A conservación, dignidade, respecto e protección do noso patrimonio cultural de Galicia, é a verdadeira consideración que na actualidade queremos facer chegar á sociedade en xeral; o grande elenco de bens patrimoniais da nosa terra, non pode ser esquecido, mesmo infravalorado, e dende logo sofrir maltrato, estrago, violacións ou destrucción, Galicia debe ser consciente de que xa e tempo, xa chegou a hora da posta ó día, de que a sociedade en xeral arroupe e acolla os bens que son propios da casa, !son nosos!, non son de afora, os elementos patrimoniais de Galicia, son dos Galegos; todos e cada un: castelos, pontes, castros, cruceiros, petos, mámoas, antas, círculos líticos, necrópoles, igrexas, pazos, hórreos, fontes, capelas, petróglifos ... e como non as Pedrafitas, sexamos sensibles no seu coidado, démoslle respecto, mesmo agarimo, sexamos amables coa nosa riqueza cultural e patrimonial.
Dende fai milenios se atopan con nós, fan compaña nos camiños, nas abas, ao carón do montesío toxo, das fontes, regos e mananciais, das mámoas e antas e círculos líticos, tamén ao caron das nosas rías e mares, as pedrafitas debemos consideralas elementos para coidar e protexer, dende moi antigo formaron parte da nosa personalidade mais enxebre, da nosa idiosincrasia, formando parte como monólitos que enfiaban ao sol para sinalar como primitivos calendarios astronómicos a chegada do tempo da colleita, das sementeiras, das festas e rituais, sacrificios etc.. tamén as pedrafitas foron dende fai milenios elementos de culto e rituais de solicitude de fertilidade e fecundidade para a procreación humana, para a fertilidade das terras e colleitas, e para o gando e os animais dos poboados, Estatuas-pedrafitas e Estelas-pedrafitas onde residen espíritos de finados onde se lembran as fazañas, vida e mesmo morte de seres, onde se quere deixar a pegada do seu paso vital, Ónfalo-pedrafitas ocupan o centro de un lugar de culto, sospeitosos de rituais, lugares de celebracións e sacralizacións colectivas, conmemoracións propiciatorias relacionadas coa fertilidade e a fecundidade, pedrafitas con outras funcións, monólitos que poden desempeñar posíbeis reempregos: esteos, pedrafitas ou marcos varios chantados fora do seu lugar orixinario, cumprindo outras funcións: estremeiros, de termo. cruce de camiños, elemento de mobiliario en valados, etc...
No que atinxe a adscrición das pedrafitas de Galicia conven sinalar, que dende a década dos anos 50 do século XX ata fai pouco tempo, no eido do megalitismo, en concreto as pedrafitas, notouse por parte de responsables da realización do inventario e catalogación dos nosos monólitos prehistóricos, do ámbito patrimonial institucional, unha sagacidade e sensibilidade pobre, quizais froito da non captación das tendencias e investigacións, ou movementos anovadores da arqueoloxía exterior, paises Europeos como Alemania, Irlanda, Francia ou Inglaterra, promoven e investigan nestas décadas xa, as agora por nós coñecidas investigacións, plenas de recoñecimento como a consideración e adscrición das pedrafitas de observación astronómica e fálicas ao período neolítico, quizais os factores sociais de aqueles anos, mantiveron cegados aos arqueólogos e certos investigadores, privados, ou non? de coñecer as liñas de actuación dos seus compañeiros-colegas do resto do vello continente.
Acontece pois que nesas décadas, a investigación, a atención, a observación detallada das nosas pedrafitas non cumprían as condicións propias para poder decatarse das peculiaridades desta tipoloxía de pedrafitas, tamén presentes no resto de Europa, (consciencia tardía?), namentras en Galicia, a pedrafita de Gargantáns, Moraña, Pontevedra, foi moito tempo única considerada e adscrita ao neolítico, en pobos como Escocia ou Bretaña, xa consideraban claramente a función astronómica de certas pedrafitas situadas nas abas ou chairas, estas pedrafitas xa confirmaban a relación solsticial e equinoccial coa súa situación e localización terrestre.
Como todo na vida, tamén en arqueoloxía, é preciso a evolución, a mellora, progreso e a renovación, dende catalogacióndepedrafitasdegalicia, consideramos e mais entendemos con humildade, que a nosa proposta de tipoloxía das pedrafitas de Galicia mais a súa adscrición, van parellas ao estudo, evolución e actualidade que a investigación internacional, en concreto a Europea define, desexamos mesmamente, e enviamos azos de actualización e mellora, tamén de interese e modernización nos métodos, formas e entendemento, conceptos e mentalidade para que o mundo amplo de investigadores, teña como meta novas formas de actuación, reconsideración, aceptación e entrega social clara, do resultado das súas consideradas actuacións, proxectos e investigacións.
A proposta de adscrición cronolóxico-cultural das pedrafitas de Galicia:
Megalítico neolítico: (período neolítico: -6000) pedrafitas de observación astronómica e pedrafitas fálicas.
Idade do Bronce (medio e final): (período idade do bronce: antigo: 1800-1500 a.C., medio: 1500-1200 a.C., final: 1200-600 a.C.) estatuas-pedrafitas e estelas-pedrafitas.
Idade do Ferro: (período idade do ferro: século VI a.C. - século I d.C.) ónfalo-pedrafitas.
Idade Media: (período da idade media: século V d.C. - século XV d.C.) pedrafita medieval.

Ningún comentario:
Publicar un comentario