculos tivesen doenzas ou mal doentes, as crenzas e cultos nestas sociedades agrarias, ben coñecen do emprego sandador cumprindo o ritual ó redor das pedrafitas, consideradas sacros elementos protectores, sandadores e fertilizantes, benéficos provedores para o benestar xeral das sociedades durante milenios, é a realidade social, cultural, económica e espiritual de seu,  que o noso pobo posúe, como acontece nas pedrafitas das veciñas bisbarras da Terra de Melide e outras de todo o noso territorio:
Pedrafita marco do Salto, pedrafita da Cruz da Moa, Pedrafita marco da Capela de San Marcos, pedrafita marco de San Lourenzo, pedrafita Fuso da Moura, pedrafita marco da Cartelida, pedrafita marco do Seixo, e outras máis, (inseridas no estudo deste blog) contan con datos referentes de moito interese concernente ao folclore, etnografía e antropoloxía, elementos destacados na investigación das pedrafitas de Galicia, o valor documental e descritivo evidencian, moitos deles "xacementos en actividade" o estudo dos mesmos constatan coa realidade de culto, é decir "crenzas en actividade plena".

Bisbarras de A Coruña, ao  N. de Terra de Melide,
e en vertical, algunhas das bisbarras con presenza
de pedrafitas fálicas (apotropaicas, sandadoras,
fertilidade, etc)
Fonte imaxe: www.zonu.com


Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: A Carboada, O Casal, Montecelo, Abelleira, Monte de Outeiro, Outeiro, Agro de Seara, Traspedra, O Xardín, O Real, San Cosme, Arribas, Vilela, O Mesón, Castro San Cosme, Sobradelo, A Lamela, Segade, Romeao, Agra de Romeao, A Estivada, San Lourenzo, Agra de San Lourenzo, A Veiga, Gudín, A Costa, Agro de Cabazas, Cabazás, A Florida, Fincas de Mera, Catasol, A Madorra, Alvite, Portochao, Monte dos Moldes, Monte do Leboreiro, Fisteos, Teillor, A Casilla, etc...
Freguesía: Campos, Santa María.
Concello: Melide.
Terra  Melide.
A Coruña.
Coordenadas: Lat  42º 54´ 55,82´´       Lon 8º 2´33,86´´ O
434 m.s.n.m.

Imaxe:


Pedrafita Pedra de O Casal.
Fonte imaxe: Cristina Vázquez e Xurxo Broz.



MUROS
Pedrafita do Outeiro das Capas.
Localización:
Lugar: Outeiro das Capas, chaira, á beira dun viraventos do parque eólico "Pedregal Tremuzo", moi preto dun camiño vello entre aldeas, na contorna da pedrafita pódense confirmar o nacente do rego da Amira, rego do Osedo e a fonte do Covo. A zona conta coa presenza de rexistros arqueolóxicos: mámoas, castros, petróglifos, etc...O elemento non cumpre (supostamente) función de marco de termo, máis, nun radio aproximado de 500 metros, atópase a liña concorrente de tres concellos e as súas freguesías: Concello: Mazaricos, freguesía: Coiro, Santa María. Concello: Muros, freguesía: Torea, San Xián. Concello: Outes, freguesía: Valadares, San Miguel.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Outeiro das Capas, Outeiro dos Bois, Cabeza de Riomao, Fonte do Ouro, Os Petuquiños, A Casoliña, Campo Grande, Monte Agudo, As Covas, Vao das Mestas, Fonte Semias, Agro de Fonte Palleira, Fonte das Barranqueiras, A Costa, As Aventureiras, Pedra da Arca, Niño do Corvo, etc...
Freguesía: Torea, San Xián.
Concello: Muros.
Terra Muros.
A Coruña.
Coordenadas: Lat 42º 50´ 43,58´´ N       Lon 9º  0´ 18,20´´ O
416 m.s.n.m.

Imaxe:


Pedrafita do Outeiro das Capas.
Fonte imaxe: Elixio Vieites.



NARÓN
Pedrafita marco da Areosa Branca. (Posíbel fálica).
Localización:
Pendente de localización exacta.
Lugar: Monte do Seixo, Montiños da Moura, necrópole do Monte dos Nenos, preto das mámoas 3 e 4, chaira, nas proximidades, alternancia de camiños que comunican varias aldeas, Lagoela, Santa Mariña do Monte, etc.. máis o trazo do camiño Francés e o camiño Real a Teixido, na zona  existen varios muiños do parque eólico novo do Campo dos Nenos, Monte do Seixo, as correntes de auga son varias, teñen  o seu nacente ou curso na contorna, Rego do Vilares, Rego da Fontenova,  Rego do Porto Novo, Rego Vello, Rego do Vilar, Rego da Sabanda, Rego do Santa Mariña e Rego dos Prados. a pedrafita abatida, medio cuberta de terra, puido  ser un fito indicador do espazo, probable sagrado e cerimonial.
Ámbito  arqueolóxico: megalítico, petróglifgos, castros, romanización, etc...
A pedrafita  marco da Areosa Branca, posíbel fálica, entendemos, como proposta, a súa relación coas cerimonias  enmarcadas nos rituais de fecundidade, solicitude de xestación no ventre feminino, coñecemos os rituais relacionados co refrego nas pedrafitas con esta finalidade, non só as localizadas en Galicia, onde a muller, ou a parella, (muller-home), fregan  no fálico elemento algunhas zonas do seu corpo, como solicitude efectiva para o embarazo, son varias as bisbarras do N.O. Galego onde atopamos elementos  vinculados a estes ritos, Barbanza, Eume, A Coruña, Ferrolterra, etc...
A pedrafita, marco da Areosa Branca, segundo amosa a imaxe, reflicte na cara á vista, a superficie puída, característica propia, polo xeral, que representan as pedrafitas de tipoloxía fálica, dentro da proposta-hipótese, a zona tumular, necrópole, onde o ben supostamente estivo chantada, podese establecer  o criterio sobre a uniformidade das estruturas megaliticas, é propio a súa presenza, como fito anunciador tumular, e como elemento simbólico verticalmente destacable fronte á camara tumular, escenicamente representando o membro masculino ríxido diante da vulva feminina -ciclo vida, morte, renovación- unha vez máis a pedrafita condensa a forza, o espírito personificado da pedra que xera vida, o topónimo Campo dos Nenos,  onde localizamos a necrópole  con 14 túmulos, ó noso parecer existe unha relación do lugar, cerimoniais  enmarcados cos rituais de fecundidade, procreación humana moi desexada, nos máis que probables tempos dunha manifesta mortaldade infantil elevada.
A pouca distancia da zona tumular, atopamos a freguesía de Santa Mariña  do Monte, no veciño concello de San Sadurniño, é propio recorrer á Santa padroeira, presente en moitas freguesías do noso país, para relacionar a ancestral, posible, cerimonia-ritual, solicitude dunha nova vida por medio do embarazo, ao carón das mámoas do Campo dos Nenos, coa cristianización e obliteración da contorna, erixindo o templo dedicado á advocación de Santa Mariña, precisamente no santoral cristián, Mariña é Santa invocable para ser fértil, tamén como padroeira xeral das mulleres xestantes, amas de cría e mulleres parturientes, atributos específicos que definen e relacionan esta asociación, crenza e práctica, á equivalencia cristianizada, (unha práctica ancestral dadora de vida no ámbito máxico-relixioso, mudando a relixión, o cristianismo oblitera a crenza, aplicando padroeira, unha advocación cristián invocable para a fertilidade).
Non imos esquecer ademais, á súa "compañeira", refírome á outra pedrafita localizada no contorno, a pedrafita marco de Porto Novo, que xunto á pedrafita marco da Areosa Branca, poden estar cumprindo unha afinidade contextual triplo:
1.- Mesma tipoloxía fálica.
2.- Función ritual fecundante.
3.- Ámbito, marco de termo e indicador necrópole.
Desta maneira, e co vínculo contextual engadido, necrópole, linde territorial, cristianización, toponimia etc.. non desbotamos a posibilidade dunha relación innata, topónimo Monte dos Nenos = lugar solicitude xestación, nova vida, Cuestión esta, que non é nova, xa que, ao facer un pequeno percorrido no noso territorio, pescudando nas advocacións cristiáns, atopamos a Santa Ana, San Mamede, San Ramón nonato, Santa Margarida, etc.. como Santos invocables, relacionados na súa haxiografía coas intencións e solicitudes ligados á (dende tempos ancestrais) tan desexada procreación humana, e que, precisamente determinadas pedrafitas, aínda hoxe, atópanse directamente relacionadas co resultado da súa crenza-advocación. (publicadas neste blog).
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Monte do Seixo, Campo dos Nenos, Porto Novo, Roxa, Lagoela, Coto do Esperón, A Mina, Cancela, O Coto, As Cacheiras, Finca de Santa Mariña, Moura de Arriba, Moura de Abaixo, Regatos da Moura, Fonte Moura, Montiños da Moura, O Carballo, Campelo, Vilares, A Rocha, Moimentos, Ardariz, Vilachá, Os Cotos, A Pena, A Voz, O Albeiro, As Fervenzas, etc...
Freguesía: Sedes, Santo Estevo.
Concello: Narón.
Ferrolterra.
A Coruña.
Coordenadas: (lugar, vértive xeodésico Campo dos Nenos).
Lat 43º 33´´ 24,36´N       Lon 8º 7´´ 12,37´O
360 m.s.n.m.

Imaxe:


Pedrafita marco da Areosa Branca.
Fonte imaxe: André Pena.



