concepto

Pedrafita, (do latín:  petra ficta, petran ficta, petran fictam, petra fixa, patronos fictos) literalmente pedra chantada, pedra espichada, monolito disposto verticalmente dende o chan, pedra longa, moimento megalítico que posue algún tipo de simbolismo ou emprego como: pedrafita de observación astronómica, pedrafita fálica, estatua-pedrafita, estela-pedrafita, ónfalo-pedrafita, pedrafita do medievo, e pedrafitas con outras funcións, estes grandes monólitos erguidos por Europa, (tamén Africa, América etc.)   dende a prehistoria (VII milenio a.C.) pódense contemplar illados ou formando aliñamentos. Tamén conta coa denominación de orixe bretona universalmente coñecida como Menhir men (pedra) e hir (longa).

A documentación medieval revela que nas divisións territoriais dos bispados, así como os poderes administrativos de conventos (coutos e prioratos), e mesmo as freguesías  ficaban demarcadas por estas denominacións: petras fixas et mamolas antiquas, por exemplo o mosteiro de Dumio, no ano 887, Afonso III, sinala a delimitación:  petras fixas usque ad arcan scultan in petra. 

Sinalar, que neste reemprego das nosas Pedrafitas, chantadas moitas ao carón de ancestrais vías e camiños, moitas delas conqueriron a supervivencia ata os nosos días, pois estas Pedrafitas levan centos de anos cumprindo funcións de marcaxe e lindes de territorios anteditos, xa mesmo a tradición popular outorga a estes marcos, fitos, padróns, pedras, etc... un determinábel respecto local, unha consideración de cumprimento, un aquel intocábel, pois na contorna, aldea, lugar ou monte, sobre esa Pedrafita reside un certo honor perdurábel no tempo, sinalando o que os nosos devanceiros, os avós dos habitantes do lugar deron por lei, que este marco cumprira pra sempre a marcaxe ou divisións daquelo que dende antigo tamén é considerado e lexislábel: o territorio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario