inicio

Presentación benvida:  (febreiro 2014)


catalogacióndepedrafitasdegalicia dache a benvida.


Ola amigo, neste blog vas a atopar unha proposta, unha achega aberta, unha aportación ao mundo das pedrafitas, de vagar, e dende esta plataforma, chegarán os datos de catalogación ás diferentes tipoloxías de pedrafitas, poderás penetrar, informarte e mesmo tomar parte neste traballo de recolleita e posta ao día deste elemento pétreo que vos propoño  reconsideredes e vos acheguedes a coñecelo mellor: a  pedrafita

As pedrafitas en Galicia podemos atopalas en moi diversas áreas, mesmo nas nosas chairas do interior, nas abas das  serras e montes, ao carón de aldeas, preto dos nosos mares e rías... pra min é un lecer poder expoñer a xeito de proposta, e humilde entrega, estes datos, que, algúns deles son análise e estudo de anos atrás, e  tempos presentes, outras aportacións, reflicten o esforzo de persoas comprometidas co noso legado histórico e eruditas, publicando traballos relacionados sobre a temática e consideracións do fenómeno.

De calquer xeito todos estades convidados á colaboura, podedes se queredes achegar datos sobre os monólitos, marcos e pedrafitas en chan galego, como cidadáns galegos todos temos parte no noso compromiso cas nosas orixes, todos podemos facer aportacións e apoio, ese pode ser o xeito, a realidade expresa de que os galegos sentimos á terra nai, coidamos as nosas orixes e desexamos coidar e manter o noso patrimonio para sempre.

Moitas pedrafitas de Galicia son erguidas xa polas mulleres e homes do neolítico (dende que se adoptan as tarefas agrogandeiras: -5.500) destacan as denominadas pedrafitas de observación astronómica, tendo en conta os últimos achados, todos reveladores (dende os anos 90 do século XX, son motivo da miña investigación e estudo, sendo a pedrafita de Casas Vellas, Chan de Currás, Marín, a primeira á que lle adiquei un primeiro estudo "in situ" desta tipoloxía) da relación solar co posicionamento dos equinoccios e solsticios dos ciclos estacionais do clima no período anual, aplicábel as labouras agrogandeiras e relixiosas das sociedades do neolítico en chan galego.

Acontece pois que nesta sociedade indíxena, as xentes interpretan a relixiosidade, empregando a pedra elemento dabondo presente na nosa terra, que representa a perennidade, enerxía e forza, vida e sacralidade, o seu culto tivo fundamentalmente un sentido de fecundidade e prosperidade, no que atinxe ás pedrafitas relacionadas co culto á fertilidade (pedrafita fálica fecundante).

Outras pedrafitas relacionadas cronoloxicamente mais recentes, estiveron consideradas tamén como moradas dos espíritos dos mortos, son as coñecidas: estela-pedrafita: sobre a súa superficie posúen debuxos e grabados e figuras humanas, e estatua-pedrafita: con formas antropomorfas.

As denominadas ónfalo-pedrafita, somentes coñecidas polo de agora: O Marco do Vento, Monte do Seixo, Cerdedo, e Chan da Parafita, (O Outeiro Navío)  Marcón, Pontevedra, son monumentais e colosales pedrafitas, onde se produce a unión do ceo ca terra, do mundo terreal co celestial, lugares sospeitosos de culto.

Nun terreo mellor coñecido, que precisa atención tamén e recoñecemento, se atopan as pedrafitas do medievo, como o seu nome  sinala, proceden dos séculos comprendidos entre o V e o XV d.C. Sinalan marcaxes e lindes de territorios chamados "señorios" e "coutos" gobernados e dirixidos por poderes ou dominios eclesiásticos e civís, tamén  de realengo e militares. Aportan unha forma nomeada tipo "bloque" as mais delas, con inscricións en latín.

Tamén ter en conta as denominadas pedrafita con outras funcións, onde atopamos algunha pedra figurada, que co paso do tempo, pola acción do vento e da auga, adoptan  formas nas que o home quixo entender determinadas figuras ou representacións, se atopan integradas nesta tipoloxía: determinados monólitos que pola súa singularidade, lugar de asentamento poden ter unha relación adscrita ó megalitismo, sendo este tipo de pedrafitas un extenso campo, diverso en carácteres, representacións, localizacións e formas, non sempre doado de interpretar e localizar cronoloxicamente.


A Catalogación

Considero indespensábel a elaboración dunha catalogación de pedrafitas en chan galego, unha proposta de estudo e inventariado onde expoñer por tipoloxías o número de monólitos cada vez mais elevado, que cada certo tempo veñen dándose a coñecer en publicacións e medios próximos ao fenómeno do patrimonio cultural Galego, o interese que a sociedade en xeral manifesta polos nosos devanceiros, e que, en particular o megalitismo desperta o atractivo simbólico, monumental e cultural.

Pretendo dende esta humilde plataforma e dende as diferentes alternativas sociais e culturais onde poida acadar interés, polo fenómeno das pedrafitas, dar a coñecer o concepto definido da realidade social do patrimonio, para poder evitar a destrución das pedrafitas, maltrato, estragos e violacións, feito comprobábel dende fai moitos  anos.