Pedrafita marco de Porto Novo. (Posíbel fálica).
Localización:
Lugar: Porto Novo, na valgada do Rego de Porto Novo, non lonxe do Rego Vello, preto da necrópole de Monte dos Nenos, a pedrafita marco de Porto Novo é doblemente empregada, como pontillón, onde o curso do antergo camiño a Teixido, Santo André, ten o seu paso, e como marco de termo, na cara á vista do ben, pódese comprobar a inscrición M3T, - Marco 3 Termos - e mesmo, un puído completo na súa superficie. Antigo punto de referencia territorial das seguintes freguesías e concellos:
-  Freguesía Sedes, Santo Estevo, Concello Narón.
-  Freguesía   Santa Mariña do Monte, Concello San Sadurniño.
-  Freguesía  Valdoviño, Santalla, Concello de Valdoviño.
É probable que nos tempos nos que se atopou chantada, e, para cristianizar un posible ritual enmarcado no cerimonial fecundante - humano, animal e vexetal - aínda que  a proposta de pedrafita fálica relacionada cos ritos de solicitude para a xestación humana, é a que consideramos plausible, como decimos, dita cristianización acontece tamén noutras pedrafitas  de Galicia, o resultante  da carga lendaria  e ampla resonancia na Terra de Trasancos, vinculada coa cidade asulagada de Valverde, e o mítico ciclo homónimo. É propio considerar,  froito do efecto da cristianización, entender a pegada inscrita na pedrafita,  do posible podomorfo atribuíbel a Xesús, - Plantae Pedum -.
Ámbito  arqueolóxico: megalítico, petróglifgos, castros, romanización, etc...
Na ampla zona chairega, e  como proposta, reparamos detidamente nunha extensa paisaxe, sagrada, máxico-relixiosa e monumental, a relación e acción resultante dalgúns elementos, naturais e humanos exercen de maneira recíproca a definición da área, é o que coñecemos como interacción, é decir a modificación no comportamento da paisaxe, cando o individuo activase nela, túmulos, pedrafitas e outras estruturas líticas, etc...é perceptible a localización na paisaxe destes elementos, - naturais e humanos - seguindo unha disposición astronómica, logo pois, dende o L. ao O. - nacente-solpor - neste ámbito dispoñense no medio, onde o espazo máxico-relixioso revitalizase dende a psique e a ideoloxía  da persoa, podendo descifrar o hipotético código:

(Zona: entre os Concellos de Narón e San Sadurniño)

Área nacente, L. consideración de elementos vitais, funcións apotropaicas e fecundantes.

- Fonte da Esperanza, benéfica para o embarazo da muller, propicia o parto sen dor, augas dadoras de benestar na xestación.
- Fonte de Santa Mariña do Monte, auga protectora, dadora de efecto apotropaico.
- Igrexa de Santa  Mariña do Monte, advocación invocable para acadar fertilidade, padroeira das mulleres xestantes.
- Moimentos e túmulos megalíticos, necrópoles, - morte-vida-renovación - Monte dos Nenos, Monte do Seixo.
- Pedrafita marco da Areosa Branca, pedrafita marco de Porto Novo, fecundantes - humana-animal-vexetal -.
- Terras de cultivo, dadoras de colleitas, regos de auga e mananciais.

Área do solpor, O. manifestacións da morte, non vida (contraceptiva) e alén.

- Fonte Moura, auga con propiedades contraceptivas, bebida antes do amencer, dadora da non vida, impiden a xestación no ventre feminino humano.

Como sabemos, as propiedades innatas das augas, como elemento natural:
Son quen de outorgar a vida.
Son quen de negar a vida.


Muller xestante.
Rito, crenza indíxena ancestral.
-consideración primixenia-.
Augas da fonte da Esperanza,
asociadas ás propiedades do
poder fertilizante, onde  as
mulleres ao beber   a  auga
posiblemente acadaran no seu
organismo, certa sensación
benéfica no proceso xestante
dunha nova vida.
Velaí unha sucesión
ininterrompida, dende fai
milenios ata hoxe, vinculada ó
poder fertilizante das augas, nun
contexto megalítico, onde  as
pedrafitas chantadas, son  quen
de asimilar o concepto integrador,
espacial, natural e máxico-relixioso
da paisaxe, estruturada e definida.
Fonte imaxe: blogs.20minutos.es/

Virxe da Esperanza, Virxe encinta
ou Virxe da O.
Cristianización.
É unha advocación Mariana asociada
ao advento ou espera da natividade de
Xesús, tamén coa virtude teologal da
esperanza.
A Virxe da Esperanza é por excelencia
a patroa das mulleres preñadas.
O dito é ben coñecido:
"Estado de boa esperanza"
-embarazada-.
Ao carón da fonte erixiron a Capela da
Esperanza, coa chegada da nova
relixión cristián, seguindo o culto
e crenza, o mesmo que en tempos
ancestrais, ofrecendo protección e
fertilidade ás mulleres xestantes.
Fonte imaxe: www.amigoscatólicos.org



A confirmación na paisaxe sagrada e relixiosa, a interacción, e disposición astronómica: O alén, o psicopompo no Cabo Prior, seguindo a orizontal   L.  O.   dende a área do Monte dos Nenos.

- Clave, a toponimia -

Sen profundar moito, e dende a área en estudo, e como proposta, cara ao mar, esto é  L. O. en dirección ao solpor - Océano Atlántico - certos topónimos destacan na paisaxe, preto do remate, aló onde a disposición astronómica,  o traslado  do sol defínese tallante, chega o intre do adeus ás almas, despois de soterrar os corpos nos moimentos e nos Montiños da Moura, Monte do Seixo, onde as eiras e os Campos dos Nenos, aló as mulleres presentan solicitude xestante, probablemente no refrego da puída faciana  do espírito pétreo das pedrafitas revitalizadoras, refundese o ciclo, vida-morte-renovación, ei pois, o cabalo chega ao mar.
Topónimos relacionados co remate da vida e fertilidade, na liña horizontal: Nenos-----Prior.

Santo André, lugar da freguesía  O Sequeiro, Santa María, Concello de Valdoviño, Santo André, o mesmo que en Teixido, abogoso contra a esterilidade e contra a morte de súpeto.

Capela de Santa Margarida, na freguesía do Val, Santa María, Concello de Narón, Santa Margarida, cos mesmos atributos invocables que Santa Mariña, para ser fértil, padroeira das mulleres xestantes, mulleres parturientes, etc...Xa no Cabo Prior, atopamos nomes que reflicten  o remate drástico da terra, da vida, puntas de terra e illotes chamados A BESTA, PRAIA DO CABALIÑO, OS CABALOS E CABALO CHICO, estes topónimos concentrados na zona extrema e remate do Cabo Prior, e outros periféricos como OS MOUROS e  VACA MORTA, manifestan e vinculan  a condución das almas dos finados  ó alén, o Fear á Bhàta Céltigo Atlántco, o barqueiro que leva ós espíritos, o cabalo coa súa forza e fertilidade, tamén axuda ás almas  a acadar a renovación, deste xeito comprobamos o ciclo completo dentro mesmo da área de estudo:
Vida -pedrafita-
Morte -necrópole-
Renovación -viaxe ó alén, Cabo Prior, topónimos relacionados  co cabalo, e axuda á renovación, nova alma presta á vida-

Podemos entender a esencia destes topónimos (Seres característicos psicopompos e posuidores de fertilidade e renovación simbólica), cabalo, boi, vaca, besta, mouros, como elementos referenciais máis ancestrais do noso pobo?

Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Porto Novo, Lobeira, Cancela, A Vacariza, A Rocha, Capela das Neves, Pousada, Pena Moura, Monte da Pena, O Outeiro, O Carballo, Cruce de Santa Mariña, Finca de Santa Mariña, Malde, Malde de Abaixo, A Espiñuda, A Vella Morta, A Gándara, Coto de Donelle, Monte do Coval, A Pena, A Pereira, etc...

Freguesía: Sedes, Santo Estevo.
Concello: Narón.
Ferrolterra.
A Coruña.
Coordenadas: Lat 43º 34´12,06´´ N       Lon 8º 7´7´92´´ O
286  m.s.n.m.
Data publicación: 13.10.16

Imaxe:



Pedrafita marco de Porto Novo.
Fonte imaxe: Ángel Gilberto "Papigil".



PADRÓN
Pedrafita marco do Alto de Pena das Cruces.
Localización:
Lugar: Pena das Cruces, elevada chaira, preto da liña divisoria dos concellos de Teo e Padrón, as correntes fluviais, ao S. o Rego de Tarrío, corre na fondura do val, ao carón de O Pedroso do Norte, ao N. no concello de Teo, non lonxe da aldea Veitureira, ten o nacente un curso de auga, que como o Rego de Tarrío tamén verte no Río Sar.  A pedrafita marco do Alto de Pena das Cruces, localizase nunha área con presenza de varías vías e camiños, o ben,  hoxe abatido, atópase ao pé dunha devasa, quizais antiga senda. Xacementos  arqueolóxicos no ámbito: megalitismo, petróglifos, castros, romanización, etc... Pola súa destacada figura fálica e fusiforme, a nosa proposta interpretativa relacionada co significado e emprego, faise propio entender  ó ben, aplicar parecidas formulas de reemprego que a pedrafita do Agro de Naia ou marco II do Couto Medieval de Lampai, (Tipoloxía pedrafitas de Observación Astronómica), na mesma freguesía de Cruces, Santa María, Padrón, coa diferenza que o marco do Alto de Pena das Cruces presenta un trazo fálico destacábel, e o ben do Agro de Naia, exterioriza  unha fasquía xeral, e elementos asociados ó contexto formal das pedrafitas pertencentes á tipoloxía de Observación  Astronómica, é decir contar coas peculiaridades e características que prevalecen ata agora nesta tipoloxía:

- Carencia  de fisionomía estilizada, esto é resultado ao natural da extración da rocha nai.

- Na zona da croa, no seu curuto ou laterais, destaca unha fenda ou concavidade con forma de ángulo agudo ou trazo cóncavo, é a manipulación, retoque, intervención (axexadoiro) realizada polo home, para determinar o posicionamento do sol, con relación a unha posíbel orientación no horizonte, onde o astro rei determine, con respecto  á pedrafita unha data sinalada.

Xa é coñecido no ámbito da investigación, que este territorio, onde se localizan estas pedrafitas e outros mollóns e fitos,  é un histórico acoutamento e señorío, dende que o Rei Afonso VII fixo doazón ao Cabaleiro Sancho Eanes desta terra coñecida  Couto Medieval de Lampai, diferentes pedrafitas, entendemos adscritas cronoloxicamente  ao período Neolítico, (reempregadas neste Couto como fitos que sinalarian o histórico territorio), así como utros mollóns, rochas con gravuras, un muiño e ata unha prominencia natural do terreo concluen a referencia perimetral do Couto.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Pena das Cruces, Pena da Agrela, Pedra da Mina, A Xandra, Pena de Angueira, Tensas, Agro da Tola, Veitureira, Cruces, Bascuas, Capela de San Bieito, A Agrela, Capela de Santa Ana, As Penises, Figueira Labrada, Monte Areal, Outeiro do Corno, Outeiro Chan, Agro de Naia, O Pedrouso do Norte, etc...
Freguesía: Cruces, Santa María.
Concello: Padrón.
Terra Sar.
A Coruña.
Coordenadas: Lat 42º 47´8,41´´ N       Lon 8º 38´ 1,62´´ O
352 m.s,n.m.

Imaxe:
Pedrafita marco do Alto de Pena das Cruces.
Fonte imaxe: Elixio Vieites.


RIBEIRA
Pedrafita de Cristal, de Bretal ou da Agra.
Localización:
Lugar: Cristal, A Agra, Bretal, extensa chaira con maino desnivel altimétrico descendente S. O., ao rente do Parque Natural complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, na estrada CP-7304, Ribeira-Olveira, qm. 3, primeiro cruzamento á dereita, dirección Bretal, na vivenda particular desa intersección, á man dereita, e, no xardín interior da mesma propiedade atópase o ben, no ano 1990 a uns 100 metros da vivenda, efectuando as obras dun pozo de auga, e, afondando sobre dous ou tres metros, atoparon dúas pedrafitas e un grupo de pedras dispostas, como coiraza tumular?
Lugar de profusa auga, -elemento vital pleno-, o ben foi atopado ao carón do Rego de Valverde, a pedrafita foi trasladada á casa dos propietarios do terreo, e no xardín foi chantada.
Ámbito arqueolóxico: Megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
Nesta localización introdutiva, propoñemos a hipótese relacionada, dentro da tipoloxía de pedrafitas fálicas, á que pertence a pedrafita de Cristal, facendo  referencia  á posíbel función, interpretación e representación dos signos e inscricións que as súas caras amosan, -ver contextualización pedrafitas fálicas-
A feitura representativa da pedrafita, o seu concepto ambiguo.

Na contorna do achado atopamos a presenza de auga de forma profusa e sucesión de camiños, nas inmediacións, paisaxe e cararcterísticas onde a pedrafita tivo o seu emparazamento, non debemos esquecer o elemento vital e simbólico, un dos fundamentos vinculados á vida, a auga, a poucos metros, dirección S. atópase a lagoa de Carregal, Parque Natural complexo dunar, onde verten as correntes de varios ríos, temos logo, un amplo espazo onde o líquido elemento é regulador.
A menos de dous qm. ó  N. atópase a anta de Axeitos ou A Pedra do Mouro.
A pedrafita, na actual cara N. presenta unha área descritiva, e como referimos na contextualización pedrafitas fálicas, é susceptíbel de representar o grupo de coviñas, da parte inferior, máis as seguintes senlleiras, entendendo ás superficies con rebaixes, forma correlativa coa suma de nove elementos, representativos dos nove meses propios da xestación no ventre materno, para a nova vida humana.

Pódese adiviñar na área descritiva, actual cara N. posíbel orixinaria orientación cara L., (nacente, vida-luz) no seu estado orixinario? como supostamente as superficies con rebaixes, poidan ser de factura posterior ás coviñas, pois a súa execución provocou a aniquilación case completa de dúas destas, quizais entender que a forma correlativa dos nove elementos, poida ser froito do reemprego das formas inscritas, para a aplicación simbólica máxico-relixiosa e propiciatoria  dun culto e ritual relacionado coa fecundidade humana, onde o ríxido membro fálico é o expoñente representativo e simbólico.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: A Agra, Cristal, Olveira, Bretal, Casanande, Sirves, O Viso, Reiris, O Barreiro, Lagoas de Carregal e Vixán, Agra de Olveira, Muiño da Correa,  Axeitos, Olveira de Arriba, Fieiteira,  Agra de Bretal, As Barcias, Agra de Sirves, Granxa, Agro dos Fornos, etc...
Freguesía: Olveira, Santa María.
Concello: Ribeira.
Terra  Barbanza.
A Coruña.
Coordenadas: Lat 42º 35´06,40´´ N       Lon 9º 01´58,55´´ O
7 m.s.n.m.
Data publicación: 23.10.16


Imaxe:



    Pedrafita de Cristal, de Bretal ou da Agra.
    Fonte imaxe: autor 1995. 






            Pedrafita de Cristal, Bretal ou da Agra, Ribeira,
            A Coruña.
            Tipoloxía fálica.
            Cara central, actual cara N. 
Posible área descritiva, 
            onde é manifesto un conxunto de símbolos ou signos 
            que poden expresar unha mensaxe ou código, por 
            medio de signos inscritos.(os rexistros actuais, 
            sinalan referencias estacionais climáticas, e numéricas).
            A nosa proposta  cinguise, en función da tipoloxía
            fálica manifesta, área contextual, e a referencia
            númerica rexistrada na área descritiva,  e sobre  os
            seis rebaixes, superficies, onde, dende a
            parte inferior en primeiro lugar atópanse 

            representadas tres coviñas (o círculo, elemento 
            redondo, sagrado por ser a forma máis natural), 
            terceiro posto, unha nova coviña, e, no sexto 
            lugar outra coviña, desta maneira,
            atendemos de forma correlativa contando espazos 

            con presenza de coviñas, (3) e, superficies con 
            rebaixes (6), a suma total dos elementos é nove, 
            os meses de xestación no ventre feminino para 
            acadar nova vida humana, consecuencia e resultado 
            efectivo do culto e rito ao falo, practicado dende 
            tempos ancestrais polas primeiras sociedades 
            asentadas na nosa terra.
            Fonte imaxe: (Desenrolo da pedrafita de Cristal,
            segundo Peña). UN NUEVO MENHIR EN
            CRISTAL, Por Victoria Villoch Vázquez.





       Pedrafita de Cristal, de Bretal ou da Agra.
      Actual cara N. Posíbel cara L. orixinaria?
     Á
rea descritiva, onde é manifesto un conxunto de
     símbolos ou signos q
ue poden expresar unha
     mensaxe ou código, 
por medio de signos inscritos.
     
Fonte imaxe: autor 1995. 


SANTISO
Pedrafita Pedra de A Pontenova.
Localización:
Lugar: A Castiñeira, A Ponte nova, na aba descendente S. con desnivel altimétrico acusado, cara ao empalme do Río Furelos co Ulla, fronte ao viaduto da estrada  AC 840, e, a antiga ponte e estrada, foi atopada a pedra, ó carón dun camiño, hoxe cuberto de formigón que leva cara ó Río e, á estrada antiga. Abatida e soterrada cando as labouras de mellora para o acceso a unha propiedade particular, hoxe erguida nese terreo.
Ámbito arqueolóxico: megalítico, castros, etc...
Chama a nosa atención, entre outros datos e elementos, para o estudo do ben, e a súa función e/ou emprego, a presenza abondosa de topónimos relacionados co ámbito eclesiástico na contorna, a mesma freguesía, a Ponte Arcediago, San Xoán, Capela de arcediago San Xurxo, A Cruz, Santa María, e o mesmo nome do Concello, Santiso. Nomes que dende antigo, como hipótese, poden pór de manifesto unha posíbel fonda cristianización do lugar, máis como sabemos, o efecto evanxelizador, o espírito misioneiro da nova boa, non redundou por igual na antiga Gallaecia, os efectos mellor ancorados á nova fe, pola contra, foron tamén aqueles lugares, aldeas, e pobos que sofriron perdas vinculadas ó patrimonio material e inmaterial, danzas, cantos, lugares sagrados, pedrafitas, antas, aliñamentos, ditos, ritos, crenzas, etc... Posiblemente a área en cuestión, sexa un bo exemplo  desta práctica evanxelizadora da Igrexa, pedrafitas soterradas ao rente dos camiños, non lonxe dalgunha necrópole, ao carón de regos e ríos, abas e chairas, unha terra inzada de fitos, esteos, antas e mámoas, en tempos precristiáns, e, coa chegada do cristianismo son substituídos por capelas, igrexas, cruceiros e camiños sacramentais, logo pois, posiblemente esta é a resposta ós bens, que fai pouco tempo veñen ollando a luz, un renacemento fora de contexto, máis é posíble que isto mesmo que agora nós ollamos, fai séculos, foi quen de representar o nume sagrado de milenios, ancestrais crenzas e ritos.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: A Castiñeira, Ladride, A Ponte Nova, Dornas, O Fondón, Agro de Barazón, Choren, Muiño de Naseiro, Raxacendes, Talín, Parafita, Castro, Chaín, Agra de Rairiz, Santaia, Agro do Chao, A Cruz, Seoane, Capela de Arcediago San Xurxo, Monte de Quinzán, Santa María, Medos, San Paio, Barazón Grande, Negraiño, Monte de Trébolo, Pena do Raposo, Capelos, Monteagudo, Trebolo, Zarra Nova, O Vilar, etc...
Freguesía: Ponte Arcediago, San Xoán da.
Concello: Santiso.
Terra  Melide.
A Coruña
Coordenadas: Lat 42º 50´53,43´´ N       Lon 8º 1´26,73´´ O
329 m.s.n.m.
Data publicación: 01.11.16

Imaxe:




Pedrafita Pedra de A Pontenova. Ponte Arcediago, 
San Xoán da.
Fonte imaxe: autor 2016.


Pedrafita Pedra de A Pontenova, Ponte Arcediago, San Xoán da.
Fonte imaxe: Cristina Vázquez e Xurxo Broz.









Pedrafita Pedra de A  Pontenova. Ponte Arcediago, San Xoán da.
Fonte imaxe: autor 2016.


VILARMAIOR
Pedrafita marco da Cartelida.
Localización:
Lugar: Monte da Cartelida, preto da Casa do mesmo nome, ao carón do antigo Camiño Real, (Camiño dos Franceses), dende Pontedeume a Monfero e As Pontes, situada nunha valgada ó preto dun rego, na depresión xeolóxica con pendente  que percorre dende o S.O. ó S.L.  o monte da Cartelida.
Ámbito arqueolóxico: megalitismo, petróglifos, castros, romanización, etc...
Aínda sendo unha pedrafita de dimensións reducidas, por outra banda acada grande interese o seu rexistro antropolóxico, o mesmo que outros elementos que nestes anos atrás foron estudados na parte N. da provincia Coruñesa. O ben ten documentado un emprego máxico-relixioso para a curación do meigallo e males provocados polo mal do ollo e a envexa, como elemento sagrado, conta no seu ritual co proceso propiciatorio para sandar: hora nocturna 00,00 h., circunvalación á pedrafita, sete voltas, ofrenda de moeda, camiño diferente de chegada e saída, manter silencio nos percorridos, non falar con ninguén. O emprego simbólico e máxico-relixioso, xurde dende o concepto fálico da pedrafita, o falo é apotropaico, emite fecundidade, é  protector, aporta fertilidade, é sandador e tamén é benéfico.
Nas proximidades localízase a necrópole megalitica de A Anta, monte do Francés, entre A Cartelida e Gulpilleira, con trece túmulos, tamén existen dúas mámoas na Cartelida.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: A Cartelida, A Gulpilleira, Monte do Francés, A Anta, Fonte da Cartelida, Fonte do Illó, Portocovo, Catasol, A Castiñeira Vella, A Torre, Os Campos, A Prada, A Prada Grande, A Prada Pequena, A Cabana, O Rego, O Coto, O Castro, A Pardiñeira, A Ponte de Turreiro, etc...
Atópase Situada na concorrencia das freguesías:
-Queixeiro, San Xurxo.
-Taboada, Santa Mariña. (Esta Freguesía, estrema entre os Concellos:
Monfero. (Freguesía: Vilachá, Santa María).
Vilarmaior.
Pontedeume.
e
Freguesía: Grandal, San Pedro. (Concello: Vilarmaior).
Concello: Vilarmaior.
Terra  Eume.
A Coruña.
Coordenadas: Lat 43º 22´58,7´´ N       Lon 8º 5´35,5´´ O
390 m.s.n.m.
Data publicación: 05.11.16

Imaxe:


Pedrafita marco da Cartelida.
Fonte imaxe: Ángel Gilberto "Papigil".



Pedrafita marco do Seixo ou de Torres.
Localización:
Lugar: Marco do Seixo, pequena chaira con leve pendente, a pouca distancia, varias correntes fluviais, Rego do Vilariño e Regato do marco do rego, localizado o ben nun cruzamento de catro vías, entre elas o antigo camiño real e, o tránsito frecuente cara á feira do tres en Vilarmaior. É marco de termo entre os concellos e freguesías seguintes:
Vilarmaior e Monfero.
Concorrente en tres Freguesías:
Torres, San Xurxo. (Concello: Vilarmaior).
Vilachá, Santa María e Monfero, Santa Xiá. (Concello: Monfero).
Preto da pedrafita fálica marco do seixo, atópase unha necrópole megalítica composta dunhas catro mámoas.
Ámbito arqueolóxico: megalitismo, petróglifos, castros, romanización, etc...
Estamos diante dun elemento farto representativo, nos seus trazos fálicos, emprego de demarque, efecto apotropaico, intención sandadora humano-animal, función benéfica,  fecundante, fertilizante e protectora, así como posuidora  dun cerimonial completo contra o meigallo ou "calquera mal", ademais, é probable o seu emprego como fito sinalizador da necrópole adxacente.
Sobre a súa funcionalidade como pedrafita sandadora para as enfermidades humano-animal, non deixa de retrotraernos ás primeiras prácticas curativas dos irmáns, médicos e santos, Cosme e Damián, (ver pedrafita pedra de o casal, nesta mesma tipoloxía) onde, dende a antigüidade,  e segundo a súa haxiografía, estes irmáns por medio da súa entrega humana ó enfermo, son os sustitutos dos grandes sandadores dos cultos precristiás. Temos pois que a pedrafita marco do seixo é relevante na cuestión, pois "ela", como pedra viva, cumpre ademais de outros e varios empregos, tamén a determinación de sandar aos seres vivos de sangue, humano-animal.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Marco do Seixo, A Chaira, Fonte do Curro, Pedra Alba, Torres, Monte Grande, O Regueiro, As Lobeiras, As Pataqueiras, A Parrocha, Fonte das Brañas, Monte da Costa, O Mourás, O Seixo, Monte do Seixo, As Brañas, Goente, A Lagoa, Monte Aberto, Muiño do Galego, A Tareixa, O Aveal, Fraemelle, Carivio, etc...
Freguesía: Torres, San Xurxo.
Concello: Vilarmaior.
Terra  Betanzos.
A Coruña.
Coordenadas: Lat 43º 20´51,3´´N        Lon 8º 5´28´´ O
351 m.s.n.m.
Data publicación: 12.11.16

Imaxe:


Pedrafita marco do Seixo ou de Torres.
Fonte imaxe: Moncho Boga.


LUGO
Proposta de Catalogación
Listaxe
CONCELLOS DE LUGO.


FRIOL
Pedrafita de Ferrerías.
(posíbel fálica).
Localización:
Lugar: As Ferrerías, ampla chaira, camiño real ó rente do ben, na área próxima, o Rego do Seixo e Rego do Porto.
Ámbito arqueolóxico: Megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
As primeiras referencias sobre o elemento, sinalan foi achado soterrado nun prado, o mesmo amo decidiu chantar a pedra,-seis metros aprox.-,  engade, que outra pedra semellante apareceu, algo máis pequena, chantada despois, non lonxe entre a vexetación.
Preto do lugar hai un campo de mámoas, as nosas preguntas:
- A pedrafita presenta croa recta, posiblemente decapitada?
- Pode ser a segunda pedrafita e máis pequena, o anaco cortado da croa, da pedrafita en cuestión?
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: As Ferrerías, O Vento, O Chousón, A Zarra, As Penelas, O Rodeiro, O Cangallón, O Porto Novo, O Mesón da Xanzona, Agro do Carballo, Agro do Castro, Castro, A Penalonga, Agro das Teixeiras, A Requeixada, Agro da Seara, A Costa, Os Alargos, MOnte da Malladoira, Castrodá, O Porto da Fonte, etc...
Freguesía: Vilalvite, San Pedro.
Concello: Friol.
Terra Lugo.
Lugo.
Coordenadas: Lat 43º 2´8,88´´ N       Lon 7º 42´28,07´´ O
466 m.s.n.m.
Data publicación: 03.12.16

Imaxe:



Pedrafita de Ferrerías.
Fonte imaxe: Xabier Moure.



Pedrafita de Ferrerías.
Fonte imaxe Xabier Moure.


LUGO
Pedrafita da capela de San Bartolomeu do Burgo.
(posíbel fálica).
Localización:
Lugar: Capela do Carme, localizada deitada e inserida na base do valado posterior da capela, século XVIII, nunha pequena chaira, a capela erguese sobre un montiño e, na base do mesmo xurde un manancial de auga, o camiño primitivo Xacobeo ten o seu paso nas proximidades.
Ámbito arqueolóxico: Megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
Atopamos moita semellanza contextual entre a pedrafita que nos ocupa, e a pedrafita marco da capela de San Marcos, Fene, reproducimos o apartado localización de ésta última, para dar a coñecer o modelo e patrón común ó noso entender, manifesto nos dous elementos, tomando nos dous casos como sagrada á pedrafita, para ser inserta na base da construción, capela cristián, confluíndo no sincretismo relixioso propio do noso pobo.

A pedrafita marco da capela de San Marcos, situase na parte posterior da capela, na base do valado exterior ben visible, na zona da sancristía. A capela de San marcos foi construída no século XIX, xusto no lugar onde chantada, a pedrafita dende antigo, as referencias sinalan  que neste lugar, dito marco sinalou varios coutos xurisdicionais, posteriormente cumpriu función de lindes das freguesías e concellos seguintes:
Freguesía: Regoela, San Vicente (Concello  Cabanas), Terra Eume.
Freguesía: Sillobre, Santa Maríña (Concello  Fene), Ferrolterra.
Desta maneira a capela foi coñecida co nome "A Capela do marco", testemuñas confirman que no ano 1942 ao facer o engadido da sanscristía, a pedrafita resultou afectada de cheo, abatida a mesma, ergueron a parede por riba dela, deixando á descuberta unha faciana *imaxe.
Ao redor da capela celebrouse dende o século XIX unha feira o día da festividade do Santo, o gando era o protagonista, ovellas, cabras, cabalos, porcos, vacas, etc... a intención desta cita era preservalos de enfermidades, e presentar  solicitude ó Santo descendencia fecunda animal, (non debemos esquecer que San Marcos é padroeiro xeral dos gandeiros e rabaños), nesta feira o día do Santo,  para acadar os propósitos demandados é preciso cumrpir un ritual, unha parte do mesmo leva por nome a circunvalación, ao redor da capela sete voltas, é a consideración ao sagrado, onde se atopa San Marcos, práctica devocional  para acadar protección aos animais e demais propósitos  benfeitores, despois bebese  auga da fonte do santo, non lonxe cruzando o Rego Belelle.
No concello de Lugo, na freguesía  de O Burgo, San Vicente, atópase  tamén, capela de San Bartolomeu do Burgo, coñecida Capela do Carme, algunhas das características deste lugar chaman a nosa atención, prácticas e crenzas semellantes á nosa pedrafita  marco da capela de San Marcos, na parte igualmente posterior desta capela do século XVIII, na base do valado exterior, ben visible, atopamos unha pedrafita, só que as proporcións son maiores, o ritual da circunvalación é o mesmo, ao redor da capela tamén sete voltas, considerando ó lugar sagrado, lugar de romaxe, tamén o elemento auga segue a liña e a semellanza contextual, presenza de fonte sacra e regueiro, prácticas ancestrais, coñecen eiqui a cristianización, esto é, obliterar o culto e a crenza.

Novo proceso para obliterar as formas ancestrais, crenzas e ritos.
Sen dúbida, a Deusa Nai, o elemento primordial da vida, protección sacralizada para os cultos e crenzas das primeiras sociedades, maniféstase na presenza da pedrafita, (capela de San Marcos e capela de San Bartolomeu). É obvio que estes lugares, como moitos outros do país, foron sometidos ós trocos para acadar  as novas formas de culto, ritual e patrón. A pedrafita asume  o primordial  e capital status  sagrado, a devoción, culto, respecto, ritual, crenza, fe e espírito personificado en pedra que xera vida. Compróbase facilmente a confluencia de elementos, coexistindo na mesma dinámica (crenza e ritual) precristiáns e cristiáns. 
Son varios os puntos nos que debemos reparar  diante da análise constitutiva da bifurcación de crenzas, máis a consideración do elemento clave, a pedrafita, enténdese sobre o prisma do lugar consagrado, onde o nume, a divinidade, toma a supremacía para un ámbito coordinado sobre un ancestral e milenario sistema de estruturas uniformes parellas coa natureza, ciclos e procesos, estou a referirme ó interese  transcendente, moitas veces incomprendido ou ignorado: A realidade "vital" da pedrafita. A pedrafita subsiste nestes templos cristiáns -tamén noutros-  xustamente na base, no alicerce da construcción, do valado, é considerada e respectábel, é pedra, é firmeza, é dureza, é perennidade, non só iso, atópase preñada da forza e poder sagrado e ancestral coñecido e transmitido no apego espiritual de centos de xeracións como principio, fundamento e esperanza, onde atopan o directo e esencial camiño que amaña moitos dos atrancos conceptuais da existencia. É por iso  que a pedrafita, elemento sagrado ancestral, sobrevive e perpetúase tamén como "base"  ideolóxica, "base" divina e alicerce sagrado-relixioso, onde ao ser considerada de utilidade pola inmensa carga de crenza, recibe da nova relixión o trato oblitero fundamental para o seguimento e práctica nas confluídas crenzas, sincretismo ata os nosos días.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Capela do Carme, San Vicente, Carrigueiros, A Pena do Couso, As Searas, O Burgo, O Canedo de Arriba, Castro, Monte Caranto, Golmar, Monte do Carme, Formilleiro, A Uceira, Castro de Prógalo, etc...
Freguesía: O Burgo, San Vicente.
Concello: Lugo.
Terra Lugo.
Lugo.
Coordenadas: Lat 42º 58´18,90´´ N       Lon 7º 38´40,43´´ O
510 m.s.n.m.
Data publicación: 04.12.16

Imaxe:


Pedrafita da capela de San Bartolomeu do Burgo, capela do Carme.
Fonte imaxe: PANIBERICANA-7.


