Deste tipo de axexadoiro e confirmación solar do solsticio de verán, só teño constancia deste emprego na coñecida pedrafita de Casas vellas, Chan de Currás, Marín, Pontevedra.
A comprobación solsticial neste axexadoiro foi posible cando este monólito se atopaba "in situ", na actualidade se atopa desprazado do seu asentamento orixinario, motivado pola construcción dunha vía de alta capacidade nos arredores de Marín.
No lateral esquerdo superior, e na cara oeste da pedrafita están situados uns buratos que propician a instalación de dous listóns ou paus, éstes cando se atopan no seu lugar, acadando unha altura superior á da pedrafita, fan encaixar o solpor do 21 de xuño (solsticio de verán) xusto entre estes dous paus.
Ningún comentario:
Publicar un comentario