Contextualización:
Faise preciso que reparemos na integridade corpórea e pétrea das pedrafitas de observación astronómica, centrarse no estudo, reparar nas súas funcións, debemos atender tanto á croa como os laterais superiores, é o lugar dos axexadoiros.

A croa das pedrafitas de observación astronómica adoita ficar traballada, manipulada pola man do home, estas manipulacións: rebaixes ou concavidades, son os verdadeiros axexadoiros, a testemuña directa e fiábel que garante a súa adscrición cronolóxico cultural ó período neolítico e a pertenza á tipoloxía das pedrafitas de observación astronómica. Para concibir plenamente a mensaxe dos diferentes axexadoiros situados nas pedrafitas, debemos partir da situación-orientación do nacente e solpor do sol, sempre: LESTE-OESTE (nos equinoccios o sol sae exactamente polo Leste, e morre polo Oeste, sendo o día igual ca noite) pois, son nestes intres de luz solar cando a confirmación por medio dos axexadoiros nas pedrafitas pódese facer e ratificar a chegada deste ciclo estacional-climático: o equinoccio de primavera (21 de marzo) e o equinoccio de outono (22 de setembro). O equinoccio é o intre do ano onde o sol está situado no plano do ecuador terrestre, ese día o sol acada o cenit.
O axexadoiro, chegada e confirmación dos equinoccios, axexadoiro de Lombo Central.
Adoita estar formada por unha dobre concavidade, esquerda dereita, cun pequeno lombo central, mesmo estas concavidades tamén denominadas rebaixes, son precisamente a canle por onde se enfía o ollar do observador, para formar unha liña recta lonxitudinal -pedrafita sol- que marque dende este rebaixe ata a situación central do astro sol, medición que só nas datas anteditas (primavera e outono) é posíbel comprobar este posicionamento lineal do sol co axexadoiro da pedrafita, son polo tanto constatacións estacionais de observación, non posíbeis de ratificar en outras datas do ano.
Este tipo de comprobacións dos equinoccios e solsticios, pódense realizar aínda na actualidae, despois do inicio do seu uso fai milenios (-6000).
Algunhas pedrafitas exemplo do axexadoiro de Lombo Central:
Pedrafita dos Marcos ou da Grifa, A Lama, Pontevedra.
Pedrafita Marco das tres Cruces, antes coñecida do Monte Lourado, Marcón, Pontevedra.
Pedrafita da Veiga, Guntín, Lugo.
Pedrafita do Marco Padrón linde entre Melón e A Cañiza, Pontevedra.
Pedrafita Pé da Múa, antes coñecida Da Moa, Pontecaldelas, Pontevedra.

Ningún comentario:
Publicar un comentario