OUTEIRO DE REI
Pedrafita de Pascuais.
Localización:
Lugar: Pascuais, chaira con leve pendente S. L., sucesión de camiños por toda a redonda, Monte de Pascuais, a pedrafita foi trasladada dende un lugar, do propio terreo ao carón dun manancial, ata este sitio axardinado, a contorna é prolífera en construcións tumulares, destaca non lonxe,  en Acevedo unha mámoa con declaración BIC.
Ámbito arqueolóxico: Paleolítico, megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Pascuais, Monte de Pascuais, As Rozas da Cal, Acevedo, As Corredoiras, Monte da Canteira, Monte de San Paio, A Cal da Lameira, Pico das Mallas, Os Carrís, Anseán, Trala Seara, A Roza das Presas, Province, Barcelos, O Portelo, Pena do Gaiteiro, Susbarreiros, Aspai, A Poza da Caseira, Penas do Castro, Cobreiro, Martul, etc...
Freguesía: Parada, San Xoán.
Concello: Outeiro de Rei.
Terra Lugo.
Lugo.
Coordenadas: Lat 43º 4´34,60´´ N       Lon 7º 39´18,33´´ O
468 m.s.n.m.
Data publicación: 06.12.16

Imaxe:



Pedrafita de Pascuais.
Fonte imaxe: Xabier Moure.


Pedrafita de Pascuais.
Fonte imaxe: Xabier Moure.



SOBER
Pedrafita o marco da Gándara.
Localización:
Lugar: A Gándara, ampla chaira, chantada a pedrafita a carón dun vello camiño, actuou como marco de termo entre as freguesías: Neiras, San Salvador, e Refoxo, Santo Estevo, concello de Sober, o Río Neiras discorre non lonxe en dirección N. S. preto do lugar de O Roxo, presenta trazos característicos e salientables propios das pedrafitas de tipoloxía fálica.
Ámbito arqueolóxico: Paleolítico, megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: A Gándara, As Marañas, Lameiros da Ribeira, As Gandariñas de Abaixo,, O Roxo, O Mollón, A Vacariza, Fondo da Gándara, As Barreiras,  O Portiño, O Castelo, Vilariño, A Veiga, etc...
Freguesía: Neiras, San Salvador.
Concello: Sober.
Terra Lemos.
Lugo.
Coordenadas: Lat. 42º 29´1.95 N       Lon. 7º 33´17.02 O
287 m.s.n.m.
Data publicación: 15.06.17


Imaxe:



Pedrafita o marco da Gándara, cruciforme.
Fonte imaxe: Xabier Moure. 

Pedrafita o marco da Gándara, marco de termo na chaira.
Fonte imaxe: Xabier Moure.

Pedrafita o marco da Gándara, característica fasquía fálica.
Fonte imaxe: Xabier Moure.


Pedrafita de Pena Longa, marco de A Pedra Longa, ou de Canaval.
Localización:
Lugar: Atópase depositado nas dependencias (patio-xardín), do Museo Provincial de Lugo, considerando, para o seu estudo, exhibición e custodia.
Freguesía de orixe: Canaval, San Pedro.
Concello: Sober.
Terra  Lemos.
Lugo.

Imaxe:


Pedrafita de Pena Longa, marco A Pedra Longa ou de Canaval.
Fonte imaxe: Miguel Losada.


Pedrafita de Pena Longa, marco A Pedra Longa ou de Canaval.
Fonte imaxe: La Voz de Galicia.



VALADOURO, O
Pedrafita do Lombo da Camposa.
Localización:
Lugar: Lombo da Camposa, chantada na aba descendente do Penido Novo, dirección L. limitando coa Veiga Mol, zona de mananciais, a pouca distancia do petróglifo do refuxio das Parañoas.
Esta pedrafita presenta características semellantes ás outras dúas fálicas-fecundantes como son, Pedra do Santo en Sanxenxo, e Cabeza de San Pedro en Moraña, ambas na provincia de Pontevedra:
- Redondez na croa.
- Zona de refrego vaxinal.
- Caras N. e S. con verticalidade cóncava, recta ou convexa.
- Altura cercana a 1 m.
- Gravuras, coviñas cruciformes, ferraduras, antropomorfos, etc...
Son algunhas das semellanzas  propias que definen esta tipoloxía, como pedrafita fálica-fecundante modalidade cabalar, ver contextualización pedrafitas fálicas.
Ámbito arqueolóxico: Megalítico, petróglifos, castros, etc..
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Lombo da Camposa, Veiga Mol, Padorno, As Parañoas, Penido Novo, O Curvel, A Santana, Recaré, Santo Tomé.
Freguesía: Recaré, Santo Tomé.
Concello: O Valadouro.
Terra Mariña Central.
Lugo.
Coordenadas: Lat. 43º 32´28.69´´ N       Lon. 7º 30´0.36´´ O
608 m.s.n.m.
Data publicación: 29.06.17


Imaxe:



Pedrafita do Lombo da Camposa, cara O.
Fonte imaxe: autor 2017.

Pedrafita do Lombo da camposa, cara L.
Fonte imaxe: autor 2017.

Pedrafita fálica-fecundade modalidade cabalar do Lombo da Camposa.
Cara S.
Fonte imaxe: autor 2017.

Pedrafita do Lombo da Camposa, Recaré, Stº Tomé,  O Valadouro.
Cara N.
Fonte imaxe: autor 2017.



VILALBA
Pedrafita A Pedra Chantada ou do Carrizo.
Localización:
Lugar: O Carrizo, A Ribeira, pedrafita erguida na área megalítica de Pedra Chantada, ao carón dun vello camiño, chaira, dita área está formada por máis de vinte construcións tumulares, abondan as correntes fluviais na área e contorna: Rego San Martiño, Rego da Moura, Rego da Penaguda, Rego de Casal, Rego de Bordelle, Río de Trimaz, Rego da Ribeira, Rego de Santa Baia, etc... A pedrafita complementa a súa función e simbolismo, na estrutura tumular, non só como fito sinalizador, no ámbito do posíbel ritual-cerimonial, e, dentro da noción ambigua da súa feitura, (ver contextualización pedrafitas fálicas, A feitura representativa da pedrafita, o seu concepto ambiguo), a súa expresión fálica-antropomorfa amosa a disposición funcional primordial-central, contextualizando-interactuando cos demais elementos (auga, chaira e camiño) e, a orientación xeográfica, é decir, representaría dentro da área megalítica o núcleo central e espacial, o elemento prominente.
Ámbito arqueolóxico: Paleolítico, megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
As coviñas na superficie da pedrafita presentan orixe erosiva, semellantes atopadas na pedrafita do Cepo, Seixalbo, Ourense, (posíbel observación astronómica), reemprego posíbel funcional, máxico-relixioso, coviñas de orixe natural inseridas na pedra, que cumprirían a mesma función simbólica que a coviña realizada polo home.
Na zona concorren as freguesías e os concellos que seguen, zona divisoria dos termos municipais de Xermade e Vilalba:
Freguesía Candamil, San Miguel, Concello Xermade.
Freguesías Codesido, San Martiño, e Santaballa, San Pedro, Concello Vilalba.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: O Carrizo, A Ribeira, Volta do Barreiro, Campo de Refingoi, Penachantada, O Cruce, Pena Furada, Insua, A Pena Parda, Ramallal, A Vesura, Trufas, A Moura, Piñeiro, O Casal, Millares, O Outeiro, Ferreira de Suso, A Charca, Casela, O Barreiro, Feiranova, O Castro, etc...
Freguesía: Santaballa, San Pedro.
Concello: Vilalba.
Terra Cha.
Lugo.
Coordenadas: Lat 43º 20´26,71´´ N       Lon 7º 44´59,67´´ O
433  m.s.n.m.
Data publicación: 27.11.16

Imaxe:




Pedrafita A Pedra Chantada ou do Carrizo.
Fonte imaxe: autor 1995.
Pedrafita A Pedra Chantada ou do Carrizo.
Fonte imaxe: autor 1995.


  Pedrafita A Pedra Chantada ou do Carrizo.
  Fonte imaxe: autor 1995.




VIVEIRO
Pedrafita de Catarou, Pereira Parda ou Pedra Parda.
Localización:
Lugar: Sobrevila, Catarou, zona de pendente maina, o elemento de cuarcita, atópase ao carón da pista, Sobrevila a Catarou de Arriba, non lonxe o Rego do Cristo da Paleira.
Ámbito arqueolóxico: Megalítico, castros, romanización, etc..
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Catarou, Catarou de Arriba, Sobrevila, Casanova, Tras da Feira, A Peteira, O Pé da Ruba, Feira de Galdo, Vilar, O Pontigo, Ermida de Feira, Castelo, A Amarelá, O Cotelo, O Rego de Castro, Catarou de Abaixo, Ximarreira, Fonte da Copetiña, Fornela, A Corredoira, A Abelleira.
Freguesía: Galdo, Santa María.
Concello: Viveiro.
Mariña Occidental.
Lugo.
Coordenadas: Lat 43º 37´32,92´´N       Lon 7º 38´07,98´´O
56 m.s.n.m.
Data publicación: 27.11.16


Imaxe:



Pedrafita de Catarou, Pereira Parda ou Pedra Parda.
Fonte imaxe: Jaime Senín.




OURENSE
Proposta de Catalogación
Listaxe
CONCELLOS DE OURENSE.


AVIÓN
Pedrafita A Touza.
Localización:
Lugar: A Portela do Pau, ao carón da pista que leva ós muiños do parque eólico da zona, preto do cruzamento entre a Capela da Xestosa e a Portela do Pau. Nas inmediacións atópase o nacente dalgúns regueiros, Serra do Faro de Avión. Monólito partido en varios anacos, cumpre aínda, a función de marco concorrente entre as provincias, concellos e freguesías seguintes: Ourense, concello: Avión, freguesía:  Nieva, Santa María. Ourense, concello: Melón, freguesía: Quíns, Santa María. Ourense, concello: Carballeda de Avia, freguesía: Vilar de Condes, Santa María. Pontevedra, concello: Covelo, freguesía: Prado, San Salvador.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: A Portela do Pau, Capela da Xestosa, Chan do  Carballo, Fonte Tea, Lagoa, O Toxaliño, Outeiro da Burata,  Cavada de Fora, Fonte Ronda, A Fraga, A Portela, etc...
Freguesía: Nieva, Santa María.
Concello: Avión.
Terra O Ribeiro.
Ourense.
Coordenadas: Lat 42º 18´53,93´´ N       Lon 8º 15´43,00´´ O
1.048 m.s.n.m.

