Para achegarse ao vocabulario relacionado co fenómeno das pedrafitas en Galicia:
Abrasión: Técnica empregada para gravar os petroglifos raendo ou desgastando a pedra por fricción.
Agricultura: A agricultura e tamén a gandería (domesticación de animais) comenza no neolítico.
Aixola: Peza de metal ou pedra puída empregada como elemento cortante.
Alabarda: Arma de pedra tallada, con forma triangular, do período megalítico. Coñecida tamén un arma da Idade do Bronce cunha gran punta, enmangada nunha hasta, representada nos petroglifos galegos.
Aliñamento: Sucesión rectilinea de megalitos, xeralmente pedrafitas.
Altitude: Elevación dun punto con relación ao nivel do mar.
Alxibe: Cisterna, construcción subterranea para almacenar auga.
Amencer: Abrir o día, aparecer a luz do sol pola mañá.
Amuleto: Obxeto ao que se lle adxudican virtudes extraordinarias, talismán.
Animismo: Adoración das forzas da natureza.
Anta: Denominación que recibe en galicia e Portugal o monumento megalítico coñecido universalmente como dolmen, xeralmente acóchase no interior dunha mámoa, formada por varios esteos verticais e cubertos por un ou varios horizontais a modo de tampa.
Antrópico: Referencia á modificación, alteración executada pola especie humana.
Antrópico: Referencia á modificación, alteración executada pola especie humana.
Antropoloxía: Disciplina que ten por obxeto as características físico-biolóxicas do ser humano, así como as súas producións culturais.
Antropomorfo: Representación que suxire a forma do corpo humano e que se aplica á escultura, motivos decorativos, etc.
Apotropaico: Que serve para atraer ou alonxar a influencia dos malos espíritus. Figuras pequenas ou amuletos prehistóricos interprétanse con esta finalidade.
Ara: Altar, pedra consagrada ás divinidades, ofrecemento de sacrificios.
Arqueoastronomia: Estudo dos xacementos arqueolóxicos relacionados coa astronomía por culturas antigas, así como o grao de coñecemento astronómico e os diferentes instrumentos empregados por estas culturas.
Arqueoloxía: Do grego arkaios (antigo) e logos (tratado, ciencia). Estudo da antigüedade a traves dos restos materiais que deixou o home.
Arte rupestre: Motivos artísticos gravados ou pintados nas rochas, xeralmente ao aire leibre.
Astronomía: Ciencia que estuda os movementos e fenómenos dos corpos celestes do universo, planetas, satélites, cometas, estrelas, galaxias etc.
Axexadoiro: (De axexar), observar con atención. Área situada na croa das pedrafitas de observación astronómica, e outras estruturas, cumprindo función de lugar de observación e comprobación dos posicionamentos do sol (solsticios, equinoccios e outras datas) para confirmar o comenzo ou remate dunha xeira estacional (climática), ou datas relacionadas co ámbito de crenzas, cultos e festividades de pobos prehistóricos e antigos.
Tipos de axexadoiros:
Lombo central.
Lateral.
Concavidade central.
Entre dous paus.
Axexante: Que axexa (persoa que axexa).
Axexar: Observar con atención, algo ou alguén.
Baixorrelevo: escultura feita sobre un plano de fondo, do cal sobresae menos da metade do seu volume.
Axexante: Que axexa (persoa que axexa).
Axexar: Observar con atención, algo ou alguén.
Baixorrelevo: escultura feita sobre un plano de fondo, do cal sobresae menos da metade do seu volume.
Betilo: Pedra sin labrar ou traballada rudimentariamente, con forma cónica, pode ser ídolo de aspecto antropomorfo e mesmo simbolo-divinidade.
Biface: Peza lítica tallada polas dúas caras para acadar un fío ou aresta cortante.
Cabalar: Que evoca o cabalo, pola semellanza nalgunha característica.
Cabalar: Que evoca o cabalo, pola semellanza nalgunha característica.
Calco: Procedemento para obter unha copia exacta, xeralmente nas gravuras rupestres ao aire libre.
