Pedrafitas de observación astronómica

Contextualización:

Dende o pasado, dende tempos moi remotos, a vida ou a morte de pobos enteiros dependía das colleitas que a terra ofrecía. É por iso que se facía preciso coñecer o xeito de controlar a chegada dos ciclos do clima:  as estacións anuais. O home, ademais decátase que no seu mundo todos son ciclos: o sol sae e ocúltase, ofrece o día, calor e luz, os ciclos vitais das plantas que murchan e logo florecen, as mareas no mar, que soben e baixan, as correntes migratoiras das aves, voan ao sur e logo ao norte para despois voltar ao sur, así como os reloxos biolóxicos das mulleres nos seus períodos de menstruación e os de xestación dos seus fillos. As antigas sociedades primitivas e os primeiros agricultores galegos no Neolítico precisaban coñecer esas periodicidades do tempo. Ao non dispoñer propiamente de reloxos, tiveron que idear as súas equivalencias culturais: os calendarios, que son construccións simbólicas que van regular os hábitos e condutas sociais por medio do rexistro do tempo, para determinar o comezo das xeiras de sementeiras e colleitas, datas que sinalan tamén as festas, ritos e cultos para influir e beneficiar os cultivos, as colleitas, animais e os grupos humanos, tamén funcións sociais e relixiosas da comunidade e actividades do mundo agrogandeiro destes pobos (a transhumancia: levar os rabaños cara a pasteiros mais verdes e ricos, a rapa das ovellas e cabalos, apareamento dos animais, gando etc...). Este control do rexistro e comprobación do tempo podíase realizar por medio dun efectivo sistema para aqueles tempos, un método de control e confirmación do nacemento e morte dos ciclos estacionais e climáticos, que mesmo hoxe en día pódese constatar fielmente e coa mesma precisión que facian os nosos devanceiros do -6000 (neolítico) o medio empregado: a pedrafita, agora tamén coñecida como pedrafita de observación astronómica.

Cumpre sinalar, que no estado da investigación e do estudo relativo á proposta de tipoloxía das pedrafitas galegas, podemos pór de manifesto a nosa concordancia coas consideracións que o estudoso, investigador e experto sobre megalitismo no noso país, Moncho Boga, subliña no seu "tratado sobre as pedrafitas de Galicia", "Pedrafitas dentro dun contexto tumular (megalítico), a xeito de "fitos" ou "estelas" anunciadores dunha necrópole; sitúanse en lugares visibles, moitas veces no cambio de vertente. Unha boa xeira delas conserváronse grazas á súa reutilización como marcos de termo. En Galicia temos unha variada gama de pedrafitas, atendendo á súa forma, tamaño e lugar de emprazamento.

- Pedrafitas dentro do contexto tumular, a xeito de fitos ou estelas anunciadoras da necrópole, situadas en lugares visibles, normalmente no cambio de vertente, no lugar máis alto.
- Pedrafitas de observación astronómica.
- Pedrafitas fálico-fecundadoras, que poden estar vencelladas a necrópoles megalíticas.
- Estelas-pedrafitas e estatuas-pedrafitas, antropomorfas, xa dunha época serodia, en moitos casos da Idade do bronce.

A xeito de conclusión:  probablemente moitas pedrafitas participen de varios dos criterios, e dicir, que sexa fito anunciador, fálica e incluso de observación astronómica.

A existencia de gravuras ou cazoletas non pode ser o único criterio de autenticidade dunha pedrafita, nin tampouco a súa situación espacial en contextos funerarios como se veu facendo ata de agora en Galicia pola arqueoloxía oficial."

Considerar que  nas nosas abas, pendentes, chairas, cumios, recháns e penechairas, tamén ao carón de ancestrais camiños, de cursos de auga, nacentes de regueiros, ou mananciais, localízanse penas, cons e penedos cumprindo  función de observación astronómica, son os verdadeiros calendarios solares prehistóricos que sinalan os solsticios e equinoccios, e que por medio do retoque ou manipulación da súa croa, confírmase  o encaixe do sol no axexadoiro,  é a zona  destacada e prominente a punta-lanzadeira da intención e idea do deseño da pedrafita.
Temos constatados varios elementos destas características en Galicia,  nestes penedos atópanse transformadas as croas coa idea de provocar  os encaixes soslticiais de verán, 

A este respecto, refírese o arqueólogo e filólogo Luís Monteagudo García, na súa obra "Menhires y marcos de Portugal y Galicia", Anuario Brigantino 2003, nº 26, -traducido-: Hai bloques naturais con aparencia de pedrafita, que poden ser considerados como tales, coa condición de que fosen retocados na antigüidade ou posuír folclore. As atribucións das pedrafitas atenden a catro
funcións principais: monumentalidade, visibilidade, perennidade (pedra) e traza fálica; xuntas salientan o senso máxico-relixioso das mesmas.

A práctica esencial das orientacións astronómicas efectivas para a súa observación e verificacións nas pedrafitas do país, enténdese tamén na orientación das cámaras megalíticas Galegas, da Península e do resto de Europa,  a construcción do dolmen, o chantar da pedrafita, o deseño de círculos líticos, aliñamentos, henges e outras estruturas, atópanse proxectadas tendo en conta as orientacións do nacente e solpor do astro solar, segundo os ciclos naturais, e as que hoxe coñecemos como estacións, que as primeiras sociedades reparan e esculcan.

A orientación astronómica é un axente tallante no discernimento simbólico das estructuras megalíticas, o sol por medio da pedrafita determina os ritmos da vida e da morte.





Pedrafita de Casas Vellas, Chan de Currás, O Campo, Sta. María.
Marín.
Fonte imaxe: autor 1995.





"A pedrafita non é un elemento inanimado, o ser vivo pétreo que a circunda é esencia  que latexa, non é inerte, é a tradución da vida, do espírito perenne, que xera dende a alma humana, dende a supervivencia  como destino, á evolución da mesma vida na terra".

(Autor).





Partindo do concepto desta premisa, espírito personificado en pedra que xera vida, e atendendo ás diversas formas onde a pedrafita manifesta   fisionomías, trazos e tipos diferentes que poden concibir: demandas, confirmacións, homenaxes-conmemoracións, cultos-adoracións, ritos, demarcacións, etc... Imos centrar o noso interese nas pedrafitas de observación astronómica, dentro da nova modalidade, hoxe (2 de xullo 2016) chega a proposta de nome:
Pedrafitas de observación astronómica modalidade zoomorfa.

É preciso atender á croa da pedrafita, xa coñecemos deste lugar prominente propio para atribuir  a funcionalidade, expresión e simbolismo que algunhas das tipoloxías de pedrafitas desexan manifestar:

Observación astronómica.
Observación astronómica, modalidade zoomorfa.

Fálicas.
Fálicas, modalidade cabalar.

Estatuas-pedrafitas.

Estelas-pedrafitas.

Ónfalo-pedrafitas.

Medievo.

Outras funcións.


Pedrafitas de observación astronómica, modalidade zoomorfa.

Dous elementos desta modalidade son propios do estudo, na croa destas dúas pedrafitas atópanse representadas formas fáunicas, zoomorfas. A Cabra, O Oso.

Base conceptual, modalidade zoomorfa: forma animal, o animal ten vida, a vida tamén é espiríto, (simbolismo, crenza, culto, vida-morte). As sociedades primitivas personifican en certos animais o poder divino, a "deusa nai", (fecundidade, poder astral, morte e renacemento) o mito, a lenda, a relación coas estrelas e o ceo, define a veneración-protección do animal, este é elevado, é divinizado.

Do Latín Fauna, deusa da fecundidade.

O resultado de inserir na croa-axexadoiro da pedrafita de observación astronómica a "versión", imaxe dun elemento zoomorfo, tendo en conta  o nivel  transcendental, o simbolismo que manifesta  dito lugar (onde a arqueoastronomía reafirmase), suscita o vínculo trifuncional:


- Muller-home (terra): intención social-relixiosa.

- Pedrafita: (medio-canle-demanda) personificación  do esprírito en pedra.

- (Sol-ceo-vía láctea-cosmos) morada dos deuses, plenitude do poder divino.

É propio comprender, discernir nesta sinxela e ao mesmo tempo complexa fórmula de conexión: humano-divino, como fío catalizador esencial, intrínseco, coa estrutura social, relixiosa e cultural, a pedrafita.

Non é estraño que Rafael Bolivar, no seu tratado de "Mitologías de la vaca y la cabra", afirme e reforze esta proposta contextual, -traducido- Hai que destacar o enorme valor da cabra nas antigas comunidades por medio de mitos e lendas, a cabra atópase no infinito ceo, os antigos empregaban moitas horas de contemplación, chegaron a conformar coas estrelas figuras imaxinarias do ámbito e misterio da vida como a Vía Láctea, camiño que leva ao Olimpo, onde as moradas dos Deuses flanquean a celeste avenida. Thor, o deus da tempestade e do trono, facía as súas viaxes nun carro tirado por cabras.

A relación coa vida, a abundancia, as colleitas,e a súa metáfora da morte-submundo-renacemento subxace na concepción vital cíclica nas sociedades primitivas, ei pois, factibel, aplicar o denominador común, que Adolfo Kunio, desenrola no  seu artigo  "La cabra y los dioses", -traducido- A cabra foi unha das primeiras especies en domesticar polo home, formando parte das comunidades dos primeiros habitantes, epipaleolítico 12000 ac. O proceso mesmo de domesticación xera unha convivencia no habitat, formando orixe de mitos e lendas, moitas narracións falan de que dita relación transformou á cabra como o simbolismo da fertilidade, dos principios vitais, da riqueza, abundancia e prosperidade, a relación co divino e cos deuses,  nestes relatorios é moi estreita, civilizacións antigas tamén recollen ancestral relación da cabra e a fertilidade, facendo emprego do seu corno o símbolo da abundancia, cornucopia. Estes pobos da antigüidade europea deron costume de profunda orixe, atribuir ó gran (cebada e trigo) como unha "deusa nai".  O espírito da "deusa nai" perdura oculto entre o cultivo dos cereais, que pode aparecer en forma de cabra en moitos lugares. Engade Adolfo Kunio, -traducido-  Os espíritos do gran, son crenzas que teñen orixe moi antiga, cuxos cultos  estaban asociados  co ciclo da morte, descenso ao submundo e despois  o renacemento da vida. Por analoxía é simbolismo do ceo agrícola, da morte da colleita, da sementeira que volta a medrar. A imaxinería  agrícola foi empregada para transmitir unha mensaxe espiritual.



Pedrafita Agro do Castro.
Fonte imaxe: Xabier Moure.

Friol, Lugo.
A fisionomía da cabra inserida na croa-axexadoiro (concavidade central) da pedrafita.
Reparar na croa da pedrafita: 
Imaxe, zona ángulo superior dereito, a faciana e fociño do animal, engadida unha prominencia destacabel, simulación do corno.
Imaxe, zona central lombo do animal con forma cóncava, propio dos axexadoiros de concavidade central: (Toco das Cabras, Mántaras, A Goia, marco do Couso, marco de termo Sta. Mariña do Monte I, etc...)
Imaxe, vista xeral, reprodución prehistórica da cabra, (fociño. corpo e traseiro) representación zoomorfa da divindade da abundancia das colleitas do agro, a pedrafita como espírito personificado en pedra que xera vida.




O Oso liga o renacer da vida, a nova xeira, despois dun longo tempo sen ollar a esencia palpábel da luz, da vida e da actividade cíclica.
O Blog "Tinieblas en el corazón. Pensar la Antropología" "EL OSO MÍTICO", reconduce a nosa proposta ao afirmar, -traducido- Nos remotos tempos das relixións paganas algúns seres psicopompos (o oso), espírito que acompaña ós mortos na súa viaxe ó alén,  é considerado tamén animal do inframundo, pois moito tempo da súa vida, reside na caverna en contacto coas forzas telúricas, Destaca o Blog "Tinieblas en el corazón. Pensar la Antropología" "EL OSO MÍTICO", "El oso metereológico": -traducido- a traza simbólica fundamental do oso ven da man da súa hibernación, a metáfora  da morte e do renacemento, do home no outro mundo, igual que a natureza rexurde un ano e outro ano, despois da severidade da invernía no ciclo sen remate da vida.

No seu "diccionario de símbolosJ.C. Cooper, simplifica aínda máis, e as súas palabras son "miñas" cando sinala, -traducido- O oso é símbolo de resurrección (ao saír na primavera da cova onde hiberna na compaña da súa cría recen nacida): nova vida, representa a iniciación, asociado aos ritos de paso. Nos mitos heroicos o oso é solar, o seu poder é sobrenatural, é fortaleza.



                      Pedrafita Toco das Cabras.
                      Fonte imaxe: Rafa Castro.

                      Verín, Ourense.
                      A fisionomía do fociño do  oso inserida na croa-axexadoiro 
                      (concavidade central) da pedrafita.
                      Reparar na croa da pedrafita:
                      Imaxe, vista xeral, fociño e boca aberta da besta (o solpor do solsticio de
                      verán, 21 de xuño) encaixa simetricamente na boca.
                      Imaxe, axexadoiro concavidade central (boca) propio de outras pedrafitas:
                      Agro do Castro, Mántaras, A Goia, marco do Couso, 
                      marco de termo Sta. Mariña do Monte I, etc...).
                      Imaxe, vista xeral, reprodución prehistórica do oso, 
                      (fociño e boca aberta en toda expresión)
                      representación zoomorfa da morte e do renacemento, 
                      símbolo de resurrección, nova vida, o oso é solar. 
                      A pedrafita  espírito personificado en pedra que xera vida.



A feitura representativa da pedrafita, o seu concepto ambiguo.

A pedrafita é ambigua, as súas caras presentan diferente fasquía e feitura, mesmo tamén mensaxe simbólica, funcionalidade e disposición.
As diferentes caras das pedrafitas poden  en principio, describir segundo a tipoloxía, unha fisionomía fálica, tomando como referencia  a orientación sobre a posición que a define, e, definirse como descritivas, na súa superficie advirtense relevos zoomorfos, antropomorfos e, unha posible área descritiva, onde é manifesto un conxunto de símbolos ou signos que poden expresar unha mensaxe ou código.

Temos pois, que un mesmo ben, pode pór de manifesto na súa estrutura pétrea, varias formas representativas, seres, propios para a adoración e culto, antropomorfos ou zoomorfos, e mesmo posibles áreas que determinan descritivamente unha mensaxe simbólica ou código por medio de signos inscritos.

A pedrafita, non sempre representa unha única uniformidade simbólica-funcional, admite varias interpretacións, a súa estrutura ambigua define as liñas globais sobre formas simbólicas e funcionais como:

- Calendario-disposición astronómica, por mor da  súa posición-orientación, e con frecuencia, por medio do axexo no seu axexadoiro representado no curuto ou laterais da súa croa.

- Representación fálica, segundo a orientación que a define.

- Representacións zoomorfas e antropomorfas, nos laterias ou croa do ben.

- Áreas descritivas, onde expresa por medio de signos ou símbolos, determinadas mensaxes ou códigos (os rexistros actuais, sinalan referencias estacionais climáticas, e numéricas).

Sería saudábel, como proposta, considerar á pedrafita, como o ben que concentra ricamente unha mensaxe funcional-simbólica propia, pois o sombranceiro cúmulo ideolóxico, máxico-relixioso reflectido  foi insopeitábel ata agora.





Pedrafita marco Padrón, Melón, Ourense.
Na imaxe, cara L. orientación L. O.
Pedrafita tipoloxía observación astronómica, confirma os
dous equinoccios anuais. por medio do axexo no seu
axexadoiro de lombo central situado no curuto da croa.
Fonte imaxe: autor 1995.


Pedrafita marco Padrón, Melón Ourense.
Na imaxe, cara N.
Reparamos nesta cara, como o ben, destaca a súa forma fálica, mesmo dende o lateral esquerdo,
o trazo convexo, xunto coa croa, e a verticalidade do lateral dereito,  determinan o resultado,
ao noso entender intecionado, para facer destacar outra das súas funcións no mesmo elemento.
Os conceptos pois, fecundidade astronomía (cosmos) converxen, culto e simbolismo tamén.
Fonte imaxe: autor 2012.



Pedrafita marco do Vento, Monte do Seixo, Cerdedo, Pontevedra.
Na imaxe cara N. O.
Unha das súas funcións é a observación astronómica,
Faciana que evidencia un trazo destacábel fálico, a súa croa redonda
engade un rebaixe representando a glande,  considerando novamente ditas
características, propias dunha intencionalidade expresa concienciuda, todo
detalle, todo trazo establece, segundo noso criterio unha monumentalidade
establecida, deseñada e coidada. Fecundidade e astronomía outra vez van
da man.
Fonte imaxe: autor 2016.



Pedrafita marco do Vento, Monte do Seixo, Cerdedo, Pontevedra.
Na imaxe cara N. L.Unha das súas funcións é a observación astronómica,
Nova forma representativa, a ambigüidade da pedrafita, chega tamén á 
definición da fasquía antropomorfa, velaí o perfíl lateral dereito:
redondez da cabeza, lixeira concavidade do ollar (ollada ao ceo), nariz, 
ángulo da boca, e queixada, como dixemos, non perden detalle, os 
canteiros e promotores ideolóxicos, coñecen o porqué deste tipo de 
actuacións, propias de diferentes interpretacións nun mesmo elemento, 
non entendemos dende logo esta acción, como un resultado económico, 
máis ben unha "emisión concentrada" de elementos propiciatorios  dun
culto milenario, cunha base de crenzas máxico-relixiosas de enorme 
transcendencia.
Fonte imaxe: autor 2016. 




Pedrafita de Casas Vellas, Chan de Currás, Marín, Pontevedra.
Tipoloxía Observación astronómica.
Imaxe de 1995 (localización in situ) cara L. -nacente-.
Posible área
descritiva, onde é manifesto un conxunto de símbolos ou signos 
que poden expresar unha mensaxe ou código,por medio de signos 
inscritos.(os rexistros actuais, sinalan referencias estacionais 
climáticas, e numéricas).Neste caso, a proposta do autor defínese 
como área descritiva,
conxunto de coviñas,código de referencias estacionais
climáticas, esto é:
primeiro grupo de  tres coviñas parte superior, equinoccio de
primavera.
Segundo grupo de catro coviñas, 2+2  horizontais, solsticio
de verán.
Terceiro grupo de dúas coviñas en horizontal, equinoccio de
outono.
Nas áreas descritivas das pedrafitas Galegas, conxunto de signos
ou simbolos con información codificábel, intervén de forma
vinculante, a  orientación con respecto aos puntos cardinais.
Fonte imaxe: autor 1995.




Pedrafita de Cristal, Bretal ou da Agra, Ribeira,
A Coruña.
Tipoloxía fálica.
Cara central, actual cara N. 
Posible área descritiva, 
onde é manifesto un conxunto de símbolos ou signos 
que poden expresar unha mensaxe ou código, por 
medio de signos inscritos.(os rexistros actuais, 
sinalan referencias estacionais climáticas, e numéricas).
A nosa proposta  cinguise, en función da tipoloxía
fálica manifesta, área contextual, e a referencia
númerica rexistrada na área descritiva,  e sobre  os
seis rebaixes, superficies, onde, dende a parte inferior

en primeiro lugar atópanse representadas
tres coviñas (o círculo, elemento redondo, sagrado por
ser a forma máis natural), terceiro posto, unha nova
coviña, e, no sexto lugar outra coviña, desta maneira,
atendemos de forma correlativa contando espazos con
presenza de coviñas, (3) e, superficies con rebaixes (6),
a suma total dos elementos é nove, os meses de
xestación no ventre feminino para acadar nova vida
humana, consecuencia e resultado efectivo do culto e
rito ao falo, practicado dende tempos ancestrais polas
primeiras sociedades asentadas na nosa terra.
Fonte imaxe: (Desenrolo da pedrafita de Cristal,
segundo Peña, 1982). UN NUEVO MENHIR EN
CRISTAL, Por Victoria Villoch Vázquez.


Data publicación: 17.10.2016




Simboloxía, cualidades e traza da pedrafita Galega, descodificación e homologación.

A pedrafita:

É fálica.
Orxiástica (puído e lustre milenario).
Fecundante.
Fertilizante.
Ritual.
Posúe nume,
observación astronómica,
sinala termos e límites, fica ao carón de camiños,
mananciais ou cursos de auga, interacciona coas mámoas, círculos líticos e aliñamentos.
A muller refrega a vulva ó cabalo dela: pedrafita cabalar.
É sandadora,
profiláctica,
talismán,
máxica,
xera vida.
Antropica.
Fasquía: antropomorfa e zoomorfa.
Apotropaica.
Sagrada.
Cultual.
Ambigua.
Representación-significado da pedrafita segundo a orientación:

Cara norte: masculino ou pene.
Cara sur: feminina ou vaxina.
Cara leste: zona onde comezan os actos-propósitos-ritos.
Cara oeste: representa a madurez, o ocaso, a morte, o remate.