O método de catalogación ou ficha:

Tomando como referencia varios traballos onde, de forma elaborada exhaustiva, varios estudosos e investigadores determinan introducirse no mundo das pedrafitas, publicando o resultado fiel dunha observación detallada en cuestión, e considerando poder tomar as fórmulas mellor valoradas de cada estudo, o autor de este blog fixo consulta e resumo dos traballos publicados  sobre o fenómeno das pedrafitas,  polos seguintes investigadores, estudosos e institucións:

Eduardo Jorge Lopes da Silva, (arqueólogo) - Portugal -
Inventario de Xacementos Arqueolóxicos, Xunta de Galicia
Xabier Peñalver, (doctor en arqueoloxía) - Euskal herría -
Ignacio Jaime Senín Fernández, (arqueólogo) - Galicia -
Patrimonio Galego, (web protección patrimonio) -Galicia -
Patricia Mañana-Borrazás, (arqueóloga) -Galicia -
Victoria Villoch Vázquez, (arqueóloga) -Galicia -
Manuel Camba Gayoso, (investigador e estudoso) -Galicia-
Aportacións de Alberte Alonso, autor do blog catalogaciodepedrafitasdegalicia.


Chegando en conclusión a elaborar a presente proposta de ficha catalogación das pedrafitas en chan galego.


_________________________________________________

 CATALOGACIÓN DE PEDRAFITAS DE GALICIA
FICHA DE CAMPO, GUÍA  DESCRITÍBEL


Nome do xacemento 
Data
Pedrafita, tipoloxía, exemplos: (observación astronómica, fálica, estela-pedrafita, estatua-pedrafita, ónfalo-pedrafita, pedrafita do medievo, pedrafita con outras funcións).

DATOS TOPOGRAFICOS, CATASTRAIS E XURIDICOS

Provincia
Concello
Freguesía
Lugar
Toponimia
Altitude
Coordenadas xeográficas:   Lat.:                       Lonx.:
Cartografía: número, Localidade, Folla
Plano
Acceso á pedrafita
Nome do propietario do terreo: exemplos: (descoñecido, privado, comunal, público).
Adscrición cultural: exemplos: (descoñecida, neolítico, idade do bronce, idade do ferro, medievo, outros).
Estado de conservación: moi malo, malo, regular, bo, moi bo.
Clave de identificación, servizo  de patrimonio, Xunta de Galicia,
GA__________________

DESCRICIÓN, FORMA E DIMENSIÓNS

Peso Medida perimetral da base
Anchura máxima
Tipo de croa: exemplos: (apuntada, cha, axexadoiro, glande, redonda, cristada).
Diámetro da croa
Altura visíbel, dende a liña de terra.
Orientación
Pedrafita: exemplos: (chantada en vertical, abatida, basculada, inclinada).
Pedrafita: exemplo: (calzo na base, ou sin el).
Pedrafita: exemplos: (formas: piramidal, cónica, triangular, cuadrangular, rectangular, bloque, lastra, apuntada, prisma, cilíndrica, alongada, con arestas, sen arestas, fusiforme).
Pedrafita: exemplos: (base sección: cuadrangular, rectangular, oval, circular, varias caras).
Dimensións: exemplos: (caras: norte, sur, leste, oeste. alto x ancho).
Caras: exemplos: (recta, lisa, convexa, puída, con engurra, ruda, cóncava)
rexistro de Grabados, gravuras e marcas: (adoitan estar cubertos de lique, mofo, etc...) exemplos: (cruces, coviñas, ferraduras, motivos serpentiformes, letras, cifras, signos, liñas, sinais, marcas, aspas (X), outros epígrafes).

XEOLOXÍA

Descrición da paisaxe, emprazamento topográfico: exemplos: (chaira, val, aba, rechán da aba, cume, outeiro).
Tipo material pétreo da pedrafita: exemplos: (granito, seixo, mármore, lastra, gneis, outro).
Relación con elementos naturais: exemplos: (río, manancial, fonte, canteira, bosque, labradío, monte baixo, monte, lagoa, costa marítima).

ALTERACIÓNS

Alteracións observadas: exemplos: (pintura, graffiti, rachadura, mutilación, decapitación, pegada ou formando parte de peches de terreo ou elemento mobiliario, desprazamento).

ARQUEOASTRONOMÍA

ETNOGRAFÍA  E ARQUEOLOXÍA

Lendas:
Relación con outros elementos arqueolóxicos: exemplos: (mámoa, túmulo, círculo lítico, petroglifo, castro, necrópole, outros).
Relación con outros elementos etnográficos, históricos e artísticos: exemplos: (cruceiro, ponte, peto, igrexa, capela, romanización, vía romana, camiño real...).
Usos: exemplos: (marco de termo... ver pedrafita tipoloxía, ao inicio da ficha): 
no pasado:  na actualidade:
Excavacións feitas:
Bibliografía:
Valoracións-comentarios:
Nome do catalogador:


Ningún comentario:

Publicar un comentario