Calcolítico: Período da prehistoria no que se inicia a metalurxia, sendo o cobre o primeiro metal traballado. Xurde en Galicia arredor do 2300 aC. Coñecido tamén como Eneolítico.
Calzo: Pedra ou calquer obxeto apropiado colocado ao carón, ou por debaixo dunha cousa, para que non se mova ou para que se asente ben.
Camara megalítica: (no interior da anta) Cámara composta por esteos.
Campaniforme: Tipo de cerámica que aparece ao remate do megalitismo, caracterizada pola súa forma de campá invertida e decoración con bandas.
Camposanquense: Pico neolítico proveniente dos xacementos de Camposancos (A Guarda).
Carácter orxiástico: Unión sexual representada de forma simbólica ou real, (muller-home ou muller-falo-pedrafita) dentro das prácticas máxico-relixiosas e cerimonias de culto á fecundidade.
Carbono 14: Sistema de datación absoluta baseado no contido do isótopo radiactivo C -14 existente en materias orgánicas prehistóricas como o carbón vexetal, ósos, madeira etc. Que se vai desintegrando a partir da morte dun ser vivo cunha cadencia fixa.
Cartografía: Ciencia que se ocupa de realizar mapas e planos nos que se representa determinada información.
Castro: Aldea ou recinto fortificado da Galicia prehistórica, de forma oval ou circular, de carácter defensivo, provisto de un ou de varios muros concéntricos precedidos xeralmente dun foxo, e situados no cume ou na aba dos montes, esporóns costeiros, illas e chairas. As construccións adoitan ter planta circular ou rectangular.
Cata: En arqueoloxía, zona reducida en extensión que se escava co fin de orientar ao arqueólogo sobre as características da área a escavar con máis amplitude.
Celtas: Conxunto de pobos de europa, chegan e asentanse ao longo do primeiro milenio (1200 a.C.) falaban linguas indoeuropeas, indicativo dunha orixe común, a sociedade celta estructurábase en clans, eran animistas e contaban con guias espirituais-sacerdotais.
Cerámica: Obxeto fabricado con arxila húmida que se endurece por coción ou secado.
Chaira: Terreo chan de certa extensión, planicie.
Chanta: Lousa que se crava no chan, chanto.
Cicel: Instrumento de pedra ou ferro, empregado para labrar pedras a golpe de maza.
Cipo: Piastra ou columna, a súa función pode ser conmemorativa ou funeraria.
Círculo lítico: Construcción megalítica disposta en círculo formada por pedrafitas.
Cista: Estructura funeraria individual cadrada ou rectangular, xeralmente megalítica asociada á Idade do bronce.
Citania: Termo aplicado en Portugal e Galicia para designar castros de grandes dimensións.
Civilización: Características culturais, sociais e de desenvolvemento material que distinguen a un grupo humano, podendo abarcar ámbitos xeográficos e etnográficos máis amplos.
Clan: Na antropoloxía cultural, o termo indica o sistema de parentesco unilateral que descende e toma nome dun devanceiro común. Son tamén agrupacións de parentesco extensas, divididas en linaxes e outras categorías onde a descendencia pode ser patrilineal ou matrilineal.
Clase social: Conxunto de individuos que comparten unha situación económica e social.
Climatoloxía: Rama da xeografía que se ocupa do estudo do clima e do tempo meteorolóxico.
Contexto arqueolóxico: Todo o que arrodea un achado arqueolóxico, achegando información para a súa situación nun espazo e nun tempo determinado, facilitando a súa comprensión.
Coordenadas xeográficas: Sistema de referencia que emprega as dúas coordenadas angulares, latitude (Norte e Sur) e lonxitude (Leste e Oeste) servindo para determinar os ángulos laterias da superficie terrestre, permitindo situar con precisión un punto calquera na terra.
Corredor: Paso que emboca na anta.
Coiraza: Estructura en pedra que envolve a mámoa, para protexela da erosión e para facela visible na paisaxe.
Coitelo de silex: Peza que ten un bordo sen retoque, cortante, mentres o outro foi retocado de xeito que non corte.
Copular: Entre muller e home, unión sexual.
Couto: Do latín cautu, "lugar cercado", son territorios ou espazos coutados dependentes dun antigo señorío laico ou, as máis das veces, a un señorío eclesiástico xeralmente dependente dun mosteiro. Orixinarios da idade media, os habitantes destes coutos, estaban subordinados a un señor ou comunidade, co dereito de administrarlles xustiza, ó ter directo dominio sobre todos os habitantes. Os Coutos tamén podian ser cedidos polos seus propietarios a outras persoas, como recompensa a unha fazaña, normalmente militar.
Couto: Do latín cautu, "lugar cercado", son territorios ou espazos coutados dependentes dun antigo señorío laico ou, as máis das veces, a un señorío eclesiástico xeralmente dependente dun mosteiro. Orixinarios da idade media, os habitantes destes coutos, estaban subordinados a un señor ou comunidade, co dereito de administrarlles xustiza, ó ter directo dominio sobre todos os habitantes. Os Coutos tamén podian ser cedidos polos seus propietarios a outras persoas, como recompensa a unha fazaña, normalmente militar.
Coviña: (cazoliña) Na arte rupestre, ocos semiesféricos gravados na pedra.
Cremación: Procedemento empregado en determinados rituais funerarios consistente en queimar os cadáveres.
Cristianización: Fenómeno consistente en aplicar a conversión da fe Cristián a individuos e pobos enteiros, engade a práctica de eliminar e oblitear as culturas, crenzas e tradicións indíxenas dos conversos e axustalas ós usos cristiáns.
Cristianización: Fenómeno consistente en aplicar a conversión da fe Cristián a individuos e pobos enteiros, engade a práctica de eliminar e oblitear as culturas, crenzas e tradicións indíxenas dos conversos e axustalas ós usos cristiáns.
Croa: (zona. área alta) É a zona superior das pedrafitas, nas croas localizanse os axexadoiros das pedrafitas de observación astronómica, e a glande do membro masculino, representada nas croas das pedrafitas fálicas.
Cronoloxía: Ciencia que fixa a orde e a data no que aconteceu un feito.
Cruz: Figura formada por dúas liñas que se atravesan ou cortan en ángulo recto, recibindo o nome de brazos.
Cultura: Conxunto de hábitos, coñecementos, valores sociais e manifestacións artísticas dunha época, dun pobo ou dun grupo social.
Cultura material: Relativo a todos que fan posible a vida humana nunha contorna determinada.
Cuncheiro: Depósito que se atopa nos xacementos arqueolóxicos formado por restos de cunchas e espiñas de peixes.
Denticulado: Termo utilizado en tipoloxía prehistórica, aplicable a útiles que presentan unha serie de escotaduras obtidas por retoque.
Devanceiro: Antepasado, proxenitor.
Eneolítico: Período prehistórico no que se une ao traballo da pedra o descubrimento do cobre, do bronce, do ouro e a prata, que se traballa con técnicas líticas.
Enxoval: Conxunto de obxetos (puntas de frecha, machados, aixolas, cerámicas) e de alimentos que se depositaban nas cámaras megalíticas a carón de cada corpo falecido.
Epigráfico: De epigrafía, ciencia do coñecemento e interpretación das inscripcións
Equinoccio: Época na que o sol atópase sobre o ecuador, facendo que os días sexan iguais que as noites en toda a terra, acontecendo anualmente do 20 ao 21 de marzo e do 22 ao 23 de setembro.
Era cristiana: Período histórico e cronolóxico iniciado co nacimento de Xesús cristo.
Escavación arqueolóxica: Método consistente en desenterrar os obxetos realizados polo home en épocas pasadas.
Escultura: Arte de modelar, tallar, e esculpir en pedra, madeira, metal ou outro material.
Espiral: Liña curva que dá voltas arredor dun punto alonxándose progresivamente del.
Estación climática: Períodos do ano nos que as condicións climáticas imperantes se manteñen, nunha determinada área ou extensión xeográfica dentro dun certo rango.
Estatua-pedrafita: Monumento monolítico antropomorfo, pode atoparse gravada algunha faciana, quizáis en baixorrelevo ou representando unha figura humana, a personaxe é representada na súa totalidade ou en parte. Adscrición Idade do bronce.
Estela-pedrafita: Pequeno monumento, xeralmente monolítico, erixido en conmemoración ou lembranza dalgún acontecemento. Adoitase inscribir nas súas caras símbolos ou signos, figuras e mesmo textos dando explicación de por qué ficaban chantados. Adscrita á Idade do bronce.
Esteo: Piar, pé dereito, columna, estaca.
Estéril: Infecundo, non ten capacidade para procrear.
Estratigrafía: Estudo dos distintos niveis dun xacemento arqueolóxico permitindo datar os distintos materiais atopados en cada estrato.
Esvástica: Signo solar, presenta formas variadas, a miudo con aspecto circular e numerosos radios.
Etnoarqueoloxía: Disciplina pola que se obtén información de sociedades actuais que pode achegar unha interpretación arqueolóxica das sociedades do pasado, compartindo métodos da antropoloxía.
Exvoto: Ofrenda á divinidade en cumprimento dunha promesa.
Fábrica: Construcción, obra.
Fálico: pertencente ao falo, membro sexual masculino, pene, representativo da fertilidade.
Fecundidade: Capacidade para a reproduccion.
Fertilidade: Que produce moito, está en condicións de producir, vizoso.
Fusiforme: Con forma de fuso.
Galaicos: Pobos que habitaban o noroeste peninsular: actual Galicia, norte de Portugal, occidente de Asturies e León. Dende finais do Imperio Romano de occidente ata a idade media, o termo gallaecus designou aos habitantes de Galicia.
Glande: Extremo do pene, cabeza do membro sexual masculino.
Historia: Ciencia que estuda os feitos importantes que aconteceron no pasado e protagonizados polos seres humanos.
Icona: Imaxe, signo que representa unha idea ou obxeto cos que mantén unha relación de semellanza.
Idade do Bronce: Período da prehistoria (1800 ata 600 a.C.) caracterizado por importantes cambios sociais e económicos e a aparición da metalurxia coa fabricación de armas e xoias de cobre e ouro, apoxeo dos petroglifos.
Idade do Ferro: Período protohistórico (século VI a.C. e século I d.C.) onde aparece a metalurxia do ferro. Presenza Celta en chan galego.
Idade Media: Período histórico que se estende en europa dende comenzo do século V ata o remate do século XV.
Ídolo: Pequenas figuras lixeiramente antropomorfas atopadas nas escavacións dalgunhas antas, imaxe con atributos divinos.
Idoliforme: Con forma de ídolo.
Inculturación: É un termo que, principalmente na Igrexa Católica, significa a harmonía do cristianismo coas culturas dos pobos.
Proceso de integración dun individuo, grupo ou cultura, na sociedade coa que entra en contacto.
Indíxena: Todo aquelo, senso amplo do termo, que é relativo a unha poboación de orixe do territorio no que habita, que naceu no lugar do que se trata.
Inculturación: É un termo que, principalmente na Igrexa Católica, significa a harmonía do cristianismo coas culturas dos pobos.
Proceso de integración dun individuo, grupo ou cultura, na sociedade coa que entra en contacto.
Indíxena: Todo aquelo, senso amplo do termo, que é relativo a unha poboación de orixe do territorio no que habita, que naceu no lugar do que se trata.
Industria lítica: Relativo á fabricación de útiles en pedra.
Inscultura: Gravado rupestre realizado coa técnica do piqueteado continuo, proporcionando incisións anchas e profundas.
Lares: Divinidades menores da relixión romana que adoptan diferentes variantes e que na Gallaecia aparecen representados na epigrafía, sobre todo na forma dos lares viais, os deuses dos camiños.
Latín: Lingua de orixe indoeuropea falada na antiga Roma.
Litolatría: Culto ou veneración relixiosa á pedra.
Machado: Ferramenta de pedra ou metal enmangada para cortar ou fender.
Mámoa: Túmulo artificial feito de terra e pequenas pedras, de forma semiesférica, sinalando e gardando lugar de enterramentos. No seu interior pódense atopar estructuras pétreas (antas), as súas dimensións oscilan nun máximo de 30 metros de diámetro e 5 de altura. Outras maneiras de nomear este monumento: madorna, medoña, medorra, modia, madroa e tamén mota entre outras.
Megalítico: Período prehistórico caracterizado pola construcción con grandes pedras destinadas, fundamentalmente, a usos funerarios, fecundidade e observación astronómica, que implica unha primeira monumentalización da paisaxe.
Mesolítico: Período da Idade de pedra de transición entre o Paleolítico e o Neolítico.
Microlitos: Pezas de pequeno tamaño, aplicadas aos períodos Paleolítico e Neolítico.
Miliario: Fito das calzadas romanas de grande tamaño, marcando as distancias en millas ao punto de orixe e destino, tamén reflectía inscrito nas súas caras o nome do emperador romano.
Mitoloxía: Narración sobre divinidades ou heroes fabulosos.
Monólito: Monumento ou columna feitos dun só bloque de pedra.
Mouros: Seres imaxinarios e fantásticos con poderes sobrenaturais, presentes na memoria do labrego galego, presentes tamén no folclore Portugués. Construen mámoas e castros, chantan pedrafitas, aparecen onde hai tesouros acochados, ao carón das pontes, fontes, ríos, covas, castelos etc.
Muiño naviforme: Formado pola base: bloque de pedra alisado na súa parte superior que presenta unha forma xeral de tipo rectangular redondeada polos seus extremos, e o pisón: pedra redondeada pola parte superior e lisa.
Muralla: Fortificación permanente dunha praza, poboado, cidade etc.
Museo: Lugar onde de modo permanente se exhiben ao público coleccións e obxetos de arte.
Necropole: Cidade dos mortos, onde hai enterramentos das épocas antigas, lugar onde se atopan mámoas e antas megalíticas, atopándose a pedrafita, algunhas veces vinculada a este espazo.
Neolítico: Período da prehistoria que segue ao Mesolítico, caracterízase por ser a idade da pedra pulida, descúbrese a agricultura e a gandería, co que se pasa do nomadismo do paleolítico ao sedentarismo, está asociado ao Megalitismo e aparecen as primeiras cidades.
Neomegalitismo: Neo: elemento de orixe grega que significa "novo", Megalitismo: período prehistórico caracterizado pola construcción con grandes pedras destinadas, fundamentalmente, a usos funerarios, fálico-fecundantes e observación astronómica, que implica unha primeira monumentalización da paisaxe. O Neomegalitismo, e unha corrente ou tendencia supostamente orixinaria de Europa, relacionada co chantado de pedras, algunhas de nova feitura, outras froito de presuntos desprazamentos de pezas ou bens orixinarios, transportado do seu asentamento prehistórico. É común podelos ollar en determinados xardíns, espazos e áreas, tanto públicas como privadas.
Neomegalitismo: Neo: elemento de orixe grega que significa "novo", Megalitismo: período prehistórico caracterizado pola construcción con grandes pedras destinadas, fundamentalmente, a usos funerarios, fálico-fecundantes e observación astronómica, que implica unha primeira monumentalización da paisaxe. O Neomegalitismo, e unha corrente ou tendencia supostamente orixinaria de Europa, relacionada co chantado de pedras, algunhas de nova feitura, outras froito de presuntos desprazamentos de pezas ou bens orixinarios, transportado do seu asentamento prehistórico. É común podelos ollar en determinados xardíns, espazos e áreas, tanto públicas como privadas.
Nómade: Que non ten morada nin establecemento fixo.
Nume: Deidade, con poder misterioso e engaiolante.
Oblitear: (aplicación a culto) Anular o valor dunha cousa, facer que se perda algo pouco a pouco.
Ónfalo: Do Grego antigo: "embigo", o simbolo do centro, chantado nun lugar escollido outorgaba a súa sacralización transformando ese sitio no centro do mundo, a crenza sobre estes Betilos é consideralos o simbolo do centro cósmico, onde comeza a comunicación entre o mundo dos homes, o mundo dos mortos e dos deuses. É considerada unha pedra sagrada, designase aquela pedra erguida que evoca a presenza da divinidade, e o emprazamento de un lugar sagrado. Ónfalo-pedrafita.
Orxiástico: (ritual orxiástico) evoca a orxía.
Oblitear: (aplicación a culto) Anular o valor dunha cousa, facer que se perda algo pouco a pouco.
Ónfalo: Do Grego antigo: "embigo", o simbolo do centro, chantado nun lugar escollido outorgaba a súa sacralización transformando ese sitio no centro do mundo, a crenza sobre estes Betilos é consideralos o simbolo do centro cósmico, onde comeza a comunicación entre o mundo dos homes, o mundo dos mortos e dos deuses. É considerada unha pedra sagrada, designase aquela pedra erguida que evoca a presenza da divinidade, e o emprazamento de un lugar sagrado. Ónfalo-pedrafita.
Orxiástico: (ritual orxiástico) evoca a orxía.
Outeiro: Pequena elevación do terreo, altiño.
palafita: Vivenda lacustre primitiva construída sobre estacas.
Paleolítico: Período máis antigo da Idade da Pedra, comprende dende a aparición dos primeiros homes ata o Neolítico, no que aparecen as primeiras civilizacións humanas, empregase a fabricación de útiles de pedra tallada: croios, silex, granito, xisto, etc.
Panteísmo: Doctrina filosófica que identifica a deus coa natureza.
Pedrafita: Do Latín Petra ficta, pedra chantada, pedra espichada, fincada, monólito disposto verticalmente dende o chan, pedra longa, monumento megalítico que posue algún tipo de simbolismo ou emprego como: pedrafita de relación tumular-funeraria-observación astronómica-pedrafita fálica-fecundante, estatua-pedrafita, estela-pedrafita, ónfalo-pedrafita e pedrafitas con outras funcións, estes grandes monólitos erguidos por Europa (VII milenio a.C.) e outros países dende a prehistoria pódense contemplar illados ou formando aliñamentos. Tamén conta coa denominación de orixe celta do idioma de Bretaña universalmente coñecida como Menhir: men (pedra) e hir (longa).
Pedrafita de observación astronómica: Pedrafita chantada polo xeral en lugar onde a área de visión celeste é ampla, para poder contar coa amplitude do horizonte e deste xeito comprobar dende o seu axexadoiro o encaixe solar, situado este, polo xeral, na croa da pedrafita, o traslado e percorrido do astro rei dende o amencer ata o solpor, cumprindo a función de monólito observatorio solar para a medición verificación en liña horizontal de solsticios e equinoccios, e outras posibles datas ou celebracións. Adscrita ao neolítico.
Pedrafita fálica-fecundante: Monólito de configuración semellante ao órgano sexual masculino, adoita ter esculpido na súa parte mais elevada de nome croa, a traza da cabeza do pene masculino humano, a glande, tamén conta coas facianas xeralmente puídas, atribuíbel a esquivar danos no corpo, cando supostamente se practicaba o refregado ou deslizamento que dende a antiguedade as mulleres facian, coa crenza de acadar fecundidade, mesmo foron obxeto de culto para a procreación e fecundación humana, animal e vexetal. Adscrición ao neolítico.
Pedrafita-Ónfalo: Polo xeral pedrafitas moi elevadas, colosales dimensións. Simboloxía do centro de culto, fican en lugares escollidos para a sacralización para converterse así nun "centro do mundo", un embigo. Na antiguedade representou a simboloxía do centro cósmico, o lugar onde se atopan encravados son sospeitosos de celebracións colectivas, mesmo de rituais ou festexos de fecundidade. Adscrición Idade do Bronce-Idade do Ferro.
Perímetro: Liña que delimita o contorno dunha superficie, nas pedrafitas: anel ou base perimetral.
Petróglifo: Gravado rupestre ao aire libre, a menirande parte deles xurden na Idade do Bronce e Idade do Ferro, outros son de factura histórica. En Galicia presentan espirais, círculos, labirintos, animais, coviñas, cadrados, esvásticas, pegadas de animais, etc.
Piar: Pé dereito exento, sección poligonal, elemento verical macizo.
Ponte: Construcion que se fai sobre os ríos, foxos etc., para unir os dous lados e poder atravesalos.
Prehistoria: Período da historia da humanidade anterior á aparición da escritura.
Preñada: Que empreñou, está en período de xestación.
Prior: Superior dun convento ou comunidade relixiosa.
Prospección arqueolóxica: Traballo arqueolóxico destinado a recoñecer ou a identificar os xacementos.
Protohistoria: Última fase da Prehistoria, inmediatamente anterior á aparición de documetos escritos.
Puir: Tornar liso, técnica do traballo da pedra.
Rechán da aba: Zona chá nun terreo en pendente, ladeira (aba).
Restaurar: Reparar o deterioro dunha obra de arte para devolverlle o aspecto orixinal.
Rexistro arqueolóxico: Todo o que aparece, no seu conxunto, nos depósitos arqueolóxicos.
Rito: Costume, hábito, conxunto de cerimonias dun culto relixioso.
Romanización: Proceso de asimiliación ás estructuras sociais, económicas, culturais e políticas do Imperio Romano por parte dos pobos indíxenas conquistados, denominándose posteriormente cultura e sociedade galaico-romana.
Rupestre: Feito na pedra ou sobre ela. Aplícase especialmente a pinturas e gravados prehistóricos. En Galicia está representado nas cámaras dalgunhas antas, e nos gravados rupestres ao aire libre (petroglifos).
Sacralizar: Atribuír carácter sagrado a algo ou alguén.
Sedentario: Relativo aos pobos cuxa actividade económica fundamental é a agricultura, polo que permanecen asentados nun territorio.
Seixo: Pedra dura e lisa, de pequeno tamaño.
Senda: (Sendeiro) Camiño estreito que se vai facendo ao transitar por el a pé, persoas ou animais.
Serpentiforme: Que posúe forma de serpe.
Sexualidade: Conxunto de fenómenos relacionados co sexo, ou características de cada sexo nos seres vivos.
Silex: Variedade do seixo que permite facer lascas cortantes, útil prehistórico.
Símbolo: signo que representa unha idea ou cousa por razón de semellanza entre o simbolo e o simbolizado.
Solpor: Hora en que o Sol se pon, feito de morrer, ocultarse no horizonte.
Solsticio: cada un dos dous instantes do ano no que o Sol deixa de apartarse do ecuador celeste, e comeza de novo a aproximarse; No emisferio norte o solsticio de inverno ten lugar sobre o 22 de decembro e o de verán sobre o 21 de xuño.
Suevos: Conxunto de pobos xermánicos provenientes do norte de Europa, establecéronse na Gallaecia no ano 409 formando o reino Suevo de Galicia cuxo primeiro rei foi Hermerico.
Tampa: Lousa de pedra horizontal que cobre outras chantadas verticalmente.
Tipoloxía: Técnica que ten por obxeto clasificar determinadas creacións segundo a súa forma.
Útero: Órgano do aparato reproductor dos mámiferos femias que está destinado a conter o embrión, e despois o feto durante o seu desenvolvemento.
Val: Depresión do terreo entre montañas pola que pode fluir un curso de auga.
Vaxina: Conduto que forma parte do aparato xenital das femias, e que vai desde a vulva ata a matriz.
Vía: Calzada construída con lousas graníticas irregulares asentadas sobre pedras miúdas e terra. Os Romanos aproveitaron os camiños e pasos utilizados polos primeiros poboadores de Galicia, reformando os seus trazados e adaptando éstas as súas necesidades.
Vieiro: Camiño estreito formado a forza de pasaren por el a pé persoas e animais.
Vieiro: Camiño estreito formado a forza de pasaren por el a pé persoas e animais.
Xacemento arqueolóxico: Lugar onde se documentan pegadas significativas da acción humana no pasado.
Xeografía: Ciencia que estuda a superficie terrestre, a distribución espacial que se dá nela e as relacións entre os seus fenómenos físicos e sociais.
Fontes consultadas:
- Onosopatrimonio, Blog, autor: Xabier Moure.
- Dolmenes, Blog, autor: Moncho Boga.
- WWW.pangalaica.com
- Aportacións de Alberte Alonso, autor do Blog catalogacióndepedrafitasdegalicia.
- Outras fontes.
- Outras fontes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario