De novo propoño atención, para centrarnos tamén na croa das pedrafitas, agora as pedrafitas fálicas.
A croa das pedrafitas fálicas ten moito que dicir, mesmo que contar ao respecto da mensaxe da pedrafita, sendo os seus construtores quenes de forma intencionada manipulan e modifican a forma da croa para transmitir coa súa simboloxía estética e coa fisionomía pétrea unha mensaxe e unha linguaxe simbolicamente sexual.
É evidente que as nosas pedrafitas fálicas galegas, cumpren as funcións do milenario culto ao falo, é unha linguaxe mesmo, milenaria e pétrea ancestral, lévanos tamén a comprender mellor esa escrita vertical fálica que é este tipo de pedrafita, a glande coroa algunhas das nosas pedrafitas galegas, si, a glande porque o que se quere representar por medio da pedrafita é precisamente o pene masculino dende a base ata o cumio, e sempre erecto, erguido, pois erecto é como se lle rende culto e tamén é como dá vida.
Non esquecer as prácticas rituais que nas pedrafitas fálicas se rendian: prácticas humanas sexuais símbolicas ou verdadeiras, pretendendo reproducir a acción da potencia creadora sobre a terra, mesmo render culto aos deuses da fertilidade, fregar o corpo ou os membros sexuais contra a pedra considerábase que facilitarian a fecundación ou a fertilidade ansiada.
As seguintes pedrafitas fálicas galegas dan conta do interés do home do Neolítico pola posta en práctica destes ritos e cultos, destinados á procreación humana, mais tamén propiciatorios para o gando e mundo animal da aldea e o ámbito vexetal, solicitude de boas colleitas e froitos da terra:
Pedrafita Marco da Anta, Arteixo, A Coruña.
Pedrafita Marco de Fonte Salgueiras, Culleredo, A Coruña.
Pedrafita do Marco da Pedra Longa, Sober, Lugo.
Pedrafita A Pedra Chantada, Santabaia, Vilalba, Lugo.
Pedrafita O Marco Novo, Esgos, Ourense.
Pedrafita A Pedra Alta, Lagoa de Antela, Cortegada, Ourense.
Pedrafita Lapa de Gargantáns, Moraña, Pontevedra.
Pedrafita do Marco Carreiro, Cuntis, Pontevedra.
Etc...

Ningún comentario:
Publicar un comentario