CORUÑA, A 
Proposta de Catalogación
Listaxe:

CONCELLOS DE A CORUÑA


CEDEIRA
Pedrafita da Capelada  ou Chan da Armada.
(Posíbel de observación astronómica).
Localización:
Lugar: Chan da Armada, entre os viraventos do parque eólico A Capelada I, (situada no 1º  tramo do parque eólico,  despois de Teixido, pola estrada CP-2205, qm.   4,  man dereita, antes de chegar á Garita da Herbeira). O ben atópase ao carón dun camiño montesío baixando á Fraga de Nebril, nas inmediacións atopamos o nacente de dous regos, Rego da Candocía  e Rego do Seixo, a contorna significativamente amosa  alta densidade  megalítica. Na mesma área destacamos a presenza de dúas capelas, (capela do socorro vello, Meizoso, capela do socorro novo, Biduído) un pouco máis afastado, o santuario de Teixido, Santo André, tanto as capelas, de advocación Mariana, como o santuario de Santo André, gardan relación directa coa Igrexa Ortodoxa-Bizantina, (Santo André é o Padroeiro da Igrexa Ortodoxa, e tamén da morte súbita, así como a Virxe do Perpetuo Socorro, é Padroeira dos médicos e da sanidade militar). Representación, elementos e simbolismo cristián, relacionado e valedores da vida-morte, o mesmo que os elementos e estruturas de orixe ancestral, pedrafita, mámoas ou antas da zona en cuestión, adscritos ao neolítico, onde moi posíblemente as crenzas, cultos e relixiosidade indíxena, resultan, unha vez máis asimiladas e aproveitadas polo cristianismo para o especial interese de captación dos novos neófitos.
Toponimia de prospección:  arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Chan da Armada, Sobre Meizoso, Meizoso, Mámoas de Pedra  Chantada, A Fraga de Nebril, Penedo da Rama, Capela do Socorro Novo, Capela do Socorro Vello, Campo da Armada, Monte Herbeira, Teixido, Teixidelo, Coto da Lagoa, Penas Pardas, Regueiros Cavados, Chao da Poza, As Lamas, Coto da Cruz do Frade, Cruz do Aceiro, Vilar, Chao do Monte, Poza da Auga, Coto da Carniceira, etc...
Freguesía: Régoa, Santa María.
Concello: Cedeira.
Ferrolterra.
A Coruña.
Coordenadas: Lat 43º42´27,78´´N       Lon 7º57´22.43´´O
483 m.s.n.m.

Imaxe:


Pedrafita da Capelada ou Chan da Armada.
Fonte imaxe: Xabier Moure.

CORUÑA, A
Pedrafita de Nostián.
(Posíbel de observación astronómica)
Localización:
Lugar: Na actualidade atópase nos exteriores do Museo Arqueolóxico de San Antón, para prover o seu estudo,  exhibición e custodia.
Freguesía de orixe:   Visma, San Pedro.
Concello: A Coruña.
Terra de A Coruña.
A Coruña.

Imaxe:


Pedrafita de Nostián.
Fonte imaxe: Moncho Boga.

IRIXOA
Pedrafita de Mántaras.
(Confirma o solsticio de inverno, 21 de decembro no solpor, monólito in situ).
Localización:
Lugar: Monte de San Antón, preto da capela  de San Cosme. Nunha ampla semi-chaira ou plataforma chairega, abeirada na ampla aba do monte de San Antón. varios son os nacentes de cursos fluviais concentrados nos arredores do ben, Rego do Lamelas, Rego do Paso Cativo, Rego das Moas, Rego do Varelo, etc... As pegadas sucesivas dende a prehistoria nesta área, froito da relación humana son intensas, antigas vías e camiños, extensa necrópole, petróglifos, castros, lugar de romaría, a ermida de San Cosme, onde se atopa a imaxe venerada do arcanxo San Miguel, entre outras,  lugar sagrado e ancestral, como hipótese, a relación de observación astronómica por medio da pedrafita, elemento que sinala unha data de moito interese, o solsticio de inverno, presenta unha posíbel relación oblitera, San Miguel. A Igrexa Católica cristianizaría  o solsticio de inverno, emisferio N. entre os días 20 e 23 de decembro: SOL INVICTUS, nacemento de Xesús, onde San Miguel, festividade, 20 decembro, pode estar relacionado co nacemento de Deus, é decir, San Miguel nome hebreo etimoloxicamente defínese, "quen como Deus?" Quizais a primixenia  festividade cristián, despois de obliterar a ancestral e indíxena práctica, atendendo ao simil, a forza triunfo da luz, San Miguel, sobre as forzas "negativas e escuras" do inverno.
Toponimia de prospección:  arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Ermida de San Cosme, A Airoa do Rei, Muiño Varelo, Monte de San Antón, Brañas Chás, Pico do Feal, Donín, Cal das Figueiras, Monte Pequeno, Monte do Castelo, Ermida de San Antón, Monte do Bispo, O Cal dos Fornos, A Casagrande, O Oural, Castro, Brañas, Monte do Peado, Braña Redonda, Cal da Torca, Agra do Hucho, O Casal, Monte de Cela, Fonte das Chedas, Bichacán, Monte das Moas, O Cativo, O Paso Cativo, Cela, A Picota, Os Carballos, O Vión, O Penedo, etc...
Freguesía: Mántaras, Santa María.
Concello: Irixoa,
Terra das Mariñas-Betanzos.
A Coruña.
Coordenadas: Lat 43º17´15,54¨ N       Lon 8º 6´6,38´´O
468 m.s.n.m.

Imaxe:


Pedrafita de Mántaras.
Fonte imaxe: Moncho Boga.




NARÓN
Pedrafita Pena Molexa.
Localización:
Lugar: Vilasuso, ollando á Costa Ártabra, ós pés da Pena Molexa ten o seu correr un camiño ancestral, a pedrafita (ver contextualización) atópase nun leve rechán da aba descendente dirección L dende o Coto de Vilasuso 209 m.s.n.m. pena sobresposta ó cabalo doutras penas graníticas, instalación pétrea destinada intencionadamente á observación e comprobación astronómica do ciclo lunar metónico, fase da lúa cada 19 anos, cadrando no solpor do solsticio de verán, orientación N O, lúa chea, e confirmación do solsticio de inverno, amencer, orientación S L, ámbolos dous solsticios, e segundo as pertinentes comprobacións sobre a orientación astronómica por medio do Suncalc, ditas comprobacións estarían confirmadas por medio do axexadoiro traballado na croa da Pena Molexa coa orientación N O e S  L, axexadoiro con forma de ángulo agudo, que podemos atopar na croa manipulada e retocada das seguintes pedrafitas de observación astronómica: Pedrafita do Agro de Naia, Padrón, pedrafita lapa de Valdohome, Avión, e pedrafita de Casas Vellas, Marín. O folclore recollido é de grande relevancia, varias lendas están asociadas co ben.
Ámbito arqueolóxico: Megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
Toponimia de prospección:  arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Pena Molexa, Vilasuso, Coto de Vilasuso, Coto da Modia, O Codesal, Montes da Lagoa, Baltar, O Vilar, Cornido, O Redondo, A Modia, Os Outeiros, A Cavada, Coto das Penas, O Casal, etc...
Freguesía: O Val, Santa María a Maior.
Concello: Narón.
Ferrolterra.
 A Coruña.
Coordenadas: Lat 43º 34´08.3´´ N       Lon 8º 13´14.2´´ O
161 m.s.n.m.
Data publicación: 31.08.17


Imaxe:  


Pedrafita Pena Molexa, O Val, Narón.
Fonte imaxe: Papigil.

Pedrafita Pena Molexa, O Val, Narón, sobreposta, por riba de outras penas graníticas.
Fonte imaxe: Papigil.

Pedrafita Pena Molexa, O Val, Narón, dereita e erguida superposta con base pétrea.
Fonte imaxe: Papigil.

Pedrafita Pena Molexa, O Val, Narón, presta dende esta beira para a observación astronómica, na croa o axexadoiro.
Fonte imaxe: Papigil.

Pedrafita Pena Molexa, O Val, Narón, localización do axexadoiro, a man do home manipula a croa da pedrafita para
establecer a liña de observación nos solsticios, só se precisa unha fenda  deste tipo, axexadoiro, para sinalar o sol  no encaixe simétríco do ángulo agudo deseñado.
Fonte imaxe: Papigil.

Pedrafita Pena Molexa, O Val, Narón, o axexadoiro enfía ao ceo, e no medio situase o sol nos solsticios, para que, dende
moi antigo lúa e sol, sinalen as datas escollidas polos nosos devanceiros para cumprir festas, ritos, cultos e celebracións.
Fonte imaxe: Papigil.

Pedrafita Pena Molexa, O Val, Narón, primeiro plano formidábel que Papigil acadou do axexadoiro, retoque e manipulación
na croa da pedrafita para obter a orientación intencionada dos astros, un sinal antrópico existente na croa de varias pedrafitas
de Galicia.
Fonte imaxe: Papigil.


  
PADRÓN
Pedrafita do Agro de Naia, tamén coñecida como marco II do Couto medieval de Lampai.
(Posíbel de observación astronómica).
Localización:
Lugar: Canteira desleixada, no cumio. (Entre a aldea de Queiruga e  a aldea de O Pedroso Norte). Na estrada E-50/N 550, qm. 78, preto de A escravitude, tomamos dirección a Queiruga, ao pouco dun paso debaixo da autoestrada, á esquerda atópase a zona da desleixada canteira, na zona alta do outeiro está o ben, no que en tempos foi unha eira con leve pendente, na aba descendente O.  do monte Pena das cruces, 372 m.s.n.m. Non lonxe do rego de Tarrío. Na redonda son abondosos os camiños, a pedrafita adopta os trazos e fasquía propia da tipoloxía de observación astronómica, carece de fisionomía  estilizada, un fito en "bruto", é decir, o resultado ó natural da extración na canteira-rocha nai, a croa é o lugar onde se repara e adiviña o interese da intervención-manipulación humana, á hora de esquematizar o prezado ben nesta tipoloxía, o referente absoluto na súa diferenciación, estou a falar do axexadoiro, o lugar onde o axexante comproba con exactitude o encaixe do sol, na data determinada para a orientación astronómica para a cal, a pedrafita foi deseñada e chantada con exahaustiva precisión.
Nos anos 90, do século XX, o ben foi retirado do seu emprazamento de orixe, a persoa, autora do furto, levou o fito para a eira da súa casa, a veciñanza xunto cos responsables da directiva da Comunidade de Montes, reclamaron a reposición do elemento para o seu lugar, pois cumpre función de marco de termo dos montes da zona de Queiruga, as raspaduras na superficie da pedrafita, foron producidas pola maquinaria-guindastre para o traslado, así como na base, a terra en recente estado removíbel, propio da actuación da reposición (imaxe 1) a informanción que recibín aquel día da veciñanza, foi que deron  creto de que o lugar do ben é o mesmo onde sempre se atopou, máis non é seguro si  a nova posición da pedra permite certamente confirmar a súa función astronómica na actualidade con relación a unha data solar de interese.
A pedrafita, entendo e propoño reempregada, temos que, o acoutamento de Lampai foi deseñado sobre a referencia e marcaxe de diferentes  pedrafitas, marcos e estruturas, propio do Medievo, aínda que  dito reemprego eterno dos marcos e das pedras na nosa cultura é manifesto cronolóxico ata a actualidade. Dito couto, do poder do rei Afonso VII, en doazón a Sancho Eanes, topa cun fito ancestral, non pertencente ao  medievo. Nas terras do Sar, fértiles chairas e vizosas colleitas, propio de ancestrais sociedades xenerosas, onde o interese primordial non e outro que agardar que os ciclos naturais anuais sexan quen de cumprir axeitada e favorable dinámica benigna, tentando acadar as mellores colleitas, gando san e ben mantido e tamén que as familias humanas destes nucleos poidan ser numerosas as súas desecendencias, Para todo iso, esta pedrafita, supostamente foi quen de poder acadar unha das máximas representacións  de tipo cerimonial-relixioso da zona, podendo servidor, mesmo comprobar nesta primeira visita do ano 99,  a presenza preto da pedrafita de varias posibles estruturas tumulares lonxitudinais, L.O. hoxe  desfeitas.
Toponimia de prospección:  arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Queiruga, A Estivada, Os Muiños, A Lavandeira, Belina, O Pedroso do Sur, Monte do Castelo, A Pastoriza,  A Pena, O Pedroso do Norte, Ponte Riucla, A Escravitude, O Loureiro, Figueira Labrada, As Penises, Capela de Santa Ana, Mosteiro, A Silva, As Xandras, A Agrela,  Sampaio, Pena da Agrela, Pedra da Mina, Pena das Cruces, etc...    
Freguesía: Cruces, Santa María.
Concello: Padrón.
Terras do Sar.
A Coruña.
Coordenadas: Lat 42º46´40,14¨N       Lon 8º38´25,55´´O
96 m.s.n.m.

Imaxe:


Pedrafita do Agro de Naia, ou  marco II do Couto medieval de
Lampai.
(1) Fonte imaxe: autor 1999.

 Pedrafita do Agro de Naia, ou marco II do Couto medieval de Lampai.
 (2) Fonte imaxe: autor 2009.



 Pedrafita do Agro de Naia, ou marco II do Couto medieval de Lampai.
 Axexadoiro na croa da pedrafita con forma de ángulo agudo, intervención-manipulación (retoque)
 humana sobre o fito, para efectuar  por medio do encaixe solar na intersección simétrica, a data  solar determinada.
 (3) Fonte imaxe: autor 2009.

LUGO
Proposta de Catalogación
Listaxe:

CONCELLOS DE LUGO


FRIOL
Pedrafita do Agro do Castro.
Modalidade Zoomorfa.
Localización:
Lugar: Agro do Castro, Castro, Trasmonte, a pouca distancia un camiño, e a vía que comunica Trasmonte e Vilariño, o ben atópase chantado nun prado chá, na redonda do Castro de trasmonte, preto do Rego do Fondal, e Rego de Ponte Castro, área con presenza de petróglifos e castros.
Revulsivo e anovador elemento, que xunto coa pedrafita Toco das Cabras, Verín, Ourense, pertencentes á tipoloxía de observación astronómica, amosan ámbalas dúas  na súa croa, os trazos e fisionomía espectacular de seres fáunicos, (cabra na pedrafita do Agro do Castro, e o fociño do oso coa boca aberta, para a pedrafita de Coto das Cabras) considerando a proposta para denominar esta modalidade co nome de: pedrafitas de observación astronómica, modalidade zoomorfa, ver contextualización.
Toponimia de prospección:  arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Castro, A Pena, O Curral, A Calle, O Fontao, A Rocha, A Devesa, A Muraza, As Pedreiras, O Pontillón, A Cachoupa de Arriba, A Ramada, A Abelaira, A Bouzaboa, Cordal do Seixo, Vilarmende, Roxa do Cordal, O Estanque, O Picoto de Vilariño, A Picheta, Pena Oureira, Cela, Monte Piñeiro, Etc...
Freguesía: Trasmonte Santiago.
Concello: Friol.
Terra Lugo.
Lugo.
Coordenadas: lat 43º 6´ 19,52´´ N       Lon 7º 47´35,94´´ O
497 m.s.n.m.

Imaxe:

Pedrafita do Agro do Castro.
Fonte imaxe: Xabier Moure.

Pedrafita Pedra das Cazolas.
(Confirma os equinoccios de primavera e outono, 21 de marzo, e 22 de setembro ao amencer e solpor).
Localización:
Lugar: Situada dentro dun prado, preto da Pena do Caldeiro, ao carón da estrada CP-2109 (A Vixía-Vilafiz), aldea de A Ferreira, non lonxe do Rego do Vieiro e Rego Portosueiro, a zona é chá, nas inmediacións foi atopada unha pedra exenta con varias coviñas, tamén unha pena granítica cun gravado en forma de caveira, é coñecida a densidade patrimonial do concello de Friol, ducias de achados arqueolóxicos, dende o neolítico ata a chegada dos romanos, cumpre non esquecer a funcionalidade exacta desta pedrafita, in situ, na tipoloxía de observación astronómica, presenta na croa, un axexadoiro tipo U, onde a liña equinoccial, encaixa á perfección neste cóncavo instrumento de control e orientación estacional.
Toponimia de prospección:  arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Pena do Caldeiro, A Zanca, A Ferreira, Os Chaos, A Casanova, Casa da Escrita, Agro de Abaixo, O Granxo, Casa de Cidre, Casa de Vilela, A Boleta, A Costa de Mera, Serén, Portaliñares, As Penas Grandes, A Pena do Caldeiro, Os Revellos, Agro de Silvarredonda, O Rebolo, As Cruces, A Devesa do Agro, A Leboreira, Os Pedrouzos, As Lagoas, O Campo, A Uceira, Monte da Fonte, etc...
Freguesía; Serén, Santa Cruz.
Concello; Friol.
Terra  Lugo.
Lugo.
Coordenadas: Lat 43º 1´6,91´´ N        Lon 7º 44´3,87´´ O
498 m.s.n.m.

Imaxe:

Pedrafita pedra das Cazolas.
Fonte imaxe: Xabier Moure.

GUNTÍN
Pedrafita de A Goia, Penarrubia, ou Pedrafita do Alto da Goia.
(Posíbel  observación astronómica).
Localización:
Lugar: Monte Barreiros, A Goia, ampla chaira, a rentes dun camiño que fai de devasa, dous cursos fluviais, o Rego de Samai e Rego de Trastulfe, teñen presenza na redonda,  onde a comunicación forestal e gandeira ten actividae. Contextualmente a área, necrópole megalítica con máis de 15 mámoas, manifesta unha activa relación tumular, delimitada entre dúas pedrafitas, a saber, A Goia e A Veiga, (distantes entre elas 760 m. aliñadas nun eixo en sentido suroeste). Propoñemos a posibilidade de que ambas pedrafitas aportan por medio  das determinantes croas, a relación tipolóxica sobre observación astronómica, A Goia presenta croa-axexadoiro cóncavo central, vinculado posiblemente coas orientacións de tipo solsticial, e a pedrafita de A Veiga sinala na súa croa  os trazos relacionados coas observacións de tipo equinocciais, os chamados axexadoiros de lombo central. A pedrafita  de A Goia cumpre funcionalidade de marco de termo, onde concorren tres freguesías do concello de Guntín:
Entrambasaugas , Santiago.
Pradeda, Santa Baia.
Vilameá, San Martiño.
Toponimia de prospección:  arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas:  A Goia, O Albaredo, Monte de Trastulfe, Monte Ladoiro, Trastulfe, Muiño de Trastulfe, Muiño de Lence, Penela, Xoaine, Monte Carboeiro, Castro, Alemparte, O Coto,  A Devesa, Monte Alto de Guntín, Lebesén, Quintá, A Laxe, Caraxola, Santiago, O Couto, Carballiño, etc...
Freguesía: Vilameá, San Martiño.
Concello; Guntín.
Terra Lugo.
Lugo.
Coordenadas; Lat 42º 54´29,88´´ N       Lon 7º 40´34,00´´O
539 m.s.n.m.

Imaxe:


Pedrafita de A Goia, Penarrubia, ou pedrafita do Alto da Goia.
Fonte imaxe: autor 1997.

Pedrafita de A Veiga, marco Fornatilleiro, ou Pedrafita do Monte Barreiros.
(Posíbel observación astronómica).
Localización:
Lugar: Chaira do Monte Barreiros, Pradedo de Abaixo, a 60 m. da vía asfaltada (antigo camiño) que leva a Pradedo de Abaixo, ampla chaira con actividade agrogandeira, na área próxima, o Rego de Lebesén ten o seu nacente. Contextualmente a área, necrópole megalítica con máis de 15 mámoas, manifesta unha activa  relación tumular, delimitada entre dúas pedrafitas, a saber, A Goia e A Veiga, (distantes entre elas 760 m. aliñadas nun eixo en sentido suroeste). Propoñemos a posibilidade de que ambas pedrafitas aportan por medio das determinantes croas, a relación tipolóxica sobre observación astronómica, A Veiga presenta croa-axexadoiro de lombo central, vinculado posiblemente coas orientacións equinocciais, e a pedrafita de A Goia sinala na súa croa  os trazos relacionados coas observacións  probables  solsticiais, os chamados axexadoiros de concavidade central. A pedrafita de A Veiga representa o lugar de concorrencia entre dúas freguesías deste concello é o marco de termo entre:
Pradeda, Santa Baia.
Vilameá, San Martiño.
Toponimia de prospección:  arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: A Veiga, Pradedo de Abaixo, O Carballo, Os Agros, Outeiro, Pradedo de Arriba, San Cibrao, Monte de Meda, Tuxilde, O Regueiro, O Campo, Bustelo Grande, A Eirexe, San Martiño do Picato, A Venda do Rato, A Valura, Bustelo Pequeno, Alvarín, Monte Carbeiro, O Albaredo, O Pozo, A Campa, Crende, Goi, Vilar dos Cregos, Lamela, Santa Mariña, Monte de Liz, etc...
Freguesía: Vilameá, San Martiño.
Concello: Guntín.
Terra  Lugo.
Lugo.
Coordenadas: Lat 42º 54´49,41´´ N       Lon 7º 40´09,60´´O
563 m.s.n.m.

Imaxe:



Pedrafita de A Veiga, marco Fornatilleiro, ou pedrafita do Monte
Barreiros.
Fonte imaxe: autor 1994.

LUGO
Pedrafita de A Penela.
(posíbel  observación astronómica).
Localización:
Lugar: A Penela, ao carón dun carreiro, A Penela, Monte Pena de Rei, Pedrafita. Na contorna atopamos o nacente dos regos, Lamaboa e Portaforoso. O monólito de A Penela pertence ao espazo simbólico e arqueolóxico de Pedrafita Adai, algúns elementos que o compoñen son: Anta, Pedrafita, posible Templo, Aliñamento Megalítico, posible Henge, etc...
Toponimia de prospección:  arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: A Chaira, Monte de Pena de Rei, Pedrafita, O Castrillón, A Penela, Castro, Casa do Castro, As Coviñas, As Cancelas, Chousa do Rego, Lamaboa, Adai, Aguillón, Orbazai etc..
Freguesía; Adai, Santa María Magdalena.
Concello: Lugo.
Terra de Lugo.
Lugo.
Coordenadas: Lat 43º 01´23,9´´ N       Lon 7º 36´56,6´´O
527 m.s.n.m.

Imaxe:


Pedrafita de A Penela.
Fonte imaxe: Rafa Quintía.

MONDOÑEDO
Pedrafita da Toxiza.
(Posíbel observación astronómica).
Localización:
Lugar:  A Toxiza, preto do Pico da Toxiza, serra do mesmo nome, pedrafita  emprazada na leve pendente S. da Pena do Cerro, integrada no parque eólico da Toxiza, a 140 m. S.L. da central eléctrica, en zona de monte baixo, monólito fincado presenta pequena inclinación S.L., no seu contorno, esparexidas abondan afloramentos rochosos de varias medidas, resaltan algunhas penas prominentes, e un posíbel aliñamento de pedras de baixa altura, elementos relacionados, segundo primeiros cálculos astronómicos, coa suposta  liña solar do amencer, nas orientacións solsticiais do ano, nunha área despexada con certa altitude. Ao carón do monólito atópase un camiño, sendo a zona do emprazamento megalítico un paso natural entre cumios, a poucos metros, abrollan algúns regos de auga, Rego de Penabranca, Rego da Ferrería, e outros que verten no Rego de Figueiras, aínda un pouco lonxe, no ámbito arqueolóxico, na freguesía de Os Remedios, Nosa Señora, atopamos o Castro de Recadieira e a Pena do Unto, na zona alta da mesma pódese ollar unha pía ou poza cunha canle, falan os naturais sobre a relación de posibles prácticas sacrificais en tempos remotos.
Toponimia de prospección:  arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Serra da Toxiza, Pena Corveira, Pico da Lebre, Monte dos Corvos, Pena do Cerro, Alto dos Paraños, Coto Vilariño, Penadurías, Penido do Corvo, Penido dos Galos, Fraga da Cancela, Andraedo, Monteagudo, Os Castelos, A Camposa, Penamoa, A Fragavella, Pico Paraños, etc...
Freguesía: Figueiras, San Martiño.
Concello: Mondoñedo.
Terra Mariña Central.
Lugo.
Coordenadas: Lat 43º 27´28,69´´N       Lon 7º 24´47,70´´O
683 m.s.n.m.

Imaxe:

Pedrafita da Toxiza.
Fonte imaxe: Jaime Senín.









OUTEIRO DE REI
Pedrafita marco da Barra.
(Posíbel  observación astronómica).
Localización:
Lugar: Preto do Pico das Mallas, nos Montes de Province, pequena chaira, con descenso na altimetría dirección O. cara ó Rego de Province, mesmo ó carón dun camiño, pedrafita abatida e desprazada do seu lugar de orixe (ao carón dunha fonte natural de auga) por mor dunha plantación de piñeiros, fai anos empregouse tamén o monólito para "rañar as bestas que tiñan o proído" principalmente as vacas, picor profundo e sensación molesta que afecta ó animal. Máis na croa do ben reparamos nun posíbel axexadoiro, fenda traballada, manipulación feita polo home prehistórico, para facer encaixar o astro sol, e, determinar datas relacionadas coas celebracións e ritos, mesmo témporas anuais, ou datas que sinalan quefaceres agrogandeiros, moi preto atopamos unha necrópole megalítica cunha ducia de mámoas.
Ámbito arqueolóxico: Paleolítico, megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
Toponimia de prospección:  arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Pico das Mallas, O Campón, Barcelos, Fonte do Campo, Province, As Carballeiras, Abuín, As Corredoiras, O Vilar, O Souto, Vicinte, O Cotón da Golfa, O Bochinche, O Cotón de Vicinte, Fonte Fría, A Laxe, O Carballal, Piñeiro, O Portelo, Aspai, A Gandarela, etc...
Freguesía: Aspai, San Cibrao.
Concello: Outeiro de Rei.
Terra Lugo.
Lugo.
Coordenadas: Lat 43º 4´40,88´´ N       Lon 7º 40´38,64´´ O
490 m.s.n.m.
Data publicación: 08.12.16

Imaxe:


Pedrafita marco da Barra.
Fonte imaxe: Xabier Moure.



Pedrafita marco da Barra.
Fonte imaxe Xabier Moure.


TRABADA
Pedrafita do marco da Pena Verde, ou A Pena Alta.
(Posíbel  observación astronómica).
Localización:
Lugar; Monte situado sobre Trabada, na prolongación da Serra de A Cadeira, Pena Verde, Monte do Marco, non lonxe da vía que comunica Vidal e Fórnea, chaira con maina pendente dirección N.L. descendente dende os cumios do Monte das Penas, 454 m.s.n.m. O ben localízase entre dous cursos fluviais, Rego da Pena Verde, e Rego do Requeixo. Documentos sinalan, no diploma do Rei Silo, século  VIII, como lugar de converxencia de camiños. As Pallaregas, necrópole, onde o crecente interese e sensibilidade polo megalitismo, denota a posta en valor do prezado xacemento, situado na redonda da pedrafita, o ben é empregado como marco divisorio-territorial das seguintes freguesías e concellos:
Freguesía: Vilamartín Pequeno, San Xoan Degolado, Concello: Barreiros.
Freguesía: Arante, San Pedro, Concello: Ribadeo.
Freguesías: A Fórnea, Santo Estevo e Vidal, San Mateo, Concello: Trabada.
Toponimia de prospección:  arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Marco da  Pena Verde, Monte do Marco, Pena Gorda, As Penas, Pé do Lugar, Lombo Gordo, Monte de Barreiros, O Rego, Quintá da Igrexa, Pico de San Xoan, Barcia, Penas Mouras, Agro de Vilar, Monte da Fórnea, Pena do Corvo, Pena Ansela, etc...
Freguesía: A Fórnea, Santo Estevo.
Concello; Trabada.
Terra  Mariña Oriental.
Lugo.
Coordenadas: Lat 43º 28´19,77´´ N       Lon 7º 11´54,84´´ O
451 m.s.n.m.

Imaxe:

Pedrafita do Marco da Pena Verde, ou A Pena Alta.
Fonte imaxe: Moncho Boga.

OURENSE
Proposta de Catalogación
Listaxe:

CONCELLOS DE OURENSE


AVIÓN
Pedrafita Lapa de Valdohome.
(Posíbel observación astronómica).
Localización:
Lugar: Chan do Valdohome, situada nunha pendente maina á beira dun camiño hoxe asfaltado, preto do nacente do río Valdohome, ao carón do parque eólico do Coto  Ovos, Serra do Suído, Cumpre función de pedrafita marco concorrente entre as provincias, concellos e freguesías seguintes:
Ourense, concello: Avión, freguesía: Abelenda, Santa Mariña. Pontevedra, concelllo: Fornelos de Montes, freguesía: A Laxe, San Xosé. Pontevedra, concello: A Lama, freguesía: Xesta, San Bartolomeu.
Toponimia de prospección:  arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Chan do Valdohome, Coto Ovos, Curral de Forzáns, Chan da Pena, Campo de Cereixa, Outeiro Malato, Catro Camiños, Campo Redondo, O Calco, Chan dos Mouros, Laxa Cuberta, etc...
Freguesía: Abelenda, Santa Mariña.
Concello: Avión.
Terra O Ribeiro.
Ourense.
Coordenadas: Lat 42º 21´55,25´´ N       Lon 8º 19´21,60´´ O
925 m.s.n.m.

Imaxe:

Pedrafita Lapa de Valdohome.
Fonte imaxe: Web Galicia Máxica.

BOLA, A.
Pedrafita do Monte de San Cibrao.
(Posíbel  observación astronómica).
Localización:
Lugar: Chaira no cumio do monte de San Cibrao, ao carón da ermida. Preto do cumio ten o nacente o regueiro Da Fulón, que verte no río Arnoia. A chaira é un campo tumular, unha necrópole megalítica ca presenza de varias mámoas. A rentes da ermida fica a marcaxe divisoria onde concorren os concellos e freguesías seguintes: Concello: A Bola, freguesía:  Pardavedra, Santiago. Concello: Allariz, freguesía: Seoane, San Xoán. Concello: A Merca, freguesía: Corvillón, Santa María. Concello: Rairíz de Veiga, freguesía: Guillamíl, Santo André.
Toponimia de prospección:
arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: As Fontes, Monte Rapado, A Rozada Vella,  Montián, A Penamá de Seoane, Souto Novo, A Moreira, etc...
Freguesía: Pardavedra, Santiago.
Concello: A Bola.
Terra Celanova.
Ourense.
Coordenadas: Lat 42º 09´10,90´´ N       Lon 7º 51´25,21´´ O
909 m.s.n.m.

Imaxe:

Pedrafita do Monte de San Cibrao.
Fonte imaxe: Rafa Quintía.

CASTRELO DO VAL
Pedrafita nos arredores do acceso superior ó Castro da Pena Boeira.
(Posíbel  observación astronómica).
Localización: 
Lugar: Monteveloso, entre Pedra Zancaleóns e Rega de Veiga, nunha penechaira situada a poucos metros da estrema co veciño concello de Riós, preto do monólito atopamos os nacentes dos regos do Porto e Portozón. na área próxima de Pena Boeira, constatase a presenza de xacementos arqueolóxicos de diferente orde temporal, mámoas, castro e elementos de presenza romana.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Os Penediños, Alto de Mourixoso, A Meiga, Pedra de Zancaleóns, A Cota, Pena Boeira, Monteveloso, Ladeira do Muiño, Monte Sextil ou Xestil, Alto do Mourozón, Rega de Veiga, O Lombeiro do Chao, Mesaces, Muiño de Aire, Touza do Carballo, Os Toxás, Pena da Gándara, Casteliños, Alto de Valfrancisco, A Portela, A Salgueira, San Paio, Corgadoiro,etc...
Freguesía: Piornedo, Santa Eufemia.
Concello: Castrelo do Val.
Terra Monterrei Verín.
Ourense.
Coordenadas: Lat 41º 59´24,69´´N       Lon 7º 21´ 29,96´´ O
950 m.s.n.m.

Imaxe:

Pedrafita no acceso superior ó Castro de Pena Boeira.
Fonte imaxe: Rafa Quintía.

MACEDA
Pedrafita marco do Couso.
(Posíbel  observación astronómica).
Localización:
Lugar: Alto do Couso, á beira do antigo camiño, hoxe estrada que discorre por: As Lamas, Seara Vella, etc... Non lonxe do asento da pedrafita, nace un regueiro que verte no río  Do Grañal. Función ben definida como marco de termo, sinala linde de dous concellos coas súas freguesías, marco onde concorren: Concello: Esgos, freguesía: Esgos, Santa Olaia. Concello: Maceda, freguesía: Zorelle, Santiago.
Toponimia de prospección: 
arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: As Chairas, Os Lagariños, As Lamas, As Queimadas, Penedos da Moura, Teso do Castelo, O Couso, Alto do Couso, Feirobal, A Quinta, etc...
Freguesía: Zorelle, Santiago.
Concello: Maceda.
Terra Allariz Maceda.
Ourense.
Coordenadas: Lat 42º 18´26,94´´ N       Lon 7º 40´57,74´´ O
713 m.s.n.m.

Imaxe:

Pedrafita marco do Couso.
Fonte imaxe: Antonio Gavilanes.

MELÓN
Pedrafita  marco Padrón.
(Confirma os equinoccios de primavera e outono, 21 de marzo, e 22 de setembro ao amencer e solpor, monólito in situ).
Localización:
Lugar: Marco Padrón, a pouca distancia da aldea A Fonte Santa, preto dun cortalumes e vello camiño, zona de lixeira pendente e de afloramentos graníticos, laxes, cumpre función de pedrafita marco concorrente entre as provincias, concellos e freguesías seguintes: Ourense, concello: Melón, freguesía: Melón, Santa María. Pontevedra, concello: A Cañiza, freguesía: Oroso, Santa María. Pontevedra, concello: Crecente, freguesía: A Ameixeira, San Bernabeu.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: A Fonte Santa, Cerrada do Coxo, Marco Padrón, Marco Pedroso, O Retiro, O Burgo, A Gándara, Coto da Cruz, Cerrada do Taberneiro, O Carbelo, Chan do Moiras, Sanguñedo, Valmourisco, A Portela, Val das Pombas, etc..
Freguesía: Melón, Santa María.
Concello: Melón.
Terra O Ribeiro.
Ourense.
Coordenadas: Lat 42º 14´00,27´´ N       Lon 8º 13´20,35´´ O
659 m.s.n.m.

Imaxe:


 Pedrafita marco Padrón.
 Fonte imaxe: autor 2012.

MONTEDERRAMO
Pedrafita da Virxe da Ribeira Sacra.
(Posíbel observación astronómica)
Localización:
Lugar: Estrada Ou-0602 Leboreiro-Montederramo, ao pasar a capela de San Roque e Santa María, qm. 5 á dereita na beiravía, nunha leve curva, antes de chegar a Montederramo. Monumento ornamental  promovido pola Asociación "Amigos de Montederramo", lembrando ás vítimas do "11 M". Na súa cara principal traballada na pedra unha capeliña e no seu interior a imaxe da Virxe da Ribeira Sacra, na croa da pedrafita reparamos nun rebaixe cóncavo, deseño característico das estruturas relacionadas coa observación astronómica dende a prehistoria, trazo de manifesta intención
antrópica, coñecido neste ámbito como axexadoiro, de axexar, propoñendo a súa  localización descontextualizada, a información recollida sobre o lugar de orixe do elemento, lévanos ata a Freguesía Ourensán de Vilar de Astrés, Purísima Concepción, no lugar de As Lameiras, non lonxe do Castro de Madrosende, áreas, segundo puidemos recoller información, arrasadas pola maquinaria escavadora destinadas para supostas zonas de urbanización, neste contexto cumpre salientar certos datos da contorna de As Lameiras, para discernir posíbel relación co lugar de orixe, As Lameiras é leve rechán da aba, dirección S. dende o cumio de As Mouras e Penalonga nas Garduñeiras 428 m.s.n.m. En dirección S. o Río do Porto e antigo camiño hoxe estrada que comunica con Paradela.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: (Área de As Lameiras, suposta zona orixinaria da pedrafita) As Lameiras, O Couso, As Mouras, Penalonga, San Mamede, As Porteliñas, As Garduñeiras, A Bouza, Cima, Paradela, Guxilde, O Monte, Astrés, Valdolide, As Fontelas, O Lagar, Chantada, Requeixo, Cima da Costa, Castro de Beiro, Castro de Madrodesende, etc...
(Asentamento actual): Freguesía: Montederramo, Santa María.
Concello: Montederramo.
Terra  Caldelas.
Ourense.
Coordenadas: Lat 42º 16´47,62´´ N       Lon 7º 30´22,73´´ O
905 m.s.n.m.

Imaxe:

Pedrafita da Virxe da Ribeira Sacra.
Fonte imaxe: Mónica Parente.

OURENSE
Pedrafita do Cepo
(Posíbel observación astronómica).
Localización:
Lugar: O Cepo, situado na pendente S. do monte Áspera, preto do Coto de Áspera, monólito en posición vertical, formando parte dunha zona de penedas e afloramentos rochosos, non lonxe da liña concorrente entre os concellos de Ourense e San Cibrao das Viñas, aínda que na actualidade, semella non existir o paso dun camiño polo sitio, non se pode desbotar a posibilidade da súa presenza en tempos remotos. No contexto arqueolóxico da zona, sinalar, en San Cibrao das Viñas, o xacemento do paleolítico inferior no lugar onde se atopa o Polígono Industrial, no ano 1977 apareceron pezas de talla de cuarcita, bifaces, útiles sobre lasca e outros, na contorna atopáronse petróglifos, topónimos como Os Castros e Castroverde, a Vía da Prata localízase a 1 Qm. A tradición oral sitúa no medievo ó topónimo Cepo, como lugar onde prendian ós reos pra axustizar, tamén penduraban as cabezas cortadas para exhibición pública, aínda que este último dato recóllese na pedrafita da Picota ou Pedra do Abellón, Camposancos, A Guarda, Pontevedra.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: O Cepo, Áspera, Coto de Áspera, Porto Seixiño, Veiga, A Bodega, Reboredo, O Bosque, Alto do Cumial, Bemposta, Santa Águeda, Noalla, Castroverde, Os Castros, A Queimada, A Granxa, O Rodeiro, Os Barreiros, Condado, O Marcado, etc...
Freguesía: Seixalbo, San Breixo.
Concello: Ourense.
Terra Ourense.
Ourense.
Coordenadas: Lat 42º 17´27,1´´ N       Lon 7º 51´08,5´´ O
307 m.s.n.m.

Imaxe:

Pedrafita do Cepo.
Fonte imaxe: Antonio Gavilanes.

Pedrafita marco de termo en Santa Mariña do Monte I.
(Denominada desta maneira polo autor do achado, o investigador Antonio Gavilanes).
(Confirma o solsticio de verán, 21 de xuño no solpor, monólito in situ).
Localización:
Lugar: Santa Mariña do Monte, a rente da estrada OU-101 Ourense-Maceda, Qm. 4, situado enriba dun outeiro, posiblemente fose nun tempo empregado como pedra de marcaxe territorial entre as freguesías de O Monte, Santa Mariña e Ourense, aproveitando a situación prominente e salientábel, na cara L. pódense ollar os trazos de varios chanzos, na croa atópanse  gravuras: unha cruz e varias coviñas. Non lonxe atopamos o nacente dun regueiro que verte ao Rego de Zaín, a configuración orográfica  da área está formada por abas e chairas descendentes do cumio de Montealegre 471 m.s.n.m. Dirección S.O. Existen xacementos arqueolóxicos  de moito interese na ampla contorna, petróglifos  da Pedra da Lagoa na mesma freguesía, a pedrafita do Cepo en Seixalbo e a pedrafita marco de Monterrei, O Pereiro de Aguiar.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas:  Santa Mariña do Monte, Camiño do marco-O campo de sa, O Chao, Camiño Fonte do Can, Cotoriño, Camiño Salgueiro, O Picouto, A Lagoa, As Leiras, As Regadas,  Monte da Costa, Porteliña, A Peza, Regueiriño, Presabella, A Capela da Portela, Montealegre, etc...
Freguesía: O Monte, Santa Mariña.
Concello: Ourense.
Terra Ourense.
Ourense.
Coordenadas: Lat 42º 19´17,35´´ N       Lon 7º 49´ 59,91´´O
350 m.s.n.m.

Imaxe:

Pedrafita marco de termo en Santa Mariña do Monte I.
Fonte imaxe: Antonio Gavilanes.

VERÍN
Pedrafita Toco das Cabras.
Modalidade Zoomorfa.
(Confirma o solsticio de verán, 21 de xuño no solpor, monólito in situ).
Localización:
Lugar: Toco das Cabras, A Costa, contorno do Pozo do Demo e As Fragas de Ábedes, espazo sagrado, relevante prehistórico, achados arqueolóxicos que abranguen un extenso período cronolóxico, dende o neolítico ata o medievo, algúns elementos que o compoñen: pedrafitas, círculos líticos, trilitos, pedras abaladoiras, petróglifos, lagares rupestres, castros, etc...Situada ao carón dun dos camiños vellos que leva a Veiga das Meás (Vilardevós), atópase na marxe esquerda dun regueiro que verte no regato das Quintas, a pedrafita está executada por medio da práctica da manipulación do propio penedo sobre o que se acha, outeiro granítico.
Revulsivo e anovador elemento, que xunto coa pedrafita Agro do Castro, Friol, Lugo, pertencentes á tipoloxía de observación astronómica, amosan ámbalas dúas  na súa croa, os trazos e fisionomía espectacular de seres fáunicos, (cabra na pedrafita do Agro do Castro, e o fociño do oso coa boca aberta,  a pedrafita de Coto das Cabras) considerando a proposta para denominar esta modalidade co nome de: pedrafitas de observación astronómica, modalidade zoomorfa, ver contextualización.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: A Fraga Grande, Toxo das Cabras, O Penedo Gordo, Campo Moreira, Pozo do Demo, Fragas de Ábedes, Copeliño, Anzás, As Quintas, O Picoto, As Meiriñas, Outeiro, Fraga dos Lobos, Campo de Coello, Carregás, Ribela, Toco das Cabras, A Costa, etc...
Freguesía: Cabreiroá, San Salvador.
Concello: Verín.
Terra Monterrei Verín.
Ourense.
Coordenadas: Lat 41º 55´25,27´´ N       Lon 7º 24´19,18´´ O
464 m.s.n.m.

Imaxe:

Pedrafita Toco das Cabras.
Fonte imaxe: Rafa Castro.

XUNQUEIRA DE ESPADAÑEDO
Pedrafita O Marco Vello.
(Posíbel  observación astronómica).
Localización:
Lugar: Campo do Eirado, Pardeconde, ao carón da ancestral verea que discorre: Ourense, o castro de Litoria e Astorga. Preto do Marco Vello atopamos algúns nacentes de cursos fluviais: Barranco do Porto e Barranco do Porto dos Carros. A Pedrafita cumpre función de marco de termo onde concorren tres concellos coas súas freguesías: Concello: Nogueira de Ramuín, freguesía: Cerreda, Santiago. Concello: Parada de Sil, freguesía: Caxide, Santa Cristina. Concello: Xunqueira de Espadañedo, freguesía: Os Pensos, San Pedro.
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Penas Cabaleiras, Os Lagares, O Castelo, Monte Meda, A Mallada Vella, Porto dos Carros, A Mallada, O Lameiro Vello, Meda, Os Corgos, etc...
Freguesía: Os Pensos, San Pedro.
Concello: Xunqueira de Espadañedo.
Terra Allariz Maceda.
Ourense.
Coordenadas: Lat 42º 21´15,37´´ N       Lon 7º 38´01,01´´ O
1.145 m.s.n.m.

Imaxe:
Pedrafita O Marco Vello.
Fonte imaxe: Antonio Gavilanes.


PONTEVEDRA
Proposta de Catalogación
Listaxe:


CONCELLOS DE PONTEVEDRA



CERDEDO-COTOBADE
Pedrafita Campo do marco.
(2 monólitos). (Confirma os equinoccios de primavera e outono, 21 marzo e 22 setembro, en estudo a confirmación do solsticio de verán, 21 de xuño), monólitos in situ.
Localización:
Lugar: Campo do marco, Cuiña, Quireza, chantada a poucos metros dunha mámoa, ao carón dun antergo camiño, preto de manancial de auga, pequena chaira, non lonxe do nacente do Rego do Batán, o ben é marco de termo, sinala o linde entre os concellos, freguesías e aldeas seguintes:
Campo Lameiro - Cerdedo.
Quireza, Santo Tomé - Morillas, Santiago.
Cuiña - Morillas.
Ámbito arqueolóxico: megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Campo do marco, A Portela, Estibadiña, Coto do Xesto, O Gavián, O Covelo, Mámoa Alba, Chan de Hospital, Alto dos Cabeiriños, Cuiña, Outeiro do Reconto, Outeiro Sordo, Rebordelo, Rego Laceira, Os Castrelos, Pena Redonda, Coto da Conla, Cruz do Campelo, As Lobateiras, etc...
Freguesía: Quireza, Santo Tomé.
Concello: Cerdedo-Cotobade.
Terra de Montes Terra de Tabeirós.
Pontevedra.
Coordenadas: Lat 42º 33´24.93´´ N       Lon 8º 28´25,88´´ O
521 m.s.n .m.
Data publicación: 19.03.17

Imaxe:

Pedrafita do Campo do Marco, Cerdedo.
Fonte imaxe: autor 2010.



Pedrafitas do Campo do Marco, Cerdedo.
Fonte imaxe: autor 2010.



Pedrafita Carballo Darxel.
(Confirma o solsticio de verán, 21 de xuño no solpor), monólito in situ.
Localización:
Lugar: Carballo Darxel, na concorrencia das freguesías de Viascón, Santiago e Carballedo, San Miguel non lonxe de Cuspedriños, chaira con leve pendente, a rente dun antigo cruzamento de camiños, nas inmediacións atópase o nacente do regueiro do Foxo,  pedrafita reempregada marco de termo das freguesías:
Carballedo, San Miguel e Viascón, Santiago.
Ámbito arqueolóxico: megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Carballo Darxel, A Canteira, Carballa Grande, Cotos Mosqueiros, As Brañeiras, Fonte das Ratas, O Foxo, Cavas Paridas, Chan da Besada, O Concello, As Laceiras, etc...
Freguesía: Carballedo, San Miguel.
Concello: Cerdedo-Cotobade.
Terra de Montes Terra de Tabeirós.
Pontevedra.
Coordenadas: Lat 42º 28´54,54´´ N       Lon 8º 30´34,10´´ O
441 m.s.n.m.
Data publicación: 25.03.17

Imaxe:


Pedrafita Carballo Darxel, sinala no axexadoiro da croa, o solsticio de verán, solpor.
Fonte imaxe: autor 2015.

Pedrafita Carballo Darxel, observación astronómica, confirma o solsticio de verán ao solpor.
Axexadoiro na croa tipo concavidade central.
Fonte imaxe: autor 2015.



LAMA, A
Pedrafita dos marcos ou Pedra da Grifa.
(Confirma os equinoccios de primavera e outono, 21 de marzo, e 22 de setembro ao amencer e solpor), monólito in situ.
Localización:
Lugar: Os Marcos, aba descendente dirección O. cara ó río da Xesta, mesmo ó rente do ben, ten o seu curso un antigo camiño, empregado tamén por arrieiros para transporte do viño do Ribeiro ata Compostela.
Ámbito arqueolóxico: Paleolítico, megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Os Marcos, Chan de Cavas de Alonso, A Xesteira, A Grifa, Chan de Outeiro de Roda, Bico da Laxa Branca, A Reboreda, O Aredo, Ermida dos Prados, As Billotas, Prado Grande, Meixiño do Pión, Ermida de San Lourenzo, O Outeiro, Xesta, etc...
Freguesía  Xesta, San Bartolomeu.
Concello: A Lama.
Terra Pontevedra.
Pontevedra.
Coordenadas: Lat. 42º23´02,61´´N       Lon. 8º22´42,13´´O
719 m.s.n.m.
Data publicación: 08.04.17

Imaxe:


Pedrafita dos marcos ou Pedra da Grifa. Axexadoiro na croa tipo lombo central.
Fonte imaxe: autor 2005.

Pedrafita dos marcos ou Pedra da Grifa, o sol sinala no axexadoiro a confirmación equinoccial.
Fonte imaxe: autor 2005.

Pedrafita dos marcos ou Pedra da Grifa. Cara N.
Fonte imaxe: autor 2005.



Pedrafita Montes de Xende I.
(posíbel  observación astronómica).
Localización:
Lugar: Monte do Ceo, entre o Campo do Medio e o Coto das Ferraduras, nun cruzamento de vellos camiños, pequena chaira, preto de dúas mámoas, o nacente do regueiro de Vilariño atópase nunha valgada próxima.
Ámbito arqueolóxico: Paleolítico, megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Monte do Ceo, Campo do Medio, Coto da Ferradura, Outeiro das Campás, Lombo da Moa, Xesteira Grande, Cachopas, Coto da Cavada, A Pousa,  O Cruceiro, A Costa, Alto da Costa, Alto das Fontaíñas, etc...
Freguesía: Xende, San Paulo.
Concello: A Lama.
Terra Pontevedra.
Pontevedra.
Coordenadas: Lat. 42º 23´12,52´´ N       Lon. 8º 26´09,57´´ O
623 m.s.n.m.
Data publicación: 09.04.17

Imaxe:


Pedrafita nos montes de Xende I, Monte do Ceo, a poucos metros dúas mámoas.
Fonte imaxe: autor 1999.

Pedrafita nos montes de Xende I, Monte do Ceo, entre vellos camiños e mámoas.
Fonte imaxe: autor 1999.



Pedrafita Montes de Xende II.
(posíbel observación astronómica)
Localización:
Lugar: Pedrafita chantada entre o Monte  Peón, e o Alto de Calderón, ampla chaira con pendente dirección S.O., ao carón de dous camiños transitables, na contorna ten o nacente o Rego de Antas, no chan da área próxima, xurden gurgullos de auga, o ben sinala a estrema das freguesías Xende, San Paulo, e Antas, Santiago.
Ámbito arqueolóxico: Paleolítico, megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc... 
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Alto de Calderón, Monte Peón, Campo das Erbas, Cambiche, Veiganova, A Fonte, Outeiro de Lamas, Xesteiro Amoedo, O Catadoiro, etc...
Freguesía: Xende San Paulo.
Concello: A Lama.
Terra Pontevedra.
Pontevedra.
Coordenadas: Lat. 42º 23´52.90´´ N       Lon. 8º 25´21.71´´ O
607 m.s.n.m.
Data publicación: 11.04.17

Imaxe:


Pedrafita nos montes de  Xende II,, chaira, camiño, manancial,
reemprego marco de termo freguesías Antas-Xende.
Fonte imaxe: autor 1991.


MARÍN
Pedrafita de Casas Vellas.
(Confirmou, cando se atopaba in situ; os equinoccios de primavera e outono, 21 de marzo, e 22 de setembro ao amencer e solpor, e tamén o solsticio de verán, 21 de xuño no solpor).
Localización:
Lugar: Casas Vellas, Chan de Currás, no ano 2003 foi trasladada do seu emprazamento orixinal, por mor da construción dunha estrada, o novo lugar onde se atopa chantada mantén a orientación astronómica semellante ó seu lugar de orixe, deste xeito é probable que a pedrafita confirme por medio dos seus axexadoiros, a posición solar correspondente ós equinoccios de primavera e outono, e o solsticio de verán, do mesmo xeito que cando se atopaba in situ. Aba con pendente dirección O. tendo dende o Coto das Penizas o cumio descendente altimétrico, nas inmediacións do ben atópanse manancial e camiño.
Ámbito arqueolóxico: Paleolítico, megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Casas Vellas, Currás, Coto das Penizas, Oubiña, A Devesa, O Lodeiro, O Campo, Ameal, Sobreiras, A Rúa Nova, A Moreira, As Salgueiras, Fixón, A Ponte do Campo, O Souto, A Torre, Matusán, Pardavila, Lavadoiro, Veliñas, A Brea, etc...
Freguesía: O Campo, Santa María.
Concello: Marín.
Terra Morrazo.
Pontevedra.
Coordenadas: Lat. 42º 22´5,20´´ N       Lon. 8º 42´52,23´´ O
159 m.s.n.m.
Data publicación: 15.04.17

Imaxe:


Pedrafita de Casas Vellas, Chan de Currás, cara N. in situ,
trazo fálico.
Fonte imaxe: autor 1995.
Pedrafita de Casas Vellas, Chan de Currás, cara N.
trazo fálico.
Fonte imaxe: autor 2015.


POIO
Pedrafita do Penedo. (dous monólitos) 
(confirma o solsticio de inverno nas primeiras horas do día 21 de decembro).
Localización:
Lugar: O Penedo, ó rente do camiño da Xestosa ou da Costa, A Xestosa, Albar, pequena chaira, mananciais na contorna, monólitos situados a poucos metros da estrema entre as freguesías de Poio, San Xoán e Poio, Divino Salvador. Dos dous monólitos (imaxe), o da esquerda posiblemente decapitado, forman parte da estrutura (interacción: pedrafitas-penedo), (na superficie superior do penedo presenta rexistro de varias coviñas e pias, ó mesmo tempo destaca unha fenda lonxitudinal dirección S.L. - N.O. posiblemente aproveitada como canle axexadoiro e dividindo o penedo en dous), resultante dun observatorio astronómico, definindo o mobiliario pétreo con medida e situación equidistante e simétricamente, establecendo unha liña de seguimento visual do solsticio de inverno dende a prehistoria.
Ámbito arqueolóxico: Megalítico, petróglifos, castros, etc...
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: O Penedo, A Xestosa, Albar, Liñares, Lavadeiro, Encoirados, Monte da Graña, Coruxa, Estanco, As Laxes, Poio de Arriba, Viñas, O Casal, Campo Liñares, Monte Tomba, Sineiro, A Lagoa, A Porteliña, etc...
Freguesía: Poio, Divino Salvador.
Concello, Poio.
Terra Pontevedra.
Pontevedra.
Coordenadas: Lat. 42º 26´16.5´´ N       Lon. 8º 40´12.1´´ O
111 m.s.n.m.
Data publicación: 18.04.17

Imaxe:


Pedrafita do Penedo, dous monólitos, a pedrafita da esquerda posiblemente decapitada, deseguido o penedo partido en dous, coa  canle axexadoiro no medio (superficie superior do mesmo: coviñas e pias), observamos no mobiliario pétreo con relación ó astro solar, as distancias e posicións equidistantes e simétricas definindo un plano de observación astronómico onde o axexadoiro no penedo e as pedrafitas materializan a liña de seguimento visual do solsticio de inverno.
Fonte imaxe: autor 2016.


PONTE CALDELAS
Pedrafita  Pé da  Múa ou Pedra Afiadoira.
(Confirma os equinoccios de primavera e outono, 21 de marzo, e 22 de setembro ao amencer e solpor, monólito in situ).
Localización:
Lugar: Pé da Múa, mesmo ó rente dun vello camiño, hoxe estrada: PO-0204, situada nun leve rechán da aba descendente dirección O. dende o monte Campo de Cuñas, un pouco afastadas do ben, teñen o seu curso varias correntes fluviais: Regueiro de San Vicenzo, Regueiro Laxadoira, Regueiro de Porta Muiño, Regueira Roriz e Fonte Raíña, o ben sinala a estrema dos lugares e montes veciñais de Gradín e Cuñas, a uns 500 m. atópanse os petróglifos da laxe Pedra do Cervo, a pedrafita fixo de referente no traxecto ó traballo dos labregos da contorna, a xente facía un repouso no camiño ao carón do monólito, e cando marchaban para o monte afiaban os legóns e fouciñas nesta "Pedra Afiadoira".
Ámbito arqueolóxico: Megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Pé da Múa, Gradín, Campo de Cuñas, Os Cambeiros, O Graíño, Fonte Fría, Castelo Grande, Casteliño, Coto Xesteira, O Souto, Gramil, O Solar, Porta do Sol, Costa do Bo, etc...
Freguesía: Ponte Caldelas, Santa Baia.
Concello: Ponte Caldelas.
Terra Pontevedra.
Pontevedra.
Coordenadas: Lat. 42º 24´24,78´´ N       Lon. 8º 30´21,06´´ O
424 m.s.n.m.
Data publicación: 20.04.17

Imaxe:


Pedrafita Pé da Múa ou Pedra Afiadoira, ao carón de
camiño antergo (hoxe estrada asfaltada).
Fonte imaxe: autor 2015.


Pedrafita Pé da Múa ou Pedra Afiadoira, confirmación
no solpor, (o sol sobre o axexadoiro de lombo central)
do equinoccio de primavera.

Fonte imaxe: autor 2015.





Pedrafita Pé da Múa ou Pedra Afiadoira, croa da pedrafita: axexadoiro tipo lombo central.
Fonte imaxe: autor 2015.


PONTEVEDRA
Pedrafita   Marco das Tres Cruces.
(Confirma os equinoccios de primavera, e outono, 21 de marzo, e  22 de setembro ao amencer e solpor, monólito  in situ).
Localización:
Lugar: Monte Lourado, Serra da Fracha, erguese como marco de termo na confluencia das freguesías e concellos seguintes:
Marcón, San Miguel e A Canicouva, Santo Estevo, concello de Pontevedra.
Xustáns, San Martiño, concello de Ponte Caldelas.
Fai tempo a pedrafita facía linde de tres concellos: Pontevedra, Ponte Caldelas e Ponte Sampaio, este último agora é unha freguesía do concello de Pontevedra.
Ao carón da pedrafita ten o seu decurso un antigo camiño dirección N.S. Moi preto do ben atópase un manancial de auga, empregado como bebedoiro polas bestas ceibes da serra, nun pequeno montiño, na estrema dunha chaira, atópase chantada a pedrafita, ademais do bebedoiro antedito, varios ríos e regos teñen o seu nacente na propia contorna: Río do Pobo, Rego Covelo, Rego Prafita, Río de Bouzamigo.
Ámbito arqueolóxico: Paleolítico, megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Monte Lourado, Serra da Fracha, O Quebradoiro, Outeiro Ladrón, Rega de Saramagoso, Fonte Cadela, Argallás, Os Regueiros, O Pousadoiro, Os Loureiros, Pozo das Vacas,  Paraños, Fonte da Pena Longa de Pintos, Outeiro Branco, etc...
Freguesía: Marcón, San Miguel.
Concello: Pontevedra.
Terra Pontevedra.
Pontevedra.
Coordenadas: Lat. 42º 23´38´´ N       Lon. 8º 35´42´´ O
472 m.s.n.m.
Data publicación: 22.04.17

Imaxe:



Pedrafita marco das tres cruces, monte Lourado, cara O.
Fonte imaxe: autor 2005.

Pedrafita marco das tres cruces, cara N. destacado trazo fálico.
Fonte imaxe: autor 2005.
Pedrafita de observación astronómica marco das tres cruces, croa tipo lombo central, confirma  os
dous equinoccios do ano -primavera e outono-, a recta do calibre destaca as dúas pequenas concavidades laterais e o lombo central: axexadoiro, lugar por onde o axexante axexa a posición do
sol sobre a pedrafita.
Fonte imaxe: autor 2005.



Pedrafita Pedra Longa.
(Confirma o solsticio de verán, 21 de xuño nas primeiras horas da saída do sol monólito in situ).
Localización:
Lugar: Pedra Longa, Os Regueiros, Valadares, bloque granítico natural, que pola súa fisionomía, manipulación da croa para función de observación astronómica, contexto, e recollida de folclore, consideramos pedrafita de observación astronómica. Situada no rechán dunha aba con pendente descendente marcada, dirección N.L., e preto do nacente dun regueiro que verte ao Río do Pobo, atópase o ben nun cruzamento de camiños antigos, non lonxe localizamos outro bloque granítico natural manipulado no lugar Fonte da Pena Longa de Pintos.
Ámbito arqueolóxico: Paleolítico, megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Pedra Longa, Os Regueiros, Presas Novas, Pumariño, A Valadiña, Valadares, A Costiña, Paraños, Argallás, Fonte da Pena Longa de Pintos, Cume da Pena Longa de Pintos, O Pousadoiro, Serra da Fracha, etc...
Freguesía: Marcón, San Miguel.
Concello: Pontevedra.
Terra Pontevedra.
Pontevedra.
Coordenadas: Lat. 42º 23´58,68´´ N       Lon 8º 36´27.20´´O
276 m.s.n.m.
Data publicación: 23.04.17
Imaxe:


Pedrafita Pedra Longa, Valadares, Marcón, Pontevedra, croa e axexadoiro.
Fonte imaxe: autor 2014.


Pedrafita Pedra Longa, cara O. axexadoiro na croa.
Fonte imaxe: autor 2014.


Pedrafita Pedra Longa, confirmación solsticio de verán,
o sol encaixa equidistante no axexadoiro, amencer do
21 de xuño.
Fonte imaxe: autor 2014.


SANXENXO
Pedrafita de Miraflores. 
(posíbel  observación astronómica).
Localización:
Lugar: Miraflores, parque homónimo, nos anos 90 do século XX, coa construción dun edificio, e, ó extraer a terra para facer os alicerces, foi atopada unha man de pedras, depositadas todas xuntas nunha morea  apartada, co tempo e esquecidas estiveron acochadas debaixo das erbas e silveiras que medraron, anos despois dende o servizo de xardíns do concello de Sanxenxo distribuen as pedras no viciño parque de Miraflores, ao carón do Pazo de Cultura, situan os elementos pétreos acorde á ornamentación vexetal do parque, entre árbores, plantas, erba, etc...A sorpresa foi que o ben en cuestión foi chantado polos operarios do servizo de xardín nunha pequena pendente de erba, na base ten situado un calzo, chamou a miña antención a forma da pedra en vertical así como a súa croa, manexando a hipótese  sobre a súa  relación co grupo de pedrafitas de observación astronómica. As 19 pedras ciscadas polo parque é probable puideran ter funcionalidade nunha estrutura megalítica (círculo de pedras, aliñamanto, etc..) no terreo onde agora se atopa o edificio, ao carón do Pazo de Cultura.
Zona rechán, Rego da Carabuxeira e fonte de auga nas inmediacións, antigo camiño dende beiramar á mámoa do Con da Ventureira, necrópole megalítica do Chan da Gorita e pedra abaladoira da Cabalaria. En liña recta dende o Parque de Miraflores, e, a menos de 1.000 m. atópase a coñecida pedrafita de Padriñán ou Pedra do Santo.
Ámbito arqueolóxico:  Megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Miraflores, Os Seixiños, Monte de Reis, Padriñán, Reis, A Carabuxeira, A Laxe, Aldariz, Monte do Cura, A Florida, Con da Ventureira, etc...
Freguesía: Padriñán, Sanxenxo.
Concello: Sanxenxo.
Terra Salnés.
Pontevedra.
Coordenadas: Lat. 42º 24´11.46´´ N       Lon. 8º 47´57.21´´ O
31 m.s.n.m.
Data publicación: 25.04.17

Imaxe:


Pedrafita de Miraflores, Sanxenxo, posíbel observación astronómica, empregada como ornamento.
Fonte imaxe: autor 2013.


Pedrafita de Miraflores, Sanxenxo, posíbel observación astronómica, axexadoiro no curuto da croa
tipo concavidade central.
Fonte imaxe: autor 2013.


VILABOA
Pedrafita Mollón de Matos Campos.
(Confirma os equinoccios de primavera, e outono, 21 de marzo, e  22 de setembro ao amencer e solpor, monólito  in situ, posible cabeceira de aliñamento de máis de 10 pedrafitas orientación L.O.).
Localización:
Lugar: Matos Campos, Postemirón, manancial de auga e curso do Rego das Veigas na contorna, chantada a pedrafita  ó carón mesmo dun antigo camiño, hoxe estrada EP-0103, dirección L., o remate do posible aliñamento cadra co paso doutro antigo camiño O. Ámbalas dúas vías teñen o seu curso dirección N.S., a zona é un amplo rechán da aba descendente  ó L. dende o punto elevado de nome Alto da Encavada, 419 m.s.n.m.
Ámbito arqueolóxico:  Megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
Toponimia de prospección: arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Matos Campos, Postemirón, As Cavadas, Pozo Simón, Cavada Portas, Alto da Encavada, Charroada, Veigas do Muiño, Outeiro do Coto, Portafoxo, Aldea de Abaixo, Outeiro da Graña, Campo Chapado, Monte Pedra Longa, Cavada do Pito, etc...
Freguesía: Vilaboa, San Martiño.
Concello: Vilaboa.
Terra Pontevedra.
Pontevedra.
Coordenadas: Lat. 42º 22´ 39.83´´ N       Lon.8º 39´37.10´´ O
301 m.s.n.m.
Data publicación: 25.04.17

Imaxe:


Pedrafita Mollón de Matos Campos, Postemirón, Vilaboa.
Axexadoiro na croa tipo concavidade central.
Fonte imaxe: autor 2016.


Pedrafita Mollón de Matos Campos, Postemirón, Vilaboa.
Croa da pedrafita, axexadoiro concavidade central, (a base do nivel axuda a destacar a forma cóncava do axexadoiro no centro da croa).
Fonte imaxe: autor 2016. 



Pedrafita Mollón de Matos Campos, Postemirón, Vilaboa.
Rechán da aba onde se localiza a pedrafita, mesmo ao carón da estrada, cabeceira do posible aliñamento de pedrafitas, que en ringleira L.O. remata no camiño posterior.
Fonte imaxe: autor 2016.



Pedrafita Mollón de Matos Campos, Postemirón, Vilaboa.
Fonte imaxe: autor 2016.










Pedrafitas de observación astronómica, total Galicia:  33

Ningún comentario:

Publicar un comentario