Imaxe:


Pedrafita A Touza.
O Monólito crebado en anacos, ao carón de Lionisia e Manuel, guías e informantes locais.
Fonte imaxe: autor 1999.
Pedrafita A Touza.
Simulación reconstrutiva (hipótese).
Altura aproximada, 1.80 m.
Fonte imaxe: autor 1999.


BANDE
Pedrafita marco das Catro Cruces.
Localización:
Lugar: As Catro Cruces, entre os sitios de A Poula e a Mota,  preto do Alto do Outeiro das Augas, a rente da pista que nace neste alto, estrada OU-411, e, vai ata O Brincadoiro. Na contorna, temos o nacedoiro duns cantos regueiros, atópase este monólito nunha das áreas de maior concentración megalítica (Mámoas) de Europa, como é a Serra do Leboreiro, A función deste elemento é de fito administrativo territorial, linde entre os concellos e freguesías seguintes: Concello: Bande, freguesías: Calvos, Santiago e Corvelle, Santa María. Concello: Verea, freguesías: Bangueses, San Miguel e Cexo, Santo Adrao.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: As Catro Cruces, A Poula, A Mota, Alto do Outeiro de Augas, Fonte do Bido, Outeiro de Augas, Busto Cerdeira, O Couso, Os Pitos, As Laxas, O Frielo, As Cruces, Coto do Cambo, A Arrotea, Pedra da Arca, Freilo, Porto Rodebois, Porto Ponticela, A Serra, O Foxo, Os Cochos, etc...
Freguesía: Corvelle, Santa María.
Concello: Bande.
Terra A Baixa Limia.
Ourense.
Coordenadas: Lat 42º 04´27,84´´ N       Lon 8º 02´09,37´´ O
1.053 m.s.n.m.

Imaxe:


Pedrafita marco das Catro Cruces.
Fonte imaxe: Xabier Moure.



Pedrafita de Porto Quintela ou Ídolo de Nigueiroá.
Localización:
Lugar: Áchase exposta no Centro de Interpretación Aquae Querquennae-Vía Nova, Porto Quintela, Bande, Ourense, para prover o seu estudo, exhibición e custodia, atopada no leito do Río Limia, xunto do vello muiño, lugar de Nigueiroá.
Freguesía de orixe: Nigueiroá, Santiago.
Concello: Bande.
Terra Baixa Limia.
Ourense.

Imaxe:
Pedrafita de Porto Quintela ou Ídolo de Nigueiroá.
Fonte imaxe: Moncho Boga.








Pedrafita do Alto do Vieiro.
Localización:
Lugar: Alto do Vieiro, ó rente da estrada OU-540 qm 36, marco de termo, nas proximidades atópase o linde entre os concellos de Bande e Verea, zona chaira, campos tumulares no contorno, fonte de auga potable e nacente do Rego do Vieiro na área, zona de tránsito natural, camiños antergos.
Ámbito arqueolóxico: Paleolítico, megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Alto do Vieiro, Vieiro, Penedos da Vela, Penedo do Xesto, Os Penediños, Penedo da Tella, Coto da Fonte Santa, Penedo Grande do Home, Monte Grande, Muiños do Campo, Penedo da Picota, Penedo da Silva, Alto do Arnedo, Monte de Calvos, Os Bañadoiros, As Carrochas, A Coutada, O Foxo, Outeiro de San Mamede, Ermida de San Mamede, Ermida de Santa Baia, Portela, Monte Agudo, Vilariño, etc...
Freguesía: Calvos, Santiago.
Concello: Bande.
Terra Baixa Limia.
Ourense.
Coordenadas: Lat 42º 3´55´´ N       Lon 7º 57´58´´ O
856 m.s.n.m.
Data publicación: 10.12.16

Imaxe:
Pedrafita do Alto do Vieiro, Bande.
Fonte imaxe: autor 2016.


Pedrafita do Alto do Vieiro, Bande.
Fonte imaxe: autor 2016.


CARBALLEDA DE AVIA
Pedrafita O Touzo.
Localización:
Lugar: (Pendente de localización exacta), pouco despois do sitio A Portela do Pau, nunha leve aba, de cara a aldea As Laceiras. Na contorna próxima ten o nacente o Río Outeiro. Serra do Faro de Avión.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: A Portela, A Portela do Pau, Costa do Cabalo, Penas do Muro Novo, Os Escaveiros, Coto da Mama, A Chan do Candal, Fonte dos Machados, Campo Longo, O Curro, A Neveira, Porto do Muiño, Coto da Pía, O Castelo do Faro, etc..
Freguesía: Vilar de Condes, Santa María.
Concello: Carballeda de Avia.
Terra O Ribeiro.
Ourense.
Coordenadas: (Aproximadas) Lat 42º 18´56,04´´N       Lon 8º 15´14,52´´O
991 m.s.n.m.

Imaxe:


Pedrafita O Touzo.
Fonte imaxe: Cholo Fernández.



CENLLE
Pedrafita marco da Eira dos Mouros.
Localización:
Lugar: Pendente de  localización exacta, localización do topónimo Eira dos Mouros.
A cartografía da zona, amosa a Eira dos Mouros como unha ampla chaira, con antigo camiño hoxe estrada, mesmo ten o seu paso a liña de termo entre os concellos de Cenlle e Ribadavia.
Os trazos e gravuras, (espirais, coviñas, croa redonda), posiblemente adscritas a cronoloxía prehistórica, Neolítico? Onde as pedrafitas entre outras funcións,  ficaban ao carón de áreas tumulares, ou/e representando o falo fecundante e a fertilidade, na Eira dos Mouros, pedrafita reutilizada no medievo, emprego moi corrente, "PETRA SCRIPTA" doazón ao mosteiro compostelán de Antealtares, século X, como sinala Clodio González Pérez.
Ámbito arqueolóxico: Megalítico, castros, romanización, etc...
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Eira dos Mouros, Toutizo, Alto de Santa Bárbara, Casa da Eiroa, Casas da Castañeira, A Voutureira, Belvís, Alto cas Castañeira, A Carrileira, A Praza, Esposende, Os Falcós, Sadurnín, etc...
Freguesía: Sadurnín, San Xoán.
Concello: Cenlle.
Terra Ribeiro.
Ourense.
Coordenadas: (Topónimo Eira dos Mouros) Lat 42º 19´26.54´´ N       Lon 8º 5´44.91´´ O
312 m.s.n.m.
Data publicación: 03.09.17


Imaxe:


Pedrafita marco da Eira dos Mouros, Cenlle, monólito de xisto.
Fonte imaxe: Clodio González Pérez.

Pedrafita marco da Eira dos Mouros, Cenlle, espirais e coviñas.
Fonte imaxe: Clodio González Pérez.


ESGOS
Pedrafita O marco Novo.
Localización:
Lugar: Pardeconde de Esgos, O Eirado, chaira con maina pendente, á beira da antiga verea que vai dende Ourense, o castro de Litoria e Astorga, na contorna xurden algúns regos como, o regueiro do Porto, e o nacente da fonte do Rato, pedrafita reempregada como fito concorrente dos seguintes concellos e freguesías: Concello  Esgos, freguesía: Os Pensos, San Pedro. Concello Nogueira de Ramuín, freguesía: Cerreda, Santiago. Concello Xunqueira de Espadañedo, freguesía: Os Pensos, San Pedro.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: As Penas de Millán, Chao de Ramiscas, As Cuartas, Outeiro das Aigues, A Virxe do Monte, Alto do Coio, O Eirado, Costeiras, Sete Camiños, Campelo, Caselas, A Peteira, etc...
Freguesía: Os Pensos, San Pedro.
Concello. Esgos.
Terra Ourense.
Ourense.
Coordenadas: Lat 42º 21´48,92´´N       Lon 7º 38´ 44,13´´O
1.126 m.s.n.m.

Imaxe:
Pedrafita O Marco Novo.
Fonte imaxe: Antonio Gavilanes.


IRIXO, O.
Pedrafita de Brañas de Lagorzos.
Localización:
Lugar: Brañas de Lagorzos, preto da aldea de Lagorzos, chantada na beiravía da estrada EP-6102, O Irixo a Dozón, (Ourense-Pontevedra). Chaira, zona de braña e lagoeiro, ficamos diante dun fermoso topónimo redundante, ao carón transcorre antigo camiño real, nas inmediacións atópanse sete mámoas de Segade. A pedrafita sinala a concorrencia dos termos provinciais, de concellos e freguesías que seguen: Ourense, concello: O Irixo, freguesía: Cusanca, San Cosmede. Pontevedra, concello: Dozón, freguesía: O castro, San Salvador.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Brañas de Lagorzos, Lagorzos, Campos das Leiras, Mámoa de Segade, Agro do Marco, Coto de Lagorzos, O Marco de Pulgán, Coto dos Penedos, As Brañas, O Abeledo, O Castrillón, Monte de Rego de Frade, Costa do Abeledo, A Regueira, etc...
Freguesía: Cusanca, San Cosmede.
Concello: O Irixo.
Terra O Carballiño.
Ourense.
Coordenadas: Lat 42º 33´9,18´´N       Lon 8º 4´14,64´´ O
756 m.s.n.m.

Imaxe:


Pedrafita de Brañas de Lagorzos.
Fonte imaxe: Xabier Moure.


NOGUEIRA DE RAMUÍN
Pedrafita de Cabanas de Moura. 
(Posíbel fálica)
Localización:
Lugar: As Cabanas, necrópole de Moura; (conxunto de 7 mámoas) pedrafita abatida, situada sobre un afloramento granítico con presenza de pías,  zona de chaira, ao carón dun camiño, preto do nacente dun rego que verte ó río Sil.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: As Cabanas, Biduedo, Capela de San Lourenzo, Val de Eguas, Os Castelos, O Rego, O Camiño Novo, Monteverde, O Castro, Pena do Trigo, A Barca de San Cosmede, Tuas, O Bidueiro, As Trapas, etc...
Freguesía: Moura, San Xoan.
Concello; Nogueira de Ramuín.
Terra Ourense.
Ourense.
Coordenadas: Lat 42º 25´22,60´´ N       Lon 7º 42´ 55,14´´ O
721 m.s.n.m.

Imaxe:
Pedrafita de Cabanas de Moura.
Fonte imaxe: Pilar Carpente.



SARREAUS
Pedrafita Antela, Anta ou A Pedra Alta.
Localización:
Lugar: Pontillón de Abaixo da Pedra Alta, ao carón mesmo da estrada, OU-0110, antergo camiño que vai dende Cortegada da Limia, ata Casasoá, Lagoa de Antela, nas inmediacións atópanse outros elementos arqueolóxicos, que poden contextualizar a relación prehistórica da área: Os posibles palafitos  e sucos fosilizados  de Os Cortellos, máis a Ara, A Pedra de San Fiz. Antigamente foi fito demarcatorio territorial, na actualidade, atópase moi preto da liña concorrente dos concellos e freguesías seguintes: Concello: Sarreaus, freguesía: Cortegada, San Xoan. Concello: Vilar de Barrio, freguesía: Bóveda, Santa María. Concello: Xunqueira de Ambía, freguesía: A Abeleda, San Vicente.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Pontillón de Abaixo da Pedra Alta, A Pedra Alta de Antela, A Veiga da Antela, As Pedras de San Fiz, O Pozo da Furadiña, O Pozo do Bidiño, A Telleira, As Queimadas, O Pozo do Pedro, A Cabana, Ponte Carneira, As Searas do Piñeiro, O Río Novo, Coucheiras, A Carrasqueira, A Touza, O Teso, O Pozo Grande, As Cortiñas, O Prado Vello, A Medorra, etc..
Freguesía: Cortegada, San Xoan.
Concello: Sarreaus.
Terra A Limia.
Ourense.
Coordenadas: Lat 42º 08´21,81´´ N       Lon 7º 40´15,41´´ O
616 m.s.n.m.

Imaxe:

    Pedrafita Antela, Anta ou A Pedra Alta.
    Fonte imaxe: autor 1992.





   Pedrafita Antela, Anta ou A Pedra Alta.
   Fonte imaxe: autor 1992.


VERÍN
Pedrafitas no contorno de O Pozo do Demo (2 monólitos).
(A1 e B1, denominados desta maneira polo autor dos achados, o investigador Rafael Castro).
Localización:
Lugar: As Quintas, no camiño A baixada de San Xosé, no treito: Veiga das Meás, Cabreiroá, dúas posibles pedrafitas abatidas con trazos fálicos, cadansúa beira, no ancestral camiño entre, as actuais freguesías e concellos: Osoño, San Pedro, Vilardevós, e Cabreiroá, San Salvador, Verín. A orografía da zona, atópase deseñada sobre pequenos recháns das abas orientadas ao N. dende o cumio do Monte Maior. Non lonxe áchase o Rego das Quintas ou de Santa María, no contorno do Pozo do Demo, área moi posiblemente sacralizada, onde é probable unha secuencia ocupacional dende o Neolítico ata o Medievo, nesta área, podemos atopar un rexistro de achados arqueolóxicos de diferentes períodos e tipoloxías; círculos líticos, pedrafitas, trilitos, pedras abaladoiras, petróglifos, lagares rupestres, pías, castros, necrópole, así como o folclore ligado ao rexistro antropolóxico e etnográfico da área.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: As Quintas, As Canteiras, O Copeliño, A Baixada de San Xosé, O Pozo do Demo, A Chariña, O Caldeirón, Anzás, Os Xardós, Val de Coellos, Porqueira, A Fraga, O Carregal, O Malpaso, Arnás, etc...
Freguesía: Cabreiroá, San Salvador.
Concello: Verín.
Terra Monterrei Verín.
Ourense.
Coordenadas:
Pedrafita A1: Lat 41º 54´ 92,30´´ N       Lon 7º 24´ 31,2´´ O       580 m.s.n.m
Pedrafita B1: Lat 41º 54´ 92,10´´ N       Lon 7º 24´ 31,9´´ O       580 m.s.n.m

Imaxe:



Pedrafita A1,  no contorno do Pozo do Demo.
Fonte imaxe: Rafa Castro.





Pedrafita B1, no contorno do Pozo do Demo.
Fonte imaxe: Rafa Castro.


Pedrafita da Fraga Grande.
Localización:
Lugar: A Fraga Grande, ao carón dun antigo camiño, hoxe perdido que puido ser a vía entre Ábedes, Santa María (Verín) e a Veiga das Meás, (Osoño, San Pedro, Vilardevós). Situado este elemento, pedrafita-penedo manipulado, executado cunha clara intención simbólica, conferíndolle unha palpábel conformación fálica, na aba, dunha elevación rochosa, preto dun regueiro que verte ó rego das Quintas ou de Santa María. Sitúase na zona próxima ao Pozo do Demo e Baixada de San Xosé, posíbel contorno sagrado, relevante prehistórico, arqueolóxico, que abrangue un amplo período cronolóxico, de presenza humana, dende o neolítico ata o medievo, algúns elementos que o compoñen: pedrafitas, círculos líticos, trilitos, pedras abaladoiras, petróglifos, lagares rupestres, castros, etc... moi próxima se encontra a Fraga do Zorro, onde se atopa unha necrópole.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Fraga Grande, Fraga do Zorro, O Pozo do Demo, O Sillón do Rei Mouro, Ribela, Outeiro, Campo Moreira, Toco das Cabras, O Penedo Gordo, O Copeliño, Carregás, Fraga dos Lobos, A Fraga do Bufo, O Picoto, As Meiriñas, O Telleiro, A Presa, etc..
Freguesía: Ábedes, Santa María.
Concello: Verín.
Terra Monterrei Verín.
Ourense.
Coordenadas: Lat. 41º 55´43,23´´ N       Lon 7º 24´19,51´´ O
484 m.s.n.m.

Imaxe:


Pedrafita da Fraga Grande.
Fonte imaxe: Boris Penelas.



PONTEVEDRA
Proposta de Catalogación
Listaxe
CONCELLOS DE PONTEVEDRA


AGOLADA
Pedrafita de Riba,  Merlín, San Pedro, (posíbel fálica).


CALDAS DE REIS
Pedrafita  marco Carreiro ou marco da Legua.
Localización:
Lugar: Marco Carreiro, Chan do Marco, chantada ó carón dun antigo camiño, na confluencia das freguesías e concellos que seguen:
Freguesía: Cesar, San Clemente, concello: Caldas de Reis.
Freguesía: Estacas, San Fiz, concello: Cuntis.
É pois unha pedrafita reempregada, como moitas en Galicia, cronoloxicamente exerceu diversas tarefas:

Máxico-relixiosas, pedrafita fálica, culto á fertilidade.
Medida de lonxitude-orientación, marco da Legua, camiño real a Compostela.
División-marcaxe de montes.
Linde administrativo e territorial, entre freguesías e concellos.

Non lonxe da pedrafita ten o seu nacente o Rego Brichón, e, o seu paso o Río do Gallo, zona chaira aproveitada para a repoboación  de árbores.
Ámbito arqueolóxico: Paleolítico, megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Marco Carreiro, Chan do Marco, Mosteiro, Agro de Magán, Ribafixón, Agro do Monte, Pedra Furada, A Braña, Muiño da Braña, Casalderrique, Magán, Porto do Lago, etc...
Freguesía: Cesar, San Clemente.
Concello: Caldas de Reis.
Terra Caldas.
Pontevedra.
Coordenadas: Lat. 42º 39´18.94´´N       Lon. 8º 36´41.30´´ O
253 m.s.n.m.
Data publicación: 27.04.17


Imaxe:

Pedrafita marco Carreiro, Cuntis.
Fonte imaxe: autor 2016.





Pedrafita marco Carreiro, Cuntis.
Fonte imaxe: autor 1995.



COVELO, O
Pedrafita de Paraños.
Localización:
Lugar: Atópase depositada no centro de interpretación de Paraños, para atender á súa custodia, estudio e exhibición, a pouca distancia da igrexa Parroquial, Paraños, Santa María.
A Pedrafita foi atopada nos arredores da igrexa ó facer traballos de mellora e pavimentación no lugar.
Freguesía: Paraños, Santa María.
Concello: O Covelo.
Terra Paradanta.
Pontevedra.
Data publicación: 01.05.17

Imaxe:



               Pedrafita de Paraños,  O Covelo.
               Fonte imaxe: Jonathan Zúñiga.


GUARDA, A
Pedrafita o marco, A Picota ou Pedra do Abellón.
Localización:
Lugar: A Fonte Quente, O Muiño, ademais de sinalar os lindes do lugar do Couto, tamén é marco estremeiro das seguintes freguesías do concello da Guarda.
Freguesía: A Guarda, Santa María.
Freguesía: Camposancos, Santa Sabela.
Atópase chantada nun rechán da aba descendente dirección S.O., que dende o cumio do monte Santa Tegra, 254 m.s.n.m. domina o contorno interior e costeiro Atlántico do Sur do concello, asentase ó carón do antigo Camiño Real, hoxe estrada Po-352 de circunvalación, foi trasladada uns metros por mor da pavimentación da estrada, as súas denominacións: A Picota e Pedra do Abellón, veñen dados por empregarse a pedrafita como piar ou columna, onde a autoridade civil expoñía as cabezas e os corpos dos axustizados á vergonza pública, estes piares, columnas ou picotas adoitaban ficar na entrada ós pobos e vilas. Os restos humanos dos axustizados, pendurados da pedrafita, recibian a visita dos seus amigos  e familiares, collidos da man danzaban ó redor do finado, imitando ao mesmo tempo o zunido do abellón, este é o nome da danza antiga ós mortos, considerando a crenza ancestral de que o insecto personifica a  alma inmortal.
Ámbito arqueolóxico: Paleolítico, megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: A Fonte Quente, O Muiño, A Armonal, Bouza da Fonte, Couto, Monte Santa Tegra, A Pedra Furada, Bouza, A Granxa,  A Praia, Salgueiró, Camposancos, Punta dos Picos, Castro de Sa, A Pasaxe, Pombal, Praia do Muiño, Praia de Camposancos, O Outeiro, Alto do Facho, etc...
Freguesía: Camposancos, Santa Sabela.
Concello: A Guarda.
Terra Baixo Miño.
Pontevedra.
Coordenadas: Lat. 41º 52´43.43´´ N       Lon. 8º 52´30.38´´ O
37 m.s.n.m.
Data publicación: 29.04.17



Imaxe:



Pedrafita o marco, A Picota ou Pedra do Abellón, A Guarda.
Fonte imaxe, autor 1992.




Pedrafita o marco, A Picota ou Pedra do Abellón, A Guarda.
Fonte imaxe: autor 2009.



LALÍN
Pedrafita de Lalín de arriba. (posíbel fálica).
Localización:
Lugar: Preto do Monte da Costa, Lalín de Arriba, ao carón dunha posible antiga vía, hoxe estrada Po-533, chaira, na área próxima ten o nacente un regueiro de auga que verte no Rego de Reboredo.
Ámbito arqueolóxico: Megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Monte da Costa, Lalín de Arriba, Alfonselle, Sete Fontes, O Carballo, Lagazós, Fonte do Campiño, Reboredo, Fontecova, O Cotiño, O Coto, Campadoiro, etc...
Freguesía: Lalín, Santa María das Dores.
Concello: Lalín.
Terra Deza.
Pontevedra.
Coordenadas: (pendente de localización exacta)   Lat.       Lon.
   m.s.n.m.
Data publicación: 04.05.17

Imaxe:


Pedrafita de Lalín de arriba, estrada: 533, Lalín-Rodeiro,
Fonte imaxe; autor 2014.



LAMA, A
Pedrafita Chan do marco.

Imaxe:



Pedrafita Chan do marco, Barcia do Seixo, A Lama.
Fonte imaxe: autor 1996.



MORAÑA
Pedrafita Cabeza de San Pedro.
(antes, tipoloxía estatua-pedrafita). Modalidade Cabalar.
Localización:
Lugar: Campo das Rozas, chantada nun pequeno rechán da aba descendente dirección N. do Monte do Acibal 596 m.s.n.m., nunha ampla devasa cara ao Río Gundeiro, zona de mananciais e regueiros de auga, atópase preto dun camiño que baixa á valgada. É marco estremeiro entre dúas freguesías do concello de Moraña, Freguesía Rebón, San Pedro, Freguesía Amíl, San Mamede.
Tipoloxicamente, o ben considerouse Estatua-pedrafita, o estudio e comprobacións sobre os trazos, fisionomía e tipoloxía semellante que o autor realiza, denotan a hipótese, sobre o probable emprego como pedrafita fálica, fecundante modalidade Cabalar, o uso efectivo debemos  entendelo como acción-rito solicitante, unha demanda aos espíritos, o nume do alén, onde a muller que desexa enxendrar, refrega a súa vaxina sobre a croa redonda da pedra, e agarima coa súa man a faciana mol e redonda do lactante por xestar, a criatura, san, fermosa, expresión toda ela de saúde para un cativo, como a figura do bebé traballada no tetón da pedrafita, o embarazo do fermoso meniño que toda nai desexa enxendrar. Ver contextualización pedrafitas fálicas.
Ámbito arqueolóxico: Megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Campo das Rozas, Monte do Acibal, Canle de Salgueiro, Mata Cabalos, Campo das Pozas, Castañosa, Cruz de Alberto, Campo dos Aguillóns, Coto do Medio, Gundeiro, Os Pandoreiros, Outeiro das Eiras, etc...
Freguesía: Amil, San Mamede.
Concello: Moraña.
Terra Caldas.
Pontevedra.
Coordenadas: Lat. 42º 31´28.94´´ N       Lon. 8º 35´35.93´´ O
395 m.s.n.m.
Data publicación: 07.05.17


Imaxe:




Pedrafita Cabeza de San Pedro, Amil, San Mamede, tipoloxía falica fecundante modalidade
cabalar. (San Mamede, patrón dos lactantes). No debuxo-esquema -montaxe- manexamos
a hipótese do uso ritual-solicitude para enxendrar nova vida humana, a muller espida refrega a
súa vulva sobre a zona da croa redonda da pedrafita, (a pedra personifica os espíritos , o nume,
a demanda sagrada para a concepción da vida humana), ao mesmo tempo  acariña coa súa
man a faciana do lactante reproducido nun tetón da cara da pedrafita, O semellante xera
o semellante.
 É decir, "o que eu desexo (meniño), que se atopa aqui reflectido, é o que
se vai materializar, por medio do embarazo desexado da muller xestante creadora da vida
humana na terra".
É ben coñecida a alta mortaldade de nenos no parto, en épocas prehistóricas, velaí neste
ritual-solicitude  unha das varias maneiras de garantir a xestación da nai, faise preciso
ter familia dabondo, moitos fillos para a xudar nas tarefas agrogandeiras da incipiente
agricultura,  domesticación e coidado animal, tamén os seus procreadores ao chegar a unha
idade avanzada precisan dos seus fillos para ser coidados.
Unha pedrafita interpretada como estatua-pedrafita polos estudosos, máis por medio
de esta humilde hipótese, considero poder colaborar, abrindo o campo da investigación de
cara a un novo xesto interpretativo, propio da modalidade cabalar, (as pedrafitas
estudiadas ata agora teñen altura semellante sobre os 90 cm. de altura, medida práctica
para ser empregada como o seu nome sinala, a cabalo da pedrafita, cabalar) propio, e, coas
características por igual nos casos estudiados:
- Pequena altura
- Croa redonda (evocación do ventre preñado da nai).
- Croa e caras con desnivel para a facil monta e refrego vaxinal engadido.

Fonte imaxe: debuxo do autor 2016.

Pedrafita Cabeza de San Pedro, Moraña. Pedrafita fálica, modalidade Cabalar.
Fonte imaxe: autor 2016.






Pedrafita A Lapa de Gargantáns.
Localización:
Lugar: Paraños, Monte Ardegán, Gargantáns, pequena chaira con leves desniveis, camiño antigo preto do ben, na contorna varios xacementos arqueolóxicos, mámoas, petróglifos, castros, etc..,, é marco funcional de límites parroquiais  no concello de Moraña:
Freguesía Gargantáns, San Martiño e freguesía Moraña, Santa Xusta.
No escudo do concello figura realzada a pedrafita, afamada e, referente do megalitismo Galego, considerouse a única ata fai poucas décadas dentro da súa categoría. No ano 1980 a lapa foi derribada, diante disto efectuase no ano 1981 unha actuación arqueolóxica de urxencia, onde veciños, colaboradores e o propio concello de Moraña, coordinados por Antonio de la Peña Santos, fumos quen de repoñer o monumento ao seu estado primitivo. (imaxes)
Ámbito arqueolóxico: Megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Paraños, Monte Ardegán, Gargantáns, O Muiño, San Martiño, A Espedregueira, Cotarelo, Caldas, Alende, A Pallota, Cruceiro da Gandra, Ichoba, Soar, Longás, Monte das Laxes, Monte de Suigrexa,  Pena Maior, etc...
Freguesía: Gargantáns, San Martiño.
Concello: Moraña.
Terra Caldas.
Pontevedra.
Coordenadas: Lat. 42º34´16´´ N       Lon. 8º 34´52´´ O
234 m.s.n.m.
Data publicación: 11.05.17

Imaxe:


Membros do Grupo de Arqueoloxía "Alfredo García Alén", arqueólogos, colaboradores e veciños no proceso de reposición da pedrafita A Lapa de Gargantáns, Moraña, 1981.
Fonte imaxe: Grupo de Arqueoloxía  "Alfredo García Alén",



A pedrafita xa reposta no seu lugar primitivo.
Fonte imaxe: Grupo de Arqueoloxía  "Alfredo García Alén",



Sensación de agrado na faciana dos integrantes do grupo, polo traballo rematado e ben feito.
Fonte imaxe: Grupo de Arqueoloxía  "Alfredo García Alén",

Pedrafita A Lapa de Gargantáns.
Escudo do Concello de Moraña.
Fonte imaxe: Deputación de Pontevedra.


Pedrafita A Lapa de Gargantáns, Moraña.
Fonte imaxe: autor 1982.



Pedrafita A Lapa de Gargantáns, croa e glande.
Fonte imaxe: autor 2015.



Pedrafita  A Lapa de Gargantáns.
Fonte imaxe: autor 2015.

SANXENXO
Pedrafita de Padriñán, Pedra do Santo ou Pedra de San Xinés,
Modalidade Cabalar.
Localización:
Lugar: A Veiga, Padriñán, rechán amplo, onde ten o curso o Regueiro dos Navaces, situada nun cruzamento do camiño do Tombo, hoxe rúa pavimentada, e o camiño a Sanxenxo, tamén asfaltado, e, co nome de Rúa de Sanxenxo, sendo a estrada EP-9203. O monólito sinala dende antigo o linde do lugar de Padriñán coa vila de Sanxenxo, como os seus nomes indican, a pedrafita sufriu a obliteración de ritos e cultos milenarios, relacionados coa fecundidade humana, en favor de crenzas asociadas a Xenxo, o santo de Arlés, Francia, patrón da freguesía do mesmo nome: Padriñán, Sanxenxo.
A pedrafita, por medio do estudio dos seus trazos, fisionomía, medidas e contexto, revela dentro da tipoloxía fálica fecundante, a pertenza á modalidade cabalar, (ver contextualización pedrafitas fálicas e pedrafita Cabeza de San Pedro, Moraña). A pedrafita de Padriñán conta cun trazo ben deseñado de tipo redondo na súa croa, e mesmo remata, por un dos laterais nun desnivel da croa, posible zona empregada para o acto-ritual de refrego vaxinal da muller aspirante a nai, datos e formas que, no seu contexto moito semellan ás características prácticas da pedrafita Cabeza de San Pedro, Moraña, propoñendo ós dous monumentos como integrantes na modalidade cabalar.
A menos de 1 qm. en liña recta da pedrafita que nos ocupa, atópase a posible pedrafita de observación astronómica de Miraflores.
Ámbito arqueolóxico: Petróglifos, castros, romanización, etc...
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: A Veiga, Padriñán, A Florida, Monte do Cura, Con da Ventureira, A Laxe, Miraflores, Reis, Monte de Reis, Cereixeiras, A Carabuxeira, etc...
Freguesía: Padriñán, Sanxenxo.
Concello:  Sanxenxo.
Terra Salnés.
Pontevedra
Coordenadas: lat. 42º24´15,9732´´N         lon. -8º48´20,5596´´O
47 m.s.n.m.
Data publicación: 16.05.17


Imaxe:



Pedrafita Pedra do Santo, croa redonda e  desnivel de refrego vaxinal.
Fonte imaxe: autor 2010.

Pedrafita de Padriñán, Pedra do Santo ou Pedra de San Xinés, no ano 1980 ao rente do Camiño do Tombo, hoxe rúa pavimentada, empregada como pedra do muro de contención.
Fonte imaxe: autor 1980.

 Pedrafita de Padriñán, Pedra do Santo ou Pedra de San Xinés,
 Fonte imaxe: autor 1980.





    Pedrafita de Padriñán, Pedra do Santo ou Pedra de San Xinés, observar con detemento a perfecta
   redondez da croa nesta imaxe, evoca o ventre xestante da muller embarazada, espertando  o desexo
   de pór en práctica o ancestral acto-rito indíxena, asociado aos ciclos da natureza, o refrego 
   (solicitude) vaxinal sobre o desnivel da pedra contiguo á croa da pedrafita, a muller  a    cabalo 
   da pedra activa o proceso máxico-relixioso de xestación, rematando no parto dun novo ser.
   Fonte imaxe: autor 2014.






Pedrafitas fálicas, total Galicia: 50

Ningún comentario:

Publicar un comentario