Concavidade central

Contextualización:


O tipo de axexadoiro denominado de Concavidade central confirma os solsticios, o  de verán (21 de xuño) e inverno (21 de decembro).
.
A orientación dos axexadoiros nas pedrafitas de observación astronómica que confirman o solsticio de verán é norte, intre no que o sol acada a máxima declinación:  + 23º 27´. No solsticio de verán no hemisferio norte (Galicia), o sol acada o cenit ao mediodía sobre o Trópico de Cancer.

A orientación dos axexadoiros nas pedrafitas de observación astronómica que confirman o solsticio de inverno é sur, intre no que o sol acada a máxima declinación:  - 23º 27´. No solsticio de inverno no hemisferio norte (Galicia), o sol acada o cenit ao mediodía sobre o Trópico de Capricornio.

Axexadoiro, trátase dunha manipulación provocada polo home do neolítico na croa das pedrafitas, neste caso contempla un rebaixe ou concavidade central, a idea é que a situación do sol, no solpor do 21 de xuño, ou do 21 de decembro, faga cadrar mesmo no centro, penetrando neste rebaixe cóncavo.


Pedrafita en chan galego que confirma  o  posicionamento solsticial de verán:

- Pedrafita Carballo Darxel, antes coñecida  Coto da Fontiña, Cuspedriños, Cotobade, Pontevedra.

Pedrafita en chan galego que confirma o posicionamento solsticial de inverno:

- Pedrafita de Mántaras, monte de San Antón, Irixoa, A Coruña.

As seguintes pedrafitas son sospeitosas de posíbel funcionalidade de observación astronómioca, e confirmación solsticial, por ter nas súas croas unha alteración ou manipulación, en función da sua estrutura  ou composición natural:

- Pedrafita de Agro de Naia, A Escravitude, Padrón, A Coruña.
- Pedrafita da Goia, Guntín, Lugo.
- Pedrafita do Couso, Esgos, Ourense.
- Pedrafita de Miraflores, Sanxenxo, Pontevedra.





Nota etimolóxica de Solsticio: Do latín solstitium: formado por "sol" e a raiz "stit-" derivada do verbo "sistere": "deter", esto é, "sol quedo" pois nos solsticios, o sol semella deter o seu curso ou desprazamento.




Ningún comentario:

Publicar